Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital (a partir de agora PD) en relación coa normativa vixente.

Para lograr unha plena transformación tecnolóxica das aulas, tal e como recolle a Estratexia Educación Dixital 2030, este PD está inmerso nun contexto normativo que o xustifica e o fai tanxible:

  1. Art.11 bis, Art.121 e Art.132 da LOE 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

  2. Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  3. Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

  4. Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  5. Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  6. Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  7. Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

Na lexislación vixente, LOMLOE, establécese que o Proxecto Educativo recollerá a estratexia dixital do centro. Confórmase este Plan como unha ferramenta fundamental no noso centro para o fomento da investigación e innovación, a formación do profesorado, a xestión e organización interna, a compensación de desigualdes, o fomento das STEAM, a inclusión (DUA), etc.

A súa vez, ten un papel importante no desenvolvemento dos proxectos elaborados a nivel de centro e en coordinación con outros Equipos como o de Biblioteca Escolar ou a Dinamización de Convivencia, así coma nos programas de innovación educativa C Lab, para Polos Creativos ou Contratos Programa. Nos últimos cursos, apostamos polo emprego das TIC no día a día, tanto como recurso de aprendizaxe para o alumnado, recurso de apoio á diversidade (TAD- tecnoloxías de apoio á diversidade) e tamén como estratexia de organización interna e de apertura á contorna.

O Plan Dixital tamén servirá como ferramenta para alcanzar os obxectivos que se estipulen na PXA do presente curso, apostando polo desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e do profesorado.

Proceso de elaboración.

Durante o curso 2021-2022 levouse a cabo a elaboración do Plan Dixital seguindo as directrices do asesor Emilio Gómez Fernández do equipo ADIX Vigo4. A organización do traballo dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, fíxose a través dun grupo de traballo, inmerso nun PFPP chamado “O Plan Dixital do CEIP Mestre Martínez Alonso” formado polas mesmas integrantes que as do Equipo de Dinamización do Plan Dixital: Marta Da Silva Pérez (coordinadora), Laura Giráldez Rodríguez, Elvira Fernández Pena, Aida Mouco Tombo, Yolanda Fontán Fernández, Marta Pedrosa Vázquez e Ana Barreiro Camiña. Durante o curso tivemos varias reunións e fomos distribuíndo as tarefas dentro do grupo de traballo, foi unha elaboración coordinada e consensuada tanto de forma interna dentro do equipo, como co resto do profesorado e Equipo Directivo.

O pasado curso 2022 - 2023, renovouse a elaboración do presente Plan Dixital seguindo as directrices da asesora Noemí Rodríguez Otero do equipo ADIX Vigo4. A organización do traballo dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, fíxose esta vez dende o Equipo TIC e en concordancia tamén coa Dinamización de Polos Creativos. O equipo dinamizador estivo conformado por Elvira Fernández Pena como coordinadora do plan e coma coordinadora de Polos creativos; por Fabián Gallie, coordinador TIC e o Equipo directivo. Introducíronse os datos na plataforma Educalidade e supervisouse o cumplimentos dos obxectivos fixados no ano académico anterior. Ademais, leváronse a cabo accións de dinamización do plan, así coma dos recursos tecnolóxicos; inventariado do material, etc.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Co fin de coñecer máis profundamente as características da nosa comunidade educativa no tocante ao manexo e uso das nova tecnoloxías, o acceso ás mesmas, así coma do grao de competencia dixital do alumnado, profesorado e familias, partimos da análise da situación de partida do centro, empregando test coma o SELFIE ou o Test de Competencia Dixital Docente (CDD). Asemade, estes resultados son contrastados coa realidade do centro, para poder deseñar accións correctoras ou máis precisas nos diferentes aspectos a tratar. 

 

Compre sinalar que, a nivel do profesorado do centro, o uso das novas tecnoloxías é cada vez maior, tanto na elaboración das programacións, de actas e comunicacións, boletíns e outros aspectos burocráticos, coma na súa vertente didáctica na aula de informática, na propia titoría ou biblioteca do centro. A maiores do mero uso das tecnoloxías, temos que facer fincapé no nivel de competencia dixital do profesorado, segundo o Test CDD a puntuación media foi de 82,6 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Integrador/a (B1) de media. 

 

O centro en xeral, aposta polas novas tecnoloxías aínda que, tal e como mostrou o informe SELFIE, existen carencias dixitais nalgunhas áreas máis que en outras. 

 

Cabe salientar que o centro fixo unha aposta por integrar as tecnoloxías no ámbito da diversidade tentando aplicalas para garantir a equidade educativa e limar as diferencias derivadas tanto das necesidades educativas especiais como das persoais. Deste xeito adaptáronse ós espazos para todo tipo de diversidade e fíxose unha grande aposta por situar á tecnoloxía ao servizo do alumnado, especialmente nestes momentos que estamos a vivir. 

 

Algunhas das experiencias aplicadas coa tecnoloxía foron as seguintes:

 

  • Proxecto Atopa: experiencia piloto no eido da convivencia promovido pola Asociación ASTEAVI de Vigo e coa colaboración da Escola de Telecomunicacións de Vigo. Trátase da utilización dunha sinxela APP para realizar test sociométricos que nos permiten coñecer o clima de convivencia nas aulas.

 

  • XIX Soles: Proxecto de prensa dixital recoñecido como práctica de referencia polo INTEF e o Observatorio para o desenvolvemento e a práctica profesional da Competencia dixital docente da Universitat Rovira y Virgili, entre outros.

 

  • Proxecto G-book: en colaboración coa Universidade de Vigo, ten coma obxectivo promover a literatura infantil positiva dende o punto de vista dos roles e modelos de xénero, unha literatura aberta, plural, variada, sen estereotipos e baseada no respecto e a diversidade.

 

  • Introdución dun Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación (SAAC) empregando comunicadores dinámicos para eliminar barreiras comunicativas. 

 

  • E outros proxectos relacionados co ámbito da realidade aumentada, creación de APP educativas, iniciación ao pensamento computacional, podcast, creación de contido educativo dixital,...

Ademais, a participación no proxecto C Lab para Polos Creativos impulsou unha formación específica en diversas áreas tecnolóxicas. Do mesmo xeito, implementáronse outras metodoloxías no eido do STEAM, así coma nos ámbitos científicos e técnicos. Pero tamén nos humanísticos con apoio tecnolóxico, enfoque principal do uso das ferramentas tecnolóxicas no centro. Por outra banda, favoreceuse a difusión de recursos e ferramentas a partir da app de creación propia MMAAPP, que serviu para actualizar ao profesorado en materia de innovación e tecnoloxía

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado ten unha falsa sensación de coñecemento dixital. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital dunha porcentaxe das familias. Familias Si
Debilidade A oferta para o alumnado sobre como crear contidos dixitais non é suficiente. Oferta Si
Debilidade Foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais, pero todavía falta autodeterminación do alumnado no emprego da tecnoloxía. Organización de centro Si
Debilidade Non se avalía os progresos do profesorado en materia de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Necesidade de actualización sobre a competencia dixital en diferentes formatos de xeito xeneralizado. Persoal docente Si
Debilidade Non aplica ao contexto do centro. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado está máis participativo cando utilizan tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Existencia de escola de familias online e actividades formativas sobre a competencia dixital. Emprego de ferramentas dixitais de comunicación familia-centro. Familias Si
Fortaleza O centro dispón de asistencia técnica cando xorden problemas coas texnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos en liña para reforzar o labor do ensino. Existencia dun ciberaula con recursos. Pizarras dixitais en todas as titorías, sistema de tabletas, outros elementos,... Infraestruturas Si
Fortaleza Alta creación de recursos dixitais. Creación de espazos virtuais adaptados a diferentes tipos de diversidade funcional e personal. Oferta Si
Fortaleza Existen novas modalidades de ensinanza. Uso de metodoloxías activas. Organización de centro Si
Fortaleza INCLUSIÓN: O centro estableceu liñas prioritarias no emprego da tecnoloxía relacionadas con este ámbito, apostando polos formatos que favorecen a comunicación, a eliminación de barreiras e a adaptación a todo tipo de linguaxes e sistemas de comunicación. Outras Si
Fortaleza Alta predisposición do persoal docente para creación de recursos dixitais. Existe personal docente cualificado para a creación de recursos dixitais. Alta participación en actividades formativas. Persoal docente Si
Fortaleza Disponibilidade na instalación e emprego de recursos dixitais. Persoal non docente Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aposta clara polos centros educativos Edixgal, deixando a aqueles que apostan por un modelo libre de ensinanza dixital desprovistos de recursos. Este é o noso caso. Pouco interese nos proxectos dixitais elaborados polo personal docente e alumnado, total descoñecemento e falta de apoio. Administración educativa Si
Ameaza Falta de información sobre os perigos das novas tecnoloxías, pouca concienciación sobre o respecto dos dereitos de imaxe e identidade dixital do alumnado. Falta de motivación das familias para un uso educativo das TIC e non só para ocio. ANPA Si
Ameaza Baixa conectividade á red na contorna do centro educativa e domicilios do alumnado. Contorna Si
Oportunidade Oferta de formación para o profesorado sobre competencia dixitial. Oferta de programas de innovación educativa para desenvolver a competencia dixital. Administración educativa Si
Oportunidade Boa disposición para o emprego das TIC nas comunicacións coas familias. ANPA Si
Oportunidade Utilízanse tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo coa contorna (web, aula virtual, abalar, redes sociais...). Contorna Si
Oportunidade Existencia de flexibilidade á hora de programar empregando as TIC. Recóllese a necesidade do acceso universal de aprendizaxe onde as TIC son unha ferramenta imprescindible. Lexislación Si
Oportunidade Canles de comunicación con outras entidades: concello, atención temperá. Formación no terceiro ciclo de educación primaria sobre ciberseguridade e riscos de internet. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de analizar o test SELFIE, e o test CDD, así coma o mesmo DAFO, chegamos ás seguintes conclusións:

As maiores puntuacións do claustro docente están relacionadas coa creación de recursos en liña, así coma no emprego de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Por outra banda, as puntuacións máis baixas foron acadadas no ámbito da protección de datos. Cabe destacar tamén, que existe unha discrepancia na creación de proxectos interdisciplinares con ferramentas tecnolóxicas, así coma na avaliación das capacidades desenvoltas fóra do centro escolar.

Compre sinalar tamén que, a nivel do profesorado do centro, o uso das novas tecnoloxías é cada vez maior, tanto na elaboración das programacións, de actas e comunicacións, boletíns e outros aspectos burocráticos, coma na súa vertente didáctica na aula de informática, na propia titoría ou biblioteca do centro. A maiores do mero uso das tecnoloxías, temos que facer fincapé no nivel de competencia dixital do profesorado, segundo o Test CDD a puntuación media foi de 82,6 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Integrador/a (B1) de media.

O centro en xeral, aposta polas novas tecnoloxías aínda que, tal e como mostrou o informe SELFIE, existen carencias dixitais nalgunhas áreas máis que en outras.

Cabe salientar que o centro fixo unha aposta por integrar as tecnoloxías no ámbito da diversidade tentando aplicalas para garantir a equidade educativa e limar as diferencias derivadas tanto das necesidades educativas especiais como das persoais. Deste xeito adaptáronse ós espazos para todo tipo de diversidade e fíxose unha grande aposta por situar á tecnoloxía ao servizo do alumnado, especialmente nestes momentos que estamos a vivir.

Algunhas das experiencias aplicadas coa tecnoloxía foron as seguintes:

  • Proxecto Atopa: experiencia piloto no eido da convivencia promovido pola Asociación ASTEAVI de Vigo e coa colaboración da Escola de Telecomunicacións de Vigo. Trátase da utilización dunha sinxela APP para realizar test sociométricos que nos permiten coñecer o clima de convivencia nas aulas.
  • XIX Soles: Proxecto de prensa dixital recoñecido como práctica de referencia polo INTEF e o Observatorio para o desenvolvemento e a práctica profesional da Competencia dixital docente da Universitat Rovira y Virgili, entre outros.
  • Proxecto G-book: en colaboración coa Universidade de Vigo, ten coma obxectivo promover a literatura infantil positiva dende o punto de vista dos roles e modelos de xénero, unha literatura aberta, plural, variada, sen estereotipos e baseada no respecto e a diversidade.
  • Introdución dun Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación (SAAC) empregando comunicadores dinámicos para eliminar barreiras comunicativas. 
  • E outros proxectos relacionados co ámbito da realidade aumentada, creación de APP educativas, iniciación ao pensamento computacional, podcast, creación de contido educativo dixital,...

Ademais, o impulso de Polos creativos no curso 2022-23, supuxo unha nova oportunidade para a mellora da CDD. O proxecto C Lab, integrou unha serie de retos que favoreceron o uso da tecnoloxía por parte de profesorado, alumnado e familias.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Dinamizar TICS. Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC.
O2 PD Creación dunha aula do futuro baseada no modelo Future Classroom Lab, para traballar a creatividade a través da tecnoloxía.
O3 PD Creación dunha sección de recursos varios (video titoriais, presentacións, documentos,...) na aula virtual do centro para mellorar a CDD.
O4 PD Creación no Moodle do centro, dunha sección para alfabetización de familias, procurando conectala coa escola de familias EducANDO 2.0; así coma a instauración do modelo de Escola de talentos.
O5 PD Creación dun programa de transición á metodoloxía Edixgal en 6º de Educación Primaria.

Seguimento

Procedemento

O procedemento do seguimento do PD estará fundamentado nos seguintes pasos:

  • Definir os novos obxectivos do PD en concordancia cunha visión realista das posibilidades de éxito; así coma o establecemento dunha repartición de tarefas apropiada e unha estimación dos recursos necesarios.
  • Estimación da carga laboral priorizando tempo e tarefas, así coma anticipándonos a imprevistos ou diferentes factores de risco.
  • Asignación de recursos humanos, materiais, económicos,...
  • Creación de reunións periódicas do Equipo TIC para a análise do plan creando diferentes actividades e brindando soporte a profesorado, alumnado e familias.
  • Fomentar a flexibilidade na xestión do proxecto a través de ferramentas tecnolóxicas, o traballo colaborativo ou de control do tempo de traballo, dos recursos, etc.
1º Trimestre

No referente ao primeiro obxectivo do presente plan: "Dinamizar TICS. Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC"; xa estaba acadada a primeira acción (AO 1.1: Asignar unha persoa de referencia do equipo TIC a cada equipo do centro para o traballo colaborativo.). Pero entendemos que este é un obxectivo que ten unha continuidade nas seguintes accións.

A acción AO 1.2: Elaboración de propostas de proxectos interdisciplinares en colaboración cos equipos, e a AO 1.3: Posta en práctica dos proxectos interdisciplinares; son accións que estamos a desenvolver e que formaron parte de traballo do primeiro trimestre, coma o serán dos vindeiros. Neste caso, este tipo de proxectos levan un peso claro no desenvolvemento do proxecto C Lab para Polos Creativos. Estas foron as actividades e proxectos levados a cabo para dinamizar as TICs:

- Creación e realización do Scaperoom para docentes "Escapa da aula do pasado", na que se deu a coñecer o proxecto C Lab para Polos Creativos ao resto do profesorado que non estivo no pasado curso.

- Actividade Detectores de barreiras, pertencente ao Reto III do proxecto C Lab.

- Podcast C Lab, enfocado a mellora da mentalidade de crecemento, pertencente ao Reto IV do proxecto C Lab.

- Scaperooms dixitais de Nadal.

 

Con respecto ao obxectivo O2 PDCreación dunha aula do futuro baseada no modelo Future Classroom Lab, para traballar a creatividade a través da tecnoloxía; este está acadado na temporalización programada. A primerira acción AO 2.2. Establecer uns horarios para un funcionamento axeitado das zonas de traballo e das ferramentas tecnolóxicas; estivo acadada dende antes de novembro. Na sala de mestras xa hai un horario para apuntarse na aula do futuro, e máis outro na aula de música para apuntarse no estudo de gravación. A acción segunda: AO 2.1. Crear un recuncho multidisciplinar e tecnolóxico dividido en diferentes escenarios aproveitando o material concedido de Polos Creativos, está acadado; se ben consideramos que aínda quedan pequenos detalles decorativos para facer os ambientes máis acolledores. A terceira acción: AO 2.3. Implementación dunha metodoloxía base da aula do futuro presentando un espazo de aprendizaxe zonificado e reconfigurable, divido en seis zonas: Investiga, Explora, Interactúa, Desenvolve, Crea e Presenta, que terán coma finalidade estimular os procesos de ensino poñendo ao alumnado no centro dos prcesos. Nós engadiremos unha zona para o pensamento crítico: Reflexiona; está acadada paralelamente ao traballo dos proxectos interdisciplinares de mprego da tecnoloxía e o mesmo C Lab. No relativo a derradeira acción, temporalizada para decembro: AO 2.4. Soilicitar o título de aula do futuro ao INTEF para formar parte da rede europea Future Classroom Labs e desenvolver as actividades necesarias co organismo mencionado, xa está en marcha a solicitude.

 

No relativo ao terceiro obxectivo do noso PD: O3 PDCreación dunha sección de recursos varios (video titoriais, presentacións, documentos,...) na aula virtual do centro para mellorar a CDD; estas foron as accións tomadas:

- Con respecto á primeria acción: AO 3.1. Creación dun repositorio a modo de talentos interprofesionais, onde o profesorado volcaría material propio ou alleo que nos axude a mellorar a nosa Competencia Dixital Docente; este estaba temporalizado para decembro. Está creado o seu esquelete e próximamente, tras divulgar entre o profesoraso e asesorar sobre o seu emprego, estará en activo. Pódese acceder dende a nosa aula virtual.

- O resto das accións desenvolveranse nos vindeiros trimestres.

 

No tocante ao cuarto obxectivo: O4 PDCreación no Moodle do centro, dunha sección para alfabetización de familias, procurando conectala coa escola de familias EducANDO 2.0; así coma a instauración do modelo de Escola de talentos; non se seguiu a temporalización e falta moito traballo por realizar. Iniciouse a Escola de talentos pero nos falta a parte dixital e darlle forma ao obxectivo coma se prentexou no inicio.

 

Por último, con relación ao derradeiro obxectivo: O5 PDCreación dun programa de transición á metodoloxía Edixgal en 6º de Educación Primaria; estamos a seguir perfectamente a temporalización e o proxecto interno de burótica e de desenvolvemento de destrezas TIC básicas para o desemeño dixital está sendo un éxito entre o alumnado e o profesorado de 6º de Primaria.

 

 

2º Trimestre

No referente ao primeiro obxectivo do presente plan: "Dinamizar TICS. Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC"; xa estaba acadada a primeira acción (AO 1.1: Asignar unha persoa de referencia do equipo TIC a cada equipo do centro para o traballo colaborativo.). Neste trimestre centrámonos claramente nos AO 1.2 E 1.3: Posta en práctica dos proxectos interdisciplinares e Elaboración de propostas de proxectos interdisciplinares en colaboración cos equipos. Realizouse a actividade Matria téxtil, vencellada ao proxecto C Lab para Polos Creativos, a través da cal, aunando a conmemoración do 8M e o PDI Estamos aquí (estudo do consumo e ODS relacionados); procurou que se empregaran diferentes tecnoloxías na creación de tote bags polo alumnado. Empregáronse plotter de corte, e-téxtis, impresión 3D entre outras. Foi un traballo en ámbitos de aprendizaxe e internivel.

Tamén seguimos co podcast C Lab e outras actividades de robótica e deseño durante o trimestre. O proxecto divulgouse neste trimestre a través do portal educativo Educación 3.0.

Con respecto ao obxectivo O2 PD Creación dunha aula do futuro baseada no modelo Future Classroom Lab, para traballar a creatividade a través da tecnoloxía; este está acadado na temporalización programada. O INTEF xa recoñeceu o noso proxecto como unha das aulas da rede "aula del futuro" outorgándonos o sello institucional.

No relativo ao terceiro obxectivo do noso PD: O3 PDCreación dunha sección de recursos varios (video titoriais, presentacións, documentos,...) na aula virtual do centro para mellorar a CDD; estas foron as accións tomadas:

- Con respecto á primeria acción: AO 3.1. Creación dun repositorio a modo de talentos interprofesionais, onde o profesorado volcaría material propio ou alleo que nos axude a mellorar a nosa Competencia Dixital Docente; xa está creado e en funcionamento. Todo o profesorado está matriculado, e no vindeiro trimestre traballaremos máis na dinamización deste recurso, tendo en conta os AO 3.2 e 3.3.

No tocante ao cuarto obxectivo: O4 PDCreación no Moodle do centro, dunha sección para alfabetización de familias, procurando conectala coa escola de familias EducANDO 2.0; así coma a instauración do modelo de Escola de talentos; seguimos a ter problemas coa temporalización, co que entendemos que este será un obxectivo que se ben tentaremos acadar no terceiro trimestre; de non ser o caso, quedaría para o vindeiro curso como proposta de mellora.

 

Por último, con relación ao derradeiro obxectivo: O5 PDCreación dun programa de transición á metodoloxía Edixgal en 6º de Educación Primaria; estamos a seguir perfectamente a temporalización e o proxecto interno de burótica e de desenvolvemento de destrezas TIC básicas para o desemeño dixital está sendo un éxito entre o alumnado e o profesorado de 6º de Primaria. Neste trimestre, ampliamos coñecementos co deseño en impresión 3D e programación de robótica e e-textís en crumble.

 

 

3º Trimestre

Facemos, por ser o 3º trimestre un seguimento especial enfocado á reflexión e ás consideracións de cara o vindeiro curso.

No referente ao primeiro obxectivo do presente plan: "Dinamizar TICS. Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC"; todas as accións foron acadadas na temporalización prevista (AO 1.1: Asignar unha persoa de referencia do equipo TIC a cada equipo do centro para o traballo colaborativo; AO 1.2:Posta en práctica dos proxectos interdisciplinares e E 1.3: Elaboración de propostas de proxectos interdisciplinares en colaboración cos equipos. No terceiro trimestre continuouse coa actividade Matria téxtil, vencellada ao proxecto C Lab para Polos Creativos, a través da cal, aunando a conmemoración do 8M e o PDI de Dinamización da Biblioteca Escolar, Estamos aquí (estudo do consumo e ODS relacionados); procurou que se empregaran diferentes tecnoloxías na creación de tote bags polo alumnado. Empregáronse plotter de corte, e-téxtis, impresión 3D entre outras. Foi un traballo en ámbitos de aprendizaxe e internivel e ademais implemenamos na derradeira parte, a aprendizaxe servizo, realizando o Revolutio Fashion Day. Esa actividade consistiu nun desfile benéfico no que se subastaron as creacións da actividade Matria Téxtil.

Tamén acudimos ao Congreso EducODS 2030 coa nosa proposta, cun stand tecnolóxico onde o alumnado do centro mostrou a súa destreza con e-textiles.

Proseguimos co podcast C Lab e outras actividades de robótica, deseño, creación do stand para EducODS, etc.

Tomando acordos e asesoría da nosa ADIX, conquerimos que para o vindeiro curso, proseguiremos con este obxectivo, pero darémoslle un novo senso aplicado a implementación da metodoloxía de ámbitos de aprendizaxe. Deste modo, garantizaremos que cun ámbito STEAM, ou STECAM, as aprendizaxes dixitais cheguen a todo o alumnado sen excepcións.

Con respecto ao obxectivo O2 PD Creación dunha aula do futuro baseada no modelo Future Classroom Lab, para traballar a creatividade a través da tecnoloxía; este está acadado na temporalización programada. O INTEF xa recoñeceu o noso proxecto como unha das aulas da rede "aula del futuro" outorgándonos o sello institucional. Para o vindeiro curso este non será un obxectivo en sí, senón que o uniremos á parte metodolóxica do primeiro, aumentando os espazos adicados ao fomento da tecnoloxía.

No relativo ao terceiro obxectivo do noso PD: O3 PD: Creación dunha sección de recursos varios (video titoriais, presentacións, documentos,...) na aula virtual do centro para mellorar a CDD; este está tamén acadado. Neste trimestre sumamos unha sección na que fixemos un repositorio de ferramental de IA para facer o traballo docente máis doado. O vindeiro curso manterase este recurso por estar feito, pero sentimos que é moi difícil chegar ao profesorado e dinamizar o uso das TICS no centro. Entre as nosas ideas para o futuro está a de buscar novos modos de chargar aos compañeiro e de facer que as tecnoloxías sexan aceptadas dun xeito positivo no claustro.

No tocante ao cuarto obxectivo: O4 PD: Creación no Moodle do centro, dunha sección para alfabetización de familias, procurando conectala coa escola de familias EducANDO 2.0; así coma a instauración do modelo de Escola de talentos; fixemos algunha charla relacionada cos perigos de Internet, as redes sociais e o uso do teléfono móbil. É o único obxectivo que está alcanzado parcialente, e consideramos que para o vindeiro curso haberá que repensar ata qué punto a Escola de familias é responsabilidade dos equipos de dinamización das TICs, SAAC e Plan Dixital; e considerar o facer actividades concretas, sen ser este un obxectivo xeral a alcanzar.

Por último, con relación ao derradeiro obxectivo: O5 PD:Creación dun programa de transición á metodoloxía Edixgal en 6º de Educación Primaria; está alcanzado en tempo e ampliado, como se especifica no apartado de seguimento do segundo trimestre.

 

Entre as novas consideracións para o vindeiro curso están as que crear un espazo virtual mellorado (tanto a páxina web coma a aula virtual), cun mellor deseño e usabilidade ou SEO.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • No contexto da avaliación procesual, de forma trimestral avaliaremos este Plan analizando: 
    • Estado de execución das accións.
    • Cumprimento da data previa de fin.
    • Análise e valoración dos resultados.
    • De ser o caso, as posibles modificacións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final, avaliarase mediante os indicadores establecidos para cada obxectivo do Plan de Acción, valorando así o logro dos obxectivos e establecendo propostas de mellora.
Valoración xeral

A valoración que facemos de todo o proceso é moi positiva, tendo en conta a realidade de contexto que lle dimos ao noso PD, sendo non soamente un elemento burocrático senón unha realidade útil e necesarias.

Realizamos unha avaliación trimestral en colaboración coa cordinación TIC e tamén coa SAAC, para manter unha coerencia de aplicabilidade do plan nun sentido apropiado á nosa filosofía inclusiva. 

Acordamos que o estado das execucións están acadadas en máis dun 90 por cen na data prevista e que os resultados acadados mostran un centro educativo que fixo unha grande aposta pola tecnoloxía e que consegue ir mellorando a súa competencia.

Os indicadores de logro están acadados total ou parcialmente.

Proposta de mellora

Como propostas de mellora acordamos non cargar coa responsabilidade da Escola de familias, establecer obxectivos relacionados co dixital e non tanto coa convivencia escolar, sen deixar de establecer un PD coherente coa nosa filosofía de centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión
  1. Estratexia ou protocolo a seguir para a difusión do PD:

    A estratexia a seguir para difundir o Plan Dixital do CEIP Mestre Martínez Alonso será a través das seguintes canles:

     
    1. Claustro
    2. Consello Escolar
    3. Páxina web do centro
    4. Redes sociais
    5. Escola de familias
    6. ANPA
    7. Revistas e medios de comunicación especializados en tecnoloxía.

 

  1. Ligazón de acceso ao plan:

Premer aquí.