Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, farase do seguinte xeito:
• Avaliación procesual por parte dos responsables de cada obxectivo, supervisado polo Equipo TIC, valorando e adaptando, se fose necesario, o cumprimento das accións a desenvolver de cada obxectivo nas datas previstas. Esta avaliación procesual farase ao remate de cada avaliación.
• Avaliación final levarase a cabo ao finalizar o curso académico nunha xuntanza entre o coordinador TIC e os responsables de cada obxectivo. Nesta, farase unha reflexión sobre o cumprimento dos obxectivos e resultados obtidos. Estes datos, recolleranse na memoria de fin de curso. Tamén se deixarán recollidas as propostas de mellora, así como esbozadas as liñas de traballo do plan de acción do ano seguinte.
O D.O. está traballando no obxectivo O01PD: Elaborar material, e crear un curso con contidos na Aula Virtual, para traballar co alumnado do Grupo de Adquisición de Linguas. Os plazos das accións non se están cumprindo como estaba previsto pola carga de traballo burocrático que ten o equipo noutros eidos máis urxentes.
O obxectivo O02PD: Obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe estase a traballar no marco previsto nas accións a desenvolver.
É inviable levar a cabo o obectivo O03PD: Crear un espazo Maker na biblioteca para que o alumnado teña contacto, de xeito autónomo e lúdico, no eido STEM por non dispor de espazo físico no presente curso.
O obxectivo O04PD: Apoiar dentro da aula, para empregar ferramentas TIC, por parte dun mestre con competencia dixital tampouco se pode levar a cabo por non dispor de persoal para levalo a cabo debido á carga horaria dos docentes no presente curso.
O profesorado está traballando segundo o previsto no obxectivo O06PD: Empregar a Aula Virtual como ferramenta habitual no proceso ensinanza aprendizaxe.
Seguimos traballando nos obxectivos que estaban en proceso no primeiro trimestre.
Estamos á espera de recibir o equipamento solicitado no O05PD: Equipar con dispositivos dixitais as bibliotecas (Edificio de Educación Infantil e Edificio de Educación Primaria).
Dentro do O07PD: Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital este trimestre completamos as charlas do Plan Director da Garda Civil. Á charla de ciberseguridade sumámoslle nesta segunda avaliación a de acoso escolar.
Estamos elaborando o Plan Dixital na presente aplicación.
Seguimos traballando na consecución dos obxectivos expostos nas pasadas avaliacións.
Ademais, no O07PD: Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
- Levamos a cabo o tradicional concurso de fotografía entre o alumnado do centro. Concurso de fotografía 2023.pdf
- O alumnado de 6º curso fixo unha mostra dos traballos que levamos a cabo en Robótica ao longo do curso para toda a comunidade educativa.
Avaliación
O profesorado amosouse colaborativo á hora de traballar nos obxectivos do presente Plan Dixital. Somos conscientes que, dado o ambicioso de algúns obxectivos, o grado de consecución dos mesmos non é o agardado.
A elaboración do PD dentro da aplicación Educalidade é unha sobrecarga burocrática máis que non axuda para nada na posta en práctica do PD. Ademais, as datas nas que se abriu a aplicación e a finalidade da mesma (transcribir o xa elaborado) non ten finalidade coñecida.
Para poder levar a práctica os obxectivos do PD precísase de recursos persoais dos que non dispoñemos.
Para o vindeiro curso, tentaremos propoñer uns obxectivos máis factibles e adaptados ao tempo efectivo do que dispoñemos a comunidade docente.
Comunicación e difusión
A difusión do presente Plan, para dalo a coñecer entre toda a comunidade educativa á que afecta, levarase a cabo mediante:
• Presentación no claustro de fin de curso, así como no primeiro do vindeiro curso académico, para que todo o profesorado coñeza cales son os obxectivos, liñas de traballo e responsabilidades que ten no Plan Dixital.
• Presentación e aprobación, se procede, por parte o Consello Escolar.
• Publicación, no apartado correspondente, na páxina web do centro para que poida ser consultado por toda a comunidade educativa. A ligazón é a seguinte: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhorapiedade/?q=system/files/PLAN%20DIXITAL%20CEIP%20PLURILINGUE%20NOSA%20SE%C3%91ORA%20DA%20PIEDADE.pdf