Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro:

CEIP Mar de Fóra. R/ Alcalde Fernández 48, Fisterra; 15155, A Coruña.

Tfno: 881880658; fax: 881880659 ceip.mar.fora@edu.xunta.gal  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmardefora/

Trátase dun centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Nel impártense ensinanzas de Educación Infantil e Educación Primaria, e a sección bilingüe. Ademais tamén temos concedidos neste curso 2021-2022 os programas E-Dixgal e PROXECTA + (programa ARCO e PROA). Conta con xornada continua desde o curso 2021/2022. É un centro de liña un con tres niveis de E.I. e cinco de E.P., xa que hai un aula mixta. Hai un total de 97 alumnos/as. En xeral o alumnado do centro é moi variado en canto a intereses, motivación, capacidades e necesidades. No centro, contamos con 15 profesores/as entre titores e especialistas. Aproximadamente a metade dos docentes son definitivos e o resto adoitan ser profesorado interino. Tanto o Departamento de Orientación como o profesor de Relixión son compartidos co CEIP Areouta de Sardiñeiro.

As familias destes alumnos teñen un nivel socio-económico medio-baixo na súa maioría e dedícanse sobre todo á pesca, á agricultura e á hostalaría. A maioría das nais da localidade son amas de casa ou están no paro e traballan maioritariamente no sector terciario. O turismo é o grande protagonista dos últimos anos, sendo os peregrinos o máis salientable ao rematar en Fisterra o Camiño de Santiago. A lingua predominante é o galego, aínda que os fillos/as tenden a falar cada vez máis o castelán. Polo que respecta á relación familia-centro, a comunidade educativa é maioritariamente participativa, aínda que sempre hai aqueles pais que non acoden ao centro aínda que sexan reclamados. Co desenvolvemento do Plan Dixital preténdese contribuír a un correcto aproveitamento e uso dos recursos tecnolóxicos dentro da nosa comunidade educativa, axudando a desenvolver os obxectivos propostos no Proxecto Educativo de Centro e fortalecendo así dito documento. O Plan Dixital supón un gran respaldo ao desenvolvemento do proxecto E-Dixgal, no que comezamos a traballar este curso 2021-2022 en 5º de primaria, servindo de apoio tanto a mestres, como alumnos e familias. Polo anteriormente mencionado, a PXA recollerá certos aspectos que se reflicten no Plan Dixital.

No centro contamos coa asesoría da mentora da Rede Galega Dixitalgal da zona do equipo Adix Vimianzo, polo que ela foi a que guiou este proceso e nos asesorou no mesmo. Todo foi consensuado no equipo coas achegas de todos e todas e redactado entre a mentora e o coordinador TIC. O proceso de seguimento por parte da mentora xa establecía en canto a tempo a entrega de diversas tarefas ao longo do curso que posteriormente darían forma o que é o Plan dixital en si. No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado en canto a dixitalización do centro. No comezo do segundo trimestre utilizouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro. Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO. Neste segundo trimestre tivemos dúas formacións online para axudarnos no proceso deelaboración do Plan Dixital por parque do equipo Adix Vimianzo. No terceiro trimestre elaborouse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do PlanDixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliacion inicial da dixitalización do centro utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro. Ademáis tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.

A parte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora de centro e dos membros do EDPD. Cabe sinalar que os datos do SELFIE ás veces son sesgados e requiriron de interpretación, das persoas antes mencionadas, para facer unha interpretación da situación real do centro.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7: O profesorado considera que o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade A1: Tanto equipo directivo como profesorado indican a falta de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade A4: O profesorado non dispón de tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16: O profesorado afirma que non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Organización de centro Si
Debilidade B3: O profesorado non utiliza ferramentas de colaboración con outros centros ou entidades. Outras Si
Debilidade F6: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que non fomentan a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade D1: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman non debater sobre as necesidades de Desenvolvemento Profesional Continuo no relativo á ensinanzas con tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade G1: O equipo directivo considera que o profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G8: O profesorado considera que non facilita que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza H1-H2: A comunidade educativa considera que no noso centro procúrase que o alumnado aprenda a actuar de forma responsable e segura en internet. Alumnado Non
Fortaleza C1: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que no centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C2-C8-C10: No centro existen dispositivos dixitais suficientes para o profesorado e o alumnado para ensinanza aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C3: O centro dispón dun bo acceso a internet para o ensino aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza D2: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter acceso a posibilidades de Desenvolvemento Profesional Continuo no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza A maioría do profesorado mostra niveis aceptables de manexo de tecnoloxías e predisposición a afondar na súa formación. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que buscan recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza Escasa importancia das opinións do profesorado no desenvolvemento educativo por parte da administración. Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática do profesorado con múltiples funcións que non permiten un bo desenrolo das mesmas. Administración educativa Non
Ameaza Elevado número de persoal docente provisional no centro. Administración educativa Non
Ameaza A5: Tanto equipo directivo como profesorado creen ter coñecemento sobre as normas de dereitos de autor e licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para a ensinanza e o aprendizaxe pero isto non se cumpre en todos os casos. Lexislación Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Oportunidade É un incentivo para a mellora da calidade educativa. Administración educativa Non
Oportunidade A Consellería está facendo un gran investimento neste proceso e é unha boa oportunidade para cambiar e mellorar as cousas. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Existe mentor ADIX na zona para apoiarnos no camiño da dixitalización. Administración educativa Non
Oportunidade C5: A comunidade educativa afirma que a asistencia técnica é bastante eficaz no noso centro cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Existe unha ampla oferta de programas e proxectos para formación do profesorado. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de ter coñecemento da realidade do centro no eido dixital decidimos centrarnos nos principais problemas que se manifestaron no DAFO sobre o profesorado. Vemos necesario dispoñer dun repositorio de recursos para o profesorado do centro, para que todos os mestres e mestras aprobeiten os recursos realizados polos seus compañeiros ao tempo de aforrar tempo. Para levar isto a cabo vamos a formarnos e debater sobre a mesma, outra debilidade que se resaltou no DAFO. Por último apostaremos por enriquecernos co contacto con outros centros para levar a cabo actividades TICS, outra debilidade que atallaríamos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD (B3) Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros.
O2PD (C16) Crear un repositorio ou biblioteca en liña con materiais de ensino e aprendizaxe.
O3PD (D1) Favorecer o debate sobre as necesidades de DPC entre o profesorado.

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre traballouse o obxectivo 3. Mantivemos as reunións acordadas facendo unha posta en común sobre "A miña experiencia coas TICs na educación". Tamén se creou na plataforma Agueiro o foro de debate: "O papel das TICs na nosa labor educativa"

Respecto ó obxectivo 2, debateuse a súa pertinencia e chegouse a conclusión de aprazalo para outro curso académico.

2º Trimestre

Respecto ó obxectivo 3 non se viu necesario continuar co seu desenvolvemento.

O obxectivo 1 levouse a cabo satisfactoriamente.

3º Trimestre

Analizadas de novo as necesidades e circunstancias do centro neste curso, decidiuse priorizar outros aspectos non planificados como o manexo dos paneis dixitais interactivos ou certa formación no profesorado e alumnado respecto ao uso responsable das TICs e a súa accesibilidade.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.

Valoración xeral

No que que respecta á valoración do Plan Dixital do noso centro, comentar que non se levou a cabo na súa totalidade. Os obxectivos acadados, que non foron os plantexados ao comezo do curso, axudaron a potenciar distintos aspectos relacionados sobre todo con: infraestrutura tecnolóxica, formación en competencia dixital do profesorado a través dos PFPP e así mesmo, afondar na formación e competencia dixital do noso alumando. Continuaremos traballando neste liña a través da elaboración de novos obxectivos para o vindeiro curso 23-24 sendo prioridade para nós seguir afondando na formación do profesorado e do noso alumnado.

Proposta de mellora

Dos tres obxectivos contemplados para este curso, o primeiro foi acadado na súa totalidade. Este primeiro obxectivo consistía na posta en marcha dun proxecto relacionado co uso e vivencia das TICs en colaboración con outros centros (B3).

O terceiro obxectivo, referente a favorecer o debate sobre as necesidades de DPC entre o profesorado (D1), levouse a cabo no primeiro trimestre, só que o debate levou a un punto sen saída e decidiuse deixalo repousar e retomalo con algún novo enfoque mais adiante, quizais o curso que ven.

O segundo obxectivo, "crear un repositorio ou bilioteca en liña con materiais de ensino e aprendizaxe" (C16), era dependente en gran medida do terceiro. Preparouse a plataforma para o repositorio en Agueiro, pero o claustro non percibiu que pagara a pena o esforzo. De novo, queda pendente de revisar no futuro e plantexalo novamente unha nova perspectiva.

Por contra, traballouse nos novos Paneis Dixitais Interactivos, axudando aos profesores a coñecer as súas funcionalidades e posibilidades didácticas. Por suposto, foi unha aproximación que permitira o profesorado empezar a usalos con certa soltura, pero queda pendente unha formación en profundidade.

Igualmente queda pendente a posta en marcha da aplicación inventario.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do noso centro enviarase o claustro e ao Consello Escolar vía correo electrónico. Logo será aprobado en Consello Escolar e publicado na web do centro para a difusión entre a Comunidade Educativa.

Enlace:  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmardefora/?q=node/263#attachments