Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do plan será trimestral e avaliarase tanto os logros dos alumnos, o profesorado, o persoal non docente e as familias como o Plan en si (obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía, temporalización ...).Valorarase o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das acción e as propostas de mellora.
Neste primeiro trimestre estívose a colaborar con outras entidades para mellorar a competencia dixital e a utilizar a aula virtual sobre todo a partir de terceiro de educación primaria. Ao longo dos dous trimestres que quedan comezaremos a elaborar materiais sinxelos co alumnado do terceiro ciclo así como a utilizar os foros da aula virtual.
Non foi posible dotar ao profesorado dunha hora de preparación de materiais pero procurouse que tivesen algunha garda na que poder facelo cando non haxa substitución.
Cremos que ata agora os resultados obtidos son bastante positivos.
Neste segundo trimestre seguimos a colaboración con outras entidades como o Concello de Neda, o Plan Director,...para mellorar a competencia dixital. Utilizousee a aula virtual co alumnado do segundo e terceiro ciclo.O alumnado de terceiro ciclo está aprendendo a elaborar presentacións, documentos en word, pasar de word a pdf, ..
Comtionuouse a colaboración con outras entidades para mellorar a competencia dixital tanto do alumnado como do profesorado. O alumnado de terceiro ciclo utilizou a aula virtual e seguiu aprendendo a elaborar recursos dixitais: mapas conceptuais.
Avaliación
A avaliación basearase no grao de desenvolvemento dos obxectivos e na eficacia das actuacións. Teranse en conta dous aspectos fundamentais:
- A adquisición e logro dos obxectivos principais por parte de todos os sectores implicados (profesorado, alumnado, familias)
- o interese, a participación e o esforzo levado a cabo, constituindo estes tres aspectos os referentes da nosa avaliación.
Para iso levaremos a cabo dous tipos de avaliación, a parcial e a final.
AVALIACIÓN PARCIAL:
Farase alomenos unha vez por trimestre. Os aspectos a avaliar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e de ser o caso as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
AVALIACIÓN FINAL:
As avaliacións parciais complementaranse cunha avaliación final na que se valorarán os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse entre outros, os seguintes criterios de avaliación:
- O nivel de implicación do profesorado do centro
- O grao de consecución dos obxectivos establecidos.
- A análise das causas que expliquen os resultados
- A revisión das actividades realizadas
- A idoniedade das actuacións programadas e dos recursos previstos para alcanzar os obxectivos
- A eficacia dos mecanismos de coordinación
En xeral agás o obxectivo de dotar ao profesorado dunha hora semanal para preparación de material que non foi acadado, o resto dos obxectivos foron acadados de forma total ou parcial polo que podemos dicir que a valoración xeral é bastante positiva.
- Traballar máis co alumnado do ciclo superior a creación de recursos dixitais
- Implicar máis ao profesorado no uso da Aula Virtual do centro.
Comunicación e difusión
Una vez aprobado, o plan difundarase a toda a Comunidade Educativa mediante a súa publicación na web do centro e a súa inclusión no Proxecto Educativo de Centro.
LIGAZÓN:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmacineira/system/files/15022577_CEIPdeMaciñeira_PD12052022.pdf