Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente, contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo do Centro e o proceso de elaboración.

O PD contribue a consecución dos obxectivos da programación xeral anual, tanto dos relacionados coas familias como co profesorado e alumnado e coa contorna facilitando a comunicación e os medios para levala a cabo.

·       Na Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu preámbulo, establecese o seguinte:

O uso xeneralizado das tecnoloxías de información e da comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá acelerou cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros. Este cambio de enfoque require dunha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía, de como este impacto é diferente nas mulleres e os homes, e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e ambiente, que se desenvolva tanto na competencia dixital do alumnado como na competencia dixital docente. En consecuencia, faise necesario que o sistema educativo dea resposta a esta realidade social e inclúa un enfoque da competencia dixital máis moderno e amplo, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

·       Na modificación do artigo 121 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación: O proxecto educativo do centro recollerá, así mesmo, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5.»

 

·       Artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. A disposición adicional quinta da Resolución do 6 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023-2024, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán dende curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

 

·       Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo dende o curso 2021- 2022.

 

·       Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dende o curso 2021-2022.

Para a elaboración do Plan Dixital organizouse un equipo que comenzou poñendo a disposición do profesorado e alumnado a enquisa da plataforma SELFIE e a partir da información obtida elabórase unha análise das fortalezas e débilidades do centro con respecto á competencia dixital.

Con esta información seleccionamos os obxectivos a acadar e elaboramos a redacción do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar o Plan de Acción establecéronse as áreas prioritarias a partir do DAFO e determináronse obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a o marco temporal nos que os queremos conseguir. Os obxectivos están contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.

Ditos obxectivos contarán con valores de partida e chegada, indicadores, así como de diferentes accións que permitirán a súa consecución. Haberá unha temporalización establecida e uns recursos necesarios.

Para cada obxectivo cumprimentouse unha táboa que recolle esta información. A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan Dixital.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de información sobre seguridade na rede. Falta de información sobre o uso de dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Acceso limitado á conexión a internet. Descoñecemento das familias sobre recursos dixitais. Familias Si
Debilidade Dotación insuficiente de equipos. Alto prezo no mantemento dos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade Non contamos con servizo de préstamo de dispositivos dixitais. Oferta Si
Debilidade Algún profesorado é máis reticente ao emprego das novas tecnoloxías. Necesidade de formación básica dalgúns membros do profesorado. Organización de centro Si
Debilidade Non se contempla o desenvolvemento dixital deste persoal dende o centro Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado emprega recursos educativos dixitais con regularidade. Alumnado Si
Fortaleza Boa disposición das familias ao emprego das novas tecnoloxías. Familias Familias Si
Fortaleza Boa conexión a internet no centro Infraestruturas Si
Fortaleza Existe un horario establecido para o uso da aula TIC. Oferta Si
Fortaleza Existen canles de comunicación dixital entre todo o profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Moito profesorado traballa dixitalmente a través da aula virtual. Concienciación do E. Directivo da necesidade dun plan dixital. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal administrativo emprega as TIC no seu traballo diario. Persoal non docente Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demasiada burocratización. Administración educativa Non
Ameaza Dificultades creadas pola COVID19 ANPA Non
Ameaza Moito alumnado vive en aldeas con dificultades de conexión. Contorna Si
Ameaza Continuos cambios na lexislación Lexislación Non
Ameaza Pouca implicación. Outras Non
Oportunidade Oferta de formación. Oferta de recursos. Administración educativa Si
Oportunidade Implicación da ANPA no tocante á dixitalización do ensino. ANPA Si
Oportunidade A ubicación do colexio no núcleo urbano favorece a existencia de boa conexión. Contorna Si
Oportunidade A lexislación vixente impulsa a creación do Plan Dixital. Lexislación Non
Oportunidade Pertencemos a un concello de mediano tamaño que pode colaborar. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaborar unha relación dos equipamentos do centro.
O010PD Manter o correcto funcionamento de toda a infraestrutura física e dixital do centro.
O011PD Recoller fotografías das conmemoracións celebradas no centro e realizar vídeos para subilos á páxina web do centro.
O012PD Distribuír, recoller e elaborar unha lista do alumnado sen autorización de imaxe.
O013PD Elaborar, difundir e implementar o Plan Dixital do centro.
O014PD Elaborar o horario da aula de informática.
O015PD Distribuír os ordenadores dos mestres, conectar á internet, verificar o seu correcto funcionamento e solucionar todos os problemas ou necesidades de cada aula para o correcto funcionamento desde o inicio do curso escolar.
O02PD Facer unha lista dos equipos necesarios.
O03PD Establecer o número de mestres que utilizan ferramentas dixitais para avaliar.
O04PD Divulgar ferramentas dixitais para a avaliación entre o profesorado ( Kahoot, etc).
O05PD Fomentar o emprego da aula virtual por parte do profesorado.
O06PD Búsqueda e difusión de ferramentas dixitais para o desenvolvemento do traballo do profesorado.
O07PD Actualizar a páxina web do centro
O08PD Ampliación da capacidade tecnolóxica das aulas con novos equipos
O09PD Colocar todos os ordenadores dentro do mesmo grupo de traballo

Seguimento

Procedemento

Para o seguimento do Plan Dixital no noso centro de educación, estableceremos unha serie de medidas que garantirán a súa implementación efectiva. Teremos en conta que haberá reunións mensuais do equipo de TIC e informes trimestrais elaborados pola coordinadora do equipo TIC.

 

Reunións Mensuais do Equipo de TIC:

Celebraremos reunións mensuais do equipo de TIC para revisar o progreso do Plan Dixital.

Durante estas reunións, avaliaremos o cumprimento dos obxectivos establecidos no plan.

Identificaremos problemas ou desafíos que poidan xurdir e buscaremos solucións adecuadas.

Revisaremos as accións realizadas e os resultados obtidos ata o momento.

Informe Trimestral da Coordinadora do Equipo TIC:

A coordinadora do equipo TIC elaborará un informe trimestral que incluirá un resumo do progreso do Plan Dixital.

Este informe destacará os obxectivos alcanzados, as accións realizadas e os resultados obtidos durante o trimestre.

Tamén incluirá calquera desafío ou problema que se poida ter atopado e as medidas tomadas para abordalos.

O informe incluirá unha avaliación xeral do estado do Plan Dixital e as recomendacións para futuras accións.

 

Comunicación e Difusión Continua:

A comunicación será fundamental para o éxito do plan. Manteremos unha canle de comunicación aberta co profesorado e demais partes interesadas.

A dirección do centro comunicará a todo o profesorado a información relevante nas xuntanzas do claustro.

A coordinadora TIC solicitará a difusión da información ás coordinacións de ciclo e garantirá que a información se entregue de maneira persoal ou a través de mensaxería.

As coordinacións de ciclo informarán aos membros de cada ciclo nas reunións correspondentes, asegurando que todos teñan acceso á información e resolvendo dúbidas.

Seguiremos traballando en colaboración para implementar con éxito o Plan Dixital no noso centro de educación, contribuíndo así ao noso Proxecto Educativo e cumprindo coa normativa vixente. O noso obxectivo é mellorar a competencia dixital do noso profesorado e alumnado, así como facer un uso efectivo das tecnoloxías de información e comunicación na nosa comunidade educativa.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre, o equipo TIC do noso centro educativo realizou múltiples tarefas co obxectivo de mellorar a integración das tecnoloxías da información e a comunicación no proceso educativo. É importante destacar que a coordinadora do equipo está participando activamente no curso de Polos Creativos, unha iniciativa introducida pola Xunta en todos os centros educativos de Galicia, co fin de fomentar a innovación e a creatividade no ámbito educativo. As accións desenvolvidas polo noso equipo foron as seguintes:

  1. Inventario e mantemento de equipos:

    • Continuamos coa elaboración e actualización do inventario dos equipos do centro, asegurando o seu correcto funcionamento e actualización.
    • Comprobamos todos os equipos repartidos ao comezo do curso e atendemos todas as necesidades requeridas polos membros do claustro para asegurar a súa máxima operatividade.
    • Incluímos catro ordenadores portátiles na aula de informática, expandindo así os recursos dispoñibles para o alumnado e profesorado.
  2. Xestión de espazos e recursos TIC:

    • Actualizamos semanalmente o horario da aula de informática, garantindo un uso eficiente e organizado deste espazo.
    • Realizamos labores de limpeza na aula de informática e procedemos á retirada de material obsoleto, como pantallas vellas, ao punto limpo, cumprindo coa normativa de reciclaxe e sustentabilidade.
  3. Desenvolvemento e mantemento da páxina web:

    • Actualizamos a páxina web do centro, creando unha versión máis sinxela e práctica que facilita a navegación e o acceso á información por parte da comunidade educativa.
    • Recollemos fotografías de todos os ciclos dos eventos como Nadal ou Samaín e creamos vídeos que subimos á páxina web do centro, proporcionando unha visión rica e actualizada das actividades escolares.
  4. Proxectos e iniciativas dixitais:

    • Elaboramos unha listaxe do alumnado sen autorización de imaxe, asegurando o cumprimento das normativas de protección de datos e privacidade.
    • Comezamos a implementar a carpeta do profesor en todos os equipos do centro, unha ferramenta destinada a mellorar a xestión da información e os recursos didácticos.
    • Elaboramos o plan dixital, definindo estratexias e obxectivos para a integración efectiva das TIC no currículo e na xestión escolar.
  5. Coordinación e traballo en equipo:

    • Levamos a cabo reunións semanais cos coordinadores das outras áreas de dinamización para coordinar as diferentes conmemoracións celebradas no centro, garantindo unha integración harmoniosa das actividades e eventos.
    • Nas reunións mensuais do equipo TIC, repartimos o traballo, avaliamos o realizado e realizamos suxestións para a mellora do traballo de equipo, fomentando un ambiente de colaboración e innovación continua.

Este informe reflicte o compromiso e a dedicación do equipo TIC en proporcionar unha educación de calidade, apoiada polas últimas innovacións tecnolóxicas e melloras no ámbito educativo. Continuaremos traballando con entusiasmo para promover un ambiente de aprendizaxe dinámico e interactivo no noso centro educativo.

2º Trimestre

Durante este segundo trimestre, o equipo de TIC do noso centro escolar continuou co seu compromiso de mellorar a integración das tecnoloxías da información e comunicación no proceso educativo, reforzando as iniciativas xa en marcha e introducindo novas accións para enriquecer a experiencia educativa tanto do alumnado como do profesorado. A continuación, detállanse as tarefas realizadas neste período:

1. Inventario e mantemento de equipos:

  • Seguimos coa tarefa de actualización e mantemento do inventario de equipos do centro, asegurando a súa funcionalidade óptima para responder ás demandas educativas actuais.
  • Revisamos e actualizamos o software dos equipos informáticos, incluíndo dous novos ordenadores destinados á sala de maestros, co obxectivo de facilitar a preparación e o desenvolvemento das sesións educativas.

2. Xestión de espazos e recursos TIC:

  • Optimizamos a organización e o uso dos espazos TIC, adaptando o horario da aula de informática ás novas necesidades didácticas que foron xurdindo ao longo do trimestre.
  • Incrementamos as medidas de sustentabilidade, promovendo un uso responsable dos recursos tecnolóxicos entre a comunidade educativa e mellorando as prácticas de reciclaxe de material electrónico.

3. Desenvolvemento e mantemento da páxina web:

  • Continuamos coa actualización constante da páxina web do centro, incorporando novas seccións que reflicten as actividades e proxectos realizados durante este trimestre, como a participación en eventos educativos externos e internos.
  • Incrementamos a interactividade da páxina web, facilitando a comunicación entre o centro, o alumnado e as súas familias, e promovendo a participación da comunidade educativa nas actividades escolares.

Para rematar, é importante notar que, alén das iniciativas e tarefas desenvolvidas, a coordinadora do equipo TIC continúa coa súa participación activa no curso de Polos Creativos, procurando así ampliar os seus coñecementos e habilidades en prol dunha mellora continua das prácticas educativas no noso centro.

3º Trimestre

Durante este terceiro trimestre, o equipo TIC do noso centro educativo seguiu avanzando nos seus esforzos por integrar efectivamente as tecnoloxías da información e comunicación no proceso educativo. Este período estivo marcado por unha serie de actualizacións importantes e a continuación dos esforzos para mellorar a infraestrutura tecnolóxica do centro. A continuación detállanse as actividades realizadas durante este período:

1. Inventario e mantemento de equipos:

·         Completouse o inventario dos equipos tecnolóxicos do centro, garantindo que toda a información estea actualizada e reflectindo o estado real dos recursos dispoñibles.

·         Adquiríronse dous novos portátiles para o profesorado, co fin de apoiar o desenvolvemento das súas actividades docentes e facilitar a preparación das clases.

·         Continuouse coa revisión e reparación das avarías detectadas, así como cos axustes nos equipos para asegurar a súa máxima funcionalidade.

2. Xestión de espazos e recursos TIC:

·         Manteuse unha xestión eficaz dos espazos TIC, adaptando continuamente os recursos ás necesidades emerxentes do corpo docente e do alumnado.

·         Avanzouse na organización do espazo destinado para o novo material dos Polos Creativos, preparando así o aula de informática para a integración futura do plotter de corte, a impresora 3D, a radio escolar e a cortadora láser.

3. Desenvolvemento e mantemento da páxina web:

·         A páxina web do centro continuou actualizándose con contidos novos e relevantes, incluíndo vídeos das últimas actividades e eventos escolares, fortalecendo a comunicación coas familias e a comunidade educativa.

4. Formación e desenvolvemento profesional:

·         A coordinadora do equipo TIC completou con éxito o curso de Polos Creativos, enriquecendo os seus coñecementos e competencias no ámbito das novas tecnoloxías aplicadas á educación.

·         A pesar de non recibir o material didáctico esperado para este curso, o equipo TIC mantén unha actitude proactiva e optimista respecto á futura integración destes recursos no currículo escolar.

·         Ao final do curso, a coordinadora do equipo TIC tamén levou a cabo a tarefa de recoller, comprobar e gardar todo o material tecnolóxico do centro educativo, asegurando que todo estivera en perfecto estado e ben organizado para o seu uso continuado o próximo ano académico.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Valoración xeral do Plan Dixital

Ao longo deste curso, o equipo TIC do noso centro levou a cabo un bo traballo na integración das tecnoloxías da información e comunicación dentro do marco educativo. A pesar de algúns retos, o progreso foi significativo e os resultados son visibles en varias áreas.

O equipo conseguiu completar o inventario tecnolóxico e mantivo os equipos en condicións óptimas, garantindo a súa disponibilidade cando son necesarios para o proceso de ensino. A renovación e optimización dos espazos TIC e a xestión eficaz dos recursos demostran unha boa planificación e organización.

Ademais, o desenvolvemento e actualización da páxina web melloraron notablemente a comunicación coas familias e a comunidade educativa, facilitando o acceso a información relevante e a participación en actividades escolares.

A implicación continua da coordinadora en formacións especializadas como o curso de Polos Creativos e a súa dedicación á mellora das competencias dixitais do centro son de resaltar, reflectindo un compromiso claro coa excelencia educativa.

Proposta de mellora

Proposta de mellora

Para seguir avanzando na mellora do noso Plan Dixital e asegurar un uso eficaz e seguro das tecnoloxías no noso centro educativo, propoñemos centrarnos nas seguintes accións:

  1. Continuar coa implementación de portátiles para o profesorado: é crucial asegurar que todo o profesorado teña acceso a equipos portátiles que lles permitan desenvolver as súas actividades educativas con eficiencia. Isto facilitará unha mellor preparación das clases e permitirá unha maior flexibilidade no uso de recursos dixitais dentro e fóra da aula.

  2. Solicitude á Xunta para implementar seguridade nos equipos dos estudantes: consideramos necesario que a Xunta implemente medidas de seguridade adicionais nos equipos que usan os nenos. Isto incluiría restricións para acceder a páxinas web inapropiadas e ferramentas de control parental que garantan un entorno dixital seguro para os nosos estudantes. A implementación destas medidas de seguridade axudará a crear un espazo de aprendizaxe en liña máis controlado e apropiado para a idade.

Estas melloras son fundamentais para seguir avanzando na integración das TIC no proceso educativo de maneira efectiva e segura, garantindo así que tanto o profesorado como o alumnado poidan aproveitar ao máximo as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e comunicación.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Acción 1: Comunicación a todo o profesorado por parte da dirección Na primeira acción, a dirección da escola encargarase de comunicar a información relevante a todo o profesorado. Esta comunicación ocorrerá no marco das xuntanzas do claustro despois da elaboración da información pertinente. Ademais, asegurarase de que a documentación necesaria se almacene adecuadamente na carpeta "profesor". O responsable desta acción será o equipo directivo, con supervisión do director.

Acción 2: Solicitar a difusión ás coordinacións de ciclo Na segunda acción, encargarase á coordinadora TIC solicitar a difusión da información ás coordinacións de ciclo. Esta comunicación diríxese específicamente a eles e será entregada de xeito persoal ou a través de mensaxería. A coordinadora TIC será a responsable de garantir que esta comunicación se realice de maneira eficaz.

Acción 3: Informar aos membros de cada ciclo Na terceira acción, a coordinación de ciclo tomará a responsabilidade de informar a todos os membros do seu respectivo ciclo. A comunicación terá lugar nas reunións de ciclo, onde se asegurará de que todos teñan acceso á información necesaria e se clarifiquen dúbidas, se as houbese. Esta acción asegurará unha comunicación efectiva coas partes interesadas dentro de cada ciclo.

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/