Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro.

COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA SAN ISIDRO
Enderezo: Lugar Roseira, 1      Teléfonos: 881930404/05
Localidade: Neda                     Fax: 881930406
Provincia: A Coruña                 Etapas Educativas: Infantil e Primaria
Correo electrónico: ceip.sanisidro@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanisidro/

1.2. Contextualización do plan dixital no centro. Contribución do PD ao Proxecto Educativo do Centro.
Tras a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditaron instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, fíxose necesario establecer un instrumento que favorecese e impulsase o uso de medios dixitais, así como dunhas medidas de actuación que deran resposta á realidade dixital do noso centro, servindo estas de referencia para toda a comunidade educativa.
Esta ferramenta concretouse no que coñeceremos como Plan Dixital do centro, o cal naceu no curso escolar 2021- 2022 para a súa posta en práctica nos vindeiros cursos.
A elaboración do Plan Dixital rexerase por uns obxectivos básicos que teñen como finalidade facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos, optimizando a xestión de recursos humanos e materiais do centro, promover o uso de ferramentas de avaliación e diagnose no centro con respecto á competencia dixital, mellorar a competencia dixital de toda a comunidade educativa creando un centro dixitalmente competente e, por último, definir o equipo responsable de dinamización de dito plan xunto coas súas funcións.
O Plan Dixital contribuirá ao noso Proxecto Educativo, tal como o fan outros plans e proxectos do centro. Actualmente, contamos cunha traxectoria progresiva no ámbito tecnolóxico-dixital.
No centro desenvólvense proxectos que contribúen ao desenvolvemento da competencia dixital. Estes son:
* Participación no Programa E-Dixgal en 5o e 6o de Educación Primaria (dende hai catro anos). Implantación do libro dixital nestes dous cursos.
* Internacionalización do centro, Erasmus+. Participamos nunha liña de traballo, que ten como obxectivo a aprendizaxe a través da dixitalización “Tic, Tac mellorando a nosa competencia dixital en Europa”. Trátase dun Eramus+ KA1 con tres mobilidades: Cardiff, Dijon e Núremberg.
* Aulas Virtuais: temos creadas en todos os cursos educativos diferentes aulas virtuais, onde os alumnos/as poden acceder a contidos exclusivos que os mestres/as suben en diferentes momentos. Todo o alumnado do centro está dado de alta para o acceso a ditas aulas.
* PFPP: O plan de formación do profesorado que se establece no centro conta con actividades relacionadas directamente coa robótica e a dixitalización.
* Educa en Dixital Galicia: o centro recibiu kits portátiles de préstamo co obxecto de romper coa fenda dixital pola que algúns alumnos/as se ven deprivados.
* Aula de informática do centro: os alumnos/as fan uso dos recursos informáticos acompañados polo mestre/a titor/a ou especialistas.
* Outros: uso de medios dixitais para a comunicación diaria entre a comunidade educativa a través de AbalarMóbil, páxina web do centro ou correo electrónico.
En canto á realidade sociocultural e económica do contexto no que se atopa o centro podemos destacar que o alumnado corresponde a un medio semi-urbano cun nivel socioeconómico medio e medio-baixo. Unha gran maioría vive na vila onde se localiza o centro e algúns deles precisan de transporte escolar para acudir ao mesmo. O colexio non destaca por ter unha heteroxeneidade cultural e a cantidade de alumnado inmigrante non é representativa.
1.3. Breve xustificación do mesmo.
O presente Plan Dixital enmárcase nunha normativa clara que alude, de forma xenérica, ao desenvolvemento da competencia dixital e, de xeito máis concreto, á elaboración do propio plan.
A normativa que o contextualiza é a seguinte:
* Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
* A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

* Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, e, Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
* “Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.”
* Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
* Esta resolución tivo por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1. Servizos dixitais e mantemento dispoñible.
Infraestrutura Dixital do centro
No CEIP San Isidro contamos, actualmente, coas aulas dixitalizadas tanto na etapa de infantil como primaria. Todas elas están dotadas con encerados dixitais interactivos. Contamos cunha velocidade superior a 100 Mbps, a través de “Escolas Conectadas”.
A conectividade no centro é a través de cable, pero grazas a participación do centro no proxecto E-Dixgal dotáronos de dous puntos wifi no centro.
Equipamento dispoñible
*Aulas Dixitalizadas : temos dixitalizadas todas as aulas de infantil e primaria. En todas as aulas contamos cun posto de ordenador para o mestre/a.
*Aulas E-Dixgal : participamos no proxecto E-Dixgal implantado este nos cursos de 5o e 6o de Educación Primaria. Ambas aulas están totalmente dixitalizadas. Cada neno/a ten o seu equipo portátil ao igual que os mestres/as que imparten clase neses cursos. O profesorado organiza, seguindo uns criterios pedagóxicos e metodolóxicos, materiais e recursos didácticos estruturados para o aprendizaxe do  alumnado, dentro dun proceso planificado e organizado.
O Servizo Premium é o encargado do mantemento dos dispositivos así como das incidencias xurdidas.
*Equipos de Xestión e Administración : a dotación informática do Equipo Directivo do centro foi enviada pola Consellería hai cinco cursos escolares.
*Biblioteca : na biblioteca contamos cun posto de mesa o cal se emprega para o empréstito, devolución e catalogación de libros a través do programa Meiga. Na biblioteca non contamos con ordenadores de consulta para o alumnado.
*Sala de mestres/as : existen tres ordenadores de mesa para o uso exclusivo do profesorado. Están conectados en rede coas fotocopiadoras do centro.
*Aula de informática : arredor de doce postos dixitais son os que forman a aula de informática. Son ordenadores de mesa moi antigos e dan moitos problemas. A Amtega foi a encargada de realizar o último mantemento hai tres cursos.
Servizos Dixitais Educativos
No centro realizamos toda a xestión a través das plataformas da Consellería: Xade, Contratos-Programa, Portal do Director, uso do correo electrónico corporativo da Xunta para comunicacións internas e externas, envío de documentación a través de Xuntarquivos, xestión da Biblioteca Escolar a través do programa Meiga para o empréstito, devolución e catalogación de libros, utilización de ferramentas Moddle e Aulas Virtuais, E-Dixgal, FPROFE, emprego do espazoAbalar e Abalarmóbil para o contacto coas familias, páxina web do centro..., entre outros.
Xestión do mantemento do equipamento do centro
A xestión de mantemento do equipamento do centro corría a cargo de empresas externas contratadas polo centro. Dende hai un par de anos, este mantemento establécese a través da AMTEGA. De todos os xeitos, temos de man un negocio local da zona que nos subministra produtos de informática e de ofimática de primeira necesidade que non cubre a Consellería.
Enlaces a protocolos do centro:
- Actualizacións Protocolos Covid:
¿http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanisidro/taxonomy/term/226-
- Protocolo Covid e Plan de Continxencia:
¿https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanisidro/node/1244
- Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro:
¿https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanisidro/node/1145
- Proxecto Educativo de Centro:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanisidro/system/files/PEC.pdf

 

 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Non empregamos as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Alumnado Si
Debilidade - Non existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade - Non contamos cunha estratexia dixital. - Non se desenvolve a estratexia dixital. - Non se dispón de tempo para explorar como mellorar os métodos de ensino con tecnoloxías dixitais. - Non avaliamos os nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. - Non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade - Non se dispón de tempo para explorar como mellorar os métodos de ensino con tecnoloxías dixitais. - Non se debate sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. - Non empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. - Non intercambiamos experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. - Non utilizamos contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. - Non utilizamos tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. - Non fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios utilizando tecnoloxías dixitais. - Non utilizamos tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. - Non utilizamos tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación adecuada ao alumnado. - Non utilizamos tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu aprendizaxe. - Non utilizamos tecnoloxías dixitais para que o alumnado poda realizar observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. - O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo de outras persoas que atopa en internet. Persoal docente Non
Debilidade - Non se intercambian experiencias sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. - Non se empregan tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal non docente Non
Fortaleza - Facilítase o acceso a internet para ensino e aprendizaxe. - Disponse de asistencia técnica cando alumnado. xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. - Hai dispositivos dixitais propiedade do centro que o alumnado pode utilizar cando os necesita. - O alumnado aprende a actuar de maneira segura en internet. - O alumnado aprende a actuar de maneira responsable en internet. - O alumnado aprende a comprobar se a información que encontra en internet é fiable e precisa. - O alumnado aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza - Temos dispositivos dixitais para o seu uso no ensino. - Facilítase o acceso a internet para ensino e aprendizaxe. - Hai dispositivos dixitais propiedade do centro que o alumnado pode utilizar cando os necesita. - O alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Non
Fortaleza - Apóiase ao profesorado para que exploren novas formas de ensinar mediante tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza - Disponse no centro de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. - O alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Organización de centro Si
Fortaleza - Explóranse novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. - Avalíanse os progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. - Debátese sobre as necesidades de DPC no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. - Accédese a posibilidades de DPC no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. - Búscanse recursos educativos dixitais en liña. - Créanse recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. - Utilízanse as tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro. - Utilízanse as tecnoloxías dixitais para adaptar os métodos de ensino ás necesidades individuais do alumnado. - Utilízanse actividades de aprendizaxe dixitais que fomentan a creatividade do alumnado. - Realízanse actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado. - Outórgase recoñecemento ao traballo dos demais. - Aprendemos a comunicarnos. Persoal docente Si
Fortaleza - Búscanse recursos educativos dixitais en liña. - Créanse recursos dixitais para reforzar o seu labor de ensino. - Empréganse tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Non contamos cunha estratexia dixital. Administración educativa Non
Ameaza - Non existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza - Non utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. - Non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade - A infraestrutura dixital respalda a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. - Hai dispositivos dixitais para o seu uso no ensino. - Facilítase o acceso a internet para ensino e aprendizaxe. - Disponse de de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade - Utilízanse as tecnoloxías dixitais para as comunicacións relativas ao centro. Contorna Non
Oportunidade - Respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para o ensino e aprendizaxe. Lexislación Non
Oportunidade - A infraestrutura dixital respalda o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

2.3 Análise DAFO
A análise DAFO é unha ferramenta que estuda as características internas (debilidades e fortalezas) e externas (ameazas e oportunidades).
Este análise realizouse coa maior claridade e sinceridade, expoñendo a realidade específica e actual do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Constituír un equipo TIC, que se responsabilice da implantación do Plan Dixital do centro
Mellorar os documentos do centro, en relación coa integración das TIC
Actualizar e renovar o equipamento informático do centro
Mellorar a rede wifi de acceso a Internet e estendela a todo o centro
Actualizar o deseño e os contidos da web do centro
Aprender e reforzar xeitos seguros de actuación no uso das tecnoloxías dixitais
Utilizar as tecnoloxías dixitais para facilitar, reforzar e ampliar as aprendizaxes
Coñecer e utilizar os recursos dixitais do centro (Aula virtual e EVA)

Seguimento

Procedemento

O presente Plan Dixital leva inherentes uns indicadores de logro e uns obxectivos específicos para ser levados a cabo á práctica con carácter anual. Deste modo, faremos un seguimento do seu cumprimento, o cal nos dará como resultado unha avaliación dos progresos de dito plan.
Grazas á avaliación comprobaremos se os indicadores e os obxectivos seguiron unha orde de consecución e se foron acadados ou non, para así poder realizar os axustes precisos de cara unha mellora na súa aplicación práctica.
Ao final de cada trimestre realizarase un informe dos resultados da avaliación que formará parte da Memoria Anual do centro. Esta avaliación procesual incluirá o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos que consideraremos incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

En canto á consecución dos obxectivos podemos sinalar o seguinte:

1.- Constituír un equipo TIC, que se responsabilice da implantación do Plan Dixital do centro.

Nas primeiras semanas do mes de setembro nomeouse ao coordinador TIC do centro e constituíuse o equipo TIC, integrado por catro persoas. Na primeira reunión do equipo presentouse unha proposta de traballo para o curso.

2.- Mellorar os documentos do centro, en relación coa integración das TIC.

Produciuse a revisión e actualización de diferentes documentos: PEC, NOF e Concrecións curriculares. Posteriormente realizouse a aprobación dos documentos do centro polos órganos competentes.

3.- Actualizar e renovar o equipamento informático do centro

Estase producindo a renovación, reparación, actualización ou substitución do equipamento informático das aulas (tanto o do profesorado como o do alumnado).

4.- Mellorar a rede wifi de acceso a Internet e estendela a todo o centro.

Actualmente todo o centro ten cobertura wifi.

5.- Actualizar o deseño e os contidos da web do centro.

Estase realizando regularmente a introdución de contidos con informacións actuais e relevantes na web do centro.

6.- Aprender e reforzar xeitos seguros de actuación no uso das tecnoloxías dixitais.

Durante o primeiro trimestre producíronse diversas accións encamiñadas a reforzar o coñecemento e o uso seguro, responsable e respectuoso das tecnoloxías dixitais.

7.- Utilizar as tecnoloxías dixitais para facilitar, reforzar e ampliar as aprendizaxes.

Parte do profesorado realiza formación encamiñada a mellorar a súa competencia dixital.

8.- Coñecer e utilizar os recursos dixitais do centro (Aula virtual e EVA).

Producíronse reunións informativas co alumnado e coas familias para achegar información e formación acerca dos recursos dixitais do centro.

2º Trimestre

En canto á consecución dos obxectivos podemos sinalar o seguinte:

1.- Constituír un equipo TIC, que se responsabilice da implantación do Plan Dixital do centro.

O equipo TIC xa quedou constituído no primeiro trimestre. Algunhas das propostas que se pensaran para todo o curso aínda seguen a traballarse, outras non se puideron facer.

2.- Mellorar os documentos do centro, en relación coa integración das TIC.

No primeiro trimestre produciuse a revisión e actualización de diferentes documentos: PEC, NOF e Concrecións curriculares. Posteriormente realizouse a aprobación dos documentos do centro polos órganos competentes.

3.- Actualizar e renovar o equipamento informático do centro

Séguese a producir a renovación, reparación, actualización ou substitución do equipamento informático das aulas (tanto o do profesorado como o do alumnado).

4.- Mellorar a rede wifi de acceso a Internet e estendela a todo o centro.

Actualmente todo o centro ten cobertura wifi. Este obxectivo xa se acadou no primeiro trimestre.

5.- Actualizar o deseño e os contidos da web do centro.

Estase realizando regularmente a introdución de contidos con informacións actuais e relevantes na web do centro.

6.- Aprender e reforzar xeitos seguros de actuación no uso das tecnoloxías dixitais.

Durante o primeiro trimestre producíronse diversas accións encamiñadas a reforzar o coñecemento e o uso seguro, responsable e respectuoso das tecnoloxías dixitais. Séguese a traballar nestas actuacións durante este segundo trimestre.

7.- Utilizar as tecnoloxías dixitais para facilitar, reforzar e ampliar as aprendizaxes.

Parte do profesorado realizou e segue a facer formación encamiñada a mellorar a súa competencia dixital.

8.- Coñecer e utilizar os recursos dixitais do centro (Aula virtual e EVA).

No primeiro trimestre producíronse reunións informativas co alumnado e coas familias para achegar información e formación acerca dos recursos dixitais do centro.

3º Trimestre

En canto á consecución dos obxectivos podemos sinalar o seguinte:

1.- Constituír un equipo TIC, que se responsabilice da implantación do Plan Dixital do centro.

O equipo TIC xa quedou constituído no primeiro trimestre. Algunhas das propostas que se pensaran para todo o curso aínda seguen a traballarse, outras non se puideron facer.

2.- Mellorar os documentos do centro, en relación coa integración das TIC.

No primeiro trimestre produciuse a revisión e actualización de diferentes documentos: PEC, NOF e Concrecións curriculares. Posteriormente realizouse a aprobación dos documentos do centro polos órganos competentes.

3.- Actualizar e renovar o equipamento informático do centro

Levouse a caboa a renovación, reparación, actualización ou substitución do equipamento informático das aulas (tanto o do profesorado como o do alumnado).

4.- Mellorar a rede wifi de acceso a Internet e estendela a todo o centro.

Actualmente todo o centro ten cobertura wifi. Este obxectivo xa se acadou no primeiro trimestre.

5.- Actualizar o deseño e os contidos da web do centro.

Estase realizando regularmente a introdución de contidos con informacións actuais e relevantes na web do centro.

6.- Aprender e reforzar xeitos seguros de actuación no uso das tecnoloxías dixitais.

Durante o primeiro trimestre producíronse diversas accións encamiñadas a reforzar o coñecemento e o uso seguro, responsable e respectuoso das tecnoloxías dixitais. Séguese a traballar nestas actuacións durante este segundo trimestre.

7.- Utilizar as tecnoloxías dixitais para facilitar, reforzar e ampliar as aprendizaxes.

Parte do profesorado realizou e segue a facer formación encamiñada a mellorar a súa competencia dixital.

8.- Coñecer e utilizar os recursos dixitais do centro (Aula virtual e EVA).

No primeiro trimestre producíronse reunións informativas co alumnado e coas familias para achegar información e formación acerca dos recursos dixitais do centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Podemos salientar que a práctica totalidade do obxectvos propostos se cumpriron, así, durante o primeiro trimestre constituíuse un equipo TIC que desenvolveu as súas funcións e colaborou para acadar os obxectivos.

Boa parte dos documentos do centro mellráronse, en relación coa integración nas TIC.

Estendeuse a Wifi a todo o centro e renováronse os equipos, actualmente estamos á espera de que nos envíen paneis dixitais para as aulas de terceiro ciclo de primaria.

O alumnado aprendeu e reforzou xeitos seguros de actuación no uso das tecnoloxías dixitais.

Proposta de mellora

As liñas de traballo do centro para o vindeiro curso poderían seguir por manter as liñas básicas previstas para este curso e mellorar en relación con tres aspectos:

- Actualización e mellora no deseño da Web do centro.

- Maior uso das tecnoloxías dixitais para facilitar, reforzar e ampliar as aprendizaxes.

- Maior coñecemento e uso dos recursos dixitais do centro (Aula virtual e EVA)

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia que se utilizará para favorecer a publicidade e a difusión deste Plan Dixital entre toda a comunidade educativa consistirá en incluílo na páxina web do centro e informar ás familias do alumnado da existencia do mesmo e do lugar no que o poden consultar, acceder a el, e realizar achegas, no caso de que así o consideren oportuno.

O lugar no que se pode consultar o Plan Dixital é o seguinte: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanisidro/system/files/plan%20dixital%20ceip%20san%20isidro.pdf