Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CPI do Feal é un centro público situado na R/Rio Seco s/n, no Concello de Narón (A Coruña), que imparte as ensinanzas de Educación Infantil,Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
No presente curso ten matriculados 675 alumnos/as nas diferentes etapas e conta cun claustro composto por 61 profesores/as.

A maioría das familias pertencentes ao centro, pertencen a unha clase socieconómica media/baixa.
O contexto ofrece diferentes actividades culturais, principalmente ofertadas polo Concello de Narón, na que se ofertan escolas de deportes,arte, danza, teatro...
Centrándose no contexto escolar, este PDC pretende constituír un documento que apoie e reforze a cultura dixital recollida no PE, xa que, no eido dixital, comeza a súa andadura no ano 2010 coa incorporación ao Proxecto Abalar e, no ano 2018 incorpórase ao Proxecto Edixgal incluíndo, na actualidade, dende 5º de EP ata 4º da ESO.
Participa en diferentes accións propostas pola Consellería de Educación,tales como Robótica en EP, Digicraft en tu cole, así como diferentes liñas de participación en PFPP ( Edixgal, robótica e pedagoxías maker).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Informe SELFIE

- Test CDD

-DAFO

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa experiencia na avaliación dixital. Escasa facilidade para a autorresolución de problemas técnicos. Falta de información sobre cómo usar dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Escasa experiencia na avaliación dixital. Escasa facilidade para a autorresolución de problemas técnicos. Falta de información sobre cómo usar dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Equipamento de centro está obsoleto ( para os grupos non Edixgal). Infraestruturas Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital ben definida no centro. Organización de centro Si
Debilidade Escasa experiencia na avaliación dixital. Nulas actividades no referente a aprender a programar. Escasa facilidade para a autorresolución de problemas técnicos. Persoal docente Si
Fortaleza A comunidade educativa usa frecuentemente o EVA EDIXGAL e a AV do centro. A implementación das TIC nas aulas foi ben acollida pola comunidade educativa. Alumnado Si
Fortaleza A convocatoria EDIXGAL ofrece a renovación de equipamento e estrutura. Infraestruturas Non
Fortaleza A comunidade educativa usa frecuentemente o EVA EDIXGAL e a AV do centro. A implementación das TIC nas aulas foi ben acollida pola comunidade educativa. Unha gran porcentaxe de profesorado está a formarse contínuamente no eido das TIC. Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipamento de centro está obsoleto ( para os grupos non Edixgal). Administración educativa Non
Ameaza A baixa velocidade de Internet no centro amósase como unha gran dificultade á hora de implementar as TIC nas aulas. O alumnado recoñece que se distrae cando usa dispositivos dixitais. Contorna Non
Ameaza O profesorado amosa a falta de tempo para explorar a ensinanza dixital. Traer ao centro o propio dispositivo por parte do alumnado. Lexislación Non
Ameaza Escasa colaboración entre centro e organizacións. Unha gran parte do alumnado presenta conexión inestable no seu ámbito familiar. Outras Non
Oportunidade O alumnado ten facilidade para acceder a dispositivos fora do centro. O alumnado é capaz de usar software / aplicación sen axuda. Contorna Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos datos obtidos no Informe SELFIE e no Test CDD, o centro realizou unha profunda reflexión e xerou unha análise DAFO que é de utilidade para a elaboración das liñas fundamentais deste Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Redactar un Plan de Acollida para o profesorado incidindo en aspectos relacionados coa metodoloxía dixital desenvolta no centro.
O02PD Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais.
O03PD Detectar e cubrir as necesidades do profesorado referido á creación de recursos dixitais.
O04PD Implementar, en horario lectivo, ferramentas dixitais de comunicación síncrona co alumnado con dificultade de asistencia ao centro.

Seguimento

Procedemento

Reunións co mentor Adix correspondente.

1º Trimestre

Segundo as accións a realizar do obxectivo 2, neste primeiro trimestre estase a formar ao profesorado na creación de instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais. Ademáis os mestres usan instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais.

Segundo as accións a realizar do obxectivo 3, neste primeiro trimestre o profesorado estase a formar na creación de actividades dixitais innovadoras/colaborativas.

Segundo as accións a realizar do obxectivo 4, estase dotando de equipamento dixital ás aulas ainda que quedan algunhas por equipar.

Continúanse a consecución das accións no seguinte trimestre pois son accións con data máxima a acadar o día 30/06/2024.

2º Trimestre

Segundo as accións a realizar do obxectivo 2, neste segundo trimestre continuamos a formación do profesorado na creación de instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais. Os mestres seguen usando instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais.

Segundo as accións a realizar do obxectivo 3, neste segundo trimestre o profesorado continúa a súa formación na creación de actividades dixitais innovadoras/colaborativas.

Segundo as accións a realizar do obxectivo 4, continuamos dotando de equipamento dixital ás aulas ainda que continúan algunhas por equipar.

Continúanse a consecución das accións no seguinte trimestre pois son accións con data máxima a acadar o día 30/06/2024.

 
 
3º Trimestre

Os obxectivos 2, 3 e 4 foron acadados parcialmente xa que continuaránse no curso 2024/2025.

As accións para este ano de cada un destes 3 obxectivos foron acadadas.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Non se acadaron 3 dos obxectivos propostos quedando pendentes de reformulación e incorporación ao PDC 24-25. 

 
Proposta de mellora

 

- Revisar DAFO.

- Reformular obxectivos pendentes.

- Propor novos obxectivos.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Consello Escolar, daráselle publicidade e difusión deste documento, a toda a comunidade educativa, a través da páxina web do centro, a aplicación Educalidade e AbalarMóbil.

Ligazón web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpifeal/system/files/15010058_CPIdoFeal_PlanDixital_V1.0_03062022.pdf

Ligazón Educalidade: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15010058