Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A elaboración deste plan dixital segue o exposto na Resolución de 3 de setembro de 2021 pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia, curso 2021 2022. A nivel xer al, o novo currículode educación infantil e primaria introduce un marco legal que concede un carácter preceptivo ao uso das TIC máis aló do fenóm eno social, económico ou cultural no que nos atopamos e atópase o noso alumnado. A competencia tratamento da i nformación e competencia dixital consiste esencialmente en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala e n coñecemento. Por tanto, o dominio e a alfabetización TIC converteuse nunha técnica instrumental imprescindible. Ademais, a natureza complexa e globalizadora da competencia dixital contribúe ao desenvolvemento do resto das competencias clave, especialmente a competencia en comunicación lingüística, a competencia social e cidadá e a competencia para ap render a aprender. Así mesmo, as posibilidades didácticas e pedagóxicas que nos ofrecen o acceso e xestión da información e do coñecemento, conceden a esta competencia un peso específico como eixo tran sversal dentro da actividade docente. Todo iso esixe tr ansformacións que afectan á globalidade do proceso educativo nos seus aspectos metodolóxicos, organizativos, de xestión e curriculares.
É precisamente esta transcendencia global das novas tecnoloxías o que xustifica a confección deste plan como documento de referencia que recolla e regule todos os aspectos concernentes á devandita transformación dixital no centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Informa SELFIE.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non hai habilidades dixitais para a cominicación. Alumnado Non
Debilidade Baixo nivel de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade Non se empregan novas modalidades de ensinanza. Oferta Non
Debilidade Escaso tempo para explorar a ensinanza dixital Organización de centro Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital definida. Organización de centro Non
Debilidade Non existe avalución do progreso. Persoal docente Si
Debilidade Non existe debate sobre o uso da tacnoloxía. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade de DPC. Persoal docente Non
Debilidade Non existe creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Debilidade Non existe emprego de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Boas infraestructuras. Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitais para a ensinanza. Infraestruturas Non
Fortaleza Bo acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Boa asitencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza Coñecemento sobre os dereitos de autor e licencias de uso. Organización de centro Non
Fortaleza Participación en DPC. Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Un só profesor para cinco niveis educativos xuntos na Falta de formación dos docentes en materia dixital. Administración educativa Non
Ameaza Todo o alumnado é menor de sete anos. ANPA Si
Ameaza O alumnado non ten unha competencia dixital. ANPA Si
Ameaza Falta de formación lexislativa no campo dixital. Lexislación Non
Oportunidade Comunidade educativa participativa e colaborativa. ANPA Non
Oportunidade Entornos familiares do alumnado con entornos sociais, económicos e culturais favorables. ANPA Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez terminado o análisis do informe SELFIE do noso centro, podemos concluir que a actual estratexia dixital do centro parte do aumento dos recursos técnicos e do uso destas tecnoloxías dixitais na estratexia de ensinanza e aprendizaxe por parte da profesora e coordinadora TIC. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O03PD Dotar de formación TIC ao profesorado dentro do Plan de Formación de Centros.
O04PD Determinar a cantidade e tipo de dispositivos dispoñibles para o centro.
O01PD Potenciar o uso das TIC: páxinas Web, blogues, vídeos, videoxogos educativos.
O02PD Integralas as TICs como un recurso máis no proceso de ensinanza aprendizaxe nos niveis educativos do centro; infantil e primaria.

Seguimento

Procedemento

Na programación faise referencia ás competencias dixitais e inclúense recursos dixitais de tipo actividades, webs e plataformas. Inclúense criterios para a avaliación da competencia dixital, baseados no marco educativo vixente.

Para esta análise da situación e seguimento do centro no ámbito da innovación, seguiranse os seguinte indicadores:

• Desenvolvemento profesional.

• Infraestruturas e equipamentos.

• Prácticas de ensino e aprendizaxe.

• Prácticas de avaliación.

• Competencia dixital do alumnado.

1º Trimestre

A través do Plan de Formación do Centro, levouse a cabo a dotación de formación TIC ao profesorado.

Potenciamos o uso das TIC: páxinas Web, blogues, vídeos...

Xestionouse o uso dos Recursos TIC do centro por parte da Coordinación TIC.

Determinouse a cantidade e tipo de dispositivos dispoñibles para o centro.

2º Trimestre

Durante este trimestre contuniamos a integración das TICs no proceso de ensinanza aprendizaxe nos niveis educativos do centro; infantil e primaria.

Potenciamos o uso da rede de Instagram mediante o proxecto das "Follas Viaxeiras", dentro do noso Plan Dixital, titulado "Cursos dos Dereitos da Auga".

3º Trimestre

Durante este trimestre contuniamos a integración das TICs no proceso de ensinanza aprendizaxe nos niveis educativos do centro; infantil e primaria.

Seguimos potenciamos o uso da rede de Instagram mediante o proxecto das "Follas Viaxeiras", dentro do noso Plan Dixital, titulado "Cursos dos Dereitos da Auga". Conectamos coa empresa de IKEA, a través do seu Departamento de Sostibilidade, para presentarlles o noso proxecto de "Follas Viaxeiras".

Utilizamos ferramentas de intelixiencia artificial para observar a transformación das craccións do alumnado noutras imaxe, causando gran emoción nos nenos e nas nenas.

A través da colaboración co CFORE, traballamos con pequenos robots que obedecián diferentes instruccións.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan deberá contemplar indicadores de logro para realizar unha avaliación anual do avance do Plan de Centros Dixitais. Serán indicadores significativos do grao de consecución dos obxectivos para poder realizar os axustes e melloras necesarios. O plan avaliarase en función dos resultados obtidos, no marco dos obxectivos e prazos, e das condicións de aplicación. O informe de progreso formaría parte da memoria anual do centro. Ao remate do curso ou do plurianual, unha vez consolidadas as actuacións, deberase revalorizar globalmente a competencia dixital do centro mediante a ferramenta SELFIE. Esta avaliación realizarase preferentemente ao final do curso escolar, cunha cadencia de polo menos dous anos e dará lugar á revisión e actualización do Plan Dixital do Centro.

Valoración xeral

Estamos moi satisfeitos coa posta en marcha deste proxecto ecolóxico, no marco do Plan dixital do centro. O alumnado ten moito interese no contido e na difusión do mesmo. 

Proposta de mellora

Seguir buscando a colaboración de distintas entidades culturais e sociais para axudarnos á difusión deste proxecto. 

Seguir colaborando co CFORE para aumentar a integración dos recursos dixitais neste proxecto e na aula.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O centro conta cunha páxina web que está destinada a difusión do plan dixital. Nesta pode accederse aos plan do centro e ás iniciativas que está realizando como o proxecto dos dereitos da auga.

Para difundir o plan dixital e os proxectos do colexio, tamén estase usando a aplicación Instagram. A través do perfil cursosdereitosdaauga pódese ver a evolución da iniciativa do centro baseada no dereitos da auga.