Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No que se refire ao seguimento do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende a seguinte perspectiva:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
Tamén se realizarán revisións periódicas coincidindo coas visitas da persoa mentora ao noso centro educativo.
Durante o primeiro trimestre os obxectivos do noso PD atópanse no seguinte punto:
- O01PD - Formar ao profesorado en Polos Creativos - (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo): acudiuse a unha das formación de PDIs no contexto do PFPP do CEIP do Pindo.
- O02PD - Realizar o inventario do centro - (Área C - Infraestruturas e equipamentos): elaborouse o documento para realizar o inventariado do material tecnolóxico do centro.
- O03PD - Afondar non currículo TIC do alumnado de EI - (Área H - Competencia dixital do alumnado): estanse a realizar xa algunha das actividades a través de Buho Boo.
Durante o segundo trimestre os obxectivos do noso PD atópanse no seguinte punto:
- O01PD - Formar ao profesorado en Polos Creativos - (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo): rematadas as formacións no contexto do PFPP do Pindo.
- O02PD - Realizar o inventario do centro - (Área C - Infraestruturas e equipamentos): en proceso de rexistro dos equipamentos do centro.
- O03PD - Afondar non currículo TIC do alumnado de EI - (Área H - Competencia dixital do alumnado): Continúase a realizar actividades a través de Buho Boo e PDI
Durante o terceiro trimestre os obxectivos do noso PD atópanse no seguinte punto:
- O01PD - Formar ao profesorado en Polos Creativos - (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo): acadado.
- O02PD - Realizar o inventario do centro - (Área C - Infraestruturas e equipamentos): acadado.
- O03PD - Afondar non currículo TIC do alumnado de EI - (Área H - Competencia dixital do alumnado): acadado.
Avaliación
No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.
Durante este curso académico, os obxectivos do Plan Dixital do noso centro acadaron o seguinte estado:
O01PD - Formar ao Profesorado en Polos Creativos
Área: D - Desenvolvemento Profesional Continuo
Estado: Acadado
Valoración: A formación do profesorado en Polos Creativos foi un éxito. Ademais realizouse formación en PDIs algo que se traduciu nunha maior variedade de actividades educativas realizadas co noso alumnado neste tipo de dispositivos.
O02PD - Realizar o Inventario do Centro
Área: C - Infraestruturas e Equipamentos
Estado: Acadado
Valoración: O inventario do centro foi realizado de xeito eficaz. Isto permite ter un control detallado dos recursos dispoñibles no noso centro. Dito obxectivo terá continuidade no vindeiro curso académico.
O03PD - Afondar no Currículo TIC do Alumnado de Educación Infantil
Área: H - Competencia Dixital do Alumnado
Estado: Acadado
Valoración: O currículo TIC para o alumnado de Educación Infantil foi enriquecido, proporcionando aos noso alumnado as primeiras ferramentas e competencias dixitais.
En conclusión, os obxectivos do Plan Dixital do noso centro foron acadados con éxito neste curso académico.
Para o vindeiro curso, temos entre outras, as seguintes propostas de mellora:
- Formación do profesorado en novas tecnoloxías:
Continuar coa formación do profesorado, especialmente en novas tecnoloxías, incluíndo ferramentas dixitais avanzadas e metodoloxías innovadoras para a súa posta en marcha na práctica diaria docente.
- Afondar no currículo TIC do alumnado de Educación Infantil:
Seguir enriquecendo o currículo TIC para o alumnado de Educación Infantil con actividades de Polos Creativos. Estas actividades poderán incluír programación básica, robótica, e outras tecnoloxías que fomenten o pensamento crítico e creativo dende idades temperás.
Estas propostas teñen como obxectivo seguir mellorando a competencia dixital tanto do profesorado como do alumnado para o vindeiro curso académico.
Comunicación e difusión
Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo.
Plan Dixital do curso 22-23
Enlace ao Plan Dixital: http://www.edu.xunta.gal/centros/eeimuros/?q=system/files/15023727_EEIdeMuros_PlanDixital_V1.0_09062022.pdf
Plan Dixital curso 23-24
Enlace ao buscador de Plan Dixital https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-input.action?OWASP_CSRFTOKEN=HOME-CABI-7Q7I-5ISJ-KHA1-9CDL-9G05-4EHZ
- Instrucións: no desplegable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No desplegable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar".