Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Contextualización do Plan Dixital no centro.

Contribución ao Proxecto Educativo do CentroOPlan Dixitalde centro é un documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida,definen un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión. O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado eo uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado tanto individual como colexiada e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

A contribución do Plan Dixital ao PEC e a Programación Xeral Anual do curso 22/23 debemos velo dende a perspectiva de como pode reforzar este plan o uso adecuado das novas tecnoloxías en toda a comunidade educativa. E sempre tendo en conta que a competencia dixital é unha das competencias clave nas que é necesario traballar co alumnado ao longo do seu paso pola educación infantil, primaria e secundaria.

Ademais, na Programación Xeral Anual vemos obxectivosdirectamente afectados pola dixitalización, tanto do centro como da sociedade.

1.2.Breve xustificación do mesmo.

A lexislación contemplada a hora de elaborar o Plan Dixital do noso centro foi a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementaro Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar oscidadáns coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada.

O uso da tecnoloxía nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, dende as relacionadas coas cuestións organizativas, ata as propias dos procesos de ensino e aprendizaxe é xa ineludible.

A Educación é un recurso crave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenericamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europarecoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais, que á súa vez permitan aproveitar as oportunidades.

Por outra banda,as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Mediante o presente plan, preténdese:

  • Avaliar a situación dun centro educativo con relación ao uso da innovación e as TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
  • Recoñecer o Plan anual dixital como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  • Transformar o centro educativo nunha organización que aprende,sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
  • Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura de dixital nas mesmas.

1.3.Proceso de elaboración

A análise inicial levouse a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:

  • Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e membros do equipo directivo) coa ferramenta SELFIE.
  • Análise TestCDD para determinar o nivel de competencia dixital é orientador que servirá para poder planificar a formación futura do profesorado non ámbito dixital.
  • Análise dos recursos do alumnado.
  • Análise da infraestrutura, recursos e estado do centro.
  • Análise da situación actual.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do análise DAFO recolleuse a información máis relevante en relación coas diferentes fontes empregadas:

  •  Autoavaliación SELFIE: información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa.
  • Test CDD: este informe ofrece os resultados agrupados da autorreflexión do profesorado, así como o nivel de competencia dixital é orientativo e servirá para poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital.
Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non existen dispositivos dixitais para todo o alumnado xa que soamente poden utilizar os ordenadores da aula de informática sempre e cando estea libre. O alumnado non actúa de maneira segura na internet nin comproban se a información que atopan é precisa e fiable, así como tampouco aprenden a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Algunhas familias non dispoñen nas súas casas de dispositivos dixitais, ben por falta de recursos persoais para o seu antemento, ben porque son demasiado lentos e non os utilizan. Noutras ocasións teñen que compartir o computador co resto de membros da familia. Familias Non
Debilidade Carecemos dunha boa infraestrutura dixital. Escaseza de dispositivos dixitais para o alumnado xa que só poden utilizar os ordenadores da aula de informática sempre e canto estea libre. Ademais, o profesorado non conta con sistemas de protección de datos nin tampouco cunha asistencia técnica para resolver os problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade O profesorado non considera que exista unha boa estratexia dixital, nin conta cunha asistencia técnica para resolver os problemas coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado en xeral non usa a avaliación dixital. Tampouco emprega as tecnoloxías para colaborar con outras organizacións. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non crea recursos dixitais nin implementa na aula as tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado ten a oportunidade de aprender a actuar de maneira responsable e a respectar aos demais cando utiliza internet. Alumnado Non
Fortaleza O profesorado conta con dispositivos dixitais e de acceso a internet para usar no seu labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas tecnoloxías dixitais no ensino. Oferta Non
Fortaleza O equipo directivo involucra e apoia ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro e en probar novas tecnoloxías dixitais no ensino. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas tecnoloxías dixitais no ensino e, en consecuencia, na aprendizaxe, xa que participa de maneira continuada en formacións e intercambio de experiencias neste campo. O profesorado debate sobre as vantaxes e inconvenientes do ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais, así como o alumno cos profesores. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado séntese apoiado polo equipo directivo no referente ao intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino coas tecnoloxías dixitais. O profesorado busca recursos dixitais para reforzar os seus métodos de ensino. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A estrutura dixital non favorece a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza O profesorado non conta cun sistema de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza O profesorado non emprega as tecnoloxías para colaborar con outras organizacións e a infraestrutura dixital non contribúe á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade O profesorado posúe dispositivos dixitais, así como acceso a Internet para usar no seu labor docente. Administración educativa Non
Oportunidade No noso centro o alumnado aprende a codificar ou programar. ANPA Non
Oportunidade No noso centro, o alumnado ten acceso a unha base de datos de provedores de formación en centros de traballo. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior é de utilidade para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital. Así como, deseñar o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Definir unha única canle de comunicación interna dixital que permita o intercambio de mensaxes entre todo o persoal, docente e non docente.
02PD Aprender a facer bo uso das ferramentas de comunicación e servizos de mensaxaría de maneira segura, identificar contido falso, verificar imaxes, navegación segura e garantir a protección de datos.
03PD Mellorar a infraestructura dixital das aulas.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dixitalización do PD realizará, como minimo, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución do plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ó centro por trimestre para analizar xunto coa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións do plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ó longo do primeiro trimetre do presente curso acadouse o obxetivo O2PD  referente a "Creación dunha guía con recomendacións sobre o bo uso das ferramentas de comunicación e servicios de mensaxaría para garantir a protección de datos."

En relación o O3PD referente a mellorar a infraestructura dixital das aulas, acadouse a acción “Dotar as oito aulas da ESO de pantallas dixitais”

2º Trimestre

Ó longo do segundo trimetre do presente curso acadouse ata o 90% do persoal o obxetivo O1PD  referente a "Definir unha única canle de comunicación interna dixital que permita o intercambio de mensaxes entre todo o persoal, docente e non docente."

En relación o O3PD referente a mellorar a infraestructura dixital das aulas, acadouse a acción “Dotar as catro aulas do terceiro ciclo de Educación Primaria de pantallas dixitais”

3º Trimestre

Na metade do terceiro trimetre do presente curso acadouse o obxetivo O3PD referente a mellorar a infraestructura dixital das aulas, acadouse a acción “Dotar as catro aulas do primeiro ciclo de Educación Primaria de pantallas dixitais”

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
  • O obxectivo referente a "Definir unha única canle de comunicación interna dixital que permita o intercambio de mensaxes entre todo o persoal, docente e non docente" levouse a cabo pero só 90%  do persoal docente e non docente utiliza a canle de comunicación interna para o intercambio de mensaxes. No seu momento marcouse para este obxectivo o 95%. Este obxetivo dase por acadado.
  • O obxectivo " Aprender a facer bo uso das ferramentas de comunicación e servizos de mensaxaríade maneira segura, identificar contido falso, verificar imaxes, navegación segura e garantir a protección de datos"  acadouse a “Creación dunha guía con recomendacións sobre o bo uso das ferramentas de comunicación e servicios de mensaxaría para garantir a protección de datos”
  • O obxectivo " Mellorar a infraestructura dixital das aulas." cumpreuse na súa totalidade.
Proposta de mellora
  • Dotar a aula de informática de novos equipos.
  • Instalar pantallas dixitais nas aulas so segundo ciclo de primaria.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Co claustro preceptivo de final de curso presentaranse o Plan Dixital. Unha vez aprobado publicarase na web do centro e na plataforma dixital.