Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

A referencia fundamental para que os centros deselvolvan o seu potencial dixital a través dun plan é o Marco de Competencia para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, que nos permite facer unha análise da realidade do noso centros e deseñar un plan de acción en base a seguinte lexislación:
¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización:

O CEIP Francisco López Estrada está situado no concello de Mañón, pertencente á Comarca do Ortegal, no Norte da Provincia da Coruña. Trátase dun colexio de educación infantil e primaria que conta actualmente con 3 unidades (1 de EI e 2 de EP) integradas por grupos mixtos con alumnado de varios niveis. O claustro está formado por 7 mestras e mestres, unha con base no CEIP da Barqueira, en Cerdido, e unha orientadora con base no CEIP Xosé María Laxe de Ortigueira.

O noso centro educativo está situado nos arredores do núcleo de poboación da localidade de O Barqueiro nunha zona tranquila, rodeada de vexetación que cobre a aba do Monte Cañoles. É o único centro educativo do Concello de Mañón polo que a súa zona de influencia abrangue todo o territorio municipal.

O concello de Mañón ten  unha das densidades de poboación máis baixas da provincia da Coruña. Trátase dun municipio eminentemente rural, con numerosos núcleos, máis dispersos segundo nos adentramos no concello en dirección Sur. Moitos destes núcleos xa están abandonados na actualidade, e noutros quedan soamente anciáns.

As actividades económicas, por orde de relevancia son: silvicultura, servizos, pesca e marisqueo, agricultura, construción, minería e industria.

No que se refire á condición lingüística ambiental, obsérvase que entre a poboación infantil a lingua vehicular é o castelán. Por outra banda, vemos que na aldea a xente maior segue a falar en galego principalmente.

No ámbito educativo, as nenas e nenos están escolarizados dende os 3 anos no noso centro, con posterioridade cursan os seus estudos obrigatorios no IES de Ortigueira e, nalgún caso, nos IES María Sarmiento e IES Vilar Ponte da veciña localidade de Viveiro. Unha parte, cada vez máis numerosa, cursará estudos universitarios. A formación das familias presenta un nivel predominante de estudios básicos, ás veces incompletos, se ben a tendencia dos últimos anos é a dunha progresiva mellora da situación cun acadamento dun nivel de estudios secundarios como requisito para acceder a un posto de traballo. Entre a poboación anciá o nivel académico é baixo, mesturada cunha boa dose de cultura popular.

Por outra banda, no que respecta ao nivel dixital das familias, case todas as casas contan con conexión wifi, ou polo menos datos móbiles. En canto ao equipamento informático, a meirande parte teñen teléfono móbil e utilizan AbalarMóbil, mais un gran número de familias non dispoñen de ordenadores ou tableta. Por último, no que se refire á competencia dixital, poderíamos dicir que en xeral é bastante baixa, salvo casos puntuais.

Contribución ao Proxecto Educativo:

Unha das bases ideolóxicas do noso centro é o propósito innovador e investigador, así como a asunción e introdución das novas tecnoloxías. Contemplamos a formación permanente dende o propio centro e tamén a través dos diferentes cursos e grupos de traballo programados para tal fin.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

A Programación Xeral Anual do curso 22/23 será una concreción como sempre do Proxecto Educativo e como non tamén dos obxectivos e actuacións recollidos neste Plan Dixital, polo que na PXA veranse reflectidos os obxectivos que pretendemos acadar
neste primeiro ano de implantación do Plan Dixital.

O Plan Dixital de centro estará interrelacionado co resto de plans e proxectos que actualmente desenvolvemos no centro. A relación máis directa será co Plan Anual de Fomento das TIC, co que pretendemos cada curso dar un papel máis importante ás novas tecnoloxías nos procesos de ensinanza e aprendizaxe.

Cabe destacar tamén a contribución do Plan Dixital ao Proxecto Edixgal, de recente implantación no centro (curso 2021/2022) co claro obxectivo de mellorar a calidade do sistema educativo gracias a integración das TIC e coa implicación de toda a comunidade educativa.

Fase de elaboración do plan:

A elaboración deste Plan Dixital foi levada a cabo no curso 21-22 polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital, constituído pola Directora e catro mestres (unha delas coordinadora do plan).

O proceso de elaboración abrangou os meses de marzo, abril e maio do 2022; e foi guiado e supervisado polo Equipo ADIX Ferrol 2. O proceso desenvolveuse en varias fases:

Fase 1 (análise e diagnose da situación do centro):

- Durante o primeiro trimestre do curso aplicamos a enquisa SELFIE ao alumnado e profesorado.

- Durante o mes de febreiro de 2022 o profesorado realizou o testCDD, de Competencia Dixital Docente.

- Cos datos obtidos de SELFIE e, en menor medida do informe grupal do testCDD, elaboramos a matriz DAFO do centro en relación ao ensino dixital.

Fase 2 (deseño e elaboración do plan dixital):

- Concreción de obxectivos e elaboración dun plan de acción. A partir dos aspectos que priorizamos no DAFO. Estes obxectivos incorporáronse ao Plan de Acción que se recolle neste documento.

- Elaboración do Plan Dixital.

 

 

 

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Informe SELFIE.

- Test de competencia dixital docente (CDD).

- Outras fontes: observación directa
A pandemia provocada polo SARS- CoV-2 acelerou no noso centro a aposta polo ensino dixital polo que tivemos que realizar unha actuación de emerxencia non planificada para resolver a grave situación de confinamento. Esta situación fixo que fóramos máis conscientes da necesidade dunha planificación detallada para a implantación de ferramentas dixitais así como da mellora das competencias dixitais do profesorado e do alumnado.

Por outra banda, decatámonos da falta de recursos tecnolóxicos de moitas familias, así como a súa baixa competencia dixital.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Pouco fomento da creatividade. - Escasa autorreflexión sobre ovaprendizaxe. - Pouco coñecemento das vantaxes de uso de software libre. - Competencias dixitais insuficientes. Alumnado Si
Debilidade - Baixa competencia dixital das familias. - Acceso pouco frecuente á web do centro. Familias Si
Debilidade - Conexión a internet lenta. Infraestruturas Non
Debilidade Proxectos interdisciplinares. Oferta Si
Debilidade - Falta de tempo para a organización. - O centro non ten unha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade - Falta de tempo para o profesorado. - O profesorado non participa en intercambios profesionais. Persoal docente Non
Fortaleza - Adaptación ás necesidades do alumnado. - Implicación do alumnado - Colaboración do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza - Comunicación coa comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza - Dispositivos dixitais para a ensinanza. - Acceso a internet. - Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. - Dispositivos para o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza - Novas modalidades de ensinanza. - Recursos educativos en liña - Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Oferta Non
Fortaleza - Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. - O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun PFPP. Organización de centro Non
Fortaleza - Conciencia da necesidade de desenvolvemento profesional continuo. - Participación no desenvolvemento profesional continuo. - Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Contorna rural con zonas sen acceso a internet. Contorna Non
Oportunidade - Ampla oferta de actividades formativas para a mellora da competencia dixital do profesorado. - Oferta de participación en proxectos como EDIXGAL ou DIGICRAFT. Administración educativa Non
Oportunidade - Resolución do 13 de abril de 2016, pola que se convoca a participación dos centros no Proxecto EDIXGAL. - Decreto 74/2011 polo que se regula a formación permanente do profesorado. Lexislación Non
Oportunidade - Subvencións por parte do Concello. Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Fomentar a implementación de proxectos interdisciplinares
O2PD Implementar actividades dixitais que fomenten a creatividade.
O3PD Mellorar a competencia dixital do alumnado.
O4PD Usar tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu traballo
O5PD Fomentar a participación das familias en actividades de formación de comp. dixital e tecnolóxica
O6PD Promocionar o sitio web oficial do centro entre as familias.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- Avaliación procesual:
A realizacións propostas neste plan será revisada de xeito periódico, tendo en conta a temporalización marcada, o que axudará a determinar se o obxectivo proposto foi acadado ou se é necesario realizar modificacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

O seguimento do plan será trimestral e avaliaranse tanto os logros dos alumnos, o profesorado, o persoal non docente e as familias, como o Plan en si (obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía, temporalización...).

- Avaliación final:
A final de curso realizarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos positivos, os aspectos negativos e as propostas de mellora para o vindeiro
curso.

Para a elaboración deste informe teranse en conta:- O nivel de implicación do profesorado do centro.

- O grao de consecución dos obxectivos establecidos.
- A análise das causas que expliquen os resultados.
- Unha avaliación SELFIE realizada a finais do curso

Este informe formará parte da memoria final do centro.

Valoración xeral
Proposta de mellora

O Equipo de dinamización do Plan Dixital presentará unha actualización do Plan Dixital para o curso 2023-2024 tendo en conta os datos de consecución dos obxectivos, valoración das actuacións do plan de acción, propostas recollidas da comunidade educativa, cambios normativos e outros aspecto que considere relevantes. A aprobación das modificacións no Plan Dixital axustarase ao procedemento establecido para a elaboración do Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Oído o claustro e tras a aprobación do Consello Escolar, o Plan Dixital será publicado en aberto no sitio web do centro, no apartado “Documentos”, onde estará visible para toda a
comunidade educativa.

Ademais, enviarase dende o centro unha comunicación á comunidade educativa a través da plataforma AbalarMóbil co fin de informar sobre a difusión do plan dixital. Tamén será
presentado ás familias nas reunións de principios de curso.

Unha copia en papel do Plan Dixital estará dispoñible no centro para a consulta.