Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Na reflexión previa á redacción deste Plan Dixital para o curso 23-24, o equipo redactor coincidíamos en que este documento ten que ser necesariamente un instrumento útil na vida do centro. Pensamos que deben prevalecer poucos obxectivos (neste caso un só) pero cuxa consecución teña un impacto palpable entre o noso alumnado.

Así, vense observando que entre o alumnado de 1º de ESO as competencias dixitais son menores das que como docentes presupoñemos. É verdade que gran parte do alumnado procede de centros Edixgal, pero tamén existe o que chega de centros que non o son. Pensamos que dende o centro temos que garantir que saiban manexar a ferramenta que usarán durante catro cursos.

O obxectivo que establecemos para este curso 23-24 é "Desenvolver as competencias dixitais do alumnado de 1º de ESO no EVA-Edixgal". Se somos quen de acadar que todo o alumnado se desenvolva con soltura en actividades como subir un PDF a unha tarefa, usar a mensaxería ou usar o editor de texto de Moodle darémonos por satisfeitos.

A normativa relacionada co Plan Dixital queda concretada no seguinte ordenamento:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Partimos principalmente de dúas fontes para saber onde estamos e cara onde queremos ir neste curso 23-24:

- A percepción do profesorado do 1º ciclo de ESO de que o alumnado ten menos competencias dixitais das que presupoñemos.

- Os resultados das enquisas desenvolvidas o curso pasado entre o alumnado (ENQUISA SOBRE A COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA DO IES DE MOS). Se ben a anterior fonte non é máis que unha apreciación subxectiva, neste caso temos datos que a respaldan.

Nesa enquisa apreciamos que o alumnado de 1º de ESO é o que peor resultado acada ao respecto de cursos de ESO:

- Un 56% non manexa con soltura o teclado (caracteres pouco usados)

- Un 27% non sube con éxito un PDF a unha tarefa en Moodle.

- Un 82% non logra automatricularse nun curso Moodle.

Deste xeito, pensamos que o obxectivo principal para o ano 23-24 non noso Plan Dixital ten que ser o alumnado de ESO

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Problemas de coñecementos de informática básicos (moi relevantes por sermos centro EDIXGAL). Parte do alumnado non ten asentadas prácticas seguras nas redes. Alumnado Si
Debilidade As familias que máis o precisan xusto son as que menos predisposición mostran á hora de manexar programas básicos (Abalar...) Familias Non
Debilidade As familias descoñecen o entorno Moodle Familias Non
Debilidade O profesorado da ESO e o equipo directivo cree que non hai unha estratexia dixital clara. Non hai unha canle clara de comunicación coa Secretaría cando se da un problema informático. Organización de centro Non
Debilidade A percepción que o profesorado ten sobre os coñecementos informáticos do alumnado é moi superior á que eles mesmos afirman ter. Apenas empréganse sistemas dixitais para avaliar. Apenas se avalía o uso e a efectividade das ferramentas dixitais. Dificultades para colaborar e compartir experiencias pola falta de horas e hábito. Falta de tempo para poder explorar novas metodoloxías de ensino. Descoñecemento de políticas de datos e de hábitos seguros nas redes Persoal docente Non
Fortaleza Formación adquirida na materia de informática. Alumnado Non
Fortaleza Hai familias moi implicadas que participaron na Escola de Pais para mellorar a súa formación. Familias Non
Fortaleza Na actualidade temos profesorado con horas adicadas ao mantemento dos equipos informáticos, profesorado con dedicación ao programa E-DIXGAL e a profesorado con dedicación a aula virtual. Organización de centro Non
Fortaleza Enquisa entre o alumnado no curso 22-23, enfocado a coñecer a súa competencia dixital Organización de centro Non
Fortaleza Boa disposición do profesorado de cara a formación. Uso de recursos educativos en línea e emprego habitual das novas tecnoloxías por parte da maioría do profesorado. No noso centro está ampliamente extendido o uso das novas tecnoloxías (aula virtual, EDIXGAL...) Persoal docente Non
Fortaleza Parte do persoal non docente sí posúe coñecementos de informática e colabora en todo o que está nas súas mans. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Problemas coa WIFI que afectan as clases EDIXGAL. Administración educativa Non
Ameaza Alumnado con problemas de conexión na casa e/ou con problemas económicos. Contorna Non
Ameaza UAC, Servitec... supoñen solucións a maioría dos problemas técnicos, pero non sempre coa suficiente prontitude que se precisa nun centro de ensino. Outras Non
Ameaza O constante acceso a Internet (Edixgal) dispersa a atención do alumnado Outras Non
Oportunidade Oportunidades de formación. Ó participar en moitos proxectos (contratos programa) o centro goza de relativa boa financiación. Administración educativa Non
Oportunidade Os distintos axentes relacionados con Edixgal (Premium, Servizos de Formación,...) amósanse sempre dispostos a colaborar Administración educativa Non
Oportunidade ANPA moi colaborativa co centro e co equipo directivo. ANPA Non
Oportunidade Boa predisposición para colaborar co centro por parte do Concello e das asociacións de empresarios. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Como puntos fortes do centro podemos establecer unha boa dotación tecnolóxica e un profesorado dinámico e aberto a novas posibilidades de mellora. Por outra banda, a experiencia da enquisa do pasado ano nos levou a corroborar que sobreestimamos as competencias do alumnado. Temos un entorno implicado (profesorado, familias, servizo de formación, Premium, asesora ADIX,...) nos que podemos apoiarnos para mellorar.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Desenvolver competencias dixitais

Seguimento

Procedemento

O equipo redactor do Plan Dixital será o encargado de facer o seguimento do Plan 23-24 en xuntanzas periódicas. Así, constituímonos en Grupo de Traballo dentro do PFPP do centro a tal efecto.

1º Trimestre

Constituimos o grupo de traballo e marcamos un posible calendario das accións a desenvolver no curso. Deseñamos a enquisa para o alumnado de 1º ESO

2º Trimestre

A previsión é analizar a enquisa e establecer as accións a desenvolver a partir dos resultados.

3º Trimestre

A previsión é ver de que xeito podemos avaliar a mellora das competencias do alumnado de 1º ESO. A enquisa (primeira acción) desenvolveseu entre abril e maio; a partir dos datos obtidos, fixemos nunha hora de titoría unha actividade para desenvolver a segunda das accións previstas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Valoraremos de xeito global a consecución do obxectivo, ben cos datos obxectivos, ben coas nosas apreciacións como equipo redactor. A final de curso decidiremos se este obxectivo está acadado ou é preciso seguir insistindo cara o seguinte ano académico.

Valoración xeral

Desenvolvimos as dúas accións previstas para acadar o obxectivo. Pensamos -así o atestiguan os resultados- que alumnado de 1º ESO mellorou a súa competencia dixital, neste caso a redacción correcta dun mail segundo establecen as directrices da Netiqueta.

Proposta de mellora

Na derradeira xuntanza do equipo do Plan Dixital non chegamos a un acordo sobre que elemento traballar no próximo ano, así que en setembro decidiremos como enfocar o noso PDC para o curso 24/25

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Na categoría "Plan Dixital de Centro" dentro da nosa Aula Virtual están dispoñibles todas as actividades relacionadas con Plan Dixital dende o curso 21-22.

Ademais, na nosa web temos un banner que da acceso ao Plan Dixital actualmente vixente (ata a publicación deste). Unha vez rematado e aprobado polo Consello Escolar e Claustro, substituirá ao vixente.