Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Fin do Camiño está situado na Rúa do Voluntariado nº18. 15155 – Fisterra (A Coruña).  O teléfono do centro é o 881 960 528, o correo electrónico ies.findocamino@edu.xunta.es e a páxina Web https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfindocamino/. Este instituto ofrece a etapa educativa da ESO con unha liña. No curso 2022/2023 contamos con 75 alumnos e alumnas e 14 profesores e profesoras no instituto.

Administrativamente, o concello de Fisterra está integrado na Comarca do mesmo nome e da que forman parte tamén os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Muxía e forman parte da rexión costeira denominada Costa da Morte. En total contan cunha poboación de 21.379 habitantes (IGE 2021).  No que respecta á economía, sendo Fisterra un concello costeiro puidera parecer que a principal actividade económica fose a pesca, sen embargo isto non se axusta á realidade. A crise económica do 2008 golpeou duramente aos sectores tradicionais de desenvolvemento como a pesca e a construción e beneficiou ao sector servizos, especialmente ao turismo e a hostalería por mor do fenómeno crecente do Camiño de Santiago, destacando na actualidade como motor económico do concello.

No plano académico practicamente a totalidade dos nosos estudantes proseguen estudios postobrigatorios tras titular na ESO no noso centro acadando outras titulacións, tanto medias como superiores. Respecto ao acceso as TIC, todo o alumnado dispón dun equipo E-Dixgal e tódalas familias declaran ter acceso a rede. A calidade dese acceso en xeral é bo, con fibra óptica, aínda que algúns casos hai mediante telefonía, compartindo conexión có teléfono móbil, ou ADSL. Estes últimos, residentes nalgunhas áreas rurais onde aínda non chegou a fibra.

Dende fai case 10 anos o Plan TIC é o principal promotor de tódalas actividades e iniciativas do centro relacionadas coas TIC. Inicialmente participamos no Proxecto Abalar e agora no seu herdeiro E-Dixgal o que permitiu acceder a uns recursos tecnolóxicos fora do alcance do presuposto do centro e a posibilidade de dixitalización da nosa actividade. O Proxecto Dixital mantén ese papel vertebrador que afecta a tódalas actividades, pero destacaremos:

  • Establece as tarefas propias do Equipo TIC.

  • Permite escoller axeitadamente os materiais cos que se vai traballar na aula, fomentando o emprego das TIC.

  • Potencia o uso das novas tecnoloxías para o aprendizaxe entre o alumnado e o profesorado.

  • Potencia o uso das novas tecnoloxías no cumprimento das tarefas administrativas entre o persoal docente, sobre todo os titores, co fin de acadar unha administración áxil, eficaz e transparente.

  • Fomenta a comunicación coa comunidade educativa co fin de conseguir os obxectivos propostos.

  • E potencia a publicidade dos asuntos relacionados co centro, xa sexa mediante o correo electrónico, as aplicacións de xestión pedagóxica, redes sociais ou a páxina web.

No centro contamos coa asesoría da mentora da Rede Galega Dixital da zona do equipo Adix Vimianzo, polo que ela foi a que guiou este proceso e nos asesorou no mesmo. As decisións foron consensuadas no equipo coas achegas dos participantes e a redacción final realizada entre a mentora e o coordinador TIC.

O proceso de seguimento por parte da mentora xa establecía, en canto á temporalización, a entrega de diversas tarefas ao longo do curso que posteriormente serviran para dar forma ao Plan Dixital. No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado da dixitalización do centro. No comezo do segundo trimestre utilizouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos docentes do centro. Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO. Neste segundo trimestre tivemos dúas formacións online para axudarnos no proceso de elaboración do Plan Dixital por parte do equipo Adix Vimianzo. No terceiro trimestre elaboráronse as táboas do Plan de Acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliacion inicial da dixitalización do instituto utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do mesmo. Ademáis tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras do instituto.

A parte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora do equipo Adix vimianzo e dos membros do EDPD. Cabe sinalar que os datos do SELFIE ás veces son sesgados e requiriron de interpretación, das persoas antes mencionadas, para facer unha interpretación da situación real do instituto. A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H6 - 3,3 - No noso centro o alumnado non aprende suficientemente a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Debilidade H13 - 3,1 - No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais suficientemente. Alumnado Si
Debilidade H11 - 3,3 - No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar suficientemente. Alumnado Non
Debilidade C15 - 3,4 - No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais non ten suficiente acceso ás tecnoloxías de apoio. Infraestruturas Non
Debilidade A4 - 3,3 - Non dispoñemos do tempo necesario para explorar como mellorar os métodos de ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade G8 - 3,4 - Non facilitamos suficientemente ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade C16 - 3,3 - No noso centro non existen suficientes repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade F6 - 3,3 - Non fomentamos suficientemente a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade G6 - 2,5 - O profesorado non utiliza as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade G5 - 3,1 - O profesorado non utiliza suficientemente as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G10 - 3,2 - O profesorado non valora suficientemente as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo. Persoal docente Non
Debilidade B2 - 3,4 - Non dispoñemos do tempo necesario para compartir as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G3 - 3,4 - O profesorado non emprega suficientemente as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Fortaleza C8 - 4,8 - No noso centro existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Alumnado Non
Fortaleza H10 - 4,1 - O noso equipo directivo garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza C10 - 4,9 - No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Alumnado Non
Fortaleza C2 - 4,8 - No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente. Infraestruturas Non
Fortaleza C1 - 4,2 - No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C5 - 4,1 - A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C3 - 4,4 - O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza A2 - 4,2 - Desenvolvemos a estratexia dixital do noso centro entre todos. Organización de centro Non
Fortaleza C11 - 4 - No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Fortaleza E5 - 4,4 - O profesorado emprega recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza D2 - 4,4 - O profesorado ten acceso a posibilidades de FPC en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E4 - 4,3 - O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais para as comunicacións relacionadas co centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza E2 - 4,3 - O profesorado crea recursos dixitais para reforzar o seu método de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza G1 - 4,1 - O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza E1 - 4,1 - O profesorado busca recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza E3 - 4,2 - O profesorado utiliza ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos. Persoal docente Non
Fortaleza D3 - 4 - O profesorado intercambia experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B4 - 2,9 - Non colaboramos suficientemente con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Non
Ameaza B3 - 3,1 - Non utilizamos suficientemente as tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. Outras Non
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD (H13) Creación de videotitoriais para a resolución dos problemas relacionados coas TIC máis habituais cos que se atopa o alumnado do noso centro.
O2PD (G5) Incluír nos proxectos didácticos unha autoavaliación do alumnado ao final de cada trimestre en forma de cuestionario xogado tipo Kahoot, Tirvinet, etc.
O3PD Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado de cada curso, utilizando tecnoloxías dixitais.

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 2022-2023. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas do noso Plan de Acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 2022-2023. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do Plan de Acción para o seu cumprimento.

1º Trimestre

(H13) Creación de videotitoriais para a resolución dos problemas relacionados coas TIC máis habituais cos que se atopa o alumnado do noso centro.

  • Informado en claustro o 07/09/2022.
  • Tratado en CCP o 29/09/2022.
  • Abandónase en decembro por falta de confianza na efectividade da acción.
    • Para que un servizo FAQ funcione adecuadamente é necesario ter desde o principio resposta a tódolos problemas máis comúns, que son moitos máis de catro, xa que se un usuario accedese varias veces buscando respostas e non as atopase, con alta probabilidade deixaría de visitar o servizo definitivamente.
    • O importante esforzo inicial queda alén dos nosos máis que modestos recursos humanos polo que acabaría sendo un dispendio de medios.

G5) Incluír nos proxectos didácticos unha autoavaliación do alumnado ao final de cada trimestre en forma de cuestionario xogado tipo Kahoot, Tirvinet, Quizizz, etc.

  • Informado en claustro o 07/09/2022.
  • Tratado en CCP o 29/09/2022.
  • O profesorado participante prefire aplicacións privadas dispoñibles en internet, principalmente empregan Kahoot.
  • A maioría emprega actividades xa feitas por outros usuarios.
  • Participa o 46,15% dos departamentos.

(F6) Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado de cada curso, utilizando tecnoloxías dixitais.

  • Informado en claustro o 07/09/2022.
  • Tratado en CCP o 29/09/2022.
  • Empréganse ordenadores, tablets, móviles, libros dixitales e aplicacións de lectura, multimedia, follas de cálculo, procesadores de texto, etc. segundo as actividades.
  • As actividades estánse colgando conforme se producen na páxina web do centro máis en outras páxinas e blogs adicados.
  • Participa o 49,35% do alumnado do centro.

 

2º Trimestre

(H13) Creación de videotitoriais para a resolución dos problemas relacionados coas TIC máis habituais cos que se atopa o alumnado do noso centro.

  • Abandonado en decembro por falta de confianza na efectividade da acción.

G5) Incluír nos proxectos didácticos unha autoavaliación do alumnado ao final de cada trimestre en forma de cuestionario xogado tipo Kahoot, Tirvinet, Quizizz, etc.

  • O profesorado participante segue a preferir aplicacións privadas dispoñibles en internet, principalmente Kahoot.
  • A maioría emprega actividades xa feitas por outros usuarios, anímase a crear materiais propios.
  • Participa o 38,46% dos departamentos. A caída da participación se explica polas baixas e substitucións.

(F6) Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado de cada curso, utilizando tecnoloxías dixitais.

  • Empréganse ordenadores, tablets, móviles, libros dixitales e aplicacións de lectura, multimedia, follas de cálculo, procesadores de texto, etc. segundo as actividades.
  • As actividades estánse colgando conforme se producen na páxina web do centro máis en outras páxinas e blogs adicados.
  • Participa o 49,35% do alumnado do centro. A porcentaxe non varía a pesares dos cambios de alumnado.
3º Trimestre

(H13) Creación de videotitoriais para a resolución dos problemas relacionados coas TIC máis habituais cos que se atopa o alumnado do noso centro.

  • Abandonado en decembro por falta de confianza na efectividade da acción.

G5) Incluír nos proxectos didácticos unha autoavaliación do alumnado ao final de cada trimestre en forma de cuestionario xogado tipo Kahoot, Tirvinet, Quizizz, etc.

  • O profesorado participante segue a preferir aplicacións privadas dispoñibles en internet, principalmente Kahoot.
  • A maioría emprega actividades xa feitas por outros usuarios, anímase a crear materiais propios pero poucos o fan.
  • Participa o 53,85% dos departamentos, cumprindo o obxectivo.
    • Non obstante, o obxectivo veuse lastrado polo importante número de baixas e persoal non definitivo no centro durante o curso, xa que estas persoas non participaron no consenso inicial.
      • Sirva como exemplo a situación a final de curso. Nun claustro de 14 persoas, 3 substitutos e 5 non definitivos. Máis do 50% do cadro de persoal non participou no consenso inicial.

(F6) Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado de cada curso, utilizando tecnoloxías dixitais.

  • Empréganse ordenadores, tablets, móviles, libros dixitales e aplicacións de lectura, multimedia, follas de cálculo, procesadores de texto, etc. segundo as actividades.
  • As actividades estánse colgando conforme se producen na páxina web do centro máis en outras páxinas e blogs adicados.
  • Cunha participación do 49,35% do alumnado do centro supérase o obxectivo con creces. A porcentaxe non varía a pesares dos cambios de alumnado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 2022-2023. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas do noso Plan de Acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 2022-2023. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do Plan de Acción para o seu cumprimento.

Valoración xeral

 

(H13) Creación de videotitoriais para a resolución dos problemas relacionados coas TIC máis habituais cos que se atopa o alumnado do noso centro.

  • Abandónase en decembro por falta de confianza na efectividade da acción.

  • Para que un servizo FAQ funcione adecuadamente é necesario ter desde o principio resposta a tódolos problemas máis comúns, que son moitos máis de catro, xa que se un usuario accedese varias veces buscando respostas e non as atopase, con alta probabilidade deixaría de visitar o servizo definitivamente.

  • O importante esforzo inicial queda alén dos nosos máis que modestos recursos humanos polo que acabaría sendo un dispendio de medios.

(G5) Incluír nos proxectos didácticos unha autoavaliación do alumnado ao final de cada trimestre en forma de cuestionario xogado tipo Kahoot, Tirvinet, Quizizz, etc.

  • O obxectivo previsto nunha participación do 50% dos departamentos finalmente superouse no terceiro trimestre co 53,85% de participación departamental.

  • O obxectivo veuse lastrado polo importante número de baixas e persoal non definitivo no centro durante o curso, xa que estas persoas non participaron no consenso inicial. Sirva como exemplo a situación a final de curso: nun claustro de 14 persoas, 3 substitutos e 5 non definitivos. Máis do 50% do cadro de persoal non participou no consenso inicial.

  • O profesorado participante preferiu aplicacións privadas dispoñibles en internet, empregaron principalmente Kahoot e Quizizz.

  • A maioría do profesorado participante empregou actividades xa feitas por outros usuarios destes servizos.

(F6) Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado de cada curso, utilizando tecnoloxías dixitais.

  • O obxectivo previsto nunha participación do 30% de estudantes participantes en proxectos interdisciplinares, sumando Clubs de Ciencia e Lectura superouse amplamente co 49,35% de participación estudantil.

  • En total temos un Club de Ciencia, dous Clubs de Lectura tradicional e outros dous Clubs de Lectura Manga. A división dos Clubs de lectura faise por idade principalmente.

  • As actividades cólganse na páxina web do centro ou en outras páxinas, blogs ou contas adicados conforme se producen.

  • Empregáronse ordenadores, tabletas, móbiles, libros dixitais e aplicacións de lectura, multimedia, follas de cálculo, procesadores de texto, etc.

Proposta de mellora

Seguir o curso 2023-2024 profundando nas dúas liñas que funcionaron.

  • (G5) Incluír nos proxectos didácticos unha autoavaliación do alumnado ao final de cada trimestre en forma de cuestionario xogado tipo Kahoot, Tirvinet, Quizizz, etc.

    • Manter a porcentaxe de participación departamental no 50%.

    • Fixar unha cantidade significativa de actividades de deseño propio. Que al menos el 50% dos departamentos participantes teñan unha actividade de deseño propio.

  • (F6) Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado de cada curso, utilizando tecnoloxías dixitais.

    • Incrementar o obxectivo previsto nunha participación do 35% de estudantes participantes en proxectos interdisciplinares, sumando Clubs de Ciencia e Lectura.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do noso centro enviarase o claustro e ao Consello Escolar vía correo electrónico. Logo será aprobado en Consello Escolar e publicado na web do centro para a difusión entre a Comunidade Educativa.

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfindocamino/?q=system/files/PlanDixital-Xun23-IESFdC%2815027915%29_30062023.pdf