Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO


A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, estableceu no artigo 121 que o Proxecto Educativo do Centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro. Derivado desta normativa, dende entón, o centro conta cun Plan TIC de referencia aos aspectos dixitais no centro. Ademais, o curso pasado recibimos formación en aulas virtuais que nos permitiu actualizar as aulas virtuais de 3º a 6º de Educación Primaria. 

Dende o curso 2017-18 contamos cunha Radio Escolar, Radio Rosiña. No curso 2018-19 a promoción de 6º de Educación Infantil gañou o I Certame Podcasts-Radio na biblioteca, organizado pola Consellería de Educación en colaboración coa Radio Galega. Dende entón é un recurso moi utilizado e tanto o alumnado coma o profesorado están a recibir formación.

No que se refire á incardinación e contribución deste documento ao proxecto educativo, pasa a ser un referente que pretende axudar a levar a cabo, os obxectivos que xa se viñan formulando en cursos anteriores no plan TIC do noso centro..

PROCESO DE ELABORACIÓN


No primeiro trimestre do curso 21-22 realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.

No comezo do segundo trimestre do citado curso aimplementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital do profesorado do centro.

Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro, facendo unha análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.

No terceiro trimestre elaboránronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

No curso 22-23 implementouse o Plan Dixital elaborado e pensáronse novos obxectivos para o vindeiro curso. No curso 23-24, revisouse todo o documento e mecanizáronse os obxectivos propostos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos utilizados para a recollida de información previa á realización do Informe DAFO foron as seguintes:

  • Informe SELFIE: o cal foi realizado polo equipo directivo, profesorado e alumnado.
  • Test CDD: realizado polo equipo directivo e profesorado.
Interno
60 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11 No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar Alumnado Non
Debilidade H7 No noso centro o alumnado non aprende a crear todos os contidos (excepto a radio). Alumnado Non
Debilidade H4 No noso centro o alumnado non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Debilidade H6 No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Debilidade H8 No noso centro o alumnado non aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade H13 No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade PEC 4.3 O alumnado non é coñecedor das vantaxes do software libre. Alumnado Non
Debilidade C10 No noso centro, non hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Debilidade PEC 1.3 A web é mellorable en canto a estrutura. Infraestruturas Non
Debilidade C13 No noso centro o alumnado no pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Organización de centro Non
Debilidade A1 No noso centro non temos unha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade A5 No noso centro non utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade C16 No noso centro non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade G7 O noso equipo directivo non facilita e non xera debate para usar as tecnoloxías dixitais con fins deavaliación Organización de centro Non
Debilidade PEC 2.1 non se promove o uso de software libre Organización de centro Non
Debilidade FLUT O uso da tecnoloxía está limitado pola falta de tempo do profesorado e a baixa competencia do alumnado e necesidade de formación do profesorado Organización de centro Non
Debilidade B2 No noso centro non comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade E3 Non utilizamos suficientemente ambientes virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade E5 Non utilizamos recursos educativos abertos axeitadamente. Persoal docente Non
Debilidade G3 Non empregamos as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade G5 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G8 Non facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G10 Non valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo. Persoal docente Non
Debilidade FNAM e PT tempo insuficiente para desenvolver en xeral a competencia dixital e en concreto na elaboración de material de aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade B1 No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade E2 Creamos poucos recursos dixitais para reforzar o noso método de ensino. Persoal docente Non
Debilidade G1 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G6 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade G9 Non utilizamos datos dixitais sobre estudantes individuais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza H1 e H2 No noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade e responabilidade en internet. Alumnado Non
Fortaleza PEC 3.3 fluidez das comunicacións do centro coas familias As familias colaboran economicamente nas actividades culturais do centro Familias Non
Fortaleza C1 No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza C2 No noso centro hai dispositivos dixitais que podemos utilizar no noso traballo como docente. Infraestruturas Si
Fortaleza C5 A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C8 No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza C3 O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C7 No noso centro existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C14 No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso ás tecnoloxías de apoio. Infraestruturas Non
Fortaleza Existen obradoiros de TIC para o alumnado de 3º a 6º de EP fóra do horario escolar. Oferta Non
Fortaleza A2 O noso equipo directivo implica ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Organización de centro Non
Fortaleza A4 No noso centro temos tempo para explorar como mellorar o noso método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza A3 Contamos co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza C11 No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Fortaleza C14 No noso centro, o equipo directivo organiza de tal xeito que os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza H10 O noso equipo directivo garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias. Organización de centro Non
Fortaleza PEC 2.2 e PEC 3.1 O centro promove a participación en PFPP. Organización de centro Non
Fortaleza B4 No noso centro colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza C12 No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Fortaleza D1 O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D2 Temos acceso a posibilidades de FPC en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D3 O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E4 Utilizamos as tecnoloxías dixitais para as comunicacións relacionadas coa Comunidade Educativa. Persoal docente Non
Fortaleza E1 Buscamos recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza F4 Levamos a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motiven o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F5 Empregamos as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F1 Utilizamos as tecnoloxías dixitais para adaptar o noso método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F3 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F6 Fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza PEC 1.2 O profesorado participa en formacións individuais. Persoal docente Non
60 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As respostas ante incidencias técnicas e a resposta externa do entes implicados (AMTEGA, UAC)en ocasións son longas e desmoralizan á Comunidade Educativa. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia Administración educativa Non
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa en canto equipos e material tecnolóxico tende ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza Existencia dunha persoa con destino no propio centro e con dispoñibilidade horaria e formación para impulsar o Plan Dixital. E no seu defecto que as persoas mentoras sigan liberadas para seguir apoiando na posta en marcha do PD Administración educativa Non
Ameaza Escasez de oferta cultural Contorna Non
Ameaza FNAM Mala conectividade nos domicilios do alumnado Contorna Non
Ameaza FNAM baixa competencia dixital das familias e necesidade de mellora no compromiso de estimulación da motivación do aprendizaxe do alumnado Contorna Non
Ameaza UT al. O alumnado non emprega as TIC para a aprendizaxe na casa pero si fan un uso excesivo dela para o ocio Contorna Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Ameaza Escasa existencia de entidades colaboradoras (asociacións, fundacións...) na contorna máis próxima Outras Non
Oportunidade O centro é solvente economicamente grazas a plans da Consellería. Administración educativa Non
Oportunidade A formación da Administración é variada e adáptase ás necesidades do profesorado Administración educativa Non
Oportunidade Estamos nunha época de cambio e de potenciación das tecnoloxías da información e da comunicación froito da recente pandemia na que nos atopamos. Administración educativa Non
Oportunidade As familias colaboran en funcións que repercuten positivamente ao centro ANPA Non
Oportunidade Nova directiva que supón unha oportunidade para o centro. ANPA Non
Oportunidade A Comunidade Educativa colabora estreitamente e ten moi boa relación co centro educativo. Contorna Non
Oportunidade Boas relacións con ¿Ayuda en Acción¿ que colaboran con centro no enriquecemento formativo e tecnolóxico do mesmo. Apoian tamén economicamente. Outras Non
Oportunidade B3 No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras Organizacións Outras Non
Oportunidade B4 No noso centro colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Outras Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado os distintos métodos de recollida de información, ponse en evidencia que é preciso seguin afondando na formación do profesorado. Ademais, dada a chegada de novos materiais tecnolóxicos e coa inclusión do centro no programa Polos Creativos é preciso inventariar ditos elementos no noso centro educativo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado na aprendizaxe baseada en proxectos (Área de mellora D: Desenvolvemento Profesional Continuo)
O02PD Elaboración dun inventario do material dixital do centro (Área de mellora A: Liderado)
O03PD Conectar o equipamento do centro á rede WIFI da Consellería (Área de mellora C: Infraestrutura e equipamentos)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende a seguinte perspectiva

Avaliación procesual: unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para tal efecto. 

Ademais, tamén se revisarán os plans e accións durante as visitas periódicas da persoa mentora. 

1º Trimestre

Neste trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PD     Formar ao profesorado na aprendizaxe baseada en proxectos (Área de mellora D: Desenvolvemento Profesional Continuo) 
    • Xa realizada unha das sesións de formación do profesorado, e elaborado o calendario das seguintes sesións de formación.  
  • O02PD     Elaboración dun inventario do material dixital do centro (Área de mellora A: Liderado)     
    • Elaborada a folla de cálculo para o inventario.
  • O03PD     Conectar o equipamento do centro á rede WIFI da Consellería (Área de mellora C: Infraestrutura e equipamentos)
    • Contas creadas e equipos conectados á rede wifi.
2º Trimestre

Neste trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PD     Formar ao profesorado na aprendizaxe baseada en proxectos (Área de mellora D: Desenvolvemento Profesional Continuo): xa resta unha formacón de cada unha das liñas de PFPP.
  • O02PD     Elaboración dun inventario do material dixital do centro (Área de mellora A: Liderado): neste trimeste se realizará un inventario fotográfico por aulas para a futura mecanizacón na folla de cálculo do inventario do noso centro.     
  • O03PD     Conectar o equipamento do centro á rede WIFI da Consellería (Área de mellora C: Infraestrutura e equipamentos): en proceso, no terceiro trimeste vanse conectar á rede tamén os equipos de fenda dixital. So resta a folla de rexistro. 
3º Trimestre

Neste trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PD     Formar ao profesorado na aprendizaxe baseada en proxectos (Área de mellora D: Desenvolvemento Profesional Continuo): acadado.
  • O02PD     Elaboración dun inventario do material dixital do centro (Área de mellora A: Liderado): parcialmente.
  • O03PD     Conectar o equipamento do centro á rede WIFI da Consellería (Área de mellora C: Infraestrutura e equipamentos): acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para tal efecto. 

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para a valoración do seu cumprimento. 

Valoración xeral

Neste curso académico, a valoración dos obxectivos do Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

  • O01PD: Formar ao profesorado na aprendizaxe baseada en proxectos (Área de mellora D: Desenvolvemento Profesional Continuo): acadado.
  • O02PD: Elaboración dun inventario do material dixital do centro (Área de mellora A: Liderado): parcialmente. Por outras necesidades do centro foi imposible realizar o documento de inventariado do centro. O que se realizou foi un inventariado fotográfico por aulas para unha mellor xestión do equipamento existente. 
  • O03PD: Conectar o equipamento do centro á rede WIFI da Consellería (Área de mellora C: Infraestrutura e equipamentos): acadado.

Conclusión


Os obxectivos establecidos para este curso académico foron en gran parte acadados, destacando a formación do profesorado na aprendizaxe baseada en proxectos e a conexión do equipamento á rede WIFI da Consellería. A elaboración do inventario do material dixital quedou parcialmente completada, polo que continuará sendo unha prioridade para o vindeiro curso. Seguiremos traballando para mellorar e consolidar os avances realizados ata o de agora.

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso, propoñemos as seguintes accións de mellora:

  • Continuar co inventariado do centro: Completar o inventario do material dixital existente e do novo equipamento que recibamos. Isto permitirá ter un control actualizado e eficiente dos recursos tecnolóxicos dispoñibles.
  • Dinamizar o uso dos espazos dixitais: Promover unha mellor representación do centro a través dos espazos dixitais. Isto inclúe manter a páxina web actualizada, utilizar redes sociais e outras plataformas (Agueiro) para mostrar as actividades e proxectos realizados no centro.
  • Formación do profesorado en competencia dixital: Ofrecer formación continua ao profesorado para mellorar as súas habilidades en novas tecnoloxías e materias relacionadas cos Polos Creativos. Esta formación incluirá o uso de ferramentas TIC, software educativo e outras tecnoloxías emerxentes.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro e ao Consello Escolar.

Enlace ao buscador de Plan Dixital: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-input.action?OWASP_CSRFTOKEN=HOME-CABI-7Q7I-5ISJ-KHA1-9CDL-9G05-4EHZ


Instrucións: no desplegable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No desplegable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro e seleccionamos. Prememos en "Buscar". Finalmente accedemos ao plan premendo na lupa da columna dereita.