Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

Aportación dos medios dixitais a consecución da adquisición dos elementos curriculares.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Instruccións para o ensino non presencial.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

Instruccións para elaborar o plan dixital de centro.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

CONTEXTUALIZACIÓN

O C.E.I.P. “Pedro Barrié de la Maza” está emprazado en Quintán, parroquia de Mondego, no Concello de Sada. Este Concello pertence á área metropolitana da Coruña.

O Plan Dixital de Centro, de agora en diante PDC, ten que formar parte das señas de identidade do cenro e polo tanto contribuí e formar parte do PE.

O alumnado do CEIP Pedro Barrié de la Maza, debe ser un alumnado formado en todas as competencias que establece a lei educativa e polo tanto, a competencia dixital ten que traballarse a todos os niveis. O PDC ten que establece estratexias para que o alumnado adquira os aprendizaxes a través de medios dixitais e teña estos medios como recurso para a súa aprendizaxe.

Non podemos esquencer que dentro das señas de indetidade no PE, temos un amplo alumnado de atención a diversidade para o cal, os recursos que podemos ofrecer a través de medios dixitais serán claves para traballar e lograr un maior éxito académico e social.

A comunicación coas familias nos tempos nos que vivimos xa non pode estar limitada aos medios escritos, o plan dixital ten que aportar ao noso PE, un sistema de información e comunicación moito máis completo que o que ata agora se mantiña.

É fundamental establecer unha estreita relación entre o PLAMBE e o Plan Dixital. Dentro do noso PDC contemplamos unha mellora dos medios dixitais dispoñobles para a biblioteca do centro así coma o uso de dispositivos electrónicos de lectura.

Con respecto a outros plans, a difusión do noso idioma e o traballo de actividades e recursos a través das novas tecnoloxías educativas, farán que a difusión do Plan de Dinamización da Língua Galega acade maior calado.

Nun futuro a curto prazo, o centro ten previsto a súa incorporación a plans de innovación coma E-Dixgal para que o alumnado realice as súas aprendizaxes a través de medios dixitais e podan estar máis preparados na realidade educativa actual.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Para o proceso de elaboración o traballo distribuíse da seguinte maneira:

a) Análise da situación de partida. Elaboramos a enquisa para o profesorado e alumnado.

Realizamos un diagnóstico das necesidades do centro e das áreas de mellora con para incluír no plan dixital

b) Preparación do SELFIE e análise dos resultados.

c) Elaboración do plan de acción.Propóñense varios obxectivos entre os membros do Plan e escóllense os máis asequibles e funcionais de cara ao curso 23/24.

d) Redacción do Plan Dixital de Centro.Cada membro ocúpase dunha parte.

e) Difusión do plan. Difundirase o plan empregando as ferramentas tecnolóxicas institucionais e cada membro encargarase de transmilito por estos medios.

f) Neste curso escolar engadimos dous obxectivos novos. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Autoavaliación SELFIE

- Test CDD

Interno
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se utilizan tecnoloxía dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Debilidade Se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non aprende a codificar ou programar nin a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade Existe un gran número de alumnado sen equipamento informático en risco de fenda dixital. Familias Non
Debilidade Insuficiente formación no ámbito familiar para aopiar ao alumnado na educación non presencial. Familias Non
Debilidade Uso insuficiente do software libre e dos recursos que ofrece. Familias Si
Debilidade Non están actualizados os equipamentos e as redes Infraestruturas Si
Debilidade Non se contempla que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases Infraestruturas Non
Debilidade Existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe pero deben implementarse. Infraestruturas Si
Debilidade Existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe pero deben implementarse. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de adaptación das editoriais aos EVA do centro. Oferta Si
Debilidade Falta de diversidade en Espacios Virtuais de Aprendizaxe. Oferta Non
Debilidade Carencia de métodos para identificar alumnado en risco de fenda dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non existe cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado. Organización de centro Si
Debilidade Necesidade de ampliar espacios físicos acondicionados coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Non existe colaboración con outros centros. Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Si
Debilidade Non se coñecen os dereitos de autor. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado se considera como conservador na adopción da tecnoloxía para a docencia e a aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade Recursos insuficientes para a formación do persoal non docente en estratexias dixitais do centro. Persoal non docente Si
Debilidade Non establecer sistemas de cohesión entre os proxectos do centro atribuídos ao profesorado co persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza Se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza As familias teñen tecidos comunicativos a través de ferramentas tecnolóxicas institucionais. Familias Si
Fortaleza O centro dispón de equipamentos informáticos para prestar ás familias. Familias Non
Fortaleza Se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada coas familias. Familias Non
Fortaleza Asistencia técnica suficiente. Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente formación en aprendizaxe mixta. Infraestruturas Non
Fortaleza Temos suficientes espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Existe unha estratexia dixital. Oferta Non
Fortaleza Adaptación ás novas modalidades de ensino. Organización de centro Si
Fortaleza Existen canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Si
Fortaleza Se promove polo equipo directivo o uso das tecnoloxías dixitais con fins de avaliación Organización de centro Si
Fortaleza Suficiente comunicación interna e externa. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo promove o emprego de software libre no ámbito educativo Organización de centro Non
Fortaleza Reflexión sobre as necesidades de Desenvolvemento Profesional Contínuo. Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente tempo para formacións específicas máis completas. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego dos REA. Persoal docente Non
Fortaleza Suficientemente preparado en tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Si
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de supervisión das competencias dixitais do profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Estado das instalacións con respecto á adaptación de conectividade. Administración educativa Non
Ameaza Descoñecemento das políticas de protección de datos. ANPA Si
Ameaza Non estar formados e informados dos programas de educación dixital levados a cabo polo centro. ANPA Non
Ameaza Situacións de familias que por situacións socioeconómicas ou laborais non completen a súa formación dixital. Contorna Non
Ameaza Resistencia ao emprego de software libre e emprego de medios comerciais que aloxen datos en servidores que vulneran a protección de datos. Lexislación Si
Ameaza Falta de recursos dixitais das ONG que traballan na contorna para apoiar ao alumnado con NEAE. Outras Non
Oportunidade Acondicionamento de aulas dixitalizadas. Administración educativa Non
Oportunidade Inclusión en programas de innovación como Edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade Plantexamento de actividades que aproveiten os recursos do centro e materais dixitais. ANPA Si
Oportunidade Apoios por entidades e asociacións no manexo das TICs. Contorna Non
Oportunidade Colaborar co concello na identificación de alumnado en risco de fenda dixital. Contorna Non
Oportunidade Establecer medios e espazos no que alumnado e familia poidan traballar en educación non presencial. Contorna Non
Oportunidade Emprego de ferramentas institucionais que conteñan os datos no servidor ABALAR. Lexislación Non
Oportunidade Establecer unha canle coa Universidade para adaptar o Prácticum aos sistemas de educación non presencial. Outras Non
Oportunidade Colaborar coas editoriais tradicionais para adaptar materiais e recursos aos EVA corporativos. Outras Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar o sistema de avaliación de moodle para volcar os datos de avaliación do alumnado.
O02PD Dotar a aula virtual de contidos e recursos para o profesorado e o alumnado. (D3/E1/B
O03PD Empregar o sistema de espazo titorías como mecanismo de aportación de información na labora titorial. (G3/G4)
O04PD Iniciar o proxecto EDIXGAL para sustiruír o libro físico por libro dixital en terceiro ciclo de Educación Primaria. (F1/F2).

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha avaliación do proceso a través dunha escala de valoración. Esta escala medirá en catro niveis o grao de adquisición das accións levadas a cabo no plan e os grao de consecución dos resultados vinculados a dito plan.

Tamén se incluirá un apartado de modificacións e un de propostas de mellora.

 

Tamén realizarase unha avaliación final que terá en conta os obxectivos a través dunha rúbrica medindo os graos de desempeño de ditos obxectivos e onde incluiremos da mesma forma as propostas de mellora que xurdan na avaliación do proceso.

1º Trimestre
  • Obx1. solicitado o PFPP. Están pendentes de facer duas sesións de formación dentro da liña EDIXGAL. Dende as titorías de 5º xa se crearon probas e configuraron a avaliación. Sexto curso o levará a cabo unha vez faga a formación.
  • Obx2 Este obxectivo está superado pero están en seguen buscando e subindo recursos a AV.
  • Obx3: Obxectivo que vai lento pero pouco a pouco se están a involucrar os titores. Solicítanse informes pero aínda pouco profesorado o exporta. Durante o curso insisten nas reunións da importancia do uso de esta ferramentA, para así tamén cumprir a LPGD.
  • Obx4: Está practicamente acadado, pendente o apartado de avaliación.
2º Trimestre
  • Obx1: Xa se fixeron as formacións. Aínda non fixeron os mestres de 6º as probas por medio de moodle, queda pendente de preguntar por confirmar este dato. En 5º exportáronse os informes pero non todos os titores.
  • OBX3: Xa se comezaron a facer nos terceiros ciclos Unha vez ao mes teñen unha ccp e pediulles ao coordinadores do ciclo o dato do profesorado que empregan o espazo de titorías. Falta a retroalimentación dos especialistas.
  • OBX4: está rematado xa estableceron o sistema de avaliación.
3º Trimestre
  • Obx1: Acadado. Chegaron ao 40% do uso de Moodle para avaliación
  • Obx2: Xa teñen acadado.
  • Obx3: Está acadado pois os titores están a empregalo.
  • Obx4: Acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Rúbrica de avaliación. Anexo I

Escala de valoración por trimestres. Anexo II.

Valoración xeral

No curso 23/24 estase a consolidar a dixitalización do centro. Esta dixitalización está progresando en gran medida gracias a liña dixital do PFPP do centro que está a traballar cada ano a formación relacionada cos obxectivos do Plan Dixital.

Por outra banda, podemos afirmar que neste ano, consolidouse o emprego da aula virtual como un medio de apoio á formación do noso alumnado; sendo un espazo no que os alumnos teñen recursos dixitais de consulta e interactivos onde poden completar a súa formación. 

Un avance para a información das familias, está sendo o emprego de espazo titorías, que aínda pendente de consolidar por parte do claustro, compróbase que é unha ferramenta óptima para unha completa información ás familias.

Do mesmo xeito é co fin de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais, é importante incidir nun apartado do Plan que non se está a desenrolar como debería, que é o do uso da avaliación a través de moodle tanto na aula virtual coma no EVA E-Dixgal. Este medio nos proporciona unha forma de empregar os instrumentos de avaliación dunha forma variada e enriquecedora, acorde co sistema educativo actual e estase a facer nun número recucido de cursos en detrimento de ferramentas que non cumplen coa protección de datos.

Proposta de mellora

O plan debe reformar os obxectivos máis obsoletos como o de dotar de recursos ao profesorado, algo que é máis viable de facer noutras plataformas.

Asimesmo, débese plantexar a integración do equipo TIC na elaboración e seguimento do plan de forma máis dinámica, así coma o resto do claustro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A tarefa de difusión do PDC, ten que ser consecuente con dito plan e deberá facerse a través das ferramentas institucionais dispoñibles: páxina web do centro, abalar móbil e rede Agueiro.

1. PRIMEIRA FASE.

 

DESTINATARIOS: Difusión entre o profesorado. Consideramos que os primeiros en coñecer o plan deben ser os mestres/as do centro.

MEDIO: A través do correo corporativo edu.xunta.gal

PRAZOS:1ªsemana de outubro do curso 22/23(mestres do curso actual) 

 

2. SEGUNDA FASE.

 

DESTINATARIOS: Difusión entre as familias do alumnado.

MEDIO: Páxina web do centro. O PDC incorporarase ao PE no apartado de Documentos de centro no menu Drupal da páxina web do centro. Asimesmo, terá unha subcategoría propia con unha presentación en canva sinalando, diagnóstico de necesidades, obxectivos e accións para levalos a cabo entre outras como puntos destacados.

PRAZOS: 2ª semana de outubro do curso 23/24

 

3.TERCEIRA FASE.

 

DESTINATARIOS: Toda a comunidade educativa.

MEDIO: Abalar móbil e rede Agueiro. Enviarase abalar do centro co enlace a unha páxina de Agueiro onde aparecerán os puntos do plan desglosados e diferentes apartados vinculados aos obxectivos e ás accións realizadas a través de probas audiovisuais.

Este medio servirá ademáis coma instrumento de avaliación do plan a modo de PORTFOLIO DIXITAL.

PRAZO. Mes de outubro(abalar) e durante todo o curso, portfolio dixital Agueiro.