Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
O CEIP Plurilingüe Eladia Mariño é un centro rural situado no Concello de Cabanas, na provincia da Coruña. Estamos situados no Lugar Barreiros no14 de Cabanas. O noso correo electrónico é ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal, e a páxina web do cole https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/.

O noso centro é o único centro educativo co que conta o municipio e o 95% do alumnado do noso centro pertence a este concello.

Trátase dun centro dunha liña cun total de 9 unidades (3 de Educación Infantil e 6 de Educación Primaria) cun total de 134 nenas e nenos.

Con referencia ao claustro do profesorado temos que indicar que neste curso contaremos cun 100% de persoas definitivas o que da estabilidade as actividades que se promoven no mesmo dándolle continuidade ao longo dos cursos. Formamos un claustro de 17 mestras e mestras.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O alumnado que acude ás nosas aulas ten un nivel socioeconómico medio, aínda que nos últimos tempos esta situación mudou consideradamente xa que as dificultades sanitarias e económicas do país afectan tamén a estas familias. Esta característica supón tamén un aumento das necesidades educativas do noso alumnado, atopándose un nivel do alumnado socialmente vulnerable máis elevado.

A nivel xeral, as familias do noso centro, contan con conexión a internet e algún dispositivo (tableta ou ordenador) ao que teñen alcance o alumnado. Así mesmo, a competencia dixital das familias é medio-alta, exceptuando algún caso no que solicitan axuda aos mestres e mestras, para levar a cabo xestións administrativas.

Este Plan Dixital é o instrumento que facilitará o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido dende o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado.
É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de maneira que se convirta nun proxecto compartido polos membros da comunidade educativa que dé coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual. Desta maneira será tido en conta no Proxecto de Educación Responsable, Proxecto L.O.V.A... e outros proxectos do centro.

En canto aos proxectos relacionados coas tecnoloxías dixitais, o noso centro forma parte dos seguintes: AbalarMobil, E-Dixgal, Webs Dinámicas, Plan de Mellora de Bibliotecas escolares (Meiga). Así mesmo o noso claustro participou/participa nos seguintes grupos de formación: SEMGal, Piteas.

Por último destacar que na Programación Xeral do curso 2022/2023 asignarase un apartado específico para a descrición do proceso de implementación do Plan Dixital.

1.3. Breve xustificación do mesmo

Normativa aplicable utilizada para a elaboración do Plan Dixital:

-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

Ao inicio deste curso escolar, en setembro de 2021, 5 mestras e mestres que nos presentamos de forma voluntaria, creamos o grupo do “Plan Dixital” por petición do CEFORE de Ferrol. Formamos parte do grupo Adix Ferrol 2. A coordinadora de dito grupo é a Secretaria do Centro, o resto de integrantes foron: unha representante do Departamento de Orientación, unha representante da etapa de Infantil, un representante da etapa de Primaria e unha representante de Lingua Estranxeira.

Comezamos facendo o SELFIE, para unha análise detallada do noso centro. A continuación participamos no test CDD, posteriormente elaboramos o DAFO con toda a información previa. Gracias a este documento, puidemos marcar os nosos obxectivos futuros, elaborando o Plan de acción. Xa por último redactamos o noso Plan Dixital con toda a formación previa.

Todo este traballo inicio varios debates entre o profesorado, os cales serviron para marcar un camiño a seguir.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información pervia foron o informe de autoavaliación SELFIE e o Test CDD.

Interno
49 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade I8: O alumnado carece de coñecemento técnico en canto ás tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade A2:Desenvolvemos estratexias dixitais do centro. Organización de centro Si
Debilidade I3: Carecemos de acceso a recursos dixitais en línea ben organizados. Organización de centro Si
Debilidade A1: Non contamos con estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade B1: Non levamos a cabo avaliación dos nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade I3: Non temos aula virtual operativa. Persoal docente Si
Fortaleza E3: Empregamos entornos virtuais de aprendizaxe. Alumnado Si
Fortaleza H8: O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza F1: Adaptación do método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza F3: Fomentamos a creatividade do alumnado a través das tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza F4: Levamos a cabo actividades de aprendizaxe con tecnoloxías dixitais para motivar ao alumnado. Alumnado Si
Fortaleza F5: Empregamos tecnoloxías dixitais para facilicitar a colaboración entre o alumnado. Alumnado Si
Fortaleza F6: Proxectos interdisciplinares do alumnado empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza G3: Retroalimentación adecuada do alumnado a través de tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza G5: Reflexión do propio alumnado sobre o aprendizaxe empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza G6: Empregamos tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións sobre o traballo doutros compañeiros. Alumnado Si
Fortaleza H6: O alumnado da crédito ao traballo de outras persoas que encontran en internet. Alumnado Non
Fortaleza H7: O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza E4: As comunicacións coa comunidade educativa é a través de tecnoloxías dixitais. Familias Non
Fortaleza I2: Boa competencia dixital das familias. Familias Non
Fortaleza I7: Acceso a dispositivos dixitais fora do centro educativo. Familias Si
Fortaleza C1: No noso centro a infraestrutura dixital respalda a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C2: O noso centro ten dispositivos dixitais para o seu uso na ensinanza. Infraestruturas Non
Fortaleza C3: Facilitamos acceso a internet para a ensinanza e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C5: Dispoñemos de asistencia técnica cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C7: Temos sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8: No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro e que o alumnado pode empregar cando o precisa. Infraestruturas Non
Fortaleza B2: Levamos a cabo debates sobre as vantaxes e desvantaxes de empregar a tecnoloxía para a aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza H3: No noso centro ensinamos a actuar de xeito responsable e a respetar aos demais no uso de internet. Organización de centro Si
Fortaleza B3: Empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Organización de centro Non
Fortaleza H1: No noso centro ensinamos a actuar de xeito seguro en internet. Organización de centro Si
Fortaleza H4: No noso centro ensinamos a comprobar se a información que encontra o alumnado en internet é fiable e precisa. Organización de centro Si
Fortaleza E2: Creamos recursos dixitais para reforzar o método de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza F6: Proxectos interdisciplinares do alumnado empregando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza G5: Reflexión do propio alumnado sobre o aprendizaxe empregando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza I5: Empregamos con seguridade as tecnoloxías no noso traballo. Persoal docente Si
Fortaleza A3: Exploramos novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D1: Debatimos sobre a necesidade de DPC no relativo á ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D3: Intercambiamos experiencias dentro da comunidade educativa sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Buscamos recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Si
Fortaleza E3: Empregamos entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza E4: As comunicacións coa comunidade educativa é a través de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F5: Empregamos tecnoloxías dixitais para facilicitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G1: Evaluamos as habilidades do alumnado a través de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza G3: Retroalimentación adecuada do alumnado a través de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza G6: Empregamos tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións sobre o traballo doutros compañeiros. Persoal docente Si
Fortaleza I4: Levamos a cabo un desenvolvemento profesional tanto presencialmente coma en linea, así como a través de colaboracións, redes profesionais... Persoal docente Non
Fortaleza E4: As comunicacións coa comunidade educativa é a través de tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza E1: Buscamos recursos educativos dixitais en internet. Persoal non docente Si
49 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipo dixital insuficiente. Falta de fondos. Administración educativa Non
Ameaza I1: O profesorado ten falta de tempo para o uso das tecnoloxías. Administración educativa Non
Ameaza Apoio técnico limitado ou inexistente. Administración educativa Non
Ameaza I6: A tecnoloxía fora do centro non é empregada co fines de aprendizaxe. Contorna Non
Ameaza A1: Non contamos con estratexia dixital. Lexislación Si
Oportunidade D2: Acceso a posibilidades de DPC no relativo á ensinanza con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade B3: Empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OB1 Implementar e promover a aula virtual en Educación Infantil, 1o, 2o, 3o e 4o de Primaria. (I3)
OB2 Favorecer o intercambio de información para a elaboración dunha secuencia de contidos dixitais por etapa/ciclo. (I8)
OB3 Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital. (B3)

Seguimento

Procedemento

O equipo que conforma o Plan Dixital levou a cabo diversas reunións ao longo de todo o curso, especialmente a inicio e fin de trimestre para valorar o seguimento do Plan no centro.

1º Trimestre

Comezouse a deseñar a aula virtual, creando cursos e materias, así como asignando ao alumnado e profesorado ao curso correspondente.

O alumnado do 3º ciclo recibiu charlas relacionadas co aspecto dixital, o terceiro obxectivo para este ano marcado no Plan Dixital do centro.

O alumnado de 6º de Primaria recibiu formación en radio por parte de Radio Fene "Radio na escola".

Leváronse a cabo dúas reunións co mentor Adix onde se falou de diversos aspectos relacionados co Plan: DixitalGal, SELFIE, PROENS e plataformas dixitais, EDUCALIDADE... Falouse sobre a detección de proxectos de transformación dixital.

2º Trimestre

Continuouse a artellar coa aula virtual, incluíndo ao profesorado de nova incorporación no mes de xaneiro. Outorgóuselle a cada mestre os nomes de usuario do alumnado e do profesorado, para que puidesen comezar a traballar coa aula virtual. Ao final do segundo trimestre, unha pequena parte do profesorado xa incluíra actividades nas súas materias.

O alumnado de 3º ciclo recibiu de novo unha charla relacionada cos aspectos dixitais.

Leváronse a cabo reunións co mentor Adix nas que se falou da posibilidade de recibir unha formación sobre a Aula Virtual. Explicouse o funcionamento da plataforma EDUCALIDADE e solventáronse dúbidas sobre a acreditación de competencia dixital.

3º Trimestre

Todo o profesorado do centro xa dispón do seu usuario e contrasinal para traballar na aula virtual, mais só unha pequena parte deles engadiu actividades para que traballase nelas o alumnado. Recibiuse unha pequena formación por parte do mentor Adix en aspectos moi básicos de utilización da aula virtual que aclarou dúbidas.

O alumnado de 3º ciclo recibiu a terceira formación por parte da Garda Civil en aspectos dixitais.

Leváronse a cabo varias reunións co mentor Adix para o seguemento do Plan Dixital.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi acadado e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Co análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

A avaliación será continúa e procesual, a súa frecuencia vai ser como mínimo unha vez ao trimestre que coinciderá coas sesións de valiación, deste caso dentro do documento da avaliación da practiva docente elaborado polo centro. Ao final de curso ralizarase o informe final comentado no paragrafo anterior.

O Equipo do Plan Dixital reunirase para facer unha avaliación final do plan. Teranse en conta a consecución dos obxectivos, a valoración das actuacións e as dificultades para concretar o Plan Dixital.

Así mesmo, o Equipo, elaborará un documento para incluír na memoria final do centro, este documento tamén recollerá propostas de mellora para o seguinte curso. Poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de competencia dixital docente.

Valoración xeral

A pesar da cantidade de obxectivos propostos no Plan Dixital, tan só un deles está acadado, polo que a valoración xeral conclúe que o Plan debe ser revisado e modificado en setembro atendendo ás necesidades dixitais básicas máis inmediatas do alumnado e do profesorado, que logo permitan ir máis aló en cursos vindeiros.

 O obxectivo de colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital do alumnado está acadado, xa que os alumnos e alumnas recibiron varias charlas ao longo do curso por parte da Garda Civil; ademais, recibiron tamén formación en radio por parte de Radio Fene no proxecto "Radio na escola".

Mais a todo, en canto ao obxectivo "Implementar e promover a aula virtual en Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria" non está acadado mais si en proceso, xa que só unha pequena parte do profesorado e alumnado traballou neste eido. 

O obxectivo "favorecer o intercambio de información para a elaboración dunha secuencia de contidos dixitais por etapa/ciclo" non está conseguido porque non se creou a comisión de profesorado en setembro por parte do Equipo Directivo.  Queda pendente.

Proposta de mellora

O equipo valora que os obxectivos son demasiado ambiciosos. Debemos partir de situacións básicas de manexo de novas tecnoloxías, xa que observamos no alumnado e no profesorado unha baixa competencia dixital. Todo isto debe terse en conta antes de poñerse a traballar coa aula virtual.

Ademais, a consecución dos obxectivos viuse afectada pola grande cantidade de burocracia que satura ao ensino, así como a cantidade inxente de plans e proxectos.

Cremos que o obxectivo "Implementar e promover a aula virtual en Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria" debe ser modificado, suprimindo deste o ciclo de educación infantil, xa que o alumnado non ten capacidade para utilizar de forma autónoma a aula virtual e ademais non é intuitiva para eles.

O obxectivo "favorecer o intercambio de información para a elaboración dunha secuencia de contidos dixitais por etapa/ciclo" tería que eliminarse porque é demasiado complexo para a situación actual do centro.

O Equipo de dinamización do Plan Dixital presentará unha actualización do Plan Dixital para o curso 2023-2024 tendo en conta os datos de consecución dos obxectivos, valoración das actuacións do plan de acción, propostas recollidas da comunidade educativa, cambios normativos e outros aspectos que considere relevantes. A aprobación das modificacións no Plan Dixital axustarase ao procedemento establecido para a elaboración do Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En xeral o centro conta con bastantes sistemas de comunicación, aínda que é mellorable:

- a comunicación da información que se colga na página web e as actualizacións das redes sociais. Habería que xeralizar o seu uso de Instagram a todo o centro.

O plan dixital, unha vez aprobado no Consello Escolar, publicarase en aberto no sitio web do centro. Posteriormente enviarase dende o centro unha comunicación á comunidade educativa a través da plataforma AbalarMóbil co fin de informar sobre a difusión do Plan Dixital.

Enviaráselle ao profesorado do centro a través do correo electrónico, haberá un tabloleiro na sala de mestres, así como cartaces no exterior.

Será presentado ás familias nas reunións de principios de curso. Unha copia en papel do Plan Dixital estará dispoñible no centro para a consulta.