Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

O IES Breamo é un centro de titularidade pública dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparte na actualidade as ensinanzas de educación secundaria e bacharelato. O centro, que foi creado en 1978 por unha orde do MEC e que estreou novo edificio no 1995, leva por nome desde o curso 2004/05 o de IES Breamo, facendo referencia ó monte Breamo, que coroa a ladeira na que se asenta a vila de Pontedeume.

  • IES BREAMO
  • Enderezo postal: Avda. Ricardo Sánchez, 5 – 15.600 Pontedeume (A Coruña).
  • Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbreamo/
  • Enderezo electrónico: ies.breamo@edu.xunta.gal
  • Nº de alumnado: despois da recente conversión a CIFP do Fraga do Eume no 2021 na que o IES de Breamo acolleu 150 alumnos, na actualidade o centro ten unha matrícula anual de máis de 500 alumnos e alumnas.
  • Nº de profesorado: 53.
  • Dimensión estrutural: facendo unha análise rápida podemos dicir que o centro, situado entre a avenida de Ricardo Sánchez e o paseo marítimo de Pontedeume, conta cun edificio de planta rectangular e dispón de planta baixa, 1º e 2º andar. A carón do edificio hai un ximnasio, un pavillón e os patios pavimentados ó aire libre para o recreo do alumnado.

Contextualización do PD no centro. Contribución ó Proxecto Educativo do Centro

  • Características socioeconómicas e culturais

    O concello de Pontedeume, que se articula en 7 parroquias, reúne as claves para actuar como un gran centro comarcal a cabalo entre Ferrol e A Coruña. É o máis pequeno da comarca do Eume, con tan só 29,5 quilómetros cadrados, aínda que é o segundo máis poboado tras As Pontes, con 7.702 habitantes  (a 23 de marzo 2022), o que lle confire a densidade de poboación máis elevada do conxunto, con algo máis de 250 habitantes por quilómetro cadrado.
    A principal actividade do concello céntrase no sector servizos, que representa, tanto en número de traballadores como de empresas, máis do 70% do total. Os outros sectores son minoritarios, non representando ningún deles máis do 15% do total de traballadores ou empresas.
   Desde un punto de vista lingüístico, a comarca ofrece uns rexistros mellorables no estado de conservación do idioma galego, sendo o idioma castelán, debido ás connotacións históricas da zona e á influencia da comarca de Ferrol sobre esta vila en tempos pasados, o idioma de referencia que adoita utilizar a maior parte da poboación.
   A maioría do alumnado que recibe o IES Breamo,  provén do núcleo urbano de Pontedeume (38% do alumnado). E un número menor de alumnos, do resto das parroquias, onde o ambiente é rural (20%). O IES Breamo pola súa situación xeográfica é referencia para o alumnado de concellos próximos como o de Cabanas (23%), Miño (10%), A Capela (3%), Vilarmaior (3%), Monfero (1%). O 2% restante cóbrese con alumnado que vén doutros concellos, como Ares e Mugardos.
   Na actualidade, e despois da recente conversión a CIFP do Fraga do Eume, o alumnado pode tamén elixir cursar estudos de ESO en dous centros concertados da localidade.

  • O plan dixital, o PEC e outros documentos de centro

   O plan dixital de centro é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, segundo se recolle na LOMLOE no seu Artigo único. Modificación da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. PUNTO 62. APARTADO 1 (O proxecto educativo do centro recollerá, así mesmo, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5.»), co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación e dos recursos educativos dixitais.
   Este plan contén as medidas que garantirán a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso. Tomouse como referencia fundamental o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), e os resultados obtidos a través do cuestionario SELFIE e no Test CDD. 
   Tal e como se recolle na Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, o uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá, acelerou cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ó longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros. Este cambio de enfoque require unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía, de como este impacto é diferente nas mulleres e os homes e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente, que se desenvolva tanto na competencia dixital do alumnado como na competencia dixital docente.  
   En consecuencia, faise necesario un documento que dea resposta a esta realidade social e ás circunstancias que envolven os membros da comunidade educativa deste centro, e inclúa un enfoque da competencia dixital máis moderno e amplo, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. As necesidades xurdidas a partir da situación que estamos a vivir, fan necesario o desenvolvemento da Competencia Dixital e isto é clave para que, tanto o profesorado como o alumnado, poidan desenvolverse nos novos escenarios, de maneira que o alumnado poida desenvolver as habilidades e competencias do século XXI, e o profesorado poida mellorar e modernizar os procesos de ensino- aprendizaxe. 
   A inclusión dixital foi un dos obxectivos prioritarios para a elaboración deste documento, para garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa, reducir a fenda dixital (carencia de dispositivos e conectividad) e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todas as persoas.

Este plan dixital será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección, a Programación Xeral Anual e farase alusión ó mesmo no resto dos documentos de centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 O proceso de elaboración do PD, froito dun traballo colaborativo ,combinando sesión presenciais con traballo en rede, estivo suxeito ás indicacións e prazos marcados pola mentoría dixital ADIX da zona Ferrol 2.
   Sen ter claro a quen nos diriximos, non é posible ter bos resultados. A partir do Informe SELFIE (ferramenta de autorreflexión colectiva sobre a capacidade dixital dos centros educativos baseada nunha serie de cuestionarios a equipos directivos, profesorado e alumnado) e do test de competencia dixital docente (CDD), o equipo de dinamización do plan dixital de centro realizou a análise DAFO que foi de gran utilidade para a análise da situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital. Estes documentos achéganse ó plan a modo de anexos.
   Despois de facer unha análise da situación centrámonos no plan de acción. Procedemos a identificar os obxectivos (e indicadores de logro) con atención ós elementos temáticos DigCompOrg e definimos as accións a realizar cos indicadores a ter en conta: responsables, prazos e recursos necesarios. 
   No tramo final da redacción do PD establecemos os procedementos de avaliación, de seguimento e de difusión do plan entre a comunidade educativa.
 A redacción do PD quedará rematada coa aprobación do mesmo por parte dos órganos competentes. Será a partir deste momento cando entre en valor a aposta por dinamizar o proceso de transformación dixital do centro.
      Coa finalidade de enriquecer o Plan e de que toda a Comunidade educativa se sinta partícipe (e o faga seu), o equipo directivo establecerá, antes da súa aprobación, mecanismos de participación e achegas a título individual e colectivo.

Interno
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Uso deficiente por parte do alumnado do seu equipo dixital portátil para facer as tarefas escolares dentro e fóra da aula Alumnado Non
Debilidade Porcentaxe inferior significativa no uso de tecnoloxías dixitais fóra do centro para tarefas escolares (ou con fins de aprendizaxe) fronte ó uso para ocio Alumnado Non
Debilidade Hai unha porcentaxe significativa (25%) que se distrae cando usa dispositivos dixitais para estudar. Alumnado Non
Debilidade Pouco uso da tecnoloxía no centro para facer as tarefas escolares Alumnado Si
Debilidade Alumnado con carencias importantes no desenvolvemento da súa competencia dixital (habilidades dixitais para diferentes materias, resolver problemas técnicos, aprender a codificar e programar...) Alumnado Non
Debilidade Implicación desigual no proceso de ensino e aprendizaxe Familias Si
Debilidade Número insuficiente de equipos dixitais (e de hardware non actualizado) para utilizar no proceso de ensino aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade Limitación de espazos que faciliten a incorporación de tecnoloxía dixitais ás prácticas docentes. Infraestruturas Non
Debilidade Sen posibilidade de acceder a equipos dixitais para o uso externo por parte do alumnado Infraestruturas Non
Debilidade Apertura do centro en horario non lectivo Oferta Non
Debilidade Pouco debate e reflexión sobre a importancia do uso da tecnoloxía dixital e do progreso que obtemos cando a utilizamos nos procesos de ensinanza aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade Acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais e a traer o seu propio equipo Organización de centro Non
Debilidade Ausencia dunha política de seguridade; uso de datos, de ferramentas dixitais e de establecemento de códigos de conduta ética en contornas virtuais de aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo para explorar como mellorar a metodoloxía de ensino con tecnoloxías dixitais e para a preparación de materiais. Organización de centro Non
Debilidade Falta de emprego das tecnoloxías emerxentes nos deseños de aprendizaxes Persoal docente Non
Debilidade O alumnado non se decata de que se usen as tecnoloxías nas aulas e que poidan participar nelas: alumnos son suxeitos pasivos, non senten que se teñan en conta. Persoal docente Non
Debilidade Pouca reflexión sobre a propia práctica profesional e a colectiva con referencia ó uso de tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade Competencia e utilización desigual por parte do profesorado para o uso de ferramentas dixitais na práctica docente na aula (impartición e preparación de clases). Persoal docente Non
Debilidade Falta de propostas para o fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Actitude desfavorable para o uso das tecnoloxías dixitais na avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado. Carencias na formación para facer monitoreo e autoavaliación Persoal docente Non
Debilidade Falta de traballo colaborativo entre departamentos nas aulas virtuais Persoal docente Non
Debilidade Non se colabora co alumnado na análise do uso da tecnoloxía na aula. Persoal docente Non
Debilidade Reticencia por parte de certo profesorado ó uso de contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Carencias na formación do profesorado e falta de uso de tecnoloxías dixitais para facilitar ¿feedback¿ personalizado ó alumnado e para potenciar procesos de aprendizaxe autorregulados e colaborativos por parte do alumnado fomentando a aprendizaxe activa Persoal docente Non
Debilidade Falta de implementación de actividades de aprendizaxe para que o alumnado comunique, colabore, utilice as tecnoloxías de forma segura (a nivel físico e emocional), sexa consciente da súa pegada dixital (reputación dixital). Persoal docente Non
Debilidade Descoñecemento en conceptos e procesamento computacional e a súa relación coa competencia dixital Persoal docente Non
Debilidade Actuacións desiguais con respecto á normativa de propiedade intelectual e dereito de autoría á hora de compartir contidos Persoal docente Non
Debilidade Pouco uso das tecnoloxías dixitais para permitir que o alumnado avance a diferentes niveis e velocidades. Persoal docente Non
Fortaleza Uso por parte do alumnado de recursos dixitais en internet. Alumnado Non
Fortaleza Predisposición para aprender con metodoloxías innovadoras facilitadas polas ferramentas dixitais. Alumnado Non
Fortaleza A maioría do alumnado declara saber usar o ¿sofware¿ e aplicacións na casa sen axuda. Alumnado Non
Fortaleza O maioría do noso alumnado utiliza de maneira responsable internet. Alumnado Non
Fortaleza Abertas a novas propostas de innovación educativa facilitadas polas tecnoloxías dixitais Familias Non
Fortaleza Posibilidade de fácil acceso a internet (conectividade) para as actividades de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Servizo eficiente de asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza Oferta de materias relacionadas directamente co uso de tecnoloxía dixital. Oferta Non
Fortaleza Apoio do equipo directivo para probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza O centro ten certa experiencia no uso de contornas de aprendizaxe Organización de centro Non
Fortaleza O centro educativo ten unha comunicación regular e ben organizada (con datos de valoración do equipo directivo e profesorado). Organización de centro Non
Fortaleza Predisposición do profesorado para o uso de tecnoloxías dixitais con fins de comunicación relativa ó centro Persoal docente Non
Fortaleza Competencia do profesorado para o uso de ferramentas tecnolóxicas dixitais dirixidas á comunicación co alumnado e as súas familias. Persoal docente Non
Fortaleza Algúns profesores utilizan ferramentas nas PDs para avaliar os procesos de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza O equipo de profesores son receptivos ós cambios (fortaleza). Persoal docente Non
Fortaleza Uso por parte do profesorado de recursos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza Apoios entre os docentes para mellorar a comunicación co profesorado, co alumnado, e/ou coas familias. Persoal docente Si
Fortaleza Predisposición do profesorado para o DPC e participar en actividades formativas presenciais, en liña e para aprender de compañeiros e compañeiras que dominan as ferramentas tecnolóxicas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Persoal con alto grao de compromiso Persoal non docente Non
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade A facilidade do acceso á formación xestionada a través dos CFRs e da propia axuda dos asesores. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de recursos humanos e materiais por participar nas actividades de organismos como o CFR, e en programas institucionais e de innovación educativa. Administración educativa Non
Oportunidade Facilidades para o desenvolvemento profesional continuo no relativo ó ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Predisposición para colaborar na organización de actividades encamiñadas a un mellor coñecemento e uso das ferramentas dixitais institucionais por parte das familias. ANPA Non
Oportunidade A maioría do alumnado ten acceso fóra do centro á tecnoloxía e recursos dixitais e a participar en actividades de aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade Numerosos recursos en liña. Contorna Non
Oportunidade Autonomía dos centros para adoptar formas de organización, de plans de traballo..., dentro das posibilidades que determine a normativa aplicable Lexislación Non
Oportunidade Compartir as nosas actuacións con outros centros que apostan por esta liña de traballo e con entidades locais. Outras Non
Oportunidade Boa disposición dos Concellos de referencia e dalgunha empresa local no desenvolvemento de programas de mellora do uso de tecnoloxías dixitais. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Traballar co alumnado a construcción dunha identidade dixital axeitada e un comportamento seguro en rede
O02PD Empregar Espazo Abalar coma método de comunicación interna e externa
O03PD Incrementar o número de equipamento dixital do centro
O04PD Continuar o servicio de asistencia técnica para o mantenemento do equipamento dixital do centro

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizarase tendo en conta as táboas de obxectivos, as accións dentro de cada obxectivo e engadindo revisións se fose preciso. A maiores, cada trimestre realizaremos unha valoración sobreo grao de cumprimento das metas previstas para ese período. Comprobarase, por tanto, ao final de cada trimestre, se foron executadas as accións planificadas, valoraranse os resultados e, de ser necesario, faranse os axustes necesarios e propostas de mellora.

1º Trimestre

Obxectivos iniciados, habilitada un aula TIC nova e informados profesorado e familias sobre o emprego de Abalar.

 
 
 
 
 
 
2º Trimestre

Os obxectivos avanzan conforme ao previsto.

 
 
 
 
 
 
3º Trimestre

Obxectivos acadados

 
 
 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O PD tivo un impacto positivo no centro coa montaxe de aulas TIC, o mantemento de fortalezas coma o emprego de Abalar para comunicacións, a formación en comportamento seguro do alumnado e a xestión eficiente de incidencias.

 

 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

O vindeiro curso centrarse en manter as fortalezas acadadas. Quizás incrementar a formación do alumnado no emprego seguro das redes por atender unha demanda da sociedade actual. Tamén intentar fomentar a formación do profesorado nunha parte de liña TIC do PFPP para o cal se pasará unha consulta ao profesorado.

 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital, realízase mediante a súa exposición no Claustro, presentando os obxectivos para cada curso académico e mediante unha ligazón á disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do centro.