Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Realizarase un rexistro do seguimento das accións en Educalidade. Trimestralmente realizarase unha valoración da evolución das accións realizadas e planificación das vindeiras por parte do equipo dixital.
Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e , de ser o caso, as posibles modificacións das acciós e as propostas de mellora.
Os obxectivos marcados no PD avanzan axeitadamente. O obxectivo PD 3 tén algo de retraso conforme a temporalización prevista. Solicitouse unha liña de formación do PFPP sobre edición de vídeo enfocado ao obxectivo relacionado coa dinamización do centro en RRSS. A participación nesta liña é destacable con 11 persoas implicadas.
O emprego das aulas virtuais é contínuo na actividade docente no centro, neste senso, a labor de mantemento e optimización de usuarios e cursos nas mesmas tivo un impacto positivo.
A aula tecnolóxica tén un mantemento contínuo e se está a ampliar e mellorar poñendo bancadas para que un maior número de alumnado poda ser partícipe das actividades que se desenvolven nela.
Os obxectivos marcados no PD avanzan axeitadamente.
Obxetivo nº 1 do PD: Acadado
Obxetivo nº 2 do PD: O emprego das aulas virtuais é contínuo na actividade docente no centro, neste senso, a labor de mantemento e optimización de usuarios e cursos nas mesmas tivo un impacto positivo.
Obxectivo nº 3 do PD: Tén algo de retraso conforme a temporalización prevista. Solicitouse unha liña de formación do PFPP sobre edición de vídeo enfocado ao obxectivo relacionado coa dinamización do centro en RRSS. Trátase dun seminario de 30 h, das cales 9 h son de docencia e serán impartidas os días 6, 9 e 13 de Maio. A participación nesta liña é destacable con 11 persoas implicadas.
Obxetivo nº 4: Acadado
Obxetivo nº 5: A aula tecnolóxica tén un mantemento contínuo e se está a ampliar e mellorar poñendo bancadas para que un maior número de alumnado poda ser partícipe das actividades que se desenvolven nela. Actividade en curso, elaboración de cerveza.
Obxetivo nº 6: Acadado
Remate dos obxectivos:
Obxetivo nº 2 do PD: Acadado. O emprego das aulas virtuais é contínuo na actividade docente no centro, neste senso, a labor de mantemento e optimización de usuarios e cursos nas mesmas tivo un impacto positivo.
Obxectivo nº 3 do PD: Acadado. Liña de formación do PFPP sobre edición de vídeo enfocado ao obxectivo relacionado coa dinamización do centro en RRSS impartida os días 13 e 15 de Maio de 16:00 a 20:30 h.
Avaliación
O PD foi moi positivo. Parte dos obxectivos estaban orientados a manter fortalezas e consolidar hábitos TIC no centro, neste senso axudou á organización e visibilización do traballo. Outros obxectivos cubriron debilidades como, por exemplo, o enfoque e estratexia de comunicación do centro en RRSS.
O vindeiro curso seguir a manter fortalezas coma mantemento de cursos na AV e estratexia de comunicación do centro en RRSS.
O reto virá de implicar ao profesorado nunha formación TIC que demanden. A idea inicial sería unha parte de mellora de competencias en AV para sacar máis partido á mesma.
Comunicación e difusión
A difusión do plan realizaráse a través de educalidade e en varios niveis: primeiro entre o profesorado para que poda aportar e colaborar no desenvolvemento do mesmo, segundo co alumnado para ir traballando con eles e poñendo en práctica parte dos obxetivos e as accións establecidas, terceiro en redes sociais, web do centro, e distintos medios que poidan achegar ó alumnado potencial as innovacións tecnolóxicas que estamos a realizar e iso lle motive para realizar a formación con nós.