Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do plan dixital:

Segundo o establecido no artigo 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, “as Administración educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe”. A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 así como a disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022, establecen que “os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten”. Na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 regúlase o procedemento de deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital e polo tanto, é a normativa de referencia para a elaboración do presente documento.

Contextualización do Plan Dixital no centro educativo e contribución ao Proxecto Educativo:

-Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O concello de Vila de Cruces ten un nivel socioeconómico entre medio e baixo (a renda dispoñible bruta por habitante en 2019 foi de 11.599€ segundo o IGE). Segundo datos do INE para o ano 2021, a poboación total do concello é de 5.097 persoas. O concello está a sufrir un forte despoboamento debido a factores como o desprazamento da xente nova a espazos urbanos para traballar e vivir ou o saldo vexetativo negativo. Segundo datos do IGE, no ano 2020 no concello existían un total de 655 empresas, cabe sinalar que a maioría destas son microempresas cun baixo número de asalariados. Deste xeito, existen 591 empresas cun número de asalariados entre 0 e 2. Ao mesmo tempo, so existe unha empresa cuxo número de asalariados se atopa entre 100-249 traballadores. Dentro do concello, o sector primario ten un forte peso, deste xeito os datos do IGE para 2020 sinalan a existencia dun total de 307 explotacións de gando bovino.

-Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo:

Entre as prioridades de actuación sinaladas no Proxecto Educativo cabe sinalar “potenciar o uso das TIC entre profesorado e o alumnado”. O presente Plan dixital ven a contribuír a traballar nesta prioridade de actuación. Dentro do centro existen distintos plans e proxectos que contribúen á mellora da competencia dixital docente:

  • E-dixGal: o proxecto E-dixGal atópase implantado en tódalas etapas educativas da ESO
  • Participación no proxecto E-twinning
  • Programa Radio na biblio

-Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23:

Dentro dos obxectivos establecidos na Programación Xeral Anual do curso 21/22 estableceuse:

  • Reforzar a competencia dixital do alumnado
  • Elaborar o Plan dixital do centro

Na Programación Xeral Anual do curso 22/23 preténdese dar continuidade a estes obxectivos.

Proceso de elaboración:

Para a elaboración do Plan Dixital creouse un grupo de traballo constituído polos seguintes membros do claustro:

  • José Manuel Iglesias García
  • Paula Martínez Busto (coordinadora do Plan Dixital)
  • Miguel Pego Martínez

Este grupo de traballo incluíse como unha das liñas de actuación dentro do PFPP co nome de “análise da competencia dixital docente e elaboración do Plan Dixital”. Ao mesmo tempo, no proceso de elaboración contouse cun equipo de asesores dixitais (equipo Adix), neste caso sendo o noso equipo de referencia o equipo Adix Lalín. A continuación, detállanse brevemente as fases seguidas para a elaboración do presente Plan dixital:

Primeiro trimestre:

  • Constitución do grupo de traballo
  • Realización do test Selfie
  • Realización do Test de Competencia Dixital Docente ( CDD)

Segundo trimestre:

  • Elaboración do test DAFO a partir do Selfie e do test CDD
  • Redacción do plan de acción mediante o establecemento de obxectivos

Terceiro trimestre:

  • Redacción do plan dixital

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización da análise DAFO partiuse da Autoavaliación SELFIE e do Test de Competencia
Dixital Docente

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Insuficiente verificación da calidade da información por parte do alumnado -Alumnado con competencia dixital insuficiente Alumnado Non
Debilidade - Comunicación coas familias a través da plataforma ABALAR (non se aproveitan tódalas ferramentas que ofrece esta plataforma) Familias Non
Debilidade -As incidencias relacionadas cos recursos dixitais resólvense ás veces con pouca celeridade (avarías informáticas, problemas coa aula virtual, EVA...) xa que en moitas ocasións, este traballo é asumido polo profesorado do centro ao que se sobrecargan tarefas -Parte dos equipos informáticos do centro teñen máis de 10 anos Infraestruturas Non
Debilidade Non existen espazos de traballo dixital en algunha das materias Oferta Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital explícita Organización de centro Non
Debilidade -Falta de comunicación entre o profesorado (traballo cooperativo) -Falta de tempo para a elaboración de materiais para a aprendizaxe mixta -Diferenzas notables no nivel de competencia dixital do profesorado (un 32,5% de profesorado presenta un nivel superior a esta media e un 25% un nivel inferior) -Insuficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e/ou outros recursos dixitais colaborativos Persoal docente Non
Debilidade -Descoñecemento das competencias dixitais do persoal non docente Persoal non docente Non
Fortaleza -Posibilidade de desenvolver habilidades dixitais para diferentes materias de forma temperá (E- DixGal) Alumnado Non
Fortaleza - Receptivas ás iniciativas promovidas polo centro Familias Non
Fortaleza -Infraestrutura e equipos ( o centro conta cunha boa dotación de equipos e espazos) -Dispositivos dixitais para o ensino (proxecto E- DixGal implantado en toda a ESO) -Espazos físicos que facilitan o ensino e aprendizaxe con TICs -Equipamento informático mercado polo propio centro Infraestruturas Non
Fortaleza -Implantación de E-DixGal en toda a ESO - Materias específicas que desenvolven a competencia dixital do alumnado (robótica, TIC I, TIC II e as materias de ofimática específicas da FP Básica de Servizos administrativos) -Implantación do programa Radio na biblio que permite traballar con software de edición de son e de vídeo Oferta Non
Fortaleza -Desenvolvemento da estratexia do profesorado (dende o centro promóvese formación do profesorado) - Colaboración con outros centros en proxectos Organización de centro Non
Fortaleza -Empréganse contornos virtuais de aprendizaxe (aula virtual) -Nivel de competencia dixital media do profesorado (45% presenta un nivel B1) -Estabilidade do claustro Persoal docente Non
Fortaleza -Estabilidade do persoal non docente Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Conectividade da rede -Exceso de burocracia -A aula virtual resulta obsoleta respecto a outras plataformas que permiten o traballo colaborativo en rede ou o almacenamento na nube -Descoñecemento dos dereitos de autor Administración educativa Non
Ameaza -Baixa implicación da ANPA no eido dixital - Falta de información sobre os perigos da rede ANPA Non
Ameaza - Contorna rural o que en moitas ocasións implica unha mala conexión á rede - Falta de formación sobre a aprendizaxe mixta (fenda dixital) dalgunhas familias -Acceso limitado das familias a unha conexión estable Contorna Non
Ameaza -Excesiva abundancia de lexislación e protocolos Lexislación Non
Ameaza -Non existe participación das empresas na estratexia dixital (caso específico da Formación Profesional) -Aproveitamento deficitario da dixitalización das empresas para a FCT Outras Non
Oportunidade -Acadar unha certificación en competencia dixital -Dotación de dispositivos dixitais -Asistencia técnica -Plataformas dixitais (DIXIT e Agueiro) Administración educativa Non
Oportunidade -Posibilidades de establecer formación sobre o emprego da rede na adolescencia ANPA Non
Oportunidade -Comunidade educativa reducida o que permite establecer relacións máis próximas Contorna Non
Oportunidade -Protocolo de protección de datos e identidade dixital - Lexislación do plan dixita Lexislación Non
Oportunidade -Dixitalización das empresas coas que se colabora na FCT Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Potenciar o emprego de AbalarMóbil e AbalarPro para a comunicación coas familias
O2PD Empregar os recursos dixitais ofertados pola Consellería: Catálogo DIXIT e plataforma Agueiro
O3PD Renovar e actualizar os equipos informáticos cunha antigüidade superior aos 10 anos
O4PD Potenciar o uso da aula virtual, EdixGal e outras plataformas que fomenten o traballo colaborativo
O5PD Mellorar o desenvolvemento profesional ontinuo a través de distintas liñas de traballo no PFPP

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado inícianse dúas liñas de traballo: unha centrada na formación en Abalar e outra en E-DixGal( obxectivo 1 e 5)

Ao inicio do curso matriculouse ao alumnado e profesorado na aula virtual do centro e enviouse unha guía de funcionamento da aula virtual (obxectivo 4)

2º Trimestre

Continúase desenvolvendo o Plan de Formación Permanente do Profesorado (oxectivo 5)

O profesorado emprega as aulas virtuais do centro e resólvense incidencias relacionadas co mesmo (obxectivo 4)

 

3º Trimestre

Remata o desenvolvemento Plan de Formación Permanente do Profesorado (oxectivo 5)

O profesorado emprega as aulas virtuais do centro e resólvense incidencias relacionadas co mesmo (obxectivo 4)

Retómase a actualización dos equipos informáticos xa que a persoa responsable estivo de baixa (obxectivo 3)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do plan dixital realízase un seguimento trimestral do mesmo e contouse coa mentorización do equipo Adix de Lalín.

Valoración xeral
  • Obxectivo 1: Potenciar o emprego de AbalarMóbil e AbalarPro para a comunicación coas familias. Este obxectivo foi acadado parcialmente, xa que aumentou o emprego destas ferramentas tanto para a comunicación coas familias como na xestión das faltas do alumnado. Debe continuar potenciándose para vindeiros cursos.
  • Obxectivo 2: Empregar os recursos dixitais ofertados pola Consellería: catálogo DIXIT e plataforma Agueiro. Este obxectivo foi acadado parcialmente, xa que se desenvolveu de xeito teórico na formación teórica recibida dentro do PFPP e debería ser abordada dunha maneira máis práctica para vindeiros cursos.
  • Obxectivo 3: Renovar e actualizar os equipos informáticos cunha antigüidade superior aos 10 anos. Acadado parcialmente, este curso renováronse 3 equipos informáticos e os equipos xa se atopan inventariados dende o remate do pasado curso 21-22. Nun futuro o inventariado servirá de base para verter a información no aplicativo que deberá xestionar a persoa que se ocupe da secretaría do centro.
  • Obxectivo 4:  Potenciar o uso da aula virtual, EdixGal e doutras plataformas que fomenten o traballo colaborativo. Acadado, o profesorado emprega na súa maioría s plataformas de traballo colaborativo e EdixGal atópase implantado en tódalas etapas da ESO. Obxectivo a manter en sucesivos cursos
  • Obxectivo 5: Mellorar o desenvolvemento profesional continuo a través de distintas liñas de traballo no PFPP. Acadado. Este debe ser un obxectivo a manter nos sucesivos cursos, sobre todo pola incorporación de novo profesorado ao centro. As liñas do PFPP centráronse na formación en AbalarPro e EdixGal.
Proposta de mellora

-Mellora das necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas establecidas no apartado 3.2

-Modificar o obxectivo 1 para non centralo so en Abalar e incluir outras ferramentas dixitais

-Obxectivo 2: desenvolvelo para o curso vindeiro xa que solo se recibiu formación teórica en Agueiro e incluir CreaGal

-Obxectivo 3: este obxetivo deberá manterse tódolos anos, realizando o inventario a través do aplicativo proporcionado pola consellería e coa coordinación da persoa secretaria do centro.

-Obxectivo 4: Potenciar non só o uso da aula virtual, EdixGal e  incluir outras plataformas educativas

-Obxectivo 5: Continuar traballando no desenvolvemento da competencia dixital a través do PFPP, sustituir este obxectivo por un obxectivo máis global "Boas prácticas educativas para a transformación dixital do centro".

-Crear no centro espazos de traballo para o desenvolvemento da competencia dixital co material proporcionado pola Consellería dentro do programa Polos Creativos

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital estará dispoñible para toda a comunidade educativa no taboleiro de novas do centro así como na páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmarcocamballon/. Tamén se enviará ao profesorado a través do correo corporativo.

Proximamente o Plan Dixital estará a disposición do claustro tamén a través dunha URL.