Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
• A avaliación procesual realizarase segundo o cronograma que figura no plan de acción. Nes mesma táboa valoraranse a consecución dos obxectivos, a valoración das accións propostas e incluiranse as posibles modificacións e propostas de mellora.
• A avaliación final realizarase ao finalizar o curso e nela incluirase todas as valoracións de logro e propostas de mellora levadas a cabo nas diferentes avaliacións procesuais.
O Plan Dixital avanza satisfactoriamente aínda que os obxectivos 3 e 4 están algo descolgados con respecto a temporalización prevista. A coordinación do equipo de traballo é moi boa e as titorías e formación entre iguais está a funcionar moi ben.
Solicitamos formación no PFPP pero a parte do obxectivo 5 que está a impartir unha compañeira, tivo que substituirse pola liña de formación en Polos Creativos.
Estamos a realizar a formación do obxectivo 5 sobre Canva mediante titoría entre iguais e cunha coordinadora para esta formación.
O avance do Plan Dixital nestre trimestre é moi semellante ao anterior.
Damos por conseguido na súa totalidade o obxectivo 1 e 2 posto que dende casi principios de curso a comunicación coa comunidade educativa faise a traves de Abalar e leváronse a cabo a maioría de colaboracións con outras entidades quedado algunha pendente para o terceiro trimestre.
Seguimos tendo un pouco menos traballados os obxectivos 3 e 4. Iremos vendo como evolucionamos no que queda de curso e tomaremos unha decisión con respecto a eles a finais do último trimestre.
Por último, no obxectivo 5 avanzamos moito, pois casi a totalidade do profesorado emprega as ferramentas dixitais para a elaboración de materias destancando a ferramenta de Canva debido a esa formación entre iguais que se levou a cabo nestes meses.
Neste terceiro trimestre realizáronse as úlitmas charlas de formación de comportamento (ciber acoso, bulling...) e conductas responsables nas redes para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.
O resto de obxectivos desenvolvéronse na mesma medida que no segundo trimestre.
Avaliación
-A avaliación procesual realizarase segundo o cronograma que figura no plan de acción. Nes mesma táboa valoraranse a consecución dos obxectivos, a valoración
das accións propostas e incluiranse as posibles modificacións e propostas de mellora.
-A avaliación final realizarase ao finalizar o curso e nela incluirase todas as valoracións de logro e propostas de mellora levadas a cabo nas diferentes avaliacións procesuais.
En xeral, os obxectivos do Plan Dixital acadáronse na súa maioría e tiveron un impacto positvo na comunidade educativa.
O obxectivo tres do taboleiro de recursos queda pendente e probablemente se reformulará para o vindeiro curso.
O obxectivo catro está plenamente conseguido nos niveis Edixgal. En niveis inferiores queda pendente o fomento da AV en cursos vindeiros.
De cara o curso que vén manteranse as fortalezas dos obexctivos un e dous.
Reformularenos o obxectivo cinco de cara a formación en máis ferramentas de creación/adptación de contidos.
O obxectivo tres valoraremos o cambio cara un grupo de profesorado en Agueiro.
Comunicación e difusión
O Plan dixital será divulgado a través da web dixital do centro, das RRSS e será comunicado as familias mediante a mensaxería de Abalar Móbil.