Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro EEI Visantoña, está situado nunha zona rural do concello de Mesía,é un centro que
imparte docencia a educación infantil, primeiro e segundo de primaria. No concello de Mesía,
que pertence a provincia da Coruña engloba as parroquias de: Albixoi, Bascoi , Boado, Bruma,
Cabrui, Castro, Cumbraos, Lanza, Mesía, Olas ,Visantoña e Mesía, atendendo así a súa
poboación estudantil en tres colexios. EEI Visantoña, EEI Olas, CPI Xanceda. estando todos
moi relacionados con actividades conxuntas.
A contribución do plan dixital ao proxecto educativo do centro é fundamental . A idea
principal deste proxecto non é que os nosos alumnos aprendan informática, iso xa se irá
conseguindo implicitamente na medida en que eles vaian traballando cos medios, senón que
as TIC nos sirvan para achegalos a todo un mundo de posibilidades informativas, formativas
e de comunicación. É fundamental que a integración das TIC nas aulas chegue a tódolos
rapaces, polo que debemos habilitar, na medida das nosas posibilidades, os recursos e
medios necesarios para que os rapaces teñan a oportunidade de aproveitarse destas
tecnoloxías e os novos medios nas que se presenta por exemplo aula virtual , plataformas e
entornos de aprendizaxe cómprelle ao mestres decidir o seu grao de implicación no uso das
mesmas, sin esquecer as competencias tic que están presentes en tódalas áreas de
aprendizaxe dende vídeos explicativos, ata xogos para adquirir habilidades, facilitando as
aprendizaxes dos alumnos e acercándonos a realidade virtual.
O Plan Dixital de Centro concíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento
da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso
de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas
dixitalmente competentes».
Entendemos o Proxecto Dixital de Centro como un documento aberto, suxeito a continua
revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das
tecnoloxías no centro educativo.
Está articulado en tres dimensións:
a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...
b)Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e
comunicacións...
c) Pedagóxica: metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos,
prácticas de avaliación...

MARCO LEXISLATIVO

Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión
Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:
a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.
b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a
competencia dixital do alumnado.
c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que
trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.
Ao mesmo tempo, deberá atender ao seguinte Marco Lexislativo

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia

. • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados para elaborar o
informe DAFO. Trátase dunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e
Oportunidades que nos levarán á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as
que se baseará o Plan Dixital.

Interno
50 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non saben coidar os equipos. Alumnado Non
Debilidade Pouca madurez para manexar internet. Alumnado Non
Debilidade Utilizan pouco os medios dixitais. Familias Si
Debilidade Non dispoñen de moito tempo para comunicarse por medios dixitais. Familias Si
Debilidade Algúns non son partidarios de usar as tecnoloxías a idades temperás. Familias Non
Debilidade Non utilizan abalar. Familias Si
Debilidade Non damos robótica. Infraestruturas Non
Debilidade Non usamos a aula virtual para avaliar Infraestruturas Non
Debilidade Carecemos de páxinas web. Infraestruturas Non
Debilidade Non utilizamos plataformas dixitais de ensino habitualmente. Infraestruturas Non
Debilidade Pouco crecemento demográfico. Oferta Non
Debilidade Moitos centros próximos. Oferta Non
Debilidade Ensinanza básica ata segundo de primaria no centro. Oferta Non
Debilidade Mantemento da páxina web actualizada. Organización de centro Non
Debilidade Non usamos as tecnoloxías para avaliar. Persoal docente Non
Debilidade Inclusión do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Escaseza de persoal. Persoal docente Non
Debilidade Cambio constante do persoal docente. Persoal docente Non
Debilidade Cóstanos resolver problemas técnicos que xorden nas tecnoloxías. Persoal non docente Non
Debilidade Pouca experiencia en plataformas dixitais educativas. Persoal non docente Non
Fortaleza O noso alumnado desenvolve capacidades lingüísticas en diferentes idiomas Alumnado Non
Fortaleza Teñen acceso a internet. Alumnado Non
Fortaleza Contan con ordenadores e tablets que poden empregar. Alumnado Si
Fortaleza Adaptámonos ao nivel e necesidades do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza O noso alumnado aprende a comunicarse utilizando a aula virtual. Alumnado Non
Fortaleza Colaboran en diferentes actividades propostas polo profesorado. Familias Non
Fortaleza Colaboran nas saídas didácticas. Familias Non
Fortaleza Colaboran nos festivais. Familias Non
Fortaleza Teñen acceso a internet e a aula virtual. Familias Non
Fortaleza Comunícanse por medios dixitais. Familias Si
Fortaleza Un bo equipamento tecnolóxico (pantalla dixital, ordenadores, impresora). Infraestruturas Si
Fortaleza traballar por proxectos. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza biblioteca/repositorio en liña. Infraestruturas Si
Fortaleza Ensinanza plurilingüe. Oferta Non
Fortaleza Ensinanza diúrna. Oferta Non
Fortaleza Ensino relixioso ou optativas. Oferta Non
Fortaleza Desenvolvemos co alumnado e familias as tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza Biblioteca centralizada con préstamos a domicilio. Oferta Non
Fortaleza Temos ordenadores por aula. Organización de centro Si
Fortaleza Solicitamos asistencia técnica cando é preciso. Organización de centro Non
Fortaleza Diferentes espazos físicos. Organización de centro Si
Fortaleza Asistencia técnica. Organización de centro Non
Fortaleza Orientación profesional. Organización de centro Non
Fortaleza Utilizamos recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Colaboración co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Fomentamos a creatividade. Persoal docente Si
Fortaleza coordinación docente. Persoal docente Si
Fortaleza Colabora realizando as súas tarefas habitualmente. Persoal non docente Non
50 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Moita mobilidade do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Escaseza de persoal. Administración educativa Non
Ameaza Cambios lexislativos continuamente en educación. Administración educativa Non
Ameaza Ameazas informáticas ( virus, hackers, spams, etc). Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo e presuposto de outras institucións para adicarlle a educación. Contorna Non
Ameaza Non coñecer ben os requisitos de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza Non coñecer ningunha plataforma virtual. Outras Non
Oportunidade Desarrollo de estratexias dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Cursillos de formación. Administración educativa Non
Oportunidade Facilita internet e equipos. Administración educativa Non
Oportunidade Coñecer o funcionamento de equipos, asistencia técnica. Administración educativa Non
Oportunidade Colaborar con outros centros dixitalmente. Administración educativa Non
Oportunidade Utiliza a aula virtual. ANPA Non
Oportunidade Colaboradora co plan dixital. ANPA Non
Oportunidade Formación do profesorado. Contorna Non
Oportunidade Colaboramos con outros centros. Contorna Non
Oportunidade Colaboramos con sanidade. Contorna Non
Oportunidade Colaboramos co concello. Contorna Non
Oportunidade Seminarios. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de formación en tecnoloxía dixital. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de Proxectos de formación en centros. Lexislación Non
Oportunidade Participación de outras institucións no centro. Lexislación Non
Oportunidade Proporciona os recursos ás familias necesitadas. Outras Non
Oportunidade O concello apoia aos pais no eido dixital. Outras Non
Oportunidade Achegarse as plataformas dixitais como un medio de aprender. Outras Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO ofrece unha visión de conxunto, e desde distintos puntos de vista, da
situación do centro no referente ao uso e á dotación de equipamento dixital. A partir desta
información, o equipo de dinamización do Plan Dixital seleccionou aqueles aspectos que
estimaron prioritarios, en función de varios parámetros:
- Mellora do funcionamento do centro.
- Impacto na actividade docente.
- Viabilidade a corto/medio prazo.
- Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Inventariar anualmente os equipos máis obsoletos do centro
O2PD Empregar abalar móbil para comunicación escola e familias en ambas direccións.
O3PD Utilizar e ampliar uso do panel dixital como un recurso de aprendizaxe
O4PD Crear e comezar a usar un recuncho informático na aula para o alumnado

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual avaliaremos o grao de consecución de obxectivos e accións como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final, unha vez ao ano analizaremos a consecución de obxectivos e accións considerando a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

A persoa coordinadora do Plan Dixital da EEI Visantoña, Mónica Díaz Abeijón reunirase telefónica, telemática ou presencialmente,
co mentor ADIX , Jorge Fernández Otero, cando fose necesario, sempre que a situación o
permita, para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos
mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2023 2024.

1º Trimestre

A 22 de decembro de 2023 os obxectivos e acciónas quedan como segue:

(O1PD) .Realización dun inventario dos equipos máis vellos do centro que se atopen en mal estado.

AO1.1:

AO1.2:

AO1.3: Realizada. (Solicitada á Uac a recollida de material obsoleto, realízase esta a 24 de novembro do 2023)

(O2PD) Utilizar abalar móbil para comunicación escola e familias en ambas direccións.

AO2.1: Acadada.

AO2.2:

AO2.3:

(O3PD) Utilizar e ampliar uso do panel dixital como un recurso de aprendizaxe

AO3.1:

AO3.2

(O4.PD) Crear e comezar a usar un recuncho informático na aula para o alumnado.

AO4.1: Adiada. Remátase no mes de xaneiro.

AO4.2:

AO4.3:

 

2º Trimestre

Finalizado o 2º trimestre os obxectivos e acciónas quedan como segue:

(O1PD) .Realización dun inventario dos equipos máis vellos do centro que se atopen en mal estado.

AO1.1:

AO1.2:Acadada

AO1.3:Realizada. (Solicitada á Uac a recollida de material obsoleto, realízase esta a 24 de novembro do 2023)

(O2PD) Utilizar abalar móbil para comunicación escola e familias en ambas direccións.

AO2.1:Acadada

AO2.2:

AO2.3:

(O3PD) Utilizar e ampliar uso do panel dixital como un recurso de aprendizaxe

AO3.1:

AO3.2

(O4.PD) Crear e comezar a usar un recuncho informático na aula para o alumnado.

AO4.1: Acadada

AO4.2:

AO4.3:

 

3º Trimestre

Finalizado o 3º trimestre e o curso 2023-2024 os obxectivos e acciónas quedan como segue:

(O1PD) .Realización dun inventario dos equipos máis vellos do centro que se atopen en mal estado.

AO1.1:Rematada

AO1.2: rematada

AO1.3:rematada

(O2PD) Utilizar abalar móbil para comunicación escola e familias en ambas direccións.

AO2.1: acadada

AO2.2:Acadada

AO2.3: Acadada

(O3PD) Utilizar e ampliar uso do panel dixital como un recurso de aprendizaxe

AO3.1:Rematada

AO3.2 rematada

(O4.PD) Crear e comezar a usar un recuncho informático na aula para o alumnado.

AO4.1: rematada

AO4.2:Rematada

AO4.3: Rematada

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual avaliaremos o grao de consecución de obxectivos e accións como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final, unha vez ao ano analizaremos a consecución de obxectivos e accións considerando a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

Os obxectivos do PD coas súas accións respectivas foron acadados moi satisfactoriamente

Proposta de mellora

 

Mellorar as conexións á rede en todos os equipos do centro e rematar a recollida de equipos obsoletos non pertencentes á Consellería por parte do concello

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital farase a través das seguintes canles:

- Páxina web do centro (poderase ver a versión pdf do curso anterior 2022-2023 clicando nesta ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvisantona/system/files/15009007_EEIVisanto%C3%B1a_PlanDixital_V1.0_12062022.pdf 

- Durante o curso 2023/24 poderase acceder ao Plan Dixital actualizado a través desta ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15009007