Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.
O 50% do profesorado recibiu formación en diferentes competencias dixitais tales como elaboración de programacións PROENS, creación de contidos online en plataformas educativas...
Para ensinar ao alumnado a empregar as TICS de maneira segura leváronse a cabo as seguintes intervencións:
- O alumnado de 4º ESO participou no Digital Week ofertado pola Consellería.
- Todo o alumnado da ESO asistiu á 1ª parte da formación de Cibervoluntariado titulado " Para, pensa e conéctate contra a violencia de xénero". Esta formación estivo orientada cara a concienciación dos perigos de internet e das redes sociais en materia da violencia de xénero.
- Todo o alumnado da ESO recibiu a 1ª parte da formación "Verifica2" sobre a importancia de recoñecer bulos e fake news que aparecen por internet.
Para ensinar ao alumnado a empregar as TICS de maneira segura leváronse a cabo as seguintes intervencións:
- Todo o alumnado da ESO asistiu á 2ª parte da formación de Cibervoluntariado titulado " Para, pensa e conéctate contra a violencia de xénero". Esta formación estivo orientada cara a concienciación dos perigos de internet e das redes sociais en materia da violencia de xénero.
- Todo o alumnado da ESO recibiu a 2ª parte da formación "Verifica2" sobre a importancia de recoñecer bulos e fake news que aparecen por internet.
Con respecto á mellora da Competencia Dixital das familias, ofertouse un curso sobre o uso das ferramentas dixitais de 15 horas para as familias do alumnado do centro. Este ano 10 familias estiveron asistindo regularmente.
O 25% do profesorado neste segundo trimestre recibiu formación en diferentes competencias dixitais tales como creación de contidos online en plataformas educativas...
O alumnado recibiu formación sobre a prevención de riscos e seguridade nas redes.
O persoal non docente non sabe onde atopar a formación axeitada para o manexo das plataformas corporativas.
O 15% do profesorado continuou a súa formación con cursos ofertados pola Consellería para a mellora da súa competencia dixital.
Avaliación
No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.
En xeral, este plan ten varios obxectivos que son bastante ideais. É relativamente sinxelo incluir ao alumnado e profesorado na formación en competencia dixital. Sen embargo, as familias e persoal non docente non se amosan moi participativas nas actividades propostas e é complexo facer que saquen proveito da formación ofertada.
Para que este Plan Dixital se poda levar a cabo correctamente o centro educativo precisa ter profesorado que se dedique a éste. Neste curso o profesorado non ten horas dispoñibles e a dirección do centro non pode abarcar nin asumir a carga de traballo que supón facer cumplir este Plan.
Comunicación e difusión
Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico e ao Consello Escolar.