Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Introdución

O colexio de Educación Infantil e Primaria Couceiro Freijomil, está situado na rúa do Peirao s/n do concello de Pontedeume, provincia de A Coruña, sendo este de titularidade pública. Os datos de contacto do centro así como a web do mesmo son os seguintes:

• Tlfno: 881930480

Correo electrónico: ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.gal

Web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/

No centro durante o curso 2023/2024, na data de elaboración deste documento contamos con 328 alumnos matriculados, 91 en Educación Infantil e 237 en Educación Primaria. Por outra banda o claustro do centro está formado por 29 mestres e mestras.

• Educación Infantil • Educación Primaria • Educación Musical • Educación Física • Lingua estranxeira inglés • Lingua estranxeira francés • Relixión • PT • AL • Orientadora

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

En canto á realidade sociocultural e económica do contexto no que se atopa o centro podemos destacar que o alumnado corresponde a un medio semi-urbano cun nivel socioeconómico medio e medio-baixa. Parte da economía de Pontedeume oriéntase ao sector primario no que destacan a pesca de baixura, o marisqueo, a agricultura e a gandería.

En Pontedeume non hai moitas industrias. Entre as máis importantes están: leite Celta, Einsa, que se dedica á edición de libros, revistas, folletos, etc... invernadoiros Trigo, Fertri, Madeiras Mendaña e Regueiro… Boa parte dos habitantes de Pontedeume viven do pequeno comercio, do turismo e do sector servizos.

Coa implantación do presente plan intentaremos que se mellore a coordinación entre o profesorado do centro, aproveitando os medios dixitais dispoñibles e, en maior medida, as posibilidades que nos brindan. Tamén buscamos que o alumnado sexa quen de empregar as contornas dixitais e desenvolverse con seguridade.

Cabe mencionar que está relacionado a nivel global coa vida a nivel xeral, xa que os dispositivos móbiles e ordenadores son inherentes á vida das nosas alumnas e alumnos. Podemos observar como en maior medida se relaciona co alumnado e profesorado que está a participar en E-dixgal e Abalar polo cal todos e todas pasarán nalgún momento.

Búscase así que durante o curso 23/24 estas actividades faciliten e axilicen o proceso educativo, tanto para o profesorado como para o alumnado, permitíndolles desenvolverse de forma eficiente e segura a ambos.

Breve xustificación do mesmo

A Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de Educación,pola que se modifica a Lei 2/2006 , de 3 de maio de educación  regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

Polo tanto podemos dicir que este documento é a ferramenta se atopa enmarcado nos seguinte contexto lexislativo.

-  Lei 3/2020 , do 29 de decembro , de Educación que modifica a  Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de Educación (LOMLOE).

Proceso de elaboración

Segundo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 ao longo do curso se establecerían as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2022-2023, nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo esta resolución cada centro dentro da súa autonomía elaboraría o documento do Plan Dixital como referencia a toda a comunidade educativa, de xeito que no curso 2023-2024 a súa aplicación sexa efectiva.

Para a súa elaboración, analizouse a realidade do noso centro en relación ao uso de tecnoloxías dixitais. Este análise se levou a cabo durante o primeiro trimestre. Unha destas ferramentas de autoavaliación que se empregou é a chamada SELFIE, da Comisión Europea, deseñada para axudar aos centros educativos a integrar as tecnoloxías dixitais na docencia; no aprendizaxe e na avaliación do alumnado. coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE).

De xeito complementario, se aplicou o Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD). O profesorado realizou o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permitiu obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1- C2). Así mesmo, xerou un Informe de Centro, co fin de mostrar resultados representativos.

A partir do informe da primeira das ferramentas: SELFIE, contamos cun informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) o cal permitiu a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

Por outra banda o informe Individual do test CDD permitiunos avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron o informe SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente (CDD).

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Pouco compromiso activo do alumnado coa sua propia aprendizaxe (visita de páxinas non axeitadas á súa idade ou no momento que non corresponde...) 2. Brecha dixital presente no seu entorno familiar. Alumnado Non
Debilidade 1.Descoñecemento dos riscos, por parte do alumnado, que supón ser o "responsable" final dos dispositivos. 2. inestabilidade da conexión. 3. Dispositivos obsoletos na aula de informática o que dificulta o uso funcional da mesma. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Non existe unha boa estratexia dixital. 2. Bo coñecemento dalgúns recursos dixitais para cooperar, colaborar e compartir información pero ausencia de tempo para levalo a cabo. Organización de centro Non
Debilidade 1. Rexeitamento do profesorado cara o uso das novas tecnoloxías. 2. Baixa capacidade para resolver problemas técnicos. 3. escaso pensamento computacional. 4. Pouca capacidade para reflexionar sobre a propipa práctica profesional en canto o uso das novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade 1. Falta de tempo para a resolución de todos os incidentes que xorden no centro (conserxe). Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Motivación e interese polas novas tecnoloxías. 2. Presentación de coñecementos previos e básicos no uso das novas tecnoloxías ao estar en contacto cos mesmos dende idades temperás. Alumnado Non
Fortaleza 1. Bo uso da comunicación co centro. Familias Non
Fortaleza 1. Boa conexión á rede. 2. Dispoñibilidade dun aula de informática. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Programa de "madrugadores" 2. Comedor escolar. Oferta Non
Fortaleza 1. Promoción de actividades complementarias dentro do centro: Magosto, Peón, Entroido, Maios, Nadal, Letras Galegas, Semana da Poesía, Eumeolimpiadas, Actividades na praia... 2. Múltiples propostas dende a biblioteca escolar. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Busca e selección de contidos e recursos dixitais para favorecer o proceso de E-A. 2. Aprendizaxe profesional a través das tecnoloxías dixitais (orixinada pola situación pandémica vivida). Aínda que se continúa tendo preferencia pola presencialidade. 3. Certa aptitude para crear recursos dixitais que apoien o proceso de E-A. 4. Predisposición para a creación de recursos dixitais para mellorar o proceso de E-A. 5. Implicación no desenvolvemento xeral de actividades propostas. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Boa capacidade (conserxe) para solucionar problemas relacionados coas novas tecnoloxías, a pesar de non estar dentro das súas funcións. 2. Predisposición e boa actitude cara ao uso das novas tecnoloxías. 3. Contamos coa figura do administrativo. Conta cun gran coñecemento de programas internos importantes para o desenvolvemento das actividades no día a día do centro educativo (matrícula, altas e baixas do persoal docente e non docente...). o que axiliza o funcionamento do mesmo. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. dificultade para acceder a novos dispositivos. Administración educativa Non
Ameaza 1. Imposibilidade de acceso ás actividades citadas anteriormente por parte de familias en risco social e/ou económico. ANPA Non
Ameaza 1. Promove o uso das novas tecnoloxías, facendo responsable ao alumnado e familias responsables finais dos dispositivos. 2. Certas ambigüedades na interpretación da lexislación vixente. Existindo a promoción das novas tecnoloxías nas mesmas mais non se dan facilidades nin ás familias, nin ao alumnado nin ao profesorado. Lexislación Non
Ameaza 1. Falta de dotación económica na área de educación. Isto é debido a que en comparativa con concellos lindeiros, a pesar do tamaño do concello a aportación da que dispoñen ten que ser repartida entre os cinco centros educativos da zona. Outras Non
Oportunidade 1. Facilita a formación do profesorado. 2. Entrega dispositivos para o alumnado en risco. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Gran oferta de actividades deportivas, culturais e formativas (robótica, cociña, judo, xadrez...) ANPA Non
Oportunidade 1. Xestión do comedor escolar, pequenos obradoiros ao inicio do curso. Destacar que previamente á pandemia a colaboración por parte da ANPA era superior. Estimamos que unha vez superada a situación se retome a promoción de actividades, organización de talleres, etc. xa que as actividades non dependían da ANPA senón da situación sanitaria. Contorna Non
Oportunidade 1. Promoción do uso das novas tecnoloxías. 2. Facilidade de acceso ás novas tecnoloxías (non a nivel práctico). Lexislación Non
Oportunidade 1. Promoción por parte do Concello de actividades, talleres, exposicións, obradoiros, etc. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar formacións co alumnado para recoñecer os riscos e perigos que conleva un mal uso dos medios dixitais (RR.SS, plataformas de vídeo...)
O02PD Poñer en marcha un espazo de creación dixital
O03PD Optimizar recursos mediante inventario dixital e eliminación de material dixital obsoleto

Seguimento

Procedemento

- Seguimento do Proxecto Dixital a través das diferentes reunións do Equipo de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

- Comprobar os diferentes aspectos a mellorar ao longo do curso.

1º Trimestre

O desenvolvemento do PD neste primeiro trimestre avanzou máis despazo do esperado no obxectivo 2 de habilitar o espazo para Polos Creativos. Prodúxose parte da retirada do material obsoleto pero aínda queda traballo para optimizar o espazo. O equipo de dinamización do Plan Dixital (ou TIC) realizou reunións de traballo e coordinación sobre todo ao principio de curso para organizar e repartir o traballo. A coordinación do equipo é moi boa. Preparouse o carro con equipamento para empregar cos niveis non Edixgal. Realizáronse vídeos das celebracións e actividades desenvoltas no centro e expuxéronse na canle do centro e na web.

A formación de Polos Creativos aínda está por realizar. O coordinador dos Polos está a realizar a formación para coordinadores.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre, no que respecta ao primeiro obxectivo, tiveron lugar as primeiras charlas de acoso e ciberacoso aos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria por parte da Garda Civil  dentro do Plan Director .O desenvolvemento do PD neste segundo trimestre no referente ao obxectivo 2 de habilitar o espazo para Polos Creativos mantense na mesma situación que no trimestre anterior. Prodúxose parte da retirada do material obsoleto no primeiro trimestre pero aínda queda traballo para optimizar o espazo xa que o seu uso actualmente é para outras funcións. O equipo de dinamización do Plan Dixital (ou TIC) realizou reunións de traballo e coordinación para organizar e repartir o traballo. A coordinación do equipo é moi boa. No primeiro trimestre preparouse o carro con equipamento para empregar cos niveis non Edixgal e neste segundo realizouse un horario para poder utilizalo polos niveis de 1º a 4º. Realizáronse vídeos das celebracións e actividades desenvoltas no centro e expuxéronse na canle do centro e na web.

A formación de Polos Creativos aínda está por realizar. O coordinador dos Polos está en plena formación para coordinadores. Comezaron a chegar ao centro algún pequeno material para iniciar algunha actividade relacionada cos polos creativos.

3º Trimestre

No terceiro trimestre desenvolvéronse as charlas do INCIBE con varios grupos de toda Educación Primaria. O espazo de fabricación dixital de Polos Creativos segue á espera de materiais e a optimizarse. Remataron á retirada de material obsoleto e chegaron PDI e equipos para as aulas.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Recompilación de boas prácticas vinculadas á transformación dixital.

Reunións do Equipo de Novas tecnoloxías da Información e Comunicación.

Seguimento persoal do coordinador do Plan Dixital.

Valoración xeral

O PD quedou con algún obxectivo parcialmente acadado. 

O impacto do obxectivo 1 de comportamento seguro do alumnado foi moi bó coas charlas da Garda Civil e o INCIBE en moitos niveis educativos.

O espazo de Polos Creativos está en proceso de optimización á espera de chegada de material. O que se fixo foi moita formación por parte do profesorado e continuación de traballo co alumnado con moitas actividades coma Radio, Robótica, ...

O inventario dixital quedou á espera do aplicativo de AMTEGA. O que se realizou foi a retirada de material obsoleto por parte de AMTEGA e a recepción de novo equipamento. O carro de equipos móbiles de 1º a 4º de primaria tivo un emprego semanal bastante frecuente.

Proposta de mellora

O vindeiro curso manter fortalezas e afondar na formación e emprego dos Polos Creativos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A principal canle de comunicación e difusión do Plan Dixital é a paxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/