Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do PD en relación coa normativa vixente

A elaboración deste plan de acción pretende consolidar que somos como centro e sobre todo que queremos e en que cremos. É dicir, este plan debería consolidar o carácter tecnolóxico, innovador, comprometido, promotor e integrador que xa ten o Centro, á vez que conseguir levar a cabo a cooperación, a difusión, investigación, o aprendizaxe servizo, todo iso dentro dun espírito de mellora continua. A realización deste plan de acción a tres anos baséase nunha serie de valores que deben sistematizarse no Centro: solidariedade, pensamento crítico, formación continua, experimentación e inclusión. Este plan de acción debe ser unha guía que explique o que queremos facer, como o imos a facer e cando o imos a implantar. O obxectivo de fondo deste plan de acción é usar a tecnoloxías da información e a comunicación como un instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, feito que seguro repercutirá positivamente na mellora de resultados e na creación dunha identidade propia.

As áreas nas que queremos actuar son:

  • Prácticas de ensino-aprendizaxe (aumento da competencia dixital de estudantes e profesores, reconsideración de roles e modelos pedagóxicos).
  • Colaboración e networking (desenvolvemento de asociacións, modelo estratéxico da comunicación e promoción do networking e a compartición). 
  • Infraestrutura dixital (desenvolvemento de espazos físicos e virtuais de aprendizaxe)

Lexislación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece aordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a
    ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

- Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O Colexio Concertado Luís Vives Sociedade Cooperativa Limitada está situado na comarca do Eume, no Concello de Pontedeume, provincia de A Coruña. Na capital municipal, Pontedeume, o comercio, o turismo e a pesca son as principais actividades económicas. A pobación total do Concello e de 8.619 habitantes, dos cales 1,80 % é pobación estranxeira.A idade dos pais dos nosos alumnos esta comprendida entre os 22 e os 55 anos. O nivel cultural xeral é de estudos primarios.A relixión máis practicada é a católica, mais existe unha importante comunidade musulmá.A actitude dos pais ante a educación impartida no centro é positiva.Máis do 50% dos pais emprega o castelán como lingua cotiá. As actividades extraescolares máis demandadas son as TIC, idiomas e deportes. O rendemento escolar é máis satisfactorio na educación infantil e primaria ca en secundaria.O centro esta adaptado para acoller alumnos con discapacidade física.

- Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo e á Programación Xeral Anual

O obxectivo da posta en marcha do PD é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación do colexio nunha organización educativa dixitalmente competente. Por tanto, o PD afecta transversalmente ao Proxecto Educativo do centro e potenciará dixitalmente a Programación Xeral Anual.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O CPR Luis Vives dispón, na actualidade, de escasos recursos dixitais que, sen embargo, están sempre a disposición dos membros do equipo directivo, profesorado e alumnado.

- Aulas de informática. Disponse dunha aula cun total de 12 computadores de sobremesa que necesitan, urxentemente, ser reemplazados. Ademáis,a aula de infantil, sala de profesores e a de proxeccións dispoñen dun ordenador propio. Da mesma forma, a biblioteca dispón dun Chromebook a disposición do alumnado e profesorado para realizar consultas. Algunhas aulas dispoñen dun monitor para permitir a proxección de videos ou powerpoints dende o ordenador persoal do profesorado. Os Sistemas de son, altofalantes e pantallas tampouco se actualizan desde hai máis de 5 anos. A instalación eléctrica para facilitar as conexións atópase ao descuberto.

- Software. a pesar das recomendacións de actualización realizadas, algún ordenador do centro sigue mantendo o sistema operativo Windows XP, que non se pode actualizar vía Windows Update. Todos os computadores están conectados en rede, co paquete de oficina Libre Office, en versión 5.4 obsoleta xa que se requiren outros sistemas operativos para soportar novas versións como a 7.0.

- Proxectores. Só a aula de infantil e o comedor, que tamén se usa como sala de proxeccións constan dun.

- Pizarra electrónica. O centro non dispón de ningunha pizarra dixital.

- Tablets. Os dispositivos dos que se dispón poseen unha batería de corta duración, e de funcionalidades limitadas.

- Conexión Wifi. Aínda que se dispón de conexión Wifi (recentemente actualizada), con varios puntos de conexión no centro, o ancho de banda do centro é deficiente e a velocidade de transferencia de datos é insuficiente para o centro.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de motivación. Uso inapropiado das tecnoloxías. Alumnado Non
Debilidade Falta de recursos debido a un baixo nivel económico. Familias Non
Debilidade Non existencia dunha estratexia dixital. Equipos e redes non actualizados. Infraestruturas Si
Debilidade Diferenzas notabeis no nivel competencial nun sector do profesorado. Baixo nivel tecnolóxico para avaliar ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza Comportamento seguro e responsable. Preocupación dende o equipo directivo para o desenvolvemento de actividades dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Apoio ao centro. Familias Non
Fortaleza Contémplase tempo adicado á comunicación e á comunicación organizativa. Infraestruturas Si
Fortaleza Experiencia básica no emprego de plataformas educativas. Uso de recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Creación de recursos dixitais. Persoal non docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Situación da plantilla docente. Grao de apoio na lexislación. Administración educativa Non
Ameaza Nivel de apoios familiares en relación ao ensino dixital. ANPA Non
Ameaza Apoios atopados. Contorna Non
Ameaza Comunicación coas administracións.Normas sobre os dereitos de autor e licenzas de uso. Falta de recursos. Lexislación Non
Ameaza Colaboracións. Outras Non
Oportunidade Papel das autoridades educativas. Administración educativa Non
Oportunidade Grao de implicación. Bibliotecas. ANPA Non
Oportunidade Medidas tomadas para afrontar as dificultades atopadas. Contorna Non
Oportunidade EDIXGAL. Grao de implantación da imaxe dixital do centro. Lexislación Non
Oportunidade Sinerxias para o ensino e a aprendizaxe a distancia. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para a elaboración da análise DAFO tivéronse en conta diferentes avaliacións previas (tales coma o test de competencias dixitais e outras), que veñen recollidas no ANEXO Fontes empregadas para a análise DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Equipo informático en cada aula (PC e proxector ou encerado dixital)
O02PD Aumentar a competencia dixital do conxunto do profesorado
O03PD Fomentar uso da plataforma Google Workspace por parte do profesorado e alumnado
O04PD Fomentar a comunicación coas familias mediante a aplicación ClassDojo.

Seguimento

Procedemento

A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre as accións levadas a cabo foron as previstas, cumprindo co planificado ao comezar o curso tanto cualitativa como cuantitativamente. Os novos equipos instalados nas aulas están sendo de gran axuda para a docencia. De cara ao futuro, poderíamos plantexarnos como obxectivo a formación do profesorado para o traballo en rede ou na intranet do centro, así como aprender a xestionar e vincular as contas dos distintos PCs de aula.

2º Trimestre

As accións levadas a cabo durante o segundo trimestre foron, na súa maior parte, tarefas de mantemento e pequenos cambios nos equipos derivados das necesidades diarias do centro.

Ademais, apareceron algúns problemas imprevistos coa conexión a internet do centro. Polo momento están solucionados, pero poderíamos plantexarnos como obxectivo para o futuro mellorar a conectividade no centro e solucionar algúns problemas de base na instalación da rede.

3º Trimestre

Igual que no segundo trimestre, as accións levadas a cabo neste final de curso foron, na súa maior parte, tarefas de mantemento e pequenos cambios nos equipos derivados das necesidades diarias do centro.

Ademais, realizáronse enquisas para o seguimento do plan e púxose en conxunto co resto do claustro os avances e proxectos de cara ao futuro relacionados co PD.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración xeral da aplicación do PD é moi positiva. Os obxectivos plantexados a principio de curso foron acadados con éxito e o camiño a seguir en cursos futuros parece claro.

Proposta de mellora

Continuar coa mellora dos equipos e infraestructura dixital do centro así como potenciar a formación do profesorado en novas tecnoloxías.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a elaboración e coordinación do Plan TIC distinguimos tres fases ou momentos no desenvolvemento do mesmo:

  • 1ª Fase: Análise. Completando e detectando as necesidades, debilidades e problemas que necesitan accións concretas no centro. Fase en constante evolución.
  • 2ª Fase: Desenvolvemento. Posta en práctica das diferentes accións susceptibles de ser realizadas. Toda a comunidade educativa e os axentes específicos, levarán a cabo os aspectos recollidos neste documento de acordo á súa función.
  • 3ª Fase: Avaliación. Como base para unha mellora continua, recompilaranse resultados, e a avaliación das accións e procesos que se levaron a cabo mediante a ferramenta SELFIE. Co claustro preceptivo de final de curso presentaranse os resultados.

Unha vez aprobado publicarase o Plan TIC na web do centro, e no apartado en rede correspondente dos computadores locais do centro. A sección creada aloxarase no espazo de “Documentos Institucionais”