Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A introdución a competencia dixital, supón un reto tanto para o profesorado, o alumnado, como para o centro, xa que require de recursos que constantemente están a cambiar e mellorando que requiren de unha axeitada cualificación por parte do profesorado así como dun alto investimento económico. Por iso é necesario elaborar un proxecto que baseado nos principios e obxectivos preestablecidos no proxecto educativo do centro, axude a planificación, desenvolvemento e seguimento. Este plan debe ser un instrumento de unidade, que en líña co noso proxecto educativo e incluido na PXA, impulse, cree propostas para levar a práctica os obxectivos que persigue, que se presentan mais adiante, de xeito sistemático e organizado. O presente curso 23/24, continuase co equipo de traballo iniciado no curso anterior para a aplicación e seguimento do Plan Dixital, elaborado dacordo coa normativa en vigor:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

O equipo de Dinamización do Plan Dixital está formado por cinco membros que se reúnen unha ou dúas veces ao mes os mércores de 16.00h a 17.00h segundo dispoñibilidade de calendario. 

O equipo traballa tamén colaborativamente a través de documentación compartida en Drive e Classroom.

Reúnese co Claustro para compartir a información e os obxectivos propostos no Plan Dixital, así coma dossier de recursos e aplicacións dixitais, aclarar dudas sobre o uso das pantallas dixitais táctiles, ....

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente coñecemento sobre os dereitos de autor e licencias de uso sobre os recursos dixitais. Alumnado Si
Debilidade O tempo reservado para a exploración de novas modalidades de ensinanza no ámbito dixital é insuficiente Organización de centro Si
Debilidade Falta de concienciación sobre o uso de materiais que non son propiedade do profesorado. O profesorado non capacita suficientemente ao alumnado no uso responsable e seguro das tecnoloxías, a identidade dixital, pegada e reputación dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Uso da plataforma Classroom desde 3º EP ata Ciclo Formativo no caso do alumnado para a ensinanza e aprendizaxe dentro e fora da aula. Alumnado Si
Fortaleza La colaboración de las familias con el centro y el profesorado. Familias Non
Fortaleza Conexión de fibra óptica en todo o centro. Aulas de Ciclo Formativo equipadas cun dispositivo por alumno propiedade del centro. Equipamento do colexio a nivel de aulas: internet, pantallas dixitais interactivas, portátil de aula. Infraestruturas Non
Fortaleza Único centro da zona do Eume que ofrece o Ciclo Medio de Xestión Administrativa. O centro conta con servicio de madrugadores con almorzo e comedor. Metodoloxías activas en todos os cursos ofertados polo centro, desde Infantil ata Ciclo Formativo. Oferta Non
Fortaleza Implantación da plataforma virtual Google Classroom, xunto coas súas ferramentas en todo o centro. Proxecto Un por un desde 3º EP polo que existe unha estratexia dixital. Concienciación por parte do equipo directivo da importancia do uso das TICs e da realización dun Plan Dixital de Centro real e práctico. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado aplica as TIC nas súas clases de forma habitual a través de materiais dixitais. Máis do 50% do profesorado ten CDD nivel B1, continuando a súa formación para acadar os seguintes niveis. Uso da plataforma Classroom en todo o centro a nivel profesorado Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Descenso da natalidade na zona. Moita oferta de prazas escolares na zona. Contorna Non
Ameaza Cambio constante na lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Formación e recursos a través do CFR Ferrol, CAFI. Participación en programas como Educación Responsable, Plambe, Cardioescolas, LÓVA, Erasmus+ Axudas a través da formación de Equipos de traballo, Dinamización Lingüistica e aulas dixitais Administración educativa Non
Oportunidade Contamos no Centro cun ANPA dinámico e colaborador, sendo un grupo cohesionado. ANPA Non
Oportunidade As totalidade das familias do centro teñen equipamento informático e conexión a internet. Un % moi alto do alumnado que asiste ao centro dispón de dispositivo dixital para traballar na aula. Contorna Non
Oportunidade Plataforma Google Workspace for Education Fundamentals gratuíta para Educación. As redes sociais como medio de comunicación co exterior. Colaboracións sistemáticas co Concello para a realización de actividades e empresa de FCT. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os datos deste DAFO axudan a elaboración e concrecion na proposta dos obxectivos do Plan Dixital do Centro. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Manter un grupo de profesorado que se encargue de organizar, guiar e levar a cabo experiencias coas tecnoloxías na aula, dinamizando o intercambio de boas prácticas
O02PD Implementar a secuencia de obxectivos e competencias dixitais do alumnado desde terceiro de E Primaria a cuarto da ESO.
O03PD Traballar a identidade dixital e comportamento seguro nas redes.

Seguimento

Procedemento
Acordouse ir revisando en cada reunión o plan de acción para seguimento de Plan Dixital, e ir actualizando o estado de consecución de cada obxectivo, acción,.... e indicadores.

Unha vez ao trimestre analizar ou modificar algunha das accións de ser preciso e formular propostas de mellora. 

1º Trimestre

Reunións: Non cumpliuse a media de reunións por mes por ser festivos varios mércores. Tiveron lugar tres reunións pero avanzouse a traves do traballo compartido a través da plataforma Classroom. 

A reunión do día 20 de decembro adicamola a preparación do Festival do Nadal para ás familias.

Accións : Dende o Equipo de Dinamización do PD iniciouse a busca de actividades, exemplos, videos, concursos para a consecución dos obxectivos O2PD e O3PD.

A través do Classroom (do Claustro) compartimos co claustro videos e páxinas como FAD que contén material de sensibilización no uso seguro das redes.

Solicitaronse desde o Centro as charlas do Plan Director sobre uso seguro das tecnoloxías e redes sociais.

No mes de novembro, o alumnado de 2º ESO participou no concurso "Ciberseguridade no cole" promovido pola fundación Telefónica traballando contidos sobre pegada dixital e seguridade nas redes.

Nos grupos de 3º a 6º de EP  recuperan un momento semanal dedicado a práctica de mecanografía. O profesorado tamén utiliza esta actividade nos momentos en que parte do alumnado remata a tarefa antes cos outros.

En Secundaria : tanto co alumnado (porque xa ten vicios) como co profesorado atopamos máis dificultade para atopar tempos para realizar esta práctica. Pensamos que en vindeiros cursos o alumnado que xa traballou a mecanografía en primaria terá acadada esta competencia en ESO. 

Dende o Equipo solicitamos a todo o profesorado a esixencia nas tarefas de aula realizadas en soporte dixital (textos, pdf, audios, correos, jamboard, ...) coa secuencia feita na lista que propoñemos.

2º Trimestre

Reunións: Celebraronse menos reunións das previstas, xa que un mércores coincidiu coa preparación do Festival de Entroido e outra coa celebración dos "obradoiros interniveis" .

ACCIÓNS

 

3º Trimestre

 

 ACCIÓNS: Participaciòn do alumnado de 3º ESO no programa EuTeens sobre sostenibilidade creando podcasts

- A través do grupo de traballo de Polos Creativos o alumnado de 5º e 6º realizaron actividades de programación utilizando Scratch e Makey Makey. Crearon e elaboraron xogos e material para expoñer no dia da Ciencia na rúa, en Coruña.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan avaliarase da seguinte forma:

- Unha vez ao trimestre para analizar a realización das accións propostas nos diversos obxectivos, modificar algunha das accións de ser preciso e formular propostas de mellora. Tomarase medicións dos indicadores para observar a progresión ou desvío do valor a acadar.

- Ao final do curso para valorar de forma conxunta a consecución dos obxectivos propostos no plan , valoración dos indicadores e os valores a conseguir, a relevancia, ou non, para próximos cursos. Faranse propostas de mellora para o curso seguinte

Valoración xeral
Proposta de mellora

mantener fortalezas 

aumentar o mejorar....

formacion...

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan será difundido entre toda a comunidade educativa, presentado ao Consello Escolar  e o resto da comunidade a través da plataforma Classroom, á que teñen acceso todos os profesores.

Publicado tamén na propia  páxina web do centro para toda a Comunidade Educativa.