Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro educativo C.E.I.P. Mestre Valverde Mayo é un Centro Público, que depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Trátase dun centro dunha liña pero debido ao incremento de matrícula dos últimos anos, o centro funciona con desbobres nalgúns niveis. Concretamente este curso os desdobres produxeronse en 6º de EI e en 3º e 5º de EP. No curso 23/24 o número de alumnos e alumnas matriculados no centro é de 196 e o número de mestres e mestras é de 23, dos cales 14 temos destino definitivo no centro e 5 están a tempo compartido co CEIP Atín Cela de Mos.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O noso centro atópase na parroquia de Sanguiñeda, no concello de Mos, un entorno rural composto básicamente por vivendas unifamiliares, moi diseminado e cunha poboación de aproximadamente 15.000 habitantes. Nos últimos anos hai un incremento do alumnado que procede do concello de Porriño. O concello conta con servizos como biblioteca, polideportivo, piscina municipal, edificio multiusos... Ademais do noso CEIP existen na zona 4 CEIP e un IES ao que estamos adscritos. O uso das TIC non é un aspecto novo a traballar no CEIP MESTRE VALVERDE MAYO, xa que dende o curso 2002/2003 existe un plan de desenvolvemento das TIC dentro do noso Proxecto Anual de Centro. O noso centro conta con páxina web na cal o profesorado ten un papel activo e que tenta ser unha porta informativa, participativa e avaliativa, xa que contamos con diversos apartados adicados á información de actividades realizadas e de proxectos a desenvolver no Centro. Dende o curso 2012/2013 somos centro Abalar e cursos máis tarde pasamos a formar parte do Proxecto Edixgal, no que levamos 6 cursos.

No curso 23-24 os obxectivos recollidos na PXA e propostos polo equipo Tic son os seguintes:

  • Fomentar a páxina web do centro (http://www.ceipmestrevalverdemayo.es) como espazo de comunicación e de colaboración con toda a comunidade educativa.
  • Coordinar a acción do profesorado en relación ao traballo coas TIC.
  • Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.
  • Fomentar o uso da Aula virtual do centro.
  • Fornecer ao alumnado estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC.
  • Utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo.
  • Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.
  • Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente aproveitando as distintas posibilidades que ofrecen as TIC.
  • Fomentar no profesorado o uso das TIC no traballo diario e nas actividades de aula: programacións, proxectos, explicacións.
  • Fomentar de igual xeito o uso das TIC para a procura de información non só profesional senón tamén de experiencias que poidan servir na práctica docente a todo o profesorado de áreas e materias.
  • Favorecer o intercambio de experiencias propias ou alleas a través de Internet.
  • Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado e a motivación e o seu afán de coñecemento mediante o acceso as distintas ferramentas TIC.
  • Fomentar o uso das TIC na ANPA do centro, favorecendo o aproveitamento das infraestruturas do colexio para a aprendizaxe de coñecementos mínimos para un uso básico das TIC en relación ós seus fillos.
  • Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC motivadas pola situación social.

1.3. Breve xustificación do mesmo

Para a elaboración deste Plan Dixital tivéronse en conta as seguintes referencias normativas, nas que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

  • Artigos 111 bis, 121 e 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de EDucaicón e Formación Profesional, pola que se ditan instrución par ao deseño, elaboración e imprementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

 Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4. Proceso de elaboración
 

Para a elaboración deste PLAN DIXITAL ao inicio de curso constituíse un grupo de traballo formado por:

  • Antía Casal Sanromán, que actuou como coordinadora.
  • Cristina Zarauza Creo.
  • Montserrat Fernández Domínguez

Este grupo de traballo levou a cabo a elaboración e redación do plan dixital tendo en conta a análise dos datos do SELFIE e da situación do centro no eido tecnolóxico para a elaboración do DAFO dos cursos anteriores xa que a situación non sufriu cambios reseñables.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE.

 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade problemas técnicos habituais. Infraestruturas Non
Debilidade Faltan dispositivos nos cursos non edixgal Infraestruturas Si
Debilidade Descoñecemento xeral do funcionamiento das infraestructuras Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo para profundizar na competencia dixital Organización de centro Si
Debilidade Falta traballo colaborativo Persoal docente Si
Fortaleza Infraestructura por medios propios. Infraestruturas Non
Fortaleza Existe estratexia dixital dende hai moitos cursos. Organización de centro Non
Fortaleza Centro edixgal dende o curso 2017 Organización de centro Non
Fortaleza Interese pola formación. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Resolución averías distinto persoal e diferentes empresas Administración educativa Non
Ameaza Baixa velocidade Administración educativa Non
Ameaza Non hai wifi nalgunhas areas do colexio. Administración educativa Non
Ameaza Financiación escasa Administración educativa Non
Ameaza Caracter provisional da mestra que ocupa a coordinación Tic. Administración educativa Non
Oportunidade UAC Solucions Administración educativa Non
Oportunidade Oferta formación -PFPP Administración educativa Si
Oportunidade Continuidade Edixgal: renovación equipos Administración educativa Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita a reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del  deseñamos a plan de accion.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Incrementar os postos na aula de informática e actualización dos mesmos e dinamización dunha aula TIC móbil e doutros recursos TIC.
02PD Incluir dentro do Plan de Formación do Centro formación para o profesorado no emprego de diferentes recursos TIC.
03PD Unificar criterios para o emprego das ferramentas didácticas que nos ofrecen as TIC.

Seguimento

Procedemento

Para realizar o seguimento do plan realizaranse reunións bimensuais do profesorado que forma parte do equipo TIC  e reunións periódicas coa ADIX. Ademáis trimestralmente farase unha valoración do grao de adquisición dos obxectivos e accións plantexados coa finalidade de reconducir o plan para acadar ao máximo o logro dos mesmos. 

 

1º Trimestre

Unha vez rematado o 1º trimestre, procédese a facer a correspondente valoración dos obxectivos marcados, coa finalidade de reconducilos de cara aos vindeiros trimestres. 

Con respecto ao obxectivo 01PD, no que levamos de curso conseguise ampliar a 16 os postos na aula de informática e un pendente de por en marcha, así como numeralos e incluilos nun programa que permite controlalos todos dende o ordenador do mestre (InSight). Hai un ordenador máis pendente de por en marcha. Na aula TIC móbil dotouse do mesmo número de cascos que ordenaddores hai no carro para favorecer o seu uso sen interferencias entre o alumando ao levar ritmos diferentes de traballo. Para o profesorado conseguíronse poñer 7 ordenadores e conectalos coas impresoras (algúns coa impresora da sala de profes e outros coa de dirección) e hai un décimoséptimo en reparación para acadar o sé posto plantexado inicialmente. O recuncho TIC para EI está aínda pendente xa que a Consellería aínda non enviou o material de Polos Creativos e o servizo de préstamo atópase en estado pendente xa que estamos á espera da resolución dunha incidencia aberta pedindo o kit de conexión a Internet, xa que a que traía o portatil caducara. 

O obxectivo 02PD está encamiñado, xa que están nomeados os coordinadores dos dous PFPP (polos creativos e paneis dixitais) pero a formación comezará no segundo trimestre.

E para rematar, no relativo ao obxectivo 03PD percíbese unha mellora no uso dos recursos dixitais diminuindo considerablemente o uso meramente lúdico. Con respecto aos retos do profesor Despistatus apréciase un grao de participación moito menor no 3º ciclo de EP, dado que non contan cunha sesión específica de informática no horario, senón que son cursos E-Dixgal. 

 

2º Trimestre

Xa rematado o segundo trimestre, procédese a realizar o seguemento do plan dixital, aportando ao respecto as seguintes valoracións.

No relativo ao obxectivo 01PD rematamos o trimestre con 17 postos na aula de informática, pero cabe destacar que no vindeiro trimestre cambiarase un xa que falla bastante. O ordenador será un da sala de mestres que vai a ser mudado por outro novo que enviou a consellería. Polo tanto o número de postos manterase en 17. Por parte das mestras que acuden a aula de informática, notificouse que a conexión a internet vai lenta, e tras falar coa UAC, temos unha incidencia aerta para que poñan máis puntos de conexión en dita aula para poder eliminar dous SWITCH cos que contábamos na aula para poder conectar os ordenadores que co paso dos anos se foron incrementando na aula. Estamos a espera da instalación das tomas de conexión a internet para mellorar este feito.A aula TIC móbil continúa de igual xeito que o trimestre pasado. Para o profesorado cóntase con 6 ordenadores (2 novos enviados pola consellería); os dous qeu seu substitúen reubicaranse un na aula de informática e outro na biblioteca para uso do profesorado. A baixa dun dos equipos débese a que falla e atópase en reparación. O recuncho TIC para EI continúa aínda pendente xa que a Consellería aínda non enviou o material de Polos Creativos que faga referencia ás TIC, senón que trátase de material manipulativo de construcións que xa está rotando polas aulas de infanti. O servizo de préstamo do portatil para unha alumna de 4º de EP levouse a cabo satisfactoriamente.

Con respecto ao obxectivo 02PD xa se iniciaron os PFPP (paneis dixitais e polos creativos), con sesións pendentes para o terceiro timestre aínda.

E xa para rematar, o 03PD mantense na memsa liña que o trimestre previo. Nos retos do profesor Despistatus porpostos a través da web do centro mantense a mesma liña de participación, e dicir moito maior de 1º a 4º que no derradeiro ciclo de EP. O motivo desta baixa participación é posiblemente que non contan cunha sesión específica de informática no horario, senón que son cursos E-Dixgal. 

3º Trimestre

Coa fin do período lectivo, procédese a facer a valoración da consecución dos obxectivos plantexados para o curso escolar 2023-24:

O obxectivo 01PD, acadouse e remátase o curso con 17 postos na aula de informática. Queda aberta a incidencia iniciada no trimestre anterior para colocar conexiósn de rede por cable para todos os ordenadores e pendente de ser tratada pola UAC para mellorar a conexión a internet e a velocidade de traballo cos ordenadores. A aula TIC móbil pasa a recollerse e gardarse na aula de informática para escoller o uso da mesma o vindeiro curso, xa que haberá dous cursos de 4º e o carro será compartido. Para o profesorado cóntase con 6 ordenadores e 3 máis pendentes de colocar que foron enviados ao centro para que os empregue o persoal do DO. Queda pendente substituir o ordenador da biblioteca por outro con Windows 10. 

A creación do recuncho TIC para EI non puido levarse a cabo xa que a Consellería non enviou ningún material de Polos Creativos. O servizo de préstamo do portatil para unha alumna de 4º de EP levouse a cabo satisfactoriamente e a devolución do mesmo produciuse sen ningún incidente. 

Con respecto ao obxectivo 02PD completáronse os dous PFPP (paneis dixitais e polos creativos), cunha participación de 1/4 parte do alumnado.

E xa para rematar, o 03PD mantéñense uns resultados estables ao longo do curso. Nos retos do profesor Despistatus a participación é maior de 1º a 4º que no derradeiro ciclo de EP. O motivo desta baixa participación é posiblemente que non contan cunha sesión específica de informática no horario, senón que son cursos E-Dixgal. O emprego da web como vía para a visibilización do traballo realizado na aula cumpriu os mínimos establecidos para o centro e o emprego da AV foi satrisfactorio. especialmente no 2º ciclo de E.P. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do plan terase en conta o seguimento trimestral e realizarase unha enquisa a finais de curso ao profesorado coa finalidade de recoller infomración sobre o funcionamento ao longo do curso así coma posibles propostas de mellora. 

 

Valoración xeral

En xeral os obxectivos que dependían do traballo do persoal do centro cumpríronse todos, sendo os resultados satifasctorios.

Será importante retomar a incidencia aberta coa UAC para a instalación das tomas de rede na aula de informática e o cambio do ordenador da biblioteca para mellorar a seguridade na rede do centro. 

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso sería importante retomar os obxectivos que quedaron pendentes se a Consellería envía o material de Polos Creativos. 

Entre as propostas de mellora recollidas nas enquisas ao profesorado figuran as seguintes: 

- Dar un pouco máis de tempo para participar nos retos do Profesor Despistatus. 

- Dinamizar o uso das tablets. 

- Actualizar as estratexias de difusión para chegar a todo o alumnado.

- Empregar Google Chrome como buscador para que os ordenadores vaian máis rápido cando hai moitos conectados na aula de informática. 

- Engadir nos ordenadores de informática outras ferramentas para usar co alumando como alternativa ao TUX PAINT, xa que non lles permitía ser moi autónomos á hora de gardar os traballos. 

- Conectar os ordenadores de informática a impresora para que o alumnado poida imprimir. 

- Crear un banco de recursos para traballar contido sinxelos en E.I. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do centro deuse a coñecer no Consello Escolar onde foi aprobado con data 10/10/2023 e ademais publicarase na paxina web do centro.