Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Vilarmide Eduardo Noya está situado no lugar do mesmo nome, da parroquia de S. Pedro de Coucieiro. Dista nove km da vila de Muxía, capital do concello. Pódese considerar que o centro – agás as parroquias ribeirás de Nemiña, Morquintián e Touriñán - ocupa unha posición equidistante das parroquias que nutren o seu alumnado, sendo isto unha avantaxe que repercute nos tempos de transporte escolar. Presenta, en cambio, o inconveniente da distancia a todos os servizos sociais: correos, médicos, biblioteca pública, concello, etc. Tamén é un obstáculo na organización de actividades extraescolares, obrigando a telas no tempo posterior ás comidas para que se poida beneficiar todo o alumnado.

A páxina web do centro é http://centros.edu.xunta.es/ceipdevilarmide/ e o correo electrónico o seguinte: ceip.vilarmide@edu.xunta.gal.

O centro conta con 5 mestres e mestras con destino definitivo. Ademais ten adxudicados 3 mestres compartidos de Pedagoxía Terapeuta, Audición e Linguaxe e Orientación con base noutros centros do Concello. No CEIP Vilarmide Eduardo Noya impártese a etapa de Educación infantil e a etapa de Educación Primaria. Asisten 47 alumnos e alumnas en total, 8 de Educación Infantil e 39 de Educación Primaria.

A pesar de ser un Concello con moitos quilómetros de costa, tan só a súa capital, Muxía, vive da actividade pesqueira; o resto dedícase principalmente á agricultura, gandaría e explotacións forestais. A maioría das familias pertencen á clase media ou media-baixa. Os pais e nais do alumnado na maioría dos casos teñen un nivel de estudos primarios sen título de Graduado Escolar. En canto ás actividades laborais, as nais son maioritariamente amas de casa e os pais dedícanse principalmente a actividades como a pesca, a agricultura, a construción e o transporte. Os nenos e nenas deben axudar nas labores domésticas e nos traballos dos pais e das nais. Só a metade das familias esperan que os fillos e fillas cursen Bacharelato ou acudan á Universidade, o resto ou non sabe ou quere que se incorporen ao mundo laboral ou que cursen un ciclo medio de Formación Profesional.

O desenrolo do Plan Dixital da resposta ao obxectivo específico marcado na programación xeral anual como: “ Traballar as estratexias cognitivas e medios para acceder á información (incluíndo as TICS), dando significado aos aprendizaxes e potenciando as competencias clave”. Ademais na programación xeral anual establécese, a raíz da situación vivida coa COVID-19, como actuación prioritaria mellorar a competencia dixital do alumnado. Para isto, o equipo docente formarase naqueles aspectos de aulas virtuais que faciliten a xestión educativa e pedagóxica no caso de formación semipresencial ou non presencial. En calquera caso, o coordinador do equipo TICS con axuda do seu equipo será o responsable do traballo de mantemento da aula virtual (xestión da administración, páxina de inicio, creación de cursos e subida de información básica). O resto de funcións (comunicación coa UAC, divulgar accións de formación...) tamén forman parte das tarefas do equipo TICS.  O Plan dixital da resposta o todo o citado anteriormente, polo que esta estreitamente relacionado co protocolo COVID 19.

No centro contamos coa asesoría da mentora da Rede Galega Dixitalgal da zona do equipo Adix Vimianzo, polo que ela foi a que guiou este proceso e nos asesorou no mesmo. Todo foi consensuado no equipo coas achegas de todos e todas e redactado entre a mentora e a coordinadora TIC. O proceso de seguimento por parte da mentora xa establecía en canto a tempo a entrega de diversas tarefas ao longo do curso que posteriormente darían forma o que é o Plan dixital en si.

No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado en canto a dixitalización do centro. No comezo do segundo, utilizouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras. Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO. Neste segundo trimestre tivemos dúas formacións online para axudarnos no proceso de elaboración do Plan Dixital por parque do equipo Adix Vimianzo. No terceiro trimestre elaborouse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliacion inicial da dixitalización do centro utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro. Ademáis tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.

A parte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora de centro e dos membros do EDPD. Cabe sinalar que os datos do SELFIE ás veces son sesgados e requiriron de interpretación, das persoas antes mencionadas, para facer unha interpretación da situación real do centro.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7: O profesorado considera que o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade C2: O equipo directivo considera que non hai suficientes dispositivos dixitais para a ensinanza. Infraestruturas Non
Debilidade A1: Tanto equipo directivo como profesorado indican a falta de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade A4: O profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade G8: O profesorado considera que non facilita que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade B1: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que non se avalían os seus progresos en materia de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C14: O profesorado considera que no centro os espazos físicos non facilitan a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxía dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Organización de centro Si
Debilidade B4: O profesorado non colabora con outros centros ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Si
Debilidade Teniendo en cuenta el informe del Test CDD, se afirma la necesidad de ajustar las formaciones al nivel de competencia del profesorado. Outras Non
Debilidade E3: O profesorado considera que non utiliza contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G5: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que non utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G1: O equipo directivo considera que o profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non a totalidade do profesorado é coñecedor das vantaxes do emprego do sofware libre no ámbito educativo e non dispón e fai uso deste tipo de ferrramentas no centro. Persoal docente Non
Debilidade E2: O equipo directivo e o profesorado consideran que non se crea recursos dixitais para reforzar a labor de ensinanza. Persoal docente Non
Debilidade F6: Tanto o equipo directivo como profesorado consideran que non fomentan a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Tendo en conta o informe do Test CDD, o profesorado debe mellorar a sua competencia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza H1: A comunidade educativa considera que no noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet. Alumnado Non
Fortaleza H2: A comunidade educativa considera que no centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza A3: O profesorado conta co apoio do Equipo directivo para probar novas formas de ensinanzas con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza B2: Tanto o equipo directivo como profesorado consideran que se debate sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D1: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman debater sobre as necesidades de PDC no relativo á ensinanzas con tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza D2: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter acceso a posibilidades de PDC no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D3: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter posibilidade de compartir experiencias dentro do centro sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que buscan recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza C5: A comunidade educativa afirma que a asistencia técnica non é eficaz en canto a rapidez da solución no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Escasa importancia das opinións do profesorado no desenvolvemento educativo. Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática do profesorado con múltiples funcións que non permiten un bo desenrolo das mesmas. Administración educativa Non
Ameaza C7: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que no centro non existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza A5: Tanto equipo directivo como profesorado creen ter coñecemento sobre as normas de dereitos de autor e licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para a ensinanza e o aprendizaxe pero a través de información do equipo de dinamización do plan dixital sabemos que isto non se cumpre en todos os casos. Lexislación Non
Ameaza B3: O profesorado non utiliza ferramentas de colaboración con outras entidades. Outras Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade A Consellería está facendo un gran investimento neste proceso e é unha boa oportunidade para cambiar e mellorar as cousas. Administración educativa Non
Oportunidade Temos a nosa disposición a figura de mentor Adix para a elaboración do plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de programas e proxectos para formación do profesorado. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de ter coñecemento da realidade do centro no eido dixital decidimos centrarnos nos principais problemas que se manifestaron no DAFO sobre o profesorado. O primeiro que decidimos atallar é o tempo do que este dispón para explorar as novas modalidades de ensino no ámbito dixital dentro da xornada escolar. Para isto, aínda que ten o seu complemento externo pola carga burocrática da consellería, consensuamos utilizar as horas de garda para que o profesorado as dedique as TICS.

Logo tamén consideramos que era momento de facer contacto con outros colexios sobre o eido dixital, xa que resultaría moi enriquecedor para todos e o mesmo tempo atallaríamos unha debilidade. E por último seguimos apostando como ata de agora pola formación do profesorado. Neste caso sobre os recursos abertos que é outra gran debilidade que se pon de manifesto no DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD (A4) Dispoñer de tempo para explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital dentro da xornada escolar.
O2PD (B4) Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros.
O3PD (E2) Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do plan de accion para o seu cumprimento.

1º Trimestre

- No 1º Trimestre, creouse o libro de seguemento das horas adicadas ao ámbito dixital dentro da xornada escolar. Explicouse o seu funcionamento. Ademais, todos os mestres/as cubren as horas que adican á elaboración dixital e os problemas que atopan (conexión a Internet, equipos,...). 

- Creamos un proxecto de actividades co uso e vivencia das TICs e puxémonos en contacto con outros centros para levar a cabo actividades dixitais conxuntas.

-Solicitamos un PFPP sobre Novas Tecnoloxías.

2º Trimestre

- No 2º Trimestre, creamos recursos dixitais adaptados ao currículo de Educación Infantil e Primaria (a través de Canva, Genially,...). 

- Seguimos recollendo no caderno de seguemento, as horas dedicadas á elaboración de materiais dixitais e as dificultades atopadas, se as houber.

3º Trimestre

- No 3º Trimestre levamos a cabo a análise do libro de seguimento das horas adicadas ao ámbito dixital dentro da xornada escolar: se as anotamos e se o se uso é necesario ou non.

- Levamos a cabo actividades conxuntas con outros centros.

- Subimos contidos educativos á Páxina Web do centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.

Valoración xeral

No que respecta á valoración do Plan Dixital do noso centro, destacamos que se levou a cabo na súa totalidade.Os obxectivos programados axudaron a potenciar aspectos relacionados con: infraestrutura tecnolóxica, formación en competencia dixital por parte do profesorado a través dun PFPP sobre esta temática e, afondar na formación e competencia dixital do noso alumnado.

A liña de traballo continuará no vindeiro curso 2023/2024, elaborando novos obxectivos e sendo prioridade para nós a formación do profesorado e do alumnado.

Proposta de mellora

No próximo curso e tras a experiencia deste, pretendemos centrarnos en menos aspectos pero durante máis tempo. Moitas veces, a carga burocrática á que estamos sometidos non nos permite afondar como quixéramos en moitos aspectos.

Tamén consideramos necesario darlle un cambio ás formacións que se leven a cabo no ámbito dixital, buscando a práctica continua do aprendido.

Algúns dos obxectivos que se valoran para o próximo curso académico son:

* Posta en marcha da aplicación inventario.

* Solicitude dun PFPP de Plan Dixital sobre os novos Paneis Dixitais Interactivos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do noso centro enviarase o claustro e ao Consello Escolar vía correo electrónico. Logo será aprobado en Consello Escolar e publicado na web do centro para a difusión entre a Comunidade Educativa.

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevilarmide/system/files/PLAN%20DIXITAL%20CEIPvilarmideeduardonoya_V1_0.pdf