Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

PROCESO DE ELABORACIÓN

Para a realización deste Plan Dixital, organizouse un equipo conformado pola dirección do centro, o coordinador TIC e a dirección do departamento de orientación, coa máis estreita colaboración do mentor ADIX asignado ao centro docente.

A organización xeral estableceuse seguindo as pautas recollidas nas normativas previas, e seguindo os tempos marcados polo Plan de Formación Permanente do Profesorado específico que se levou a cabo para abordar este ámbito.

Deste xeito no primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.

No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.

Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades.

No terceiro trimestre elaboránronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

Cabe sinalar que o seguimento por parte do mentor da nosa zona establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso. A súa realización axudou a ter unha temporalización organizada.

Neste curso 2023-24 procedeuse á revisión de todo o documento. Mantéñense os resultados do Test SELFIE e Test CDD realizados no curso 2021-22 así como o DAFO. Ademais, propóñense novos obxectivos.

O CEIP Ramón de Artaza y Malvárez, situado no concello de Muros, é un CEIP de preto de 250 alumnos/as no que aproximadamente un 18% do alumnado presenta NEAE. Actualmente compoñen o claustro 25 mestres/as, pero cabe mencionar a gran mobilidade nos mesmos ao longo dos últimos anos, coa dificultade de prolongar proxectos no tempo e liñas de actuación a longo prazo.

No presente curso académico, este centro conta cun total de 15 unidades, das cales 12 corresponden a Educación Primaria e 3 a Educación Infantil. Os/As alumnos/as son agrupados por orde alfabético e procurando igualar número e sexo.

Dado que o contexto é o dunha zona de desenvolvemento sociocultural medio, estes feito repercute na motivación e o interese polo estudo e o saber do alumnado e das súas familias. Por este motivo, pretendemos achegar unha liña de actuación neste documento que siga estes obxectivos:

  • Incluir as Tic e Novas tecnoloxías na práctica docente.
  • Iniciar na utilización das tecnoloxías da información e a comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
  • Levar a cabo os obxectivos do Plan Tic maiormente e tamén no relativo a dixitalización dos outros plans do PE.

 

Por último a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade.Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamento máis reflexivo, estudado e estruturado de todos eles. Algúns dos obxectivos relacionados con este apartado presentes na PXA .

A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022. 
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información utilizados para a elaboración do Plan Dixital do noso centro no curso 2021/2022 seguiron a seguinte estrutura:
•    No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
•    No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital do profesorado do centro. 
•    Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro, facendo unha análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.

No curso 2022/2023 segimos a utilizar como referencia o SELFIe, TEST CDD  e DAFO usados no curso acdémico 21/22.

 

Interno
70 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H13 No noso centro o alumnado no aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade PEC 2.3 O alumnado non pode facer seguimento de actividades en liña. Alumnado Non
Debilidade PEC 4.3 e PEC 5.3 o alumnado non coñece os beneficios do software libre nin os utiliza na casa Alumnado Non
Debilidade H7 No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos Dixitais. Alumnado Si
Debilidade H1 e H2 No noso centro o alumnado non aprende a actuar con seguridade e responsabilidade en internet Alumnado Si
Debilidade H8 No noso centro o alumnado aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade H11 No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar Alumnado Non
Debilidade FNAM Baixa compentencia en TICs Familias Non
Debilidade C10 No noso centro, nonhai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Debilidade A5 No noso centro non respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a Aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade C14 No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías Dixitais pero non se fai uso deles Organización de centro Non
Debilidade H10 O noso equipo directivo non garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias Organización de centro Non
Debilidade PEC 2.1 non só se utiliza software libre Organización de centro Non
Debilidade A1 No noso centro non temos unha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade A3 No noso centro non teño tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coa tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade C12 Na nosa escola, non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Organización de centro Non
Debilidade B1 No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade B4 No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade C11 No noso centro non contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto Socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade C13 No noso centro o alumnado non pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Organización de centro Non
Debilidade C16 No noso centro non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade D3 O noso equipo directivo non nos facilita o intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade G7 O noso equipo directivo non nos axuda a utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de Avaliación Organización de centro Non
Debilidade E2 Non creamos recursos dixitais para reforzar o noso método de ensino Persoal docente Non
Debilidade F6 Non fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade B3 No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Persoal docente Non
Debilidade G5 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G8 Non facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade AT adoitan comezar tarde a utilizar os avances tecnolóxicos Persoal docente Non
Debilidade B2 No noso centro non comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade G9 Non utilizamos datos dixitais sobre estudantes individuais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade B1 No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade E3 Non utilizamos ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Non
Debilidade E5 Non utilizamos recursos educativos abertos ou non damos créditos de autoría Persoal docente Non
Debilidade F3 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Debilidade F4 Non levamos a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motive o alumnado Persoal docente Non
Debilidade F5 Non empregamos as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Debilidade G6 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade G7 O noso equipo directivo non nos axuda a utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de avaliación Persoal docente Non
Debilidade G1 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado Persoal docente Non
Debilidade G3 Non empregamos as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade G10 Non se valoran as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo Persoal docente Non
Debilidade SUT o profesorado ten inseguridade para impartir e retroalimentar as súas ensinanzas Persoal docente Non
Debilidade PT empregan pouco tempo en TIC Persoal docente Non
Debilidade FLUT O profesorado considera que ten falta de tempo para usar as tecnoloxías non proceso de ensino aprendizaxe e indica non ser o suficientemente compentente Persoal docente Non
Debilidade FPAM o profesorado non consiera que hai bo uso das EVA e da comunicación dixital Persoal docente Non
Debilidade A5 No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza H4 No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza H6 No noso centro o alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Fortaleza PEC 4.2 As familias pode ver en web avances do alumnado Familias Non
Fortaleza C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso ás tecnoloxías de apoio Infraestruturas Non
Fortaleza C14 No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías Dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C1, C2,C3, C5, C7 e C) No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías Dixitais. Hai equipos a disposición do alumnado com boa conexión e asistencia técnica. Existe ademais restricións de rede por seguridade Infraestruturas Si
Fortaleza FPAM o equipo directivo consideran que hai bo uso das EVA e da comunicación dixital Organización de centro Non
Fortaleza PEC 2.2 e PEC 3.1 foméntase a participación en PFPP Organización de centro Non
Fortaleza PEC 4.1 Coñécese e respéctase* a normativa sobre adquisicón de material Organización de centro Non
Fortaleza A2 O noso equipo directivo implica ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Non
Fortaleza A3 Conto co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza PEC 1.1 e PEC 1.3 Utilizamos servizos corporativos e comunidade educativa atopa todo o que precisa na web Organización de centro Non
Fortaleza PEC 3.1. Notificacións a través de AbalarMóbil e xustificación de faltas. Organización de centro Non
Fortaleza UADPC o profesorado ve útil as formacións sobre todo online e colaborativas Organización de centro Non
Fortaleza F1 Utilizo as tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza PEC 1.2 O profesorado participa nas formacións impartidas pola administración Persoal docente Non
Fortaleza D1 O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza D3 O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D2 Teño acceso a posibilidades de FPC en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxíasdixitais Persoal docente Non
Fortaleza E1 Busco recursos educativos dixitais en internet Persoal docente Non
Fortaleza PEC 5.2 o profesorado é coñecedor dos beneficións do software libre Persoal docente Non
Fortaleza E4 Utilizo as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro Educativo Persoal docente Non
Fortaleza Contamos con intérprete en lingua de signos Persoal non docente Non
70 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Administración educativa Non
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa en canto equipos e material tecnolóxico tende ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva.  Administración educativa Non
Ameaza É fácil que o PDC pase a ser un documento máis sen outra pretensión. Administración educativa Non
Ameaza FNAM compentecia dixital moi diversa nas familias Contorna Non
Ameaza FNAM acceso limitado do alumnado a dispositivos e conexión estable nas vivendas Contorna Non
Ameaza Lexislación educativa que afecarta ao sistema educativa Lexislación Non
Ameaza É preciso desenvovler aplicacións Tecnolóxicas que faciliten a labor docente (nubes colaborativas efectivas tipo google drive), sistemas de comunicación instantáneos entre o profesorado tipo Telegram Lexislación Non
Ameaza Excesiva burocracia Lexislación Non
Ameaza B3 No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Outras Non
Ameaza B4 No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Outras Non
Oportunidade A administración apoia a innovación Administración educativa Non
Oportunidade Oferta formativa ampla Administración educativa Non
Oportunidade Persoal docente e non docente estable Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación con entidade da ANPA ANPA Non
Oportunidade As familias participan activamete na vida do centro Contorna Non
Oportunidade Aula TECNOLÓXICA / INFORMÁTICA do Concello. Contorna Non
Oportunidade As tecnoloxías da Información e da Comunicación están de moda Contorna Non
Oportunidade Existen numerosas entidades coas que se pode colaborar Outras Non
Oportunidade Boa relación con Concello e biblioteca Outras Non
Oportunidade Dotación de equipamento tecnolóxico doado Outras Si
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar de novo os resultados do noso DAFO evidéncianse as seguintes necesidades para este curso 23-24 no noso centro, en

  • formar ao profesorado en competencia dixital
  • revisar e inventariar o material dixital do centro
  • dinamizar os equipos de fenda dixital
  • marcar o itinerario TIC a desenvovler no centro

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado en competencia dixital (D1*) ÁREA D -Desenvolvemento Profesional Continuo
O02PD Revisar o inventario do centro (*C1) ÁREA C -Infraestruturas e equipamentos
O03PD Dinamizar equipamentos de fenda dixital (*H8) ÁREA H- Competencia Dixital do Alumnado
O04PD Marcar intinerario Tic a desenvolver no centro. ÁREA H - Competencia Dixital do Alumnado (H)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada coa seguinte perspectiva:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.  Ademais tamén se revisarán os obxectivos dos distintos plans de acción nas visitas e/ ou videconcerencias realizadas pola persoa mentora. Usar os apartados correspondentes de educalidade para tal efecto.

1º Trimestre

Neste trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PDFormar ao profesorado en competencia dixital (D1*) ÁREA D -Desenvolvemento Profesional Continuo: está en proceso de acordos de datas de comezo.
  • O02PDRevisar o inventario do centro (*C1) ÁREA C -Infraestruturas e equipamentos : Feito en outro documento non oficial,pendente de trasvase e actualización de datos.
  • O03PDDinamizar equipamentos de fenda dixital (*H8) ÁREA H- Competencia Dixital do Alumnado: pendente de arrranxos da rede wiffi.
  • O04PDMarcar intinerario Tic a desenvolver no centro. ÁREA H - Competencia Dixital do Alumnado (H): Feito en setembro
2º Trimestre

Neste trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PDFormar ao profesorado en competencia dixital (D1*) ÁREA D -Desenvolvemento Profesional Continuo. En proceso.
  • O02PDRevisar o inventario do centro (*C1) ÁREA C -Infraestruturas e equipamentos. Completo.
  • O03PDDinamizar equipamentos de fenda dixital (*H8) ÁREA H- Competencia Dixital do Alumnado. Pendende de creación de contas wifi para os equipos.
  • O04PDMarcar intinerario Tic a desenvolver no centro. ÁREA H - Competencia Dixital do Alumnado (H). En proceso de realización de actividades TIC co alumnado.
3º Trimestre

Neste trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PDFormar ao profesorado en competencia dixital (D1*) ÁREA D -Desenvolvemento Profesional Continuo: acadado.
  • O02PDRevisar o inventario do centro (*C1) ÁREA C -Infraestruturas e equipamentos: acadado.
  • O03PDDinamizar equipamentos de fenda dixital (*H8) ÁREA H- Competencia Dixital do Alumnado: acadado.
  • O04PDMarcar intinerario Tic a desenvolver no centro. ÁREA H - Competencia Dixital do Alumnado (H): acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. Usar os apartados correspondentes de educalidade para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento. 

Valoración xeral

Durante este curso académico, o noso centro educativo realizou significativos avances nos obxectivos establecidos no Plan Dixital. A continuación, preséntase a valoración xeral dos logros acadados:

  • O01PD - Formar ao profesorado en competencia dixital (D1*) (ÁREA D - Desenvolvemento Profesional Continuo):

    Este obxectivo foi acadado. O profesorado participou activamente en diversas sesións formativas, o que lles permitiu mellorar as súas habilidades no uso das ferramentas dixitais. Isto reflicte un compromiso continuo co desenvolvemento profesional e coa mellora da calidade da ensinanza.

  • O02PD - Revisar o inventario do centro (*C1) (ÁREA C - Infraestruturas e equipamentos):

    Obxectivo acadado. Realizouse unha revisión exhaustiva do inventario do centro, o que permitirá unha xestión máis eficiente dos recursos dixitais dispoñibles. Esta actualización é crucial para garantir que todo o material tecnolóxico estea en bo estado e sexa utilizado de maneira óptima.

  • O03PD - Dinamizar equipamentos de fenda dixital (*H8) (ÁREA H - Competencia Dixital do Alumnado):

    Obxectivo acadado. Implementáronse diversas iniciativas para dinamizar o uso dos equipamentos e reducir a fenda dixital entre o alumnado. Estas accións aseguraron que todos os estudantes tivesen acceso ás tecnoloxías necesarias para o seu desenvolvemento académico.

  • O04PD - Marcar itinerario TIC a desenvolver no centro (ÁREA H - Competencia Dixital do Alumnado):

    Obxectivo acadado. Estableceuse un itinerario TIC claro e estruturado para ser implementado no centro. Este plan guiou as accións en materia de competencia dixital, asegurando unha evolución continua e coherente no uso das tecnoloxías educativas (obradoiros de editores de texto, imaxes, son...)

En resumo,  a valoración do plan dixital do noso centro foi favorable.

Proposta de mellora

En relación ás propostas de mellora, destacar as seguintes:

  • Formación do profesorado en novas tecnoloxías e materias de polos creativos.
  • Continuar co novo inventariado do equipamento que está por recibir.
  • Continuar coa formación do alumnado en novas tecnoloxías.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará o enlace a todo o claustro vía correo electrónico, ao Consello Escolar e á Inspección Educativa.

Acceso para o plan do curso 22-23:

Acceso para o plan do curso 23-24 : 

 

Enlace ao buscador de Plan Dixital 

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-input.action?OWASP_CSRFTOKEN=HOME-CABI-7Q7I-5ISJ-KHA1-9CDL-9G05-4EHZ

Instrucións: no desplegable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No desplegable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar".