Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
      A EEI de Olas está encravada nunha parroquia rural do Concello de Mesía. Atende fundamentalmente alumnado da parroquia de Olas (Concello de Mesía e da parroquia de Abellá(Concello de Frades). O alumnado acude ao centro pola súa conta xa que non contan con servizo de transporte escolar nin comedor.
      O nivel socioeconómico das familias é medio e a lingua vehicular é o galego. No que se refire ao entorno familiar predomina a familia nuclear tradicional.
A EEI de Olas escolariza a alumnado de 3 a 8 anos, cunha ratio máxima de 20, contando con 14 alumnos/as matriculados actualmente (9 alumnos/as de EI e 5 alumnos/as de EP).

A xornada escolar é única  de mañá e o alumnado acude a actividades extraescolares organizadas polo Concello.
Este Plan de Centro Dixital enténdese como un instrumento que debe favorecer e promover o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co fin último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por iso, debe ser un instrumento que estea integrado no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual. Ademais, é fundamental dotar ao Plan Dixital dun foco central no uso dos recursos de ferramentas didácticas dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, para que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que dá coherencia e orienta o uso das tecnoloxías. Concretaranse as accións a levar a cabo mediante este documento que formará parte do Proxecto Educativo de Centro, podendo revisarse e modificarse, así como concretarse para o grupo de alumnos do  curso  23-24 a través da Programación Xeral Anual, establecendo as accións encamiñadas a consecución dos obxectivos que veremos máis adiante.

Marco Lexislativo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración.
Este documento foi elaborado pola responsable de centro en colaboración coa Rede ADIX e a súa asesora de zona. Ademáis contamos con un PFPP no centro de 30 horas que nos aportou formación para poder elaborar este documento. Non existe Equipo de Dinamización do Plan Dixital posto que unicamente hai unha docente que asume todas as responsabilidades organizativas e pedagóxicas na escola.

 


 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados  para elaborar o informe DAFO. Trátase dunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que nos levarán á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as que se baseará o Plan Dixital.

Informe SELFIE realizado en decembro 2021 e test CDD en febreiro 2022 ambos en anexos.

Interno
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O centro non dispon de dispositivos en propiedade para levar a casa o alumnado é depende de outras entidades. Alumnado Non
Debilidade O alumnado ten que compartir os dispositivos co profesorado. Alumnado Non
Debilidade As familias non empregan os recursos dixitais e de mensaxería. Son reáceas a realizar os trámites por internet se hai a posibilidade de presentalo en papel. Familias Non
Debilidade Equipamento e rede insuficiente Apenas hai equipamento para o ensino dixital no centro. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai equipamento suficiente portátil para levar a casa se fora preciso. Infraestruturas Non
Debilidade Non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade Carecemos de espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade Inexistencia de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non se avalían os progresos no desenvolvemento do ensino dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado ou familias. Persoal docente Non
Debilidade Plantilla pequena (unipersoal e especialistas) e mobilidade da mesma. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Non
Fortaleza No centro dispoñemos de un ordenador con conexión cedido por unha entidade para que o alumnado poida levar a casa se é necesario. Alumnado Non
Fortaleza Colaboración coas familias. Familias Non
Fortaleza No centro existe PDI, ordenador e impresoras que se poden usar na labor docente. Aínda que son insuficientes, o que hai é de fácil acceso e están en bo estado. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de formación en centros do que formo parte Organización de centro Non
Fortaleza Disponibilidade de asistencia técnica (UAC). Organización de centro Si
Fortaleza O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de formación en centros do que formo parte Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove o emprego de software libre no ámbito educativo. Organización de centro Non
Fortaleza Coñecemento e respeto polas licencias de contidos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Disposición para o aprendizaxe en liña e o desenvolvemento profesional contínuo. Persoal docente Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasa conectividad da rede no rural Contorna Non
Ameaza Escasa formación dixital das familias Contorna Non
Ameaza Demasiada normativa que é inabarcable e está en constante cambio. Lexislación Non
Ameaza Pouca implementación do uso das TIC nas entidades da contorna. Outras Non
Oportunidade Páxina web do centro Administración educativa Non
Oportunidade As administracións realizan un gran esforzo para a dixitalización do ensino e mellora da competencia dixital para transformar os centros. Administración educativa Non
Oportunidade Creación dun ANPA ANPA Non
Oportunidade Creación dunha escola de pais e nais ANPA Non
Oportunidade Colaboración co Concello Contorna Non
Oportunidade Normativa sobre a protección de datos Lexislación Non
Oportunidade Normativa sobre os dereitos de autor Lexislación Non
Oportunidade A normativa ofrece seguiridade xurídica Lexislación Non
Oportunidade Plan director. Ministerio do interior: Ciberacoso, internet, redes... Outras Non
Oportunidade Plan Proxecta+ que fomenta o uso das TIC de xeito motivador Outras Non
Oportunidade Concursos e proxectos en liña Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizado o test Selfie o Centro Educativo considera que os obxectivos que vai elaborar estarán baseados en correxir as debilidades e ameazas e potenciar as nosas fortalezas e oportunidades

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar Abalar móbil como canle de comunicación coas familias en ambas direccións.
O02PD Poñer en marcha un recuncho TIC na aula

Seguimento

Procedemento

A coordinadora do Plan Dixital da EEI de Olas reunirase de xeito presencial, telefónico ou telemático co mentor ADIX todas as veces que sexa preciso durante o curso para comprobar a evolución e consecución dos obxectivos.

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
 

1º Trimestre

A 22 de decembro de 2023 os obxectivos e accións quedan como segue:

O1PD: Utilizar Abalar Móbil como canle de comunicación coas familias en ambas direccións.

            AO1.Realización dunha reunión coas familias para informar sobre a aplicación e uso de Abalar Móbil.(Realizado)

O2PD: Poñer en marcha un recuncho TIC na aula.

            AO2.1: Actualización do recuncho TIC( En Proceso)

            AO2.2: Creación de  actividades e recursos para emprego do recuncho TIC (En Proceso)

            AO2.3: Avaliación do recuncho TIC (En Proceso)


 

2º Trimestre

Ao finalizar o segundo trimestre os obxectivos e accións quedan como segue:

O1PD: Utilizar Abalar Móbil como canle de comunicación coas familias en ambas direccións.

            AO1.Realización dunha reunión coas familias para informar sobre a aplicación e uso de Abalar Móbil(realizado)

O2PD: Poñer en marcha un recuncho TIC na aula.

            AO2.1: Actualización do recuncho TIC (en proceso)

            AO2.2: Creación de  actividades e recursos para emprego do recuncho TIC (realizado)

            AO2.3: Avaliación do recuncho TIC( en proceso)

 

3º Trimestre

Ao finalizar o terceiro trimestre os obxectivos e accións quedan como segue:

O1PD: Utilizar Abalar Móbil como canle de comunicación coas familias en ambas direccións.(realizado)

            AO1.Realización dunha reunión coas familias para informar sobre a aplicación e uso de Abalar Móbil

O2PD: Poñer en marcha un recuncho TIC na aula.(realizado)

            AO2.1: Actualización do recuncho TIC

            AO2.2: Creación de  actividades e recursos para emprego do recuncho TIC

            AO2.3: Avaliación do recuncho TIC

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
 

Valoración xeral

A valoración xeral do Plan é positiva , aínda que o segundo obxectivo proposto non se acadou da forma na que nun principio se plantexara.

Proposta de mellora

De cara o vindeiro curso se podería volver a programar un obxectivo relacionado co recuncho TIC e o seu funcionamento.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital farase a través das seguintes canles:
- Páxina web do centro (poderase ver a versión pdf do curso anterior 2022-2023 clicando aquí :https://www.edu.xunta.gal/centros/eeiolas/system/files/15008982_EEIdeOlas_PLANDIXITAL_V1.0_27052022_definitivo.pdf)
- Durante o curso 2023/24 poderase acceder ao Plan Dixital actualizado a través deste enlace:.https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15008982