Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos do centro

Neste curso 2023/24 escolarízanse 13 nenos/as de Educación Infantil, que se distribúen do seguinte xeito nunha aula mixta:
 3 alumnas de 4º de Educación Infantil.
 5 alumn@s de 5º de Educación Infantil
 5 alumn@s de 6º de Educación Infantil

Respecto ao profesorado, o centro conta:

 1 mestra titora responsable.
 1 mestra especialista en inglés (itinerante).

 1 mestra de Pedagoxía Terapeútica (itinerante).
 1 mestre de relixión católica (itinerante)..

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Contribución ao Proxecto Educativo de Centro
      Ao tratarse dunha escola unitaria, a mestra leva a cabo funcións de docencia, titoría e xestión.
      A incorporación de ferramentas dixitais no funcionamento do centro e a incorporación das TICs nas actividades de ensino-aprendizaxe sempre se foron abordando sen ter deseñado un Plan Tics e polo tanto nunca foi incluído no PEC.
      Os recursos dixitais sempre estiveron presentes transversalmente noutros documentos de xestión: PXA, Memoria, Programacións Didácticas.

Contribución do PD á Programación do curso 2023/2024
      No comezo do curso escolar 2023/2024 incorporarase á PXA a concreción anual do Plan Dixital co cal xa disporemos dun documento de planificación no que se recollerán os obxectivos o plan de acción e o seguimento dos diferentes aspectos do plan coa perspectiva temporal do curso.

Breve xustificación do mesmo
Para a elaboración do presente documento tivéronse en conta tamén os seguintes textos lexislativos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  •  Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración
Durante o proceso de elaboración do plan dixital no curso 2023-2024 seguimos os seguintes pasos:

Titorización, tanto presencial como telemática,  por parte do mentor do equipo ADIX.
Análise da situación do centro a través da ferramenta SELFIE e TCDD, realizados no 2021.
Elaboración do informe DAFO cos datos recollidos coas anteriores ferramentas, realizado no 2021.
Elaboración do plan dixital para a súa posterior aprobación polo Consello escolar.

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Análise da situación do centro a través da ferramenta SELFIE e TCDD.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Falta de recursos electrónicos para o alumnado. Alumnado Non
Debilidade - Fomentar a utilización de abalar, Cisco Webex¿ Familias Si
Debilidade - Creación dunha páxina web do centro para difundir novas de interese. Familias Si
Debilidade - Reacias ó uso dos servizos tecnolóxicos. Familias Non
Debilidade - Carencia e mal estado de recursos dixitais (ordenadores, PDI). Infraestruturas Non
Debilidade - Non hai repositorios de actividades en liña. Infraestruturas Non
Debilidade - Non se colabora con outros centros, entidades nin institucións. Oferta Non
Debilidade - Non se conta co tempo suficiente para a exploración dixital no horario lectivo. Organización de centro Non
Debilidade - Limitación de espazo. Organización de centro Non
Debilidade - É necesario definir a estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade - Dificultade para crear recursos dixitais propios. Persoal docente Non
Debilidade - Carencias en canto á formación. Persoal docente Non
Debilidade - Escasez no emprego en entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza - Boa comunicación permanente familia-escola. Familias Non
Fortaleza - A UAC responde adecuadamente ás nosas necesidades. Infraestruturas Non
Fortaleza - Disponse dunha conexión adecuada a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza - Posibilidade de mellorar o recuncho de informática. Organización de centro Non
Fortaleza - Profesorado disposto a mellorar a súa competencia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza - Formación e compartir experiencias. Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Excesiva carga burocrática. Administración educativa Non
Ameaza - Pouca ou nula dotación de recursos dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade - Emprego de ferramentas corporativas (agueiro, webs dinámicas...) Administración educativa Non
Oportunidade - Elaboración do Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade - Boa conexión a internet. Contorna Non
Oportunidade - Coñecemento da normativa relativa ao ámbito dixital. Lexislación Non
Oportunidade - O concello oferta diferentes actividades relacionadas co ámbito dixital. Outras Non
Oportunidade - Empregar as tecnoloxías dixitais para colaborar con outros centros. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os obxectivos establecidos no presente plan dixital foron deseñados partindo da situación actual da nosa escola e as necesidades da nosa comunidade educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso de Agueiro (A2*)
O02PD Poñer en funcionamento a web corporativa do centro, favorecendo a comunicación e colaboración entre os membros da comunidade educativa a través dela (E4)

Seguimento

Procedemento

No referido a avaliación procesual levaremos a cabo unha avaliación trimestral, na que se valoraran os seguintes aspectos: o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

 

1º Trimestre

Ao finalizar o primeiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso de Agueiro (A2*) atópase cun grao de desenvolvemento de cada unha das accións como se indica a continuación:

    • AO1.1: Acadado.

    • AO1.2: Acadado.

    • AO1.3: En proceso.

  • Obxectivo O02PD: Poñer en funcionamento a web corporativa do centro, favorecendo a comunicación e colaboración entre os membros da comunidade educativa a través dela (E4) atópase cun grao de desenvolvemento de cada unha das accións como se indica a continuación:

    • AO2.1: Acadado.

    • AO2.2: Pendente.

    • AO2.3: Pendente.

 

2º Trimestre

Ao finalizar o segundo trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso de Agueiro (A2*) atópase cun grao de desenvolvemento de cada unha das accións como se indica a continuación:

    • AO1.1: .Acadado.

    • AO1.2: Acadado.

    • AO1.3: En proceso.

  • Obxectivo O02PD: Poñer en funcionamento a web corporativa do centro, favorecendo a comunicación e colaboración entre os membros da comunidade educativa a través dela (E4) atópase cun grao de desenvolvemento de cada unha das accións como se indica a continuación:

    • AO2.1: Acadado.

    • AO2.2: En proceso.

    • AO2.3: En proceso.

 

3º Trimestre

Ao finalizar o terceiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso de Agueiro (A2*) atópase cun grao de desenvolvemento de cada unha das accións como se indica a continuación:

    • AO1.1: Acadado.

    • AO1.2: Acadado.

    • AO1.3: Acadado.

  • Obxectivo O02PD: Poñer en funcionamento a web corporativa do centro, favorecendo a comunicación e colaboración entre os membros da comunidade educativa a través dela (E4) atópase cun grao de desenvolvemento de cada unha das accións como se indica a continuación:

    • AO2.1: Acadado

    • AO2.2: Acadado.

    • AO2.3: Acadado.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Farase unha avaliación final unha vez rematado o curso escolar valorando nela o grado de consecución dos obxectivos e establecendo, si é preciso, as correspondentes propostas de mellora.

 

Valoración xeral

Os obxectivos están totalmente acadados e foron de utilidade para difundir as actividades do centro.

Proposta de mellora

Seguiremos coa difusión das actividades realizadas no centro a través da web e coa formación do profesorado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

As estratexias que imos a seguir para a difusión do Plan Dixital son:
Presentación e aprobación do Plan Dixital no Consello Escolar.
Difusión do Plan Dixital entre toda a Comunidade Educativa a través das reunións informativas pertinentes.

Tamén se pode consultar o plan a través da ligazón pública habilitada en educalidade.