Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

CEE PR Aspanaes- As Pontes ( 15027678).  Rúa Areosa s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Telf: 981 450542. e-mail: ceepr.aspanaes.aspontes@ edu.xunta.es. Páx. Web: non contamos con páxina web pero Aspanaes si q ten,  https://www.aspanaes.org/.O noso centro educativo CEE Pr Aspanaes-As Pontes está integrado na rede de centros e servicios que  Aspanaes ten na provincia de A Coruña, e que está formada, entre outros servizos, por 4 centros educativos de educación especial concertados coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ubicados en Santiago, A Coruña, Ferrol e As Pontes.   Atende alumnado con necesidades educactivas especiais cunhas características englobadas dentro do cadro dos TEA. Durante o presente curso atendemos a 4 alumnos e alumnas de entre 17 e 19 anos. Tres seguen unha modalidade de escolarización total no noso centro e 1  segue unha modalidade de escolarización combinada con un IES da contorna.  As necesidades, fortalezas e intereses do alumnado son moi heteroxéneos. A nosa intervención educativa céntranse en dar resposta ás necesidades globais e específicas do alumnado con TEA  proporcionando unha atención  individualizada e especializada , polo que a ratio é de entre 3 e 5 alumnos por mestre. Contamos cun aula concertada de P.T.  e con 1 Mestra P.T (titora da aula), e que tamén exerce  funcións de Directora do centro, 1 A T E, e    e 1 Psicióloga a tempo parcial (compartidas co CEE Pr Aspanaes- Ricardo Touceda).  O centro pertenece á Asociación Aspanaes, entidade privada, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública. Este centro está concertado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O noso centro atópase en As Pontes, provincia de A Coruña, pero xa limítrofe coa provincia de Lugo., o que favorece que podamos atender alumnado  de concellos lucenses, como é o caso de 1 alumno e 1 alumna. As Pontes é unha vila  industrial, que durante os anos 70 e o carón da explotación da mina de lignito e a posta en marcha dunha central térmica tivo unha importante explosión demográfica e económica e cultural. Nos últimos anos, tras o peche da mina e a disminución da actividade da térmica a poboación está disminuíndo . Ó noso alumnado  procede do nucleo urbano da vila onde se atopa o noso centro,  e tamén temos alumnado procedente da provincia de Lugo .  O nivel socio-cultural das familias do noso alumnado é  medio  O centro está situado nunha zona residenciall, nun edificio dos anos 50  cedido a Aspanaes e que foi rehabilitado para o seu uso actual. Este edifico está compartido polo centro educativo e o Centro de Día e Residencial de Aspanaes- Contamos con amplia zona axardinada e parque infantil., e se atopa a só uns minutos caminando do núcleo urbano.  A contribución do Plan Dixital ao noso Proxecto Educativo está moi ligado ós obxectivos plantexados no mesmo Plan e pasa por progresar na mellora das competencias dixitais do alumnado, ofrecéndolles oportunidade de traballar con disferentes dispositivos dixitais, e planificar actividades onde se utilicen este dispositivos para o proceso de ensinanza-aprendizaxe.    Elaboramos o PD para o noso centro según a seguinte normativa: 1) - LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación,, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa. No artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valiodo para levar a cavo as tarefas de ensino e aprendizaxe, uilitzando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. No artigo 132 da devandita Lei se establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educatvo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, asi como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. 2)Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten. 3) Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 .  Unha vez elaborado e implementadp o Plan Dixital do centro nos dous cursos anteriores, durante o presente curso ccontinuaremos traballando para acadar o obxectivo planificado para o presente curso escolar 2023-2024 Para o deseño e elaboración do P. D. empregamos o portal educattivo facilitado Educalidade, onde se recolle a información e ferramentas para o seu desenvolvemento . no curso 23-24. O Plan estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua. 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O alumnado con TEA caracterízase por ser pensadores visuais, polo que precisan de soportes e materiais especialmente motivadores para aceptar e implicarse no traballo dirixido a mellorar as súas capacidades comunicativas, sociais e cognitivas. As TIC son importantes facilitadores de las posibilidades de aprendizaxe do noso alumnado,  e  da súa inclusión en diferentes contornas., xa que favorece a igualdade de condicións.  O uso de soportes TIC como apoios comunicativos ou sociais resulta moito máis normalizador (pola ampla xenaralización do seu uso para differentes finalidades na poboación en xeral), en comparación con outro tipo de apoios como poden ser as carpetas PECS, o signos...). Por outra banda, facemos uso de programas informáticos e de apps para tabletas para incrementar os recursos comunicativos e de aprendizaxe do alumnado, e tamén como  ferramenta para o ocio.  A entidade (Aspanaes) conta con páxina Web, así como con un programa de xestión (MNProgram) que usamos en todos os centros e servizos da entidade, de xeito que alí volcamos toda a información relativa ó alumnado, (programacións, avaliacións, información relativa á saúde...) e a través da que nos comunicamos  internamente con diferentes claves de acceso e coas familias a través do correo electrónico. Dende o centro se potencia o emprego das TIC como ferramenta de traballo habitual no proceso de ensino-aprendizaxe, facendo  a aelaboración das programacións, memorias, plans, materiais adaptados, etc. .A través das TIC potenciamos canles de comunicación e participación de toda a Comunidade educativa (familias, centros educativos ordinarios con alumnos en combinada, centros educativos da contorna, asociacións...) nas diferentes actividades do centro: con comunicacións a través de correo electrónico, whatsapp, ou a páxina web da entidade. 

Os recursos materiais cos que contamos actualmente son: 1 Televisor con TDT (situado no comedor), 2 ordenadores portátiles para uso do alumnado e dos profesionais do centro (situados na aula), ). 1 ordenador portátil para uso da Dirección e da Psicóloga (situado no desspacho), 2  tableta,  1 camara de fotos dixital, 2 impresoras (unha na aula e outra no despacho de dirección), conexion a internet en todos os espacios do centro educativo a través dunha rede wifi. 

A entidade (Aspanaes) conta con páxina Web, así como con un programa de xestión (MNProgram) que usamos en todos os centros e servizos da entidade, de xeito que alí volcamos toda a información relativa ó alumnado, (programacións, avaliacións, información relativa á saúde...) e a través da que nos comunicamos  internamente con diferentes claves de acceso e coas familias a través do correo electrónico.

Dende o centro se potencia o emprego das TIC como ferramenta de traballo habitual no proceso de ensino-aprendizaxe, facendo  a aelaboración das programacións, memorias, plans, materiais adaptados, etc. .A través das TIC potenciamos canles de comunicación e participación de toda a Comunidade educativa (familias, centros educativos ordinarios con alumnos en combinada, centros educativos da contorna, asociacións...) nas diferentes actividades do centro: con comunicacións a través de correo electrónico, whatsapp, ou a páxina web da entidade.Traballamos co alumnado a adquisición de habilidades  para o manexo de diferentes soportes das TIC (PC, rato, teclado, pantallla táctil, fotocopiadora,..) e diferentes programas e aplicacións como youtbe, power point, word...  tamén son  un medio facilitador para a adquisición de coñecementos básicos coma competencia  lectora, habilidades sociais, emocións, normas., etc.., estrucucturación de tempos  e anticipación de actividades.. Tamén traballamos para que o alumnado que pode acceder de xeito autónomo a diferentes contidos da rede ou a redes sociais teña as habilidades precisas para facelo de xeito seguro (prevención de acoso virtual., estafas na rede., etc..). En resumo, podemos dicir que empregamos as TIC como canle de comunicación ca Comunidade Educativa, e como ferrramenta para a xestión de infromación e no proceso de ensinanza- aprendizaxe, sen embargo é preciso mellorar as competencias dixitais de todos os profesionais formándonos para actualizar e mellorar as nosas competencias dixitais e así optimizar o uso dos recursos dixitais dispoñibles. Consideramos, así mesmo, moi importante apoiar  as familias na adquisición de habilidades básicas para que poidan dar continuaidade no fogar ás aprendizaxes dos seus fillos e fillas.

O noso centro educativo ten escolarizado alumnado con TEA entre os 17 e os 19 anos. O centro conta con unha única unidade concertada, a cargo dun profesor titor de aula, no que tamén recaen as funcións de Equipo Directivo, e con 4 alumnos e alumnas con diferentes competencias, necesidades, fortalezas e intereses en tódolos ámbitos, tamén no que a competencias dixitais sev refire.

Interno
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Servizo de préstamo de dispositivos dixitais Alumnado Si
Debilidade Medidas para identificar e abordar a fenda dixital Alumnado Si
Debilidade Uso de SSAACC dixitais (aprender a comunicarse) Alumnado Si
Debilidade Uso de SSAACC dixitais Alumnado Non
Debilidade Medidas para identificar e abordar a fenda dixital Familias Non
Debilidade Servizo de préstamo de dispositivos dixitais. Familias Non
Debilidade Uso de SSAACC dixitais Familias Non
Debilidade Servizo de préstamo de dispositivos dixitais ó alumnado Infraestruturas Non
Debilidade Tempo para explorar o ensino virtual Organización de centro Non
Debilidade Medidas para identificar e abordar a fenda dixital Organización de centro Non
Debilidade Uso de SSAACC dixitais Persoal non docente Non
Debilidade Tempo para explorar o ensino virtual (A.L. e A.T.E) Persoal non docente Non
Fortaleza O noso alumnado aprende a facer un uso seguro e responsable da internet Alumnado Non
Fortaleza Crear recursos dixitais adaptados ás necesidades do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Contar con dispositivos .... Infraestruturas Non
Fortaleza O noso alumnado aprende a facer un uso seguro e responsable da internet. Persoal docente Non
Fortaleza Crear recursos dixitais adaptados ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Buscar recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza Contar con unha estratexia dixital (Plan TIC) Persoal docente Non
Fortaleza Crear recursos dixitais adaptados ás necesidades do alumnado Persoal non docente Non
Fortaleza Busacr recursos educativos en liña Persoal non docente Non
Fortaleza Contar con unha estratexia dixital (Plan TIC) Persoal non docente Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Entendendo a nosa entidade Aspanaes como Administración Educativa: contar cun axeitado acceso a internet. Administración educativa Non
Ameaza Contar con asistencia técnica Administración educativa Non
Ameaza Existencia de fenda dixital Contorna Non
Oportunidade Entendendo a nosa entidade Aspanaes como Administración Educativa: Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe e para as comunicacións do centro (pax.Web propia do centro, aula virtual..) Administración educativa Non
Oportunidade Uso das tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións p.e para formación (CFR, Autismo Galicia...) Outras Non
Oportunidade Acceso a desarrollo profesional continuo (DPC)en relación ao proceso de ensinanza aprendizaxe con técnicas dixitais (CFR, Autismo Galicia..) Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OBX.1 Progresar na mellora da competencia dixital do alumnado.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso faremos un seguemento das diferentes accións planificadas no Plan de Acción para acadar os distintos obxectivos , coincidindo coas datas marcadas para o fin de cada unha das accións  (outubro, novembro 2023 e maio  2024,) 

1º Trimestre

Todo o alumnado conta nos seus PRogramas Individuais con a lo menos un obxectivo relacionado coas competencias dixitais. 

Contamos cun tempo no horario semanal ( os martes pola tarde) adicado de xeito específico a actividades nas que se utilicen dispositivos dixitais (Obradoiro dixital no que planificamos actividades axeitadas ó nivel de competencia , así como ós intereses do alumnado.

 

2º Trimestre

Durante o curso adquirimos novos dispositivos dixitais, tanto para o uso do alumnado como dos profesionais (unha tablet e unha pantalla de ordenador de 20 pulgadas. No mes de Xaneiro chegounos unha nova tablet para uso do alumnado, deste xeito cada unha das alumnas en modalidade de escolarización total conta cunha tablet para utilizar de xeito individual. 

Planificamos e levamos a cabo actividades diarias nas que o alumnado teña que usar dispositivos dixitais como a elaboración de axendas, busca de información na rede (p.e busca de receitas para o obradoiro de cociña). 

No mes de Febreiro comezamos a utilizar unha nova aplicación (Tokapp) para as comunicacións coas familias do alumnado e entre os profesionais. 

 

 

3º Trimestre

Durante o último trimestre do curso comezamos a coñecer diferentes usos das tablets, como a aplicación da camara de fotografía. Co alumnado que xa coñecía esta función dimos un pasiño máis e aprenderon a transferir archivos o ordenador dende a tablet.  

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No mes de febreiro de 2024 avaliaremos o estado da situación do obxectivo.  No mes de xuño do 2024 realizaremos a avaliación final do obxectivo 

Valoración xeral

Ó longo do curso escolar palnificamos diferentes actividades, tanto no "obradoiro dixital" como en actividades de aula sempre adaptadas as competencias do alumnado para mellorar á súa competencia dixital, estas actividades estiveron relacionadas co diferentes obradoiros ou proxecto como Polos Creativos, e outras estivieron máis enfocadas ó uso dos dispositivos cos que contamos no centro ( manexo do rato, uso da camara de fotografía das tablets, ou de diferentes aplicacións ou programas.  

A adquisición dunha nova tablet permitíu que cada unha das alumnas en modalidade de escolarización total conte cunha tablet para o seu uso individual. 

PAra coñecer as boas prácticas no uso da internet e das RRSS e os perigos que entraña o seu uso planificamos  actividades que levamos a cabo co alumnado con menos necesidades de apoio e que usan a internet e as redes sociais no seu día a día. 

Todas estas actividades permitiron que o alumnado mellore, sempre tendo en conta as habilidades de cada un de eles e elas, a súa competencia dixital. 

Proposta de mellora

De cara o vindeiro curso escolar continuaremos traballando para mellorar a competencia dixital da comunidade educativa, tanto do alumnado como dos profesionais. Iniciaremos o uso de tecnoloxías dixitais para mellorar as competencias comunicativas do alumnado a través do uso de algún comunicador. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para dar a coñecer este Plan Dixital entre a comunidade educativa se dará a coñecer a todos os profesionais do centro educativo, será presentado no Consello Escolar do mes de Outubro de 2023

https://www.aspanaes.org/