Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce

Rúa de José María Penabad López, s/n

15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

ies.moncho.valcarce@edu.xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmonchovalcarce/

 

Ensinanzas 2023-2024 e alumnado matriculado:

          - Educación Secundaria Obrigatoria: 280

          - Bacharelato (Ciencias, Humanidades e ciencias sociais): 98

          - Ciclo formativo de grao superior Laboratorio de análise e de control de calidade: 16

Alumnado matriculado total en 2023-2024: 394

Plantilla docente en 2023-2024: 44

Plantila de persoal de administración e servizos en 2023-2024: 9

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

- Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

      As Pontes de García Rodríguez é unha localidade duns 10.000 habitantes. A actividade económica principal é a industrial e, se ben nos últimos anos está sufrindo un proceso de cambio de panorama socioeconómico debido ao peche da central térmica (principal activo económico), esperase a apertura de novas fábricas a corto-medio prazo, que remonten a economía da contorna. O nivel económico continúa sendo superior á maioría da poboación de Galicia, pero, desde hai tempo, vaise detectando un declive demográfico e unha progresiva baixa do poder adquisitivo, o cal se agarda recuperar coa chegada das novas industrias. A formación académica de boa parte da poboación é relativamente alto, sobre todo no caso da xentae máis nova.

      Nos concellos limítrofes (As Somozas, A Capela, Xermade) predominan as actividades agrarias como base da economía municipal e o nivel económico e académico da poboación é máis modesto que o das Pontes.

 

- Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación que participa...

O modelo pedagóxico actual atópase inmerso nun proceso de cambio no que a evolución tecnolóxica xoga un importante papel. Existe un acordo respecto á valía da incorporación das TIC na educación, porén, non se deben entender coma unha estratexia metodolóxica en si mesmas, se non que o seu uso hase de integrar dentro das decisións pedagóxicas no tocante ás actividades didácticas e á selección de recursos. 

Verbo do anterior, os eixos arredor dos cales se desenvolve o Plan Dixital do centro teñen como obxectivo fundamental a integración plena das TIC tanto na xestión coma na metodoloxía do proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de integrar as TIC na aula na práctica diaria docente e desbotar a idea do seu uso anecdótico, externo ao traballo diario. 

Para dar resposta a esta necesidade, durante o curso 2021-2022 realizaouse unha autoavaliacion, mediante a ferramenta SELFIE, para coñocer o nivel de partida dixital de toda a comunidade educativa, designouse a un colaborador externo que actúa ofertando soporte ténico coas incidencias de caracter informático que poidan xurdir, e se elaborou un Plan Dixital que serve de referencia para toda a comunidade educativa. 

No curso 2023-2024, tras perfilar e actualizar ao contexto educativo actual o plan existente, procederase á súa implementación, estando xa inluído na Programación Xeral Anual, aprobada polo Consello Escolar unha vez oído o Claustro. 

A implementación do Plan Dixital pode contribuir a:

-        Mellora da comunicación do centro coa comunidade educativa e con outras institucións.

-        Modificación da metodoloxía didáctica nas aulas.

-        Mellora dos recursos informáticos no proceso de ensino-aprendizaxe.

-        Modernización dos procesos de avaliación.

-        Favorecemento da implementación doutros plans do centro (convivencia, igualdade).

-        Mellora da competencia dixital do alumnado.

 

- Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 2023-2024,

–    Será moi útil na aplicación do Plan de Orientación Educativa (información e contacto coas familias).

–    Facilitará o traballo de organización da biblioteca, do plan anual de lectura e do funcionamento do club de lectura.

–    Facilitará o traballo do Club de Ciencia.

–    Facilitará notablemente a xestión do programa anual de actividades complementarias e extraescolares.

–    Permitirá un mellor funcionamento dos Plans Proxecta.

–    Permitirá unha aplicación integral e interdisiciplinar do programa de Polos Creativos. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A ferramenta SELFIE foi utilizada hai dous anos, polo que non se considera necesaria a súa aplicación de novo. Revísase de forma pormenorizada o plan do ano anterior para a elaboración do DAFO actual con todo o equipo de dinaminación do plan dixital.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Falta de análise e verificación dos contidos recollidos en Internet. Alumnado Si
Debilidade 2. Ausencia de creación de contidos Alumnado Si
Debilidade 1. Ausencia de estratexia dixital por ausencia de medios. Familias Si
Debilidade 1. Descoñecemento da existencia de dispositivos dixitais para uso do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Escaseza de tempo para a mellora do ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade 2. Non se debate o suficiente nin se intercambian experiencias sobre as necesidades do DPC. Persoal docente Si
Debilidade 3. Ausencia de estratexia dixital nos procesos de avaliación. Persoal docente Si
Debilidade 4. Necesidade de mellora na creatividade, na implicación e na colaboración interdisciplinar. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Alumnado familiarizado co uso de diferentes dispositivos dixitais: teléfonos móbiles, tablets, ordenadores... Alumnado Si
Fortaleza 2. Acceso a dispositivos con conexión a internet no fogar bastante estendida Alumnado Si
Fortaleza 3. Acceso a recursos dixitais en liña (aula virtual) por parte da totalidade do alumnado do centro. Alumnado Si
Fortaleza 1. Concienciación por parte do equipo directivo da importancia do uso das TIC e da realización dun plan dixital realista, práctico e específico para o noso centro e a súa realidade Organización de centro Si
Fortaleza 1. Respectamos as normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Si
Fortaleza 2. Todo o persoal docente utiliza contornas virtuais e recursos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza 3. O persoal docente crea ou elabora recursos dixitais para incorporar a súa práctica docente. Persoal docente Si
Fortaleza 4. Bo nivel competencial e uso normalizado de ferramentas informáticas de uso cotiá como a aula virtual, Abalar, XADE.... Persoal docente Si
Fortaleza 5. Emprego de medios dixitais na comunicación coa comunidade educativa (correo electrónico e Abalar) Persoal docente Non
Fortaleza 1. Persoal de administración con bo nivel de competencias no traballo con ferramentas e programas informáticos. Persoal non docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Ausencia de estratexia dixital por insuficiencia de medios. Administración educativa Si
Ameaza 2. Non se pode involucrar ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital por insuficiencia de medios. Administración educativa Si
Ameaza 3. Ausencia de infraestrutura dixital e de dispositivos para o alumnado. Administración educativa Si
Ameaza 1. Deficiente conexión a Internet. Contorna Si
Oportunidade 1. Posibilidade cada vez maior do profesorado para acceder á formación dixital ofertada pola consellería. Administración educativa Si
Oportunidade 2. Existenza de repositorios e bibliotecas en liña con materiais de ensinanza-aprendizaxe (espazo abalar, Agueiro...) Administración educativa Si
Oportunidade 3. Impulso que se lle quere dar ao desenvolvemento das TIC dende a Consellería. Administración educativa Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Realización de varias sesións de traballo do equipo do Plan Dixital para analizar a información obtiva da Ferramenta SELFIE e Board para recollida de datos para o método DAFO.

Elaboración do Plan de acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Mellorar a dotación e o equipamento informático do centro
2 Mellorar a conectividade á rede
3 Informar ao profesorado dos recursos informáticos dos que dispón o centro para poder dixitalizar a didáctica das súas materias
4 Elaborar un proxecto interdisciplinar co equipo docente para consolidar os coñecementos dixitais de forma colaborativa
5 Colaborar coa ANPA na formación dixital extraescolar do alumnado

Seguimento

Procedemento

Levaranse a cabo ao menos dúas reunións trimestrais do equipo de dinamización do Plan Dixital, unha ao inicio do trimestre para planificar actuacións, e outra ao remate do trimestre para facer unha valoración do desenvolvemento do plan.

1º Trimestre

No primeiro trimestre convocouse unha primeira reunión para designar ao equipo actual do plan. Aínda que a maoir parte dos integrantes son os mesmos, este ano incorporouse unha nova colaboradora (Andrea Patiño Vázquez), e unha nova coordinadora (Irene Pérez Nicolás). 

Unha vez formado o equipo de traballo para este curso levouse a cabo unha revisión exhaustiva do plan do ano pasado para así poder ver as accións acadadas e continuar o traballo anterior. Revisouse o DAFO e modificouse para adecuarse á realidade do curso actual.

Realizouse unha promoción dos obxectivos do Plan Dixital entre os integrantes do centro educativo, focalizando máis a actuación sobre o equipo docente. Analizouse a dispoñibilidade horaria dos membros do claustro fóra do horario lectivo, co fin de poder organizar algunhas xornadas de formación sobre as ferramentas dixitais corporativas durante os vindeiros trimestres. 

Ao final do trimestre, fíxose unha segunda reunión para a planificación de accións e estratexias a seguir durante o segundo trimestre.

2º Trimestre

Realizáronse unha primeira reunión ao comezo deste trimestre co equipo do plan no que acordamos os obxectivos a traballar.

Durante este segundo trimestre creouse dentro da aula virtual do instituto un curso para poder compartir recursos TIC con todo o profesorado. (Obxectivo 3). Esta aula é totalmente colaborativa, na que todo o claustro do centro pode facer achegas de programas ou aplicacións.

Realizouse unha discreta mellora na dotación de ordenadores na aula TIC, xa que se cambiaron aquelas unidades que estaban estropeadas ou en peor estado (Obxectivo 1).

Levouse a cabo unha segunda reunión ao rematar o trimestre para planificar as actuacións de cara ao peche do curso.

3º Trimestre

Ao comezo do trimestre informáronnos nunha primeira reunión que están a chegar ordenadores novos para as aulas de informática e TIC que van substituir os que se encontran en peor estado. O número total de ordenadores que informan que van chegar é de 16. A mediados de xuño chegan ditos ordenadores, que ao final irán ao aula TIC xa que é onde hai maior número de alumnos nas clases, e onde se atopan os ordenadores en peor estado. Considérase, por tanto, que o Obxectivo 1 se acadou. 

Realizouse unha reunión con todo o profesorado para informar da creación da aula virtual cos recursos TIC na que se explica a todo o claustro o obxectivo deste espazo colaborativo (Obxectivo 3). É posible acceder á devandita aula virtual mediante a seguinte ligazón, coma "Convidado", empregando a chave de acceso "PDMONCHO". Ademais, tivo lugar durante o mes de abril unha formación sobre ferramentas TIC (H5P, uso do Chroma, cámara 360º), englobada dentro do PFPP Club de Ciencias, na cal se contribuíu de xeito transversal ao Plan Dixital do Centro. 

Tras a distribución e publicidade da aula virtual, e a realización da formación, comézase a traballar de xeito interdisciplinar entre algúns departamentos didácticos, dentro dun Plan Proxecta (Fitofaladoiro), no que traballará tanto o profesorado como o alumnado de 4º da ESO (Obxectivo 4). 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

a. Avaliación trimestral.

Valoraranse:

1.     Estado da execución das accións.

2.     Análise e valoración dos resultados.

 

b. Avaliación final.

Realizarase ao final de cada curso académico. Valorarase:

            1. Valoración do logro dos obxectivos.

            2. Proposta de mellora.

Valoración xeral

O plan de traballo do equipo do Plan Dixital foi cumprido case na súa totalidade, polo que a valoración xeral no curso resultou positiva.

Acadáronse tres dos cinco obxectivos programados para este curso. Ademais, debe terse en consideración que o Obxectivo 2 non  ser completado por circunstancias alleas ao centro, xa que a mellora da conectividade á rede depende directamente da insfraestrutura dispoñible na localidade do centro, a cal todavía se atopa en proceso de mellora. 

Finalmente, cabe salientar a grande implicación, tanto do equipo responsable do plan coma de todo o profesorado, no logro dos obxectivos e na busca da mellora continua das competencias e recursos dixitais. 

Proposta de mellora

Tendo en conta o exposto anteriormente, de cara ao vindeiro curso, ademais de establecer novos obxectivos adaptados á situación futura do centro e dos seus integrantes, tratarase de conquerir aqueles non logrados neste período. En concreto, proponse coma suxestión de mellora traballar de xeito interdisciplinar coa ANPA para que a formación dixital extraescolar teña máis éxito, adaptando a proposta e o marco horario aos intereses dos participantes.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

a. Publicarase o documento completo e as modificacións que se vaian aplicando na páxina web do centro.

b. Informarase á plantilla docente nunha sesión do claustro de profesorado de principio de cada curso académico.

c. O profesorado titor comunicará os apartados que lle afecten ao alumnado nas horas de titoría do seu curso.

d. A plataforma educalidade como medio de difusión do plan dixital