Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO


O IES “As Insuas” creado no curso académico 1998-1999, é un centro público do que é titular a Consellería de Educación que se localiza no Concello de Muros, dentro da parroquia de San Xoán de Serres, no lugar de Baño. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia. O concello agrupa varias parroquias sendo as máis poboadas as de Muros e Serres.

O IES As Insuas comparte o ensino secundario co IES Fontexería. O noso Centro agrupa ao alumnado das parroquias de Abelleira, Esteiro, Louro, Tal e Torea. O Centro é pequeno, con alumnado exclusivamente da ESO. É imprescindible o uso do transporte escolar ou coches particulares dada a distancia do centro aos domicilios. Este alumnado pertence a un ámbito maioritariamente rural, diseminado en aldeas e pequenas poboacións. O traballo das familias, polo xeral, non impide que o contacto coas súas fillas e fillos sexa frecuente. En canto ás actividades domina o sector servizos, seguido da construción. A continuación, atópase a industria (na parroquia de Esteiro) e finalmente a pesca e a agricultura.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.  

O PD incardínase dentro dos obxectivos do Proxecto Educativo mediante a promoción dos mesmos a través das accións contempladas no Plan de Acción. En concreto, contribúe á consecución dos seguintes obxectivos do punto 5 do Proxecto Educativo:
    • Fomentar actividades de proxección externa do Centro. 
    • Realizar actividades de formación do profesorado.
    • Fomentar no alumnado a motivación e interese polos estudos. 
    • Fomentar a relación e comunicación entre pais/nais e profesorado (titores/as) 
    • Fomentar a relación entre titores/as e o profesorado.
    • Fomentar e colaborar coas asociacións de pais e nais. 
    • Realizar as reparacións, melloras e adecentamento das instalacións e infraestruturas do Centro.
    • Demandar da Administración que as instalacións, infraestruturas, dotación de laboratorios, talleres, aulas de audiovisuais, aulas de informática, aulas de Tecnoloxía, medios e instalacións de Educación Física, medios para aulas de idiomas, etc, estean sempre dotadas, actualizadas e en bo estado de conservación.
 
Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

Por último a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade. Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamnto máis reflexivo, estuado e estruturado de todos eles. Algúns dos obxectivos relacionados con este apartado son os que seguen:
    • Mellorar a competencia dixital do alumnado. 
    • Fomentar os procesos e proxectos de innovación e investigación educativa.
    • O contacto dos titores e titoras coas familias do alumnado.
    • Participación no plan Proxecta, que son todos proxectos de innovación educativa

PROCESO DE ELABORACIÓN


  • Para a realización deste Plan Dixital, no primeiro trimestre do curso 21/22 realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización. 
  • No comezo do segundo trimestre dese mesmo curso implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro. 
  • Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades. No terceiro trimestre elaboránronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital. 
  • No curso 22-23 implementouse o Plan Dixital deseñado dispoñible na web do noso centro. 
  • Neste curso 23-24 procedeuse á revisión de todo o documento. Mantéñense os resultados do Test SELFIE e Test CDD realizados no curso 2021-22 así como o DAFO. Ademais, propóñense novos obxectivos. 
     

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centro, no ano 21-22 púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP así como a creación do equipo de Dinamización do Plan Dixital. Realizáronse diversas sesións formativas das cales foron froito: a posta en marcha do test SELFIE no noso centro, a realización do Test CDD, elaboración e análise do DAFO, deseño das táboas de plan de acción. Todas estas actividades deron lugar ao noso Plan Dixital de Centro. Actualmente no curso 23-24 seguimos a ter como referencia os datos desas ferramentas.

Interno
70 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C13 No noso centro o alumnado non pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Debilidade H4 No noso centro o alumnado non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Si
Debilidade H6 No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Debilidade H8 No noso centro o alumnado non aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade H13 No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade PE 4.3. Non son coñecedores das vantaxes do emprego do software libre no ámbito educativo e dispoñen e fan uso deste tipo de ferramentas no centro. Alumnado Non
Debilidade FLUT 8. O alumnado non ten suficiente competencia dixital Alumnado Non
Debilidade CTA. O alumnado non pide axuda ante dificultades tecnicas dixitais. Alumnado Non
Debilidade FNAM 2. A conectividade nas casas é limitado. Familias Non
Debilidade FNAM 3. Baixa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade C7 No noso centro non existensistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade C8 No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Infraestruturas Non
Debilidade C11 No noso centro non contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Infraestruturas Non
Debilidade PE 1.3 Na páxina web do centro nonn se pode atopar toda a información que precisa. Oferta Non
Debilidade A4 No noso centro non temos tempo para explorar como mellorar o noso método de ensino coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade A1 No noso centro non temos unha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade C16 No noso centro non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade B2 No noso centro non comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade C14 No noso centro, os espazos físicos non facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade FLUT 8. Alumnos con competencias dixitais insuficentes. Necesidade de impartir unha materia de competencia dixital no primeiro ciclo. Organización de centro Non
Debilidade FPAM 2. O centro educativo ten acceso a recursos dixitais en liña ben organizados Organización de centro Non
Debilidade B1 No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade E5 Non utilizamos recursos educativos abertos Persoal docente Non
Debilidade F5 non empregamos as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Debilidade A4 No noso centro non temos tempo para explorar como mellorar o noso método de ensino coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade F6 Non fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade G5 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G6 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade G9 Non utilizamos datos dixitais sobre estudantes individuais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G10 Non valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo Persoal docente Non
Debilidade FNAM 4 O profesorado carece de tempo para desenvolver material para a apredizaxe Persoal docente Non
Fortaleza PE 5.3 No fogar non é necesario utilizar software de pago para a realización das actividades propostas dende o centro educativo. Alumnado Non
Fortaleza C10 No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Alumnado Non
Fortaleza H1 e H3 e H7o alumnado aprende a navegar con rumbo na rede con responsabilidade e seguridade. Creando tamén recursos dixitais Alumnado Non
Fortaleza UT. Todas as familias dispoñen dun dispositivo dixital para o seguemento das materias. Familias Non
Fortaleza C3 O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza C10 No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Fortaleza C5 A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C1 No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C2 No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente Infraestruturas Non
Fortaleza A2 O noso equipo directivo implica ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Si
Fortaleza A3 Conto co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza H10 O noso equipo directivo garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias Organización de centro Non
Fortaleza C12 Na nosa escola, temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe Socioeconómica. Organización de centro Non
Fortaleza C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais podería ter acceso ás tecnoloxías de apoio Organización de centro Non
Fortaleza G7 O noso equipo directivo axúdanos a utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de avaliación Organización de centro Non
Fortaleza PEC 1.1 utilizamos servizos corporativos Organización de centro Non
Fortaleza PE2.2 O centro promove a creación conxunta de coñecemento mediante a organización dun Plan de Formación en centros dos que formo parte Organización de centro Non
Fortaleza PE 4.2 O centro difunde información de interese e facilita ou supervisa a actividade académica do alumnado a través de servizos educativos corporativos dixit (web, aula virtual, videoconferencia,teléfono móbil, correo electrónico¿) Organización de centro Non
Fortaleza FPAM 9. O centro ten unha comunicación regular e organizada. Organización de centro Non
Fortaleza B4 No noso centro colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E3 Utilizo ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Non
Fortaleza E4 Utilizo as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro Educativo Persoal docente Non
Fortaleza F3 Utilizamos as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F4 Levamos a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motiven o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza SUT profesorado seguro e foramdo na impartición e retroalimentación en EVA Persoal docente Non
Fortaleza A3 Conto co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza B3 No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras Organizacións Persoal docente Non
Fortaleza D2 Teño acceso a posibilidades de FPC en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza FPAM 1. O centro educativo ten experiencia no uso de entornos de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza D1 O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza D3 O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E1 Busco recursos educativos dixitais en internet Persoal docente Non
Fortaleza E2 Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino Persoal docente Non
Fortaleza F1 Utilizamos as tecnoloxías dixitais para adaptar o noso método de ensino ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G1 Utilizoamos as tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G3 Empregamos as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Fortaleza G8 Facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza PE1.2 O profesorado participa en actividades formativas individuais organizadas pola Administración educativa para actualizardas dixtaiis competencias do profesorado Persoal docente Non
Fortaleza PE 5.2 Son coñecedores das vantaxes do software libre no ámbito educativo e dispoñen e fan uso deste tipo de ferramentas no centro. Persoal docente Non
70 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Os espazos interactivos para a xestión de centros e desenvolvemento da función docente non son intuitivos nin están correctamente integrados nun ecosistema único Administración educativa Non
Ameaza Non existe correo electrónico corporativo para o alumnado Administración educativa Non
Ameaza Non existen entorno colaborativos sincrónicos para o traballo do alumnado en entornos seguros edu xunta. Administración educativa Non
Ameaza FLUT tardanza excesiva nas reparacións técnicas Administración educativa Si
Ameaza FLUT 4. Limitaciones do espacio escolar. Administración educativa Non
Ameaza O PDC é un proceso moi burocrático Administración educativa Non
Ameaza A4: o profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Escasa importancia das opinións do profesorado no desenvolvemento educativo. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Administración educativa Non
Ameaza FLUT 3 A conexión a internet é poco fiable e lenta Contorna Non
Ameaza O PDC é un proceso moi burocrático Lexislación Non
Ameaza Os ritmos da Consellería son distintos aos do centro. Lexislación Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Ameaza A5 No noso centro non respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a Aprendizaxe Lexislación Non
Ameaza O PDC pase a ser un documento máis sen outra pretensión. Lexislación Non
Ameaza Non existen proxectos externos Outras Non
Oportunidade O centro é solvente economicamente Administración educativa Non
Oportunidade FLUT 7. O profesorado con competencias dixitais insuficiente. Administración educativa Non
Oportunidade PE 5.1 Nas aulas do centro hai equipos informáticos mercados polo próprio centro pero fai falla unha maior inversión Administración educativa Non
Oportunidade FNAM 3. Mellorar a competencia dixital das familias. ANPA Non
Oportunidade PE 1.3 Pódese mellora a páxina web do centrol. Contorna Non
Oportunidade Existe aplicacións privativas que son máis atractivas e máis intuitivas para o profesorado Lexislación Non
Oportunidade Estamos nunha época de cambio e de potenciación das tecnoloxías da información e da comunicación froito da recente pandemia na que nos atopamos. Outras Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar de novo os resultados do noso DAFO para este curso 23-24, evidéncianse as seguintes necesidades:

  • O01PD - Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuais e/ou Polos Creativos (Chroma) - (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo)        
  • O02PD - Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de 1, 2, 3 e 4 da ESO e das familias. ( Área H - Competencias Dixitais do Alumnado)        
  • O03PD - Oferta periodicamente información actualizada na web do centro - (Área A - Liderado) (PEC 1*)        
  • O04PD - Formar ao alumnado en competencia dixital (entrada en aula virtual alumnado primeiro da ESO/Formación en Chroma alumnado de cuarto da ESO) - (Área H - Competencia dixital do alumnado)        

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuais e/ou Polos Creativos (Chroma) - (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo)
O02PD Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de 1, 2, 3 e 4 da ESO e das familias. ( Área H - Competencias Dixitais do Alumnado)
O03PD Oferta periodicamente información actualizada na web do centro - (Área A - Liderado) (PEC 1*)
O04PD Formar ao alumnado en competencia dixital (entrada en aula virtual alumnado primeiro da ESO/Formación en Chroma alumnado de cuarto da ESO) - (Área H - Competencia dixital do alumnado)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de Educalidade para tal efecto.
  • Ademais, tamén se fará un seguimento dos distintos plans de acción durante as visitas ou videoconferencias coa persoa mentora.
1º Trimestre

    O estado dos obxectivos neste primeiro trimestre é o seguinte:

  • O01PD - Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuais e/ou Polos Creativos (Chroma) - (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo) : estase organizando as formacións no contexto de PFPP , versará sobre aula virtual e Edixgal e será impartido por un profesor do centro.
  • O02PD - Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de 1, 2, 3 e 4 da ESO e das familias. ( Área H - Competencias Dixitais do Alumnado) : Xa se seleccionaron datas para a realización de diferentes charlas e se lle enviou información ás familias a través de Abalar móbil.
  • O03PD - Oferta periodicamente información actualizada na web do centro - (Área A - Liderado) (PEC 1*) : Xa se colgaron informacións das efemérides deste primeiro trimestre.
  • O04PD - Formar ao alumnado en competencia dixital (entrada en aula virtual alumnado primeiro da ESO/Formación en Chroma alumnado de cuarto da ESO) - (Área H - Competencia dixital do alumnado) :- En proceso á espera da chegada do material de polos creativos.
2º Trimestre

   

    O estado dos obxectivos neste segundo trimestre é o seguinte:

  • O01PD - Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuais e/ou Polos Creativos (Chroma) - (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo) : xa realizada a primeira formación sobre aula virtual e Edixgal e foi impartido por un profesor do centro.
  • O02PD - Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de 1, 2, 3 e 4 da ESO e das familias. ( Área H - Competencias Dixitais do Alumnado) : Xa acadado.
  • O03PD - Oferta periodicamente información actualizada na web do centro - (Área A - Liderado) (PEC 1*) : Xa se colgaron informacións das efemérides deste segundo trimestre.
  • O04PD - Formar ao alumnado en competencia dixital (entrada en aula virtual alumnado primeiro da ESO/Formación en Chroma alumnado de cuarto da ESO) - (Área H - Competencia dixital do alumnado) :- En proceso á espera da chegada do material de polos creativos. O alumnado realizou formación en aula virtual e Edixgal.
3º Trimestre

   

    O estado dos obxectivos neste terceiro trimestre é o seguinte:

  • O01PD - Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuais e/ou Polos Creativos (Chroma) - (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo) : Xa acadado.
  • O02PD - Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de 1, 2, 3 e 4 da ESO e das familias. ( Área H - Competencias Dixitais do Alumnado) : Xa acadado.
  • O03PD - Oferta periodicamente información actualizada na web do centro - (Área A - Liderado) (PEC 1*) : Xa acadado.
  • O04PD - Formar ao alumnado en competencia dixital (entrada en aula virtual alumnado primeiro da ESO/Formación en Chroma alumnado de cuarto da ESO) - (Área H - Competencia dixital do alumnado) : Xa acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de Educalidade para tal efecto. 
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de Educalidade para o seu cumprimento.
Valoración xeral

Durante este curso académico, o noso centro educativo acadou varios dos obxectivos establecidos no Plan Dixital. A continuación, presentamos unha valoración xeral dos logros alcanzados e o estado dos obxectivos definidos.

O01PD - Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuais e/ou Polos Creativos (Chroma) (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo)

Estado: Xa acadado

Valoración: A formación do profesorado en coñecementos básicos sobre Aulas Virtuais e Polos Creativos (formación en Chroma) foi completada con éxito. Esta formación permitiu ao profesorado adquirir as habilidades necesarias para integrar estas ferramentas nas súas prácticas pedagóxicas, mellorando a calidade da educación impartida e facilitando un ambiente de aprendizaxe máis dinámico e interactivo.

O02PD - Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e das familias (Área H - Competencias Dixitais do Alumnado)

Estado: Xa acadado

Valoración: O fomento da aprendizaxe sobre a seguridade en internet para o alumnado da ESO (formación alumnado realizada no centro) e as súas familias (información colgada en web) foi exitoso. Realizáronse actividades e talleres que aumentaron a conciencia sobre os riscos en liña e as medidas de protección necesarias, promovendo un uso máis seguro e responsable da internet.

O03PD - Oferta periodicamente información actualizada na web do centro (Área A - Liderado)

Estado: Xa acadado

Valoración: A actualización periódica da web do centro foi lograda, garantindo que toda a comunidade educativa teña acceso a información relevante e actualizada. 

O04PD - Formar ao alumnado en competencia dixital (entrada en aula virtual alumnado de 1º da ESO/Formación en Chroma alumnado de 4º da ESO) (Área H - Competencia dixital do alumnado)

Estado: Xa acadado

Valoración: A formación do alumnado en competencia dixital foi completada con éxito. O alumnado de 1º da ESO foi introducido ás aulas virtuais, mentres que o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO recibiu formación en Chroma. Estas formacións melloraron significativamente as súas habilidades dixitais, preparándoos mellor para os desafíos educativos e profesionais do futuro.

Conclusión

En resumo, o Plan Dixital do noso centro experimentou un progreso significativo durante este curso. Conseguimos alcanzar todos os obxectivos propostos.

Proposta de mellora

Para continuar avanzando no noso Plan Dixital e abordar os retos identificados, propoñemos as seguintes melloras para o vindeiro curso académico:

1. Colgar máis información das actividades que se realizan na web do centro

  • Actualización constante: Establecer un protocolo para garantir a actualización constante da páxina web do centro con información sobre as actividades e proxectos realizados.
  • Uso de multimedia: Incorporar máis contidos multimedia (fotos, vídeos, infografías) para facer a información máis atractiva e dinámica.

2. Continuar a formación do alumnado e profesorado en competencia dixital (formación en PDIs)

  • Programas de formación continua: Planificar e ofrecer programas de formación continua en competencias dixitais, centrados en temas como o uso de PDIs (pizarras dixitais interactivas) e os portátiles asociados.

3. Aumentar a participación das familias en formacións sobre seguridade na rede

  • Sesións informativas: Organizar sesións informativas e talleres sobre seguridade na rede dirixidos ás familias, para conciencialas sobre esta problemática e os seus riscos.
  • Recursos educativos: Proporcionar recursos educativos (guías, vídeos, artigos) específicos para as familias, accesibles a través da páxina web do centro.

Conclusión

Estas propostas de mellora teñen como obxectivo consolidar os avances logrados ata o momento e superar os retos identificados, promovendo unha educación dixital máis efectiva, colaborativa e orientada ao desenvolvemento integral da comunidade educativa. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será difundido na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico e ao Consello Escolar.

  • Enlace ao plan dixital do 23-24: Plan Dixital do noso centro
  • Plan Dixital curso 23-24
    • Enlace ao buscador de Plan Dixital 
      • Instrucións: no despregable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No despregable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar".