Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro 
O IES As Telleiras é un centro de ensinanza de carácter público. Foi creado no ano 1985 coa construción dun primeiro edificio, e ampliouse con outros dous novos no ano 1988, un para aulas e outro para utilizar como salón de actos. Foi no ano 1998 cando adquiriu a designación de IES AS TELLEIRAS, sendo ata entón o Instituto de Bacharelato Mixto de Narón.
O centro conta con 3 edificios nos que se reparten as seguintes estancias:

  • Edificio principal onde se localizan as aulas de 1o, 2o e 3o ESO, unha aula de Informática, unha aula de desdobre, 4 laboratorios (Bioloxía, Física, Química e Xeoloxía), un taller/aula de Tecnoloxía, aula de Música, aula de Plástica, ximnasio, biblioteca, así como os diferentes despachos dos organismos de dirección, secretaría, orientación,.. e zonas comúns (cafetería, sala de profesorado,..), así como tamén departamentos docentes. 
  • Edificio secundario onde se localizan as aulas de 4o ESO, e 1o e 2o de BAC, dúas aulasde  Informática, tres desdobres e o clube de ciencias.
  • Edificio anexo onde se localiza o Salón de Actos, sá de impresión de plástica e aula de audiovisuais.
  • Ademais cóntase coa colaboración do Concello para a cesión dun pavillón cuberto.

En canto ao persoal que presta os seus servizos no centro, neste curso 2023-24 contamos con 55 docentes; en canto ao persoal non docente, temos 2 auxiliares administrativos, 3 conserxes e 5 persoas de limpeza. 

Órganos constituídos
• Xunta de delegados e delegadas.
• Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
• Comisión de Coordinación Pedagóxica.
• Xunta de titores e titoras.
• Comisión de autoprotección.
• Comisión de convivencia.
• Comisión económica.
• Coordinadora da biblioteca e responsable do PLAMBE.
• Responsable de Tics e coordinador proxectos Abalar e E-Dixgal.
• Responsable de formación.

A matrícula no presente curso é de 480 alumnos e contamos con tres liñas na ESO, agás en 1ºESO con catro liñas, e catro en bacharelato.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O IES As Telleiras é un centro público de ensino dependente da Xunta de Galicia situado no concello de Narón, ao noroeste da provincia da Coruña e pertencente á comarca de Ferrol.
Narón é un dos municipios máis poboados de Galicia. É un municipio mixto, con sete parroquias eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 39.000 habitantes formado polos barrios de A Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. O alumnado ten unha procedencia heteroxénea reflexo do concello onde se atopa. Trátase dun municipio semiurbano de dimensión media, cunha elevada densidade, dinámico, cun importante nivel de actividade no sector industrial aínda que fortemente terciarizado e que presenta unha gran capacidade de atracción migratoria.
Aínda así a maior parte do alumnado que temos no centro é de procedencia galega, e hai escasa incidencia de alumnado doutras etnias e doutras nacionalidades.
O Centro atópase na estrada de Cedeira, afastado do núcleo de poboación e sen transporte público o que dificulta o acceso da comunidade educativa ás súas instalacións fóra do horario lectivo. Este feito inflúe negativamente na participación na vida do centro por parte do alumnado, pois sempre será preciso que sexan transportados polas súas familias se queren participar nalgunha actividade que se faga pola tarde. De aí que a maior parte das actividades realízanse en horario de maña.
No IES AS TELLEIRAS estanse a desenvolver no presente curso varios plans e proxectos de centro:

  • Sección europea de lingua inglesa: Conscientes da importancia do aprendizaxe de linguas estranxeiras, o IES As Telleiras participa no plan de potenciación de linguas estranxeiras por medio desta liña. Está organizada por profesorado do departamento de Tecnoloxía en colaboración co de Inglés e dirixida ao alumnado, de Educación Dixital de 3º ESO, e TIC I de 1º de Bacharelato. A aula virtual de 1º BAC, así como o curso E-DIXGAL de 3º ESO conteñen recursos e actividades variadas que empregan, preferentemente, a lingua inglesa.
  • Participación no proxecto E-Dixgal: desde o curso 2013-14 no primeiro ciclo da ESO e desde o curso 2021-22 estendido a toda a ESO.
  • Plan de mellora das bibliotecas escolares: Este centro forma parte dos seleccionados para desenvolver un plan de mellora de Bibliotecas Escolares. Asemade constituíronse varios Clubes de Lectura, un equipo de apoio á biblioteca escolar e nomeouse unha profesora coordinadora do equipo. Tamén contamos coa aplicación do PLAMBE. Segue en marcha un blog da biblioteca chamado “O blog da Bibliotelleiras” con acceso desde a páxina web.
  • Erasmus+ KA2 : Blended Learning, con Hungría, Turquía e Portugal.
  • Plan de dixitalización: mediante a creación dun PFPP e tendo presentes as necesidades de formación do profesorado, preténdese mellorar a competencia TIC.
  • CP-Inclúe: dous grupos que traballan a igualdade e a integración. Creouse o grupo LGBTelleiras, que está a levar a cabo moitas iniciativas.
  • Clube de Ciencias.

A traxectoria do centro no ámbito das novas tecnoloxías podería resumirse así:
• Formación continua do profesorado: desde o curso 2000-2001, neste centro impártense cursos de formación do profesorado relacionados coas TICS, en concreto, coas seguintes temáticas:

  • Manexo de ordenadores.
  • Traballo colaborativo en Internet.
  • Creación e desenvolvemento de espazos didácticos.
  • Formación ABALAR.
  • Creación e implementación dos libros dixitais na aula.
  • Moodle, elaboración de recursos e actividades para a aula virtual.
  • Webs dinámicas.
  • Formación en E-Dixgal.
  • Dixitalización do libro do profesor e do titor.

• Proxecto piloto ABALAR de innovación educativa: desde o curso 2010-2011 ata o presente.
• Proxecto piloto sobre Libros Dixitais: curso 2011-2012.
• Creación da páxina Web do centro: curso 2012-2013.
• Creación do espazo Moodle: curso 2012-2013.
• Cobertura WiFi en todo o centro: curso 2012-2013.

Proxecto E-Dixgal de innovación educativa: curso 2013-2014 ata o presente.


 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron os seguintes:

  • Autoavaliación SELFIE.
  • Test CDD.
  • Enquisa interna para ter unha visión concreta do punto de partida na que se atopaba o profesorado do centro en relación ao uso das plataformas Moodle e EVA Edixgal e as súas necesidades futuras no eido dixital.

 

 

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro, temos a dotación informática das aulas EDIXGAL obsoleta. Infraestruturas Non
Debilidade No noso Centro debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes de empregar a tecnoloxía para a aprendizaxe. (A-BAC) (P-ESO) Persoal docente Si
Debilidade Moito persoal docente de nova incorporación Persoal docente Si
Fortaleza No noso Centro temos dispositivos dixitais para o seu uso no ensino. (ESO - T, BAC - P) Infraestruturas Si
Fortaleza No noso Centro facilítase o acceso a internet para o ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza E3 - Emprego estratexias dixitais para o aprendizaxe co meu alumnado. (BAC - P, ESO - T) Persoal docente Si
Fortaleza E1 - Busco recursos educativos en internet (BAC - P, ESO - T) Persoal docente Si
Fortaleza E2 - Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino. (BAC - P, ESO - T) Persoal docente Si
Fortaleza F1 - Emprego tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensino as necesidade individuais do alumnado. (BAC - P, ESO - P) Persoal docente Si
Fortaleza E4 - Emprego tecnoloxías dixitais para a comunicación no Centro. (BAC - T, ESO ¿ T) Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de continuidade do equipo directivo. Administración educativa Non
Ameaza Alto porcentaxe de xubilacións do profesorado nos vindeiros anos. Administración educativa Si
Ameaza Cambios lexislativos, nova lei de educación. Lexislación Non
Ameaza Mellorar a relación co Concello de de Narón. Outras Non
Oportunidade B2 - No noso Centro debatemos co profesorado sobre as vantaxes e desvantaxes de empregar a tecnoloxía para a aprendizaxe. (A-BAC) (P-ESO) Administración educativa Si
Oportunidade B3 - No noso Centro empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. (P-ESO) Administración educativa Si
Oportunidade Pouca relación e interacción co Concello de Narón. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Os eidos en torno aos cales temos que mellorar serían os seguintes:

  • Dar a coñecer ao profesorado a existencia das distintas licenzas de autor e as fontes desde onde incorporar contidos REA  ás nosas plataformas de apredizaxe.
  • Ampliar o coñecemento e o uso que facemos das ferramentas dixitais institucionais, como a aplicación ABALAR.
  • Continuar a formación do profesorado no uso das plataformas EVA Edixgal e Moodle, especialmente entre o profesorado de nova incorporación ao centro.
  • Mellorar a competencia dixital docente do noso profesorado.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o coñecemento das plataformas AV /Edixgal e dos recursos que ofrecen, especialmente entre o profesorado de nova incorporación, para aplicalos ao ensino na aula, conseguindo o empoderamento do alumnado.
O02PD Promover o emprego de ABALAR como medio de comunicación entre os membros da comunidade educativa (Equipo Directivo, Claustro, alumnado, familias).
O03PD Fomentar o uso de Internet como fonte de contidos, con coñecemento das licenzas de dereitos de autor (A3).

Seguimento

Procedemento

O equipo de Dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución do plan.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro. 

1º Trimestre

Impartiuse formación para o profesorado de nova incorporación de cara a mellorar o coñecemento dos recursos e actividades da plataforma EDIXGAL e a fomentar o seu uso de xeito masivo no ensino da ESO. 

 

2º Trimestre

Matriculouse a todo profesorado nun curso da aula virtual do centro onde se explican polo miúdo as características das distintas licenzas de autor. 

Unha das actividades de titoría da ESO estivo adicada a mellorar o coñecemento do alumnado para realizar búsquedas seguras na Internet e respectar a propiedade intelectual dos recursos descargados e reutilizados.

Uso extensivo de Abalar para a comunicación coas familias.

3º Trimestre

Formación para o profesorado encamiñado a mellorar o coñecemento dos recursos para a elaboración de contidos interactivos propios e a súa posta en práctica co alumnado, dentro do marco da plataforma EDIXGAL.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

As enquisas como fonte de información tanto entre o alumnado como o profesorado e as evidencias da posta en práctica nas aulas do aprendido ao longo do curso servirán como punto de partida para a avaliación do Plan Dixital e permitirán adecualo á realidade do noso centro e da nosa comunidade educativa, para que sexa operativo, útil e realista. 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do PD á comunidade educativa, unha vez sexa aprobado polo Claustro e o Consello Escolar, realizaráse a través da páxina web do centro. 

PD do IES AS TELLEIRAS