Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro

O Plan Dixital de Centro (PDC)  é un paso crucial para avanzar na educación e mellora do desenvolvemento académico e persoal do noso alumnado. 

O barrio de Santa Icía é unha parte importante de Narón, caracterizado por unha diversidade de habitantes que reflicten a riqueza cultural e social da nosa comunidade local. É un barrio con retos e oportunidades únicas. A renta media per cápita dos seus habitantes é variada, o que reflicte unha realidade socioeconómica diversificada. Isto fai que sexa fundamental adaptar a nosa educación ás necesidades específicas do noso alumnado, promovendo a igualdade de oportunidades e a inclusión social.

No que respecta ás características de dixitalización, a situación varía amplamente. Algunhas familias teñen acceso a recursos tecnolóxicos de última xeración, mentres que outras aínda están en proceso de familiarización coas tecnoloxías dixitais. A brecha dixital é un desafío que debemos abordar para garantir que o noso alumnado ao completo teña as mesmas oportunidades no mundo actual. O PDC pretende ser unha resposta a esta realidade.

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Este PDC ten un impacto directo no noso Proxecto Educativo do Centro, que ten como obxectivo principal a formación integral do noso alumnado. O PDC contribúe a este proxecto en varios aspectos clave:

  1. Inclusión e igualdade de oportunidades: O PDC ten como obxectivo principal reducir a brecha dixital no noso alumnado. Ao proporcionar acceso igualitario a recursos dixitais e programas de formación relacionados coa tecnoloxía, estamos a garantir que todo o alumnado teña as mesmas oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento.

  2. Aprendizaxe innovadora: A integración das tecnoloxías dixitais no noso currículo permite unha experiencia de aprendizaxe máis atractiva e interactiva. O alumnado pode acceder a información en liña, traballar en proxectos colaborativos e desenvolver habilidades críticas relacionadas coa tecnoloxía, preparándoos así para o mundo laboral actual.

  3. Desenvolvemento das competencias dixitais : O PDC axuda tanto ao alumando como a profesorado a desenvolver competencias dixitais esenciais, como a alfabetización dixital, a resolución de problemas tecnolóxicos e a cidadanía dixital responsable. Estas habilidades son esenciais para o éxito na sociedade actual para o alumnado e para un completo exercicio da docencia para o profesorado.

  4. Apoio á comunidade educativa: Non só o alumnado e profesorado benefícianse deste proxecto. Tamén promove a colaboración e a comunicación fluída entre a escola e as familias para garantir un ambiente de aprendizaxe enriquecedor e unha maior participación das familias no Centro, que son indispensables no desenvolvemento académico e persoal do alumnado.

Breve xustificación do mesmo

A continuación breve contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24

Proceso de elaboración

A elaboración do PDC está baseada nos datos obtidos a través dos distintos cuestionarios e, este ano, principalmente no novo DAFO.

Coa experiencia previa dos cursos anteriores fóronse recopilando necesidades e propostas de mellora que permitiron crear un DAFO e consecuentemente uns obxectivos concisos, viables e realizables adaptados ás necesidades do noso Centro e da nosa Comunidade Educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación SELFIE
  • Test CDD
  • Experiencia previa adquirida na implantación do PDC en cursos anteriores
Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixas infraestruturas no centro para que o alumnado leve a cabo proxectos Infraestruturas Si
Debilidade Ordenadores de aula con sistemas obsoletos Infraestruturas Si
Debilidade Baixo emprego de ferramentas TIC para avaliar por desconocimiento Organización de centro Si
Debilidade Profesorado con boas ideas e disposición pero pouca formación Persoal docente Si
Debilidade Os traballos cooperativos normalmente non teñen compoñente TIC Persoal docente Si
Debilidade Falta de uso da aula virtual por unha banda do profesorado Persoal docente Si
Fortaleza Fórmase especialmente ao alumnado en seguridade dixital e contraste de información Organización de centro Si
Fortaleza Dótase á totalidade do alumnado cunha conta de correo e acceso a contorna de educación virtual Organización de centro Si
Fortaleza Planifícase renovación da web máis intuitiva e comunicativa para a comunidade educativa Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado usa a diario TIC Persoal docente Si
Fortaleza Gran atención á diversidade e personalización dos materiais didácticos Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo para formacións Administración educativa Si
Ameaza Non existe un provedor da internet que ofreza unha solución adaptada ás necesidades do centro Outras Si
Ameaza Parte das familias non teñen poder adquisitivo para afrontar a dixitalización Outras Si
Oportunidade Xornadas de formación continua para o profesorado frecuentes Administración educativa Si
Oportunidade Oferta de charlas e actividades para o alumnado de carácter TIC por distintos axentes externos Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos datos obtidos no Informe SELFIE, Test CDD e experiencia previa na implantación do PDC en cursos anteriores, o centro realizou unha profunda reflexión e xerou unha nova análise DAFO que é de utilidade para a elaboración das liñas fundamentais deste Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
AO1 Deseño nova web
AO2 Mellora da conexión a internet
AO3 Dotación de portátiles en EP (1 x aula) e mellora do equipo de aula informática
AO4 Creación de aulas virtuais en tódolos cursos dende 5oEP
AO5 Creación dun espacio aula de familia na web
AO6 Plan director e charlas externas, visita espazos tecnolóxicos
AO7 Continuación do PFCT
AO8 Creación dun calendario online para uso do Claustro e outro para informar á comunidade educativa
AO9 Dotación de tablets para alumnado NEAE

Seguimento

Procedemento

O seguimento do plan está centrado na consecución dos obxectivos con reunións tal e como se indica a continuación:

  • A coordinadora TIC se reunirá co mentor TIC designado coa frecuencia establecida polo mentor. Existirá unha comunicación fluida entre ambos.
  • Quincenalmente o equipo TIC revisará o estado da execución das accións, análise e valoración dos resultados.
1º Trimestre

Tódolos obxectivos planificados cumplíronse en tempo e forma. Os resultados foron positivos.

2º Trimestre

Tódolos obxectivos planificados cumplíronse en tempo e forma. Os resultados foron positivos.

3º Trimestre

Tódolos obxectivos planificados cumplíronse en tempo e forma. Os resultados foron positivos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan está centrada na consecución dos obxectivos con reunións do equipo TIC quincenais e anuais como se indica a continuación:

  • Quincenalmente avaliarase o proceso revisando o estado de cada un dos obxectivos que conforman o PA, as posibles modificacións se son precisas e as propostas de mellora.
  • Anualmente avaliarase o logro dos obxectivos, a efectividade das melloras propostas e as propostas de mellora.
Valoración xeral

A implementación do Plan Dixital de Centro (PDC) no CPR Ayala no curso 23/24 foi exitosa, cumprindo todos os obxectivos propostos. O proxecto desenvolveuse nun contexto de gran compromiso coa innovación e a inclusión dixital, aspectos clave para a comunidade educativa.

Mellora das Infraestruturas

Un dos puntos a destacar foi a mellora significativa da infraestrutura tecnolóxica do centro. A mellora da conexión a internet permitiu unha conectividade máis rápida e fiable, esencial para o funcionamento diario das actividades educativas e administrativas. Dotouse a cada aula de Primaria con portátiles, o que facilitou un acceso máis equitativo á tecnoloxía para todo o alumnado. Ademais, o departamento de Orientación recibiu tablets destinadas ao alumnado con necesidades educativas específicas, promovendo unha educación máis inclusiva.

Formación e Recursos

A formación do profesorado en TIC foi outro dos piares fundamentais do proxecto. A través das actividades formativas, o profesorado adquiriu novas competencias dixitais que non só melloraron a súa práctica docente senón que tamén enriqueceron o proceso de ensino-aprendizaxe para o alumnado. A creación dunha nova web do centro foi un avance significativo, proporcionando un espazo actualizado e accesible onde se integraron recursos como a aula virtual para familias, e calendarios específicos tanto para a comunidade educativa como para o claustro.

Innovación no Ensino

A integración das aulas virtuais desde 5º EP representa un paso importante cara á modernización do ensino, facilitando a continuidade educativa e a flexibilidade no acceso aos contidos dixitais. Estas aulas virtuais permitiron unha adaptación rápida e eficaz a situacións imprevistas, asegurando que o proceso educativo non se vise interrompido. A realización de todas as charlas externas programadas proporcionou un valor engadido ao currículo, abordando temas de relevancia actual e enriquecendo a formación integral do alumnado.

Impacto na Comunidade Educativa

Os logros do proxecto tiveron un impacto directo e positivo na competencia dixital de toda a comunidade educativa. Ao fomentar a colaboración e a participación activa de profesorado, alumnado e familias, conseguiuse crear un ambiente educativo máis dinámico e interactivo. As novas ferramentas tecnolóxicas e os recursos didácticos integrados contribuíron a unha mellora xeral na calidade educativa do centro, preparando mellor aos estudantes para os desafíos do século XXI.

Proposta de mellora

Uns dos posibles puntos de mellora son os seguintes:

  • Certificación do noso dominio en Canva EDU.
  • Continuación do PFCT con Formación en metodoloxías activas e atención á diversidade e Formación. Audiovisual orientada a RRSS.
  • Adquisición de novos equipos e renovación da aula de informática para integración con Polos Creativos.
  • Mellorara a conexión a internet con fibra simétrica.
  • Realización de actividades TIC trimestrais en EP.
  • Actualización o inventario.
  • Creación da figura dos xestores web para áreas clave.
  • Mellora da seguridad xeral do centro, instalación de alarma intelixente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez trasladado ó Claustro e ó Consello Escolar, o Plan Dixital de Centro publicarase na páxina web do centro do mesmo xeito que o resto de documentos de centro.

https://colegioayala.com/wp-content/uploads/2023/05/15010137_CPR-Ayala_Plan-Dixital_V1.0_15062022.pdf