Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

- LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Art. 111 bis e Art. 121

- Disposición Adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021/22.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/2022.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto educativo

  No noso CRA hai 7 unidades de Ed. Infantil ubicadas nas localidades de Carrio, Guísamo (tres unidades), Lubre, Silvoso e Vixoi e 13 postos de traballo dos cales 9 son de Ed. Infantil (7 titoras e 2 apoios na aula), 1 de Ed. Física, 1 de Filoloxía inglesa, 1 de Audición e Linguaxe e 1 de Educación musical. A optativa de relixión a imparte unha profesora en todas as unidades, a cal está adscrita ao CEIP Vales Villamarín de Betanzos.

    As escolas que forman o CRA de Bergondo están situadas nun entorno rural polo que os pais/nais dos nosos alumnos/as, na súa maioría, traballan no sector servizos na zona onde están ubicadas as escolas ou preto delas.    

  O nivel socioeconómico e o nivel cultural das familias é medio. Destaca a súa colaboración co centro educativo xa que, polas características demográficas das escolas hai un contacto diario coas familias así como un intercambio de información e participación en diferentes actividades educativas que se levan a cabo nas aulas.

  No CRA se traballa coas novas tecnoloxías dende o curso 2007/08, co gallo da chegada ás nosas aulas das Pizarras dixitais interactivas, elaborouse un Proxecto Tics que nos orientaría á hora de establecer unha liña de traballo nas diferentes escolas.

  Ademais, houbo un compromiso por parte dos mestres do noso CRA para realizar proxectos que implicasen formación Tics para aplicar eses novos coñecementos ao traballo diario, como consecuencia, participamos en concursos, seminarios, grupos de traballo,… que fixeron que as Tics estivesen presentes ata o día de hoxe.

  Por outro lado, para dar difusión ao traballo feito nas aulas, abrimos blogs para cada aula e especialidade.

  O Plan Dixital ten como obxectivo principal mellorar a competencia dixital do noso centro, por ese motivo, estará en concordancia co noso PEC, tendo en conta as características do noso centro e do noso alumnado.

Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital seguimos os seguintes pasos:

 

- creación do Equipo de Dinamización Dixital

- personalización e realización dun cuestionario SELFIE

- participación no test de Competencia Dixital Docente (CDD) por parte dalgúns mestres do noso centro

- elaboración do DAFO

- establecemento de obxectivos de traballo

- redacción do Plan Dixital de centro e posterior aprobación do mesmo por parte do Consello Escolar

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

  Os instrumentos de recollida de información previa para a elaboración do Plan Dixital de centro foron o informe CDD de centro, o DAFO e o informe SELFIE subidos ao Anexo desta aplicación.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O acceso a internet falla ou é moi lento e a asistencia técnica non é suficiente xa que nalgúns centros os equipos pasan tempo averiados Infraestruturas Non
Debilidade Os dispositivos dixitais, na súa maioria, están moi anticuados Infraestruturas Non
Debilidade Nalgunhas escolas o espazo é reducido respecto ao número de alumnos/as. Infraestruturas Non
Debilidade Non todos os profesores do noso centro utilizan as tecnoloxías na aula Oferta Non
Debilidade Tanto a asistencia técnica externa como o que nos ofrece a UAC non é suficiente porque algúns equipos dalgunha escola están inutilizados continuamente Organización de centro Non
Debilidade O tempo que dispoñemos para explorar a ensinanza dixital é insuficiente Persoal docente Non
Debilidade Os equipos tecnolóxicos moitas veces non axudan debido á antigüedade dos mesmos o que nos impide aplicar o que aprendemos nos cursos moitas veces Persoal docente Non
Fortaleza O noso centro ten suficientes infraestructuras. Infraestruturas Non
Fortaleza As persoas que traballamos no centro seguimos os protocolos de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Temos dispositivos dixitais que utilizamos para o aprendizaxe dos nosos alumnos/as Infraestruturas Non
Fortaleza Temos acceso a internet, asistencia técnica externa e da UAC Infraestruturas Non
Fortaleza Temos unha estratexia dixital e facemos uso das tecnoloxías na nosa práctica educativa Oferta Non
Fortaleza Temos asistencia técnica exterior e tamén os servizos de UAC Organización de centro Non
Fortaleza Cremos que o DPC é importante, así que nos formamos Persoal docente Non
Fortaleza Evaluamos as capacidades dos nosos alumnos/as e autorreflexionamos sobre como lles podemos achegar de maneira máis significativa os contidos Persoal docente Non
Fortaleza Traballamos coas tecnoloxías no noso centro, elaboramos materiais, utilizamos recursos en liña e compartimos algúns así como experiencias nos nosos blogues Persoal docente Non
Fortaleza Utilizamos na aula tecnoloxías dixitais atendendo e implicando aos noso alumnado, segundo as súas necesidades, fomentando a súa creatividade mediante proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade Seguimos a lexislación e as recomendacións que nos achegan dende a Consellería para que os datos do noso alumnado e o tratamento da súa imaxe, dentro do centro, estea protexida Lexislación Non
Oportunidade O Concello colabora co centro de diferentes maneiras Outras Non
Oportunidade Entidades sen ánimo de lucro ás veces fan charlas e actividades nas escolas Outras Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

  A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Informar ás familias das actividades desenvoltas mediante blogs ou redes sociais educativas
O02PD Elaboración de materiais educativos mediante aplicacións dixitais (Canva)

Seguimento

Procedemento

 

 Unha vez ao trimestre se valorará a execución das accións destinadas a cumprir os obxectivos establecidos así como os resultados obtidos 

 

1º Trimestre

   Respecto á consecución do obxectivo 1 que está proposto no Plan Dixital do noso centro, neste primer trimestre está acadado o A01.1 e o A01.2

   Solicitouse formación ao CFR e formouse un seminario de traballo para a elaboración de materiais eductivos en Canva

2º Trimestre

Consecución do obxectivo 2 do Plan Dixital de centro, mediante a realización dun curso Canva así como as accións A02.1, A02.2, A02.3 e A02.4

3º Trimestre

Ao longo do 3º trimestre continuamos no desenvolvemento dos obxectivos que se poden considerar coma acadados.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación ten como finalidade o seguimento do plan e a consecución dos obxectivos que se plantexan, por ese motivo, se fará unha:

- avaliación procesual: realizarase unha vez ao trimestre, nela se valorará a execución das accións destinadas a cumprir os obxectivos establecidos así como os resultados obtidos e, se fose o caso, as modificacións das accións e as propostas de mellora.

- avaliación final: realizarase unha vez ao ano, a finais de curso, nela se valorará o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.


 

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo.

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.

 

Proposta de mellora
  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.

  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración cos CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Asimesmo, é importante fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.

  • Promocionar o acceso a recursos dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar, Procomún, etc. , para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital de centro se fará mediante a páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/crabergondo/

Tamén a través dos blogues das escolas do cra:

-  http://escoladevixoi.blogspot.com/

- http://destinosaleta.blogspot.com/

- https://escoladesilvoso.blogspot.com/

- http://escoladelubre.blogspot.com/

- http://auladoscirculos.blogspot.com/

- http://auladostriangulos.blogspot.com/