Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Areouta sitúase na Rúa San Xoán 19 na localidade de Sardiñeiro dentro do Concello de Fisterra. Dista sete quilómetros da capital municipal e cento dous da capital da provincia. A páxina web do centro é www.edu.xunta.gal/centros/ceipareouta/ e o correo electrónico o seguinte: ceip.areouta@edu.xunta.gal.

O centro conta con unha mestra de Educación Infantil con destino definitivo e un mestre de Primaria con destino definitivo. Ademais ten adxudicados seis mestres itinerantes. No CEIP Areouta impártese a etapa de Educación infantil e a etapa de Educación Primaria. En total asisten 23 alumnos e alumnas repartidos en dous agrupamentos: 9 en Educación Infantil, e 17 de Educación Primaria. O nivel de renda das súas familias é medio e dedícanse fundamentalmente as actividades por conta propia e á pesca. Non existen graves problemas de inseguridade nin de marxinación social. A maioría da poboación é orixinaria da zona.

O desenrolo do Plan dixital contribúe a levar a cabo as funcións atribuídas na programación xeral anual ao Equipo de fomento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Estas son: xestionar a páxina web do centro; xestionar a Aula Virtual do centro; dinamizar e impulsar o uso das TIC no centro; analizar e priorizar as necesidades de material; actualizar o inventario de recursos existentes; e elaborar o Plan de Integración das TICS.

Ademais contribúe aos obxectivos marcados no proxecto educativo en canto as TICS tanto para o centro, o profesorado e o alumnado. 

Obxectivos xerais referido ao centro:

  • Fomentar o emprego, dun xeito correcto e útil dos distintos recursos cos que conta o centro: aulas con ordenador, pizarras dixitais, acceso a internet en tódalas aulas, etc;
  • Potenciar o emprego das TIC como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe;
  • Favorecer a súa utilización por parte do profesorado nas súas tarefas habituais no centro: programacións, memorias, actividades...
  • Obxectivos xerais referido ao profesorado: utilizar as TIC como medio de perfeccionar a actividade docente a través do seu uso; empregar os ordenadores para o traballo cotiá e as actividades de aula: programacións, actividades, fichas, información ás familias; e propoñer a posta en práctica dun seminario e/ou grupo de traballo dirixido a aprender o manexo da pizarra dixital.

E obxectivos xerais referidos ao alumnado: aumentar a competencia dixital do alumnado; desenvolver unha análise crítica coa información obtida a través de internet, é dicir, que o noso alumnado sexa capaz de “filtrar” os contidos válidos que aparezan na rede dos que non o son entre outros. 

No centro contamos coa asesoría da mentora da RGD da zona do equipo Adix Vimianzo, que guiou este proceso e nos asesorou no mesmo. Todo foi consensuado no equipo coas achegas de todos e todas e redactado entre a mentora e o coordinador TIC. O proceso de seguimento por parte da mentora xa establecía en canto a tempo a entrega de diversas tarefas ao longo do curso que posteriormente darían forma o que é o Plan dixital en si. No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado en canto a dixitalización do centro. No comezo do segundo trimestre utilizouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro. Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO. Neste segundo trimestre tivemos dúas formacións online para axudarnos no proceso de elaboración do Plan Dixital por parque do equipo Adix Vimianzo. No terceiro trimestre elaborouse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliación inicial da dixitalización do centro, utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro. Ademais tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.

Aparte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora de centro e dos membros do EDPD. Cabe sinalar que os datos do SELFIE ás veces son incompletos e requiren da interpretación das persoas antes mencionadas, para facer unha estudo da situación real do centro.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

 

 

 

 

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1: A comunidade educativa considera que no centro o alumnado debe mellorar como actuar con seguridade en internet. Alumnado Si
Debilidade H2: A comunidade educativa considera que no centro o alumnado debe mellorar como actuar de forma responsable en internet. Alumnado Non
Debilidade H8: O profesorado considera que no centro o alumnado non aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade C8: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que no centro non existen dispositivos dixitais propios ou xestionados que o alumnado poida utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Debilidade C11: O equipo directivo afirma que no centro non se conta con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade C16: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade A1: Tanto equipo directivo como profesorado indican a falta de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade C14: O profesorado considera que no centro os espazos físicos non facilitan a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxía dixitais. Organización de centro Non
Debilidade O alumnado manifesta que non atopa toda a información que precisa na páxina web do colexio. Organización de centro Non
Debilidade D3: O profesorado afirma non ter posibilidade de compartir experiencias dentro do centro sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade E3. O profesorado considera que non utiliza contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F6: O profesorado considera que non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade A4: O profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade G3: O profesorado considera que non utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación axeitada do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G6: O profesorado considera que non utiliza tecnoloxía dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Non
Fortaleza H6: O profesorado destaca que no centro o alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Fortaleza H11: O profesorado e o alumnado consideran que no centro se aprende a codificar ou programar. Alumnado Non
Fortaleza G8: O profesorado considera que facilita que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza D2: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter acceso a posibilidades de PDC no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F5: A comunidade educativa resalta que no centro, o profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G1: O profesorado considera que utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza A3: O profesorado conta co apoio do Equipo directivo para probar novas formas de ensinanzas con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que buscan recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E5: O profesorado afirma que utiliza recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza F4: A comunidade educativa resalta que no centro, o profesorado leva a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motiva ao alumnado. Persoal docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C2: O equipo directivo e o profesorado consideran que non hai suficientes dispositivos dixitais para a ensinanza. Administración educativa Non
Ameaza Escasa importancia das opinións do profesorado no desenvolvemento educativo. Administración educativa Non
Ameaza A falta de estabilidade na cadro de persoal do profesorado orixina a imposibilidade de obter un proxecto estable a medio/longo prazo. Administración educativa Non
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática do profesorado con múltiples funcións que non permiten un bo desenrolo das mesmas. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Ameaza B4: O profesorado non colabora con outros centros ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Si
Oportunidade A Consellería está facendo un gran investimento neste proceso e é unha boa oportunidade para cambiar e mellorar as cousas. Administración educativa Non
Oportunidade Temos a nosa disposición a figura de mentor Adix para a elaboración do plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade C3. O centro dispón dun bo acceso a internet para o ensino aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade C7. Tanto equipo directivo como profesorado consideran que no centro existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade A5: Tanto equipo directivo como profesorado teñen coñecemento sobre as normas de dereitos de autor e licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para a ensinanza e o aprendizaxe. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de programas e proxectos para formación do profesorado. Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 

Despois de ter coñecemento da realidade do centro no eido dixital, decidimos centrarnos nos principais problemas que se manifestaron no DAFO sobre o profesorado. O primeiro que decidimos atallar é o tempo do que este dispón para explorar as novas modalidades de ensino no ámbito dixital dentro da xornada escolar. Para isto, aínda que ten o seu complemento externo pola carga burocrática da consellería, consensuamos utilizar as horas de garda para que o profesorado as dedique as TICS. Algo non sempre posible, dado que o profesorado, en xeral, e o responsable TIC en particular contamos con moi poucas horas nas que cubrimos baixas e facemos outro tipo de labores moito máis urxentes, tendo en conta que, no caso do TIC, ten que atender a 6 niveis, un neno cunha ACI e alumnado con necesidades, e necesítanse as horas para reprografiar, preparar material e a propia burocracia interna. Logo tamén consideramos que era momento de facer contacto con outros colexios sobre o eido dixital, xa que resultaría moi enriquecedor para todos e o mesmo tempo atallaríamos unha das debilidades. E por último seguimos apostando, como ata agora, pola formación do profesorado, neste caso sobre os recursos abertos que é outra das grandes debilidades que se pon de manifesto no DAFO.

En canto o alumnado, o obxectivo vai encamiñado a mellorar a busca da información que éste atopa en internet a través de criterios de validación que aseguren unha navegación segura, fiable e precisa. 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD (A4) Dispoñer de tempo para explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital dentro da xornada escolar.
O2PD (B4) Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros.
O3PD (E2) Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente.
04PD (H1) Mellorar a busca de información que o alumnado atopa en internet a través de criterios de validación que aseguren unha navegación segura, fiable e precisa.

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das t
áboas do plan de acción para o seu cumprimento.

1º Trimestre

 

En canto o primeiro obxectivo, as accións previstas para o primeiro trimestre foron realizadas. Por outro lado, debido a que o profesorado non ve ningunha vantaxe ao cubrir dito rexistro, pois dedican máis de dúas horas mensuais ao uso das TICS, anulouse a táboa deste obxectivo. 

No relativo ao segundo obxectivo, creouse o equipo e o proxecto a realizar coas TICS para levar a cabo co CEIP Vila de Cee, que será materializado nunha actividade “on line” na que usaremos os recursos audiovisuais e de conectividade . 

No relativo ao emprego de TIC’s co alumnado, impartíronse uns rudimentos de programación, concretamente a linguaxe BASIC e o Scratch, aprendendo comandos básicos e escribindo código coa axuda do encerado dixital.

Por outra banda, e de xeito particular, dispúxose en cada aula con docencia un dispositivo GOOGLE HOME conectado coa rede. Dispositivo que introduce ao alumnado e ao acto docente no eido da Intelixencia Artificial e promove o uso e aproveitamento destes aparellos como útil ferramenta para solicitar información sobre feitos e datos puntuais nas nosas clases e facilita a conexión alumno-equipo-rede dun xeito máis amigable e como fonte de información, non só de lecer.

Neste trimestre tamén solicitamos e creamos un PFPP cunha liña de creación de recursos no pertinente ao terceiro obxectivo. 

2º Trimestre

Neste trimestre centrámonos no terceiro e cuarto obxectivos, creando recursos dixitais adaptados ao currículo de EI e EP e por outra banda tamén se traballou co alumnado criterios de validación, filtrado de contidos web e normas de uso. Así mesmo, saneouse o hardware de 20 equipos, limpándoos fisicamente de pó, clonando os seus discos duros con fin de ter un sistema homoxéneo e corporativo en todos, aumentando a RAM a 4 Gb e reorganizando a aula (mediateca) de Informática para o acceso en grupo do alumnado. Abríronse contas de email para cada alumno/a dos cursos superiores (4º,5º e 6º) con fin de podelos rexistrar gratuitamente nun curso “on line” de mecanografía e que, desta maneira, poidan enfrontarse dun xeito máis eficiente coas tics a través do input máis común, como é un teclado.

3º Trimestre

Neste trimestre, aparte de afondar nos anteriores obxectivos e actividades, realizouse a colaboración prevista con outro centro, concretamente o CEIP Vila de Cee, por mor da semana das Letras Galegas, non sendo posible nesa semana mais foi factible na seguinte, o día 22/05/2023 ás 12:30 da mañá. A actividade consistiu nunha conexión en liña, empregando as pantallas e cámaras Web dos respectivos centros e concretouse nunha batería de probas, dentro dunha xincana de coñecementos para realizar simultaneamente e compartir, constando dun acróstico, un encrucillado, unha sopa de letras e unha batería de preguntas de coñecemento, todo relativo ao personaxe conmemorado este ano dentro da comentada Semana das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, actividades de produción propia, elaboradas no noso centro e compartidas con centro convidado. Tamén houbo un intercambio de lecturas dun texto relativo ao autor.

Houbo unha xuntanza previa dunha hora, con varios días de anterioridade, para configurar e sincronizar os equipos dos dous centros. A ferramenta usada foi Skype por ser a máis compatible en ambos equipos a conectar, e salientar que, pese á conexión por fibra, a imaxe e o son foron de pouca calidade.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a nosa comunidade educativa, reducida en persoal e dispoñibilidade e, nalgún obxectivo concreto, requiriu máis tempo para optimizar o seu resultado. Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital,

.- a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, mellorada ao longo do curso coa chegada de novos equipos e pantallas táctiles.

.- a formación e capacitación de parte dos docentes.

.- a dispoñibilidade horaria dos docentes.

De feito, o desenvolvemento do obxectivo 1 viuse afectado por un destes factores polo que se optou pola sua anulación. 

No que que respecta á valoración do Plan Dixital do noso centro, comentar que non se levou a cabo na súa totalidade principalmente polo anteriormente dito e porque é un centro peculiar con toda a Primaria agrupada, varios alumnos con necesidades, pouco apoio da comunidade e altos niveis de traballo e estrés.

Os obxectivos realizados axudaron a potenciar distintos aspectos relacionados sobre todo con: infraestrutura tecnolóxica, formación en competencia dixital do profesorado a través dos PFPP e así mesmo, afondar na formación e competencia dixital do noso alumando. Continuaremos traballando neste liña a través da elaboración de novos obxectivos para o vindeiro curso 23-24 sendo prioridade para nós seguir afondando na formación do profesorado e do noso alumnado así como a introdución na transversalidade das ferramentas, aplicacións e aspectos dixitais.

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos, mostramos unha comprensible torpeza na consecución dos obxectivos, a complección dos formularios, o cumprimento dos prazos, a comunicación de resultados etc e, en suma, os indicadores que permiten esa retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que repitamos un SELFIE para autoavaliar a situación dixital da comunidade educativa.

Proposta de mellora

De cara o vindeiro curso consideramos, tras a experiencia deste, centrarnos en menos aspectos e dedicarlle máis tempo aos escollidos. Como quedou dito, a carga burocrática basal á que estamos sometidos, a carga docente, as interaccións co resto da comunidade educativa, planificar e levar traballo para casa, e as peculiaridades do noso centro non nos permite/iu afondar como quixéramos en moitos aspectos importantes e necesarios. Tamén consideramos vital darlle un impulso á formación que se leve a cabo no ámbito dixital e a materialización diaria do aprendido para que non quede só eido conceptual.

Algúns dos obxectivos que se valoran para o vindeiro curso académico son:

.- Demanda e posta en marcha da aplicación “Inventario”.

.- Solicitude de PFPP de Plan Dixital sobre os novos Paneis Dixitais Interactivos (malia só dúas aulas teñen) e calquera outra innovación e/ou novo dispositivo que se incorpore ás clases/centro, como podería ser a iniciación á IA e a súa aplicación na docencia.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do noso centro enviarase o claustro e ao Consello Escolar vía correo electrónico. Logo será aprobado en Consello Escolar e publicado na web do centro para a difusión entre a Comunidade Educativa.

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipareouta/system/files/PDAREOUTA%20novo.pdf