Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

A contextualización normativa e as referencias lexislativas en relación co Plan Dixital do noso centro son as seguintes:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional 5ª da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización da PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O CEIP Piñeiros está situado no barrio urbano do mesmo nome do Concello coruñés de Narón. Trátase dunha zona con pequenos e escasos negocios familiares, empresas e comercios. 

A maior parte do alumnado procede de familias de clase media-baixa. Existe moito  desemprego e traballo temporal, así como inmigrantes entre os pais/nais dos alumnos/as.

As profesións dominantes entre os pais e nais son: obreiros, empregados comerciais e empregados de restauración, administrativos e, en menor medida, profesións liberais, funcionarios, técnicos medios, etc.

Ao longo dos últimos anos, a incidencia da crise económica e do paro está a ser importante entre as familias do alumnado escolarizado no CEIP Piñeiros.

Hai unha proporción bastante equilibrada entre nenos e nenas. Teñen como lingua materna o castelá, lingua falada diariamente nas súas casas.

Existe unha relación moi directa entre os resultados académicos do alumnado e o nivel cultural das familias.

Dende o curso 2020/2021, o CEIP Piñeiros é centro E-Dixgal. Este proxecto estase a desenvolver en 5º e 6º cursos de Educación Primaria. Cada alumno/a dispón do seu propio portátil para traballar, tanto nas aulas como nos seus fogares. Ademais, o resto dos cursos, dende 4º curso de Educación infantil ata 4º curso de Educación Primaria teñen activada a súa aula virtual, creándose, tamén, un aula virtual para a aula de Audición e Linguaxe e outra para a aula de Pedagoxía Terapéutica.

Entre o equipo TICs e o resto dos equipos – Equipo de Biblioteca, de Dinamización Lingüística e de Actividades Extraescolares, realízanse reunións para organizar a xestión dos medios e recursos tecnolóxicos do centro, para elaborar propostas, supervisar o hardware e o software dos equipos informáticos, asesorando o profesorado sobre materiais curriculares en soporte multimedia, sobre a súa  utilización, sobre estratexias de incorporación á planificación didáctica, sobre a publicación de materiais e información na páxina web do centro; ademais de realizar unha análise das necesidades do centro en relación ás TICs.

Proceso de elaboración.

Ao igual que nos cursos anteriores, no comezo do curso 2021/2022, constituíuse o equipo TICs no CEIP Piñeiros co obxectivo de dinamizar actividades relacionadas coas novas tecnoloxías e de realizar tarefas de mantemento dos equipos informáticos, da páxina web do centro..... Aproveitando a existencia dese equipo TICs, decidiuse que os mesmos membros do devandito equipo pasen a formar parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

Ao principio de curso, a este centro educativo foille asignado un mentor como guía para a elaboración do Plan Dixital. Unha vez asignado o mentor, creouse unha aula virtual como ferramenta para a publicación de información, traballos e avisos.

Tras recibir instrucións para a realización do selfie, o equipo de Dinamización do PD mantivo unha reunión para organizar e planificar o selfie e o CDD co obxectivo prioritario de obter información sobre as competencias dixitais dos mestres, mestras e alumnado dos cursos 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Piñeiros.

Unha vez analizados os resultados do selfie e do CDD, creamos un informe DAFO que axudou á creación do Plan de acción que consistiu no establecemento duns obxectivos prioritarios para implementar no curso 2022/2023 e das accións necesarias para o seu desenvolvemento.

Unha vez rematado todo o proceso anterior iniciouse a elaboración do Plan Dixital do CEIP Piñeiros.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron:

  • A Autoavaliación SELFIE.
  • O Test CDD.
Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia para un uso básico das TICs e non aprenden a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital das familias e pouca participación nas aulas virtuais. Familias Non
Debilidade Escaseza de equipos funcionais para o profesorado e nalgunhas aulas do centro. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non dispón de transporte escolar. Oferta Non
Debilidade O centro non conta con estratexia dixital e o profesorado non dispón de tempo para explorar. Organización de centro Si
Debilidade Non se utilizan ferramentas dixitais para valorar o proceso E-A. Organización de centro Non
Debilidade Necesidade de formación útil. Non crean contidos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non emprega o suficiente as contornas virtuais de aprendizaxe e a avaliación dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado Edixgal considera que teñen bos equipos. Alumnado Non
Fortaleza A maioría das familias dispón de dispositivos e internet na casa. Familias Non
Fortaleza Dotación de equipos para alumnado e profesorado E- DIXGAL e dotación de 15 ordenadores de pequeno tamaño e un carro de carga para uso do resto do alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de servicio de madrugadores, comedor escolar de xestión indirecta e actividades extraescolares. Oferta Non
Fortaleza O centro dispón de asistencia técnica dunha empresa de informática. Oferta Non
Fortaleza O profesorado utiliza medios dixitais para buscar recursos. Persoal docente Non
Fortaleza Boa comunicación coas familias por medios dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O centro dispón dunha conserxe, persoal de limpeza e unha coidadora. Persoal non docente Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de recursos tecnolóxicos e tempo para o profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Aula virtual e páxina web pouco práctica. Administración educativa Non
Ameaza Falta de implicación e participación das familias na ANPA. ANPA Non
Ameaza Perda de poder adquisitivo das familias. Contorna Non
Ameaza Falta de coñecemento sobre as normas de dereitos de autor, protección de datos e ciberseguridade. Lexislación Si
Oportunidade E-dixgal e os seus recursos e formación para o profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Colaborativa. ANPA Non
Oportunidade Non hai moito alumnado con falta de recursos tecnolóxicos nas casas. Contorna Non
Oportunidade Promoción do Plan Dixital por parte da administración. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración co Concello de Narón. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o informe Selfie e o test CDD observamos unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas ameazas e oportunidades a nivel externo que quedan rexistradas no presente contexto DAFO.

O análise DAFO fai que nos plantexemos unha serie de obxectivos que se expoñen a continuación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualización e mellora da páxina web do centro.
O2PD Optimización, renovación e organización dos recursos dixitais do centro.
O3PD Potenciar uso de recursos tecnolóxicos mediante tabletas no alumnado de Educación Infantil a cuarto de Educación Primaria.
04PD Creación de recursos educativos con Canva e Genially
05PD Uso da AulaMóbil no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria

Seguimento

Procedemento

O seguimento da PD ao longo do curso será:

  • No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
1º Trimestre

O1PD, O2PD, O3PD: foron acadados satisfactoriamente o curso pasado.

O4PD: Creación de recursos educativos con Canva e Genially.

  • AO4.1: Formación para os membros do claustro.

                    * A parte deste obxectivo correspondente a este trimestre tivo que ser aprazado para o segundo trimestre. Solicitamos un PFPP e formación en Canva e Genially, pero aínda non sabemos cando será a formación.

  • AO4.2: Creación dun grupo de traballo para traballar con Canva e Genially.

          - Neste trimestre creamos un grupo de traballo formado por 8 mestres do centro para traballar con Canva e Genially, polo que o obxectivo previsto está conseguido.

O5PD: Uso da AulaMóbil no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria

  • AO5.1:. Crear un calendario de uso da AulaMóbil e un rexistro de incidencias.

         -  A AulaMóbil, o calendario e o rexistro de incidencias está accesible para todo o profesorado.

           * A parte deste obxectivo foi acadado satisfactoriamente.

  • AO5.2: Implicar ao profesorado no uso da AulaMóbil como recurso educativo para o traballo na aula (reforzo, ampliación...).

       - Realizamos reunións cos mestres implicados para ver o seguemento e o uso que lle están dando a AulaMóbil e compartimos experiencias e recursos para o seu uso na aula.

2º Trimestre

O4PD: Creación de recursos educativos con Canva e Genially.

  • AO4.1: Formación para os membros do claustro.

           O claustro recibiu dúas sesións de formación en Canva e Genially no mes de febreiro e marzo, polo que este obxectivo está acadado.

  • AO4.2: Creación dun grupo de traballo para traballar con Canva e Genially. (Obxectivo acadado no 1º trimestre)
  • AO4.3: Recompilación de materiais didácticos creados con Canva e Genially.

           Unha vez realizado o curso de formación o profesorado implicado comeza a recopilar e crear materiais didácticos, polo que este  obxectivo está parcialmente acadado.

O5PD: Uso da AulaMóbil no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria

  • AO5.1:. Crear un calendario de uso da AulaMóbil e un rexistro de incidencias. (Obxectivo acadado no primeiro trimestre)
  • AO5.2: Implicar ao profesorado no uso da AulaMóbil como recurso educativo para o traballo na aula (reforzo, ampliación...).

       Continuamos as reunións cos mestres implicados para ver o seguemento e o uso que lle están dando a AulaMóbil, compartimos experiencias e recursos para o seu uso na aula e os mestre recibiron formación de recursos dixitais educativos para usar a AulaMóbil, polo que este obxectivo foi acadado satisfactoriamente, pero continuamos formándonos e ampliando o seu uso na aula.

  • AO5.3: Implicar ao alumnado no uso adecuado e responsable da AulaMóbil.

         O uso da Aulamóbil nas aulas do 1º e 2º ciclo veuse incrementado notablemente. Implícase ao alumnado no uso adecuado e responsable da AulaMóbil cada vez que fan uso dela (encargándose de colocar os ordenadores correctamente no seu lugar, tratando ben o material e usando os ordenadores de xeito responsable, polo que este obxectivo foi acadado satisfactoriamente, pero continuamos implicando ao alumnado no uso responsable da AulaMóbil.

3º Trimestre

O4PD: Creación de recursos educativos con Canva e Genially.

                     Unha vez realizado o curso de formación e a creación do grupo de traballo o profesorado implicado comeza a recopilar e crear materiais didácticos no segundo trimestre. Neste terceiro trimestre, este  obxectivo está acadado.

O5PD: Uso da AulaMóbil no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria

       Continuamos as reunións cos mestres implicados para ver o seguemento e o uso que lle están dando a AulaMóbil, compartimos experiencias e recursos para o seu uso na aula e os mestre recibiron formación de recursos dixitais educativos para usar a AulaMóbil.   O uso da Aulamóbil nas aulas do 1º e 2º ciclo veuse incrementado notablemente. Implícase ao alumnado no uso adecuado e responsable da AulaMóbil cada vez que fan uso dela (encargándose de colocar os ordenadores correctamente no seu lugar, tratando ben o material e usando os ordenadores de xeito responsable,  polo que este obxectivo foi acadado satisfactoriamente.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan dixital desenvolverase de xeito periódico, tendo en conta dous contextos diferentes:

- No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

De forma xeral, todos os obxectivos foron acadados satisfactoriamente, aínda que todos eles seguen en constante seguimento.

Proposta de mellora

Como proposta de mellora, consideramos que a AulaMóbil debería de utilizarse con maior frecuencia, sobre todo no primeiro ciclo e ensinar ao alumnado do segundo ciclo a recoller os equipos de forma autónoma do carro de carga. 

Continuar recompilando materiais con canva, genially e kahoot  e utilizalos como recurso didáctico nas aulas. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez  aprobado o Plan Dixital polo claustro e o consello escolar. O Plan Dixital do CEIP de Piñeiros pode consultarse no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15019499