Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso centro está situado na parroquia de Xuvia, a maioría do alumnado é da contorna, aínda que temos alumnos e alumnas dos concellos veciños, Neda e algún de Ferrol. O colexio conta cunha única liña concertada en Educación Infantil, Primaria e Secundaria, polo que a oferta educativa vai dos 3 anos ata os 16, toda a ensinanza obrigatoria. É un dos tres centros concertados do Concello de Narón, no que se ofrecen servizos de madrugadores e comedor escolar. Caracterízanos pola proximidade no trato coas familias e alumnado, atención individualizada e ambiente familiar e acolledor. Predominan as familias de clase media ou clase media baixa, estas últimas máis afectadas pola crise económica. As familias inmigrantes representan unicamente o 5% do alumnado. Na maioría das familias detéctase interese no seguimento da educación dos seus fillos e fillas, feito que se constata polo contacto frecuente que manteñen cos titores, profesores e coa dirección.

O alumnado está moi integrado no centro, sendo este un referente importante na súa vida; ademais participa e colabora activamente nas actividades que se organizan.

O Plan Dixital de centro enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de  ensinanza aprendizaxe como no proceso de xestión do centro, sempre co obxectivo de colaborar no desenrolo integral do alumnado. Por ese motivo, O Plan dixital é un instrumento que se integra no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual.

O Plan Dixital ten, polo tanto un enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de maneira que se converte nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, dando coherencia e sendo una guía do uso das tecnoloxías. O Plan Dixital é un instrumento que forma parte do proxecto Educativo  e da PXA.

Todos os proxectos a levar a cabo no centro están relacionados entre si, e o uso das novas tecnoloxías para levalos a cabo é imprescindible. Os obxectivos do Plan Dixital teñen moi presentes os distintos proxectos nos que o centro participa:

·      Programa prensa- escola

·      Voz Natura

·      Cardioescolas

·      Plan Proxecta:

-       Proxecto de Vida activa e deportiva

-       Proxecto Terra: Transformado patios escolares

-Quérote +

·      PLAMBE

Dende o curso 2019/2020, o centro  comezou a usar G-Suite e Classroom, non soamente como ferramentas Tics educativas senón tamén como unha ponte entre a escola e a comunidade educativa.

As tecnoloxías da información e da comunicación son un compoñente importante da aprendizaxe dos alumnos que precisa a formulación de obxectivos, contidos e criterios de avaliación dentro de cada unha das áreas.

A utilización desta ferramenta no ensino comporta a obtención da máxima rendibilidade de cantos recursos persoais e tecnolóxicos teñan, ou poida acadar o centro, e a súa eficacia dependerá dunha aplicación planificada e selectiva dos devanditos recursos.

Co Plan dixital pretendemos optimizar os recursos existentes no centro e propor obxectivos reais e factibles de cara a mellorar o uso das novas tecnoloxías por parte do alumnado como do profesorado de cara aos próximos cursos. A análise realizada do uso e dos recursos do centro, as fortalezas e as debilidades encontradas despois dos cuestionarios realizados darán a oportunidade de ir mellorando nos cursos vindeiros

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Constitución dun Grupo de Traballo, a través do Plan de frormación do Profesorado.

Realización do SELFIE seguindo as pautas marcadas pola Administración, análisis dos resultados e elaboraciób de propostas de mellora.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Aprender a codificar ou programar, aprender a comunicarse, a recoñecer o traballo dos demais, así como a creación de contidos dixitais. Débese tentar que o alumnado aumente o tempo de traballo coa tecnoloxía tanto no centro como fora do mesmo. 2. F5 Escasa colaboración do alumnado en canto a o uso das tecnoloxías dixitais para o aprendizaxe. 3. Parte do alumnado ten un acceso limitado a dispositivos dixitais. 4. O uso dos dispositivos dixitais pode supoñer unha distracción cando teñen que estudar. Alumnado Non
Debilidade 1. Pouca implicación. 2. Baixa competencia dixital Familias Non
Debilidade 1. A protección de datos é un punto a mellorar no noso centro. 2. Conexión a internet mellorable (Cable) Infraestruturas Non
Debilidade 1. O centro debe mellorar na promoción dunha cultura de colaboración e comunicación, compartindo experiencias e aprendizaxes fora da organización, intercambiándoas con outras entidades e organizacións. 2. Débese documentar máis e mellor a aprendizaxe do alumnado. 3.O profesorado considera que deberíase mellorar a autoreflexión da aprendizaxe. 4. Nivel de competencia dixital mellorable. 5. A falta de tempo afecta negativamente no ensino e aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 1. O alumnado considera que o centro dispón de dispositivos axeitados para a súa aprendizaxe. 2. Alto nivel de competencia dixital segundo o resultado do TestCDD. 3. Elevado nivel de acceso a internet fóra do centro. 4. Comportamento responsable no uso das tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza 1. Utilización da aplicación AbalarMobil para recibir avisos e notificacións. 2. Comunicación regular e ben organizada co centro. Familias Non
Fortaleza 1. Dispón dunha infraestrutura axeitada, fiable e segura que facilita a innovación na ensinanza e aprendizaxe. 2. Hai coincidencia entre o equipo directivo e o profesorado e aínda que o alumnado outórgalle unha puntuación menor, ten unha boa opinión en canto ás facilidades de dispositivos para a súa aprendizaxe no centro. 3. O centro dispón dunha boa e fiable conexión a internet (WIFI) 4. Equipamento informático nas aulas Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Tanto o equipo directivo como o profesorado coinciden en que están abertos á ensinanza dixital e coñecen as normas sobre dereitos de autor. 2. Hai coordinación do equipo directivo e profesorado nos procesos de actualización e innovación das prácticas do ensino aprendizaxe. 3. O equipo directivo considera que facilita ferramentas dixitais para a avaliación de alumnado. 4. O equipo directivo móstrase competente en termos de liderado na integración das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza 1. O persoal está aberto ás novas modalidades de aprendizaxe e á formación persoal para acadar un desenvolvemento profesional que integre os novos modelos de ensinanza, utilizando tecnoloxías dixitais para mellorar os resultados das aprendizaxes do alumnado. 2. Destacada utilización de recursos educativos en liña. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A falta de fondos lastra a adaptación dixital do centro. Administración educativa Non
Ameaza Considérase que en canto a protección de datos pódese mellorar Lexislación Non
Oportunidade Moi boa disposición para calquera proposta que parta do equipo directivo ou do profesorado. ANPA Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Practicamente todo o equipo informático do centro atópase nun estado obsoleto. A maioría dos dispositivos teñen máis de 10 anos o que no mundo da informática implica  que non se poden adecuar as características técnicas aos novos programas e aplicacións. Si atendemos ao fin último do Plan Dixital de centro, non se axusta á realidade coa visión do Plan Dixital.

En moitas ocasión, os mestres e profesores teñen serias dificultades para actualizar os navegadores ou usar diferentes recursos (como vídeos, presentación visuais…) preparados para os alumnos. Cada unha das aulas do centro debería contar cunha dotación básica de:

          - Equipo informático actualizado, ordenador e pantalla

          - Pizarra Dixital interactiva actualizada.

          - Canón Proxector actualizado.

Polo tanto sería necesario repoñer a maioría de equipos informáticos do centro, salvo o de Secretaría e Dirección. Tamén cabe destacar que a maioría de aulas non están equipadas cunha pizarra dixital.

Algúns videoproxectores das aulas que están instalados no teito están tamén obsoletos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer unha liña de traballo para adquirir unha mellora da competencia dixital do profesorado
O02PD Actualizar os dispositivos dixitais da aula de informática
O03PD Promocionar a cultura colaborativa e a comunicación das experiencias entre o profesorado
O04PD Promoción dunha cultura de colaboración e comunicación, compartindo experiencias e aprendizaxes fora da organización, intercambiándoas con outras entidades e organizacións

Seguimento

Procedemento

Reunións periódicas do equipo para avaliación do Plan Dixital.

1º Trimestre

Creación dunha Comisión cos coordinadores de cada etapa educativa.

Xuntanza para analizar e organizar a inclusión do centro no programa Polos Creativos

2º Trimestre

Ainda non se renovou o equipamento obsoleto da aula de informática e non se puido acadar o obxectivo.

Ainda non recibimos o equipamento de Polos Creativos e non se puido acadar o obxectivo.

3º Trimestre

Solicitude de horas para persoal coordinador, adicadas ao Plan Dixital

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos do mesmo, estará suxeito a dous mecanismos de avaliación: a avaliación procesual e a avaliación final.

-       A avaliación procesual levarase a cabo, como mínimo, unha vez por trimestre. Os aspectos a avaliar incluirán o estado da execución das acción, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificación das acción e as propostas de mellora.

-       A avaliación final realizarase como mínimo, unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A falta de fondos merma a posibilidade de levar a cabo os obxectivos plantexados no Plan Dixital.

Proposta de mellora

Adicar parte dos presupostos do centro á reposición dos equipos obsoletos. Mellora, na medida do posible, dos equipos existentes.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital foi presentado en primeiro lugar ante o Claustro de Profesores do noso centro. Unha vez informado o Claustro, foi o Consello Escolar quen aprobou o Plan Dixital. Trala aprobación por parte do Consello Escolar, O Plan Dixital se publica na páxina web do centro, e hai unha copia en papel para a súa consulta na secretaría do centro.

Ao comezo deste  curso 2023/2024, achegouse ao profesorado, a través dunha reunión informativa, os obxectivos e as función de cada un dos equipos, para acadar os mesmos dentro da temporización programada.