Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Búscase que o Plan Dixital incida directamente no Proxecto Educativo de Centro (en adiante PEC) fomentando o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado para lograr os seguintes obxectivos:

·                 Facer uso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles para resolver problemas reais de modo eficiente.

·                 Avaliar e seleccionar novas fontes de información e innovación tecnolóxicas a medida que van aparecendo, en función da súa utilidade, para acometer tarefas ou obxectivos específicos.

·                 Ser unha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e empregar a información, as súas fontes e as distintas ferramentas tecnolóxicas.

 

Neste senso, establécense relacións co programa de Bibliotecas creativas, potenciando a creación de espazos creativos ou espazos maker, que fomenten a relación e motivación do alumnado coas TIC.

En canto ao alumnado de entre seis e doce anos, o Plan Dixital poderá apoiarse no programa DigiCraft para traballar as competencias dixitais.

O plan Dixital de centro desenvólvese en relación coa seguinte normativa de aplicación:

·                  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

·                  Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

·                  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

O proceso de elaboración do Plan Dixital organízase ao longo do curso 2021/2022 seguindo as indicacións da consellería e dos equipos de coordinación ADIX.

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, encargado da redacción do mesmo, atópase constituído polo equipo directivo e o coordinador do Plan Dixital.

Nun primeiro momento faise unha análise da situación de partida do centro mediante o emprego da ferramenta SELFIE e do test CDD, os cales extraen unha radiografía do emprego das tecnoloxías dixitais e o desempeño nas mesmas de equipo directivo, profesorado e alumnado.

Posteriormente realízase unha análise DAFO coa que se busca detectar puntos fortes e puntos febles dentro da estrutura do centro, para poder pasar á última fase de establecer uns obxectivos que traballen e melloren algúns destes puntos febles.

A implementación efectiva do Plan producirase no curso 2022/2023.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización da análise DAFO realizase unha Autoavaliación de centro SELFIE tanto para equipo directivo e profesorado coma para alumnado de Educación Primaria (5º e 6º) e Educación Secundaria Obrigatoria. Así mesmo realízase un Test de Competencia Dixital Docente (CDD en adiante), que busca facer unha fotografía do estado do desenvolvemento a nivel dixital do claustro.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

 

Interno
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F. Non se empregan tecnoloxías dixitais para comunicarse co alumnado e tampouco o alumnado está motivado para o uso e creación coas tecnoloxías no ámbito educativo. Alumnado Si
Debilidade B. Ao faltar a estratexia dixital, non temos recursos de colaboración e de avaliación dos procesos de incorporación dixital ao ensino. Persoal docente Si
Fortaleza Hai un apoio ao emprego de mecanismos dixitais, pero non está clara a estratexia nin a organización dixital. Organización de centro Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1 C2 Dificultade de conexión a Internet. Administración educativa Non
Ameaza Sobrecarga dos currículos, dificultando o traballo de outros aspectos. Administración educativa Non
Ameaza Plataformas institucionais moi disgregadas e en ocasións anticuadas. Administración educativa Non
Oportunidade Implementación/melloras con actividades dixitais. ANPA Non
Oportunidade Colaboración para calquera implementación dixital. Valora positivamente a dixitalización do ensino. Contorna Si
Oportunidade Organiza actividades extraescolares en relación ás ferramentas dixitais. Contorna Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO deixa clara coma debilidade dentro da área de liderado a falta dunha estratexia dixital, a necesidade de establecermos unha estratexia común de traballo co alumnado que teña continuidade entre Primaria e Secundaria aproveitando as potencialidades que presenta o formato de Centro Público Integrado.

Así mesmo, tamén se detecta unha falta de motivación por parte do alumnado á hora de usar ou crear coas tecnoloxías no ámbito educativo dentro da área F de pedagoxía e implementación na aula.

Neste senso establécense dous obxectivos para o próximo curso que buscan paliar ambas debilidades, atallando o mesmo problema dende dúas frontes. O establecemento dun perfil competencial dixital do alumnado, consensuado co claustro, de xeito que se establezan por etapas unhas habilidades e capacidades mínimas que teñen que ser adquiridas de xeito que o alumnado, ao deixar o centro, sexa dixitalmente competente.

Por outra banda, buscar incentivar o interese e motivación polas tecnoloxías dixitais do alumnado desenvolvendo un taller de informática na biblioteca, en colaboración co proxecto de Bibliotecas Creativas. Un taller no que sexa o propio alumnado o que propoña sobre que aprender e que lle interesa facer ou investigar.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer un perfil competencial no emprego das TIC para que o alumnado acade ao final de cada etapa. (A1*, A2*)
O02PD Crear un taller de informática na biblioteca para o alumnado. (F3*, F5*)

Seguimento

Procedemento

A persoa encargada da avaliación do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o/a coordinador/a do Plan Dixital.

Realizarase unha avaliación procesual como mínimo unha vez ao trimestre. Nesta avaliación valorarase o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Realizarase unha avaliación final anual. Valorando o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

O obxectivo O01PD non se levou a cabo porque perdeu o seu sentido coa nova normativa da LOMLOE.

Detéctase a necesidade e introdúcese coma obxectivo a actualización da páxina web do centro e a súa reestruturación a través dun PFPP.

 

2º Trimestre

O obxectivo O02PD consistente en crear un taller de informática na biblioteca para o alumnado iniciouse, dotando ao alumnado do equipamento que solicitaron. Pese a atopar o apoio dun grupo de alumnos e alumnas que mostraban moito interese nel, atopouse coa dificultade de que os recreos, de quince minutos de duración, facían inviable o taller ao ser moi pouco tempo para poder desenvolver unha actividade neles.
Neste senso, decídese ampliar o taller de informática de xeito que se poda estender non só aos recreos, senón tamén á casa. Para logralo impleméntase un concurso de modelado 3D para a posterior impresión das pezas no centro. Mantense  a posibilidade de realizalas nos ordenadores do centro no taller de Tecnoloxía ou na biblioteca nos recreos, pero tamén, de as facer na casa.

Realízase a limpeza e reestruturación da páxina web do centro a través dunha PFPP.

3º Trimestre

Continúase coa limpeza e actualización da documentación publicada na páxina web do centro.

Lévase a cabo o concurso de impresión 3D. Faise preciso, debido ás datas nas que se realiza, a ampliación do prazo de entrega de propostas. Deste xeito o alumnado de primeiro da ESO recibe a formación suficiente en Tecnoloxía coma para poder participar no concurso. Resólvese o concurso, imprimindo no centro tódalas pezas do alumnado participante coma premio pola súa participación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Seguimento do Plan de Acción
A persoa encargada da avaliación do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o/a coordinador/a do Plan Dixital.
Realizarase unha avaliación procesual como mínimo unha vez ao trimestre. Nesta avaliación valorarase o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Realizarase unha avaliación final anual. Valorando o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Propostas de mellora (revisión)
As propostas de mellora propostas polo claustro ou o resto de membros da comunidade educativa, logo de valorar a súa viabilidade e incidencia, quedarán recollidas nas actas de seguimento e avaliación do plan, indicándose a temporalización da súa posible implementación.

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado.

 

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino. O desenvolvemento do obxectivo 002PD viuse afectado por un destes factores polo que debemos reformulado para o vindeiro curso.

 

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.

Proposta de mellora

•    Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.

•    Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración cos CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Asimesmo, é importante fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.

•    Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.

•    Promocionar o acceso a recursos dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar, Procomún, etc. , para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.

•    Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando aos pais, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. Pódense realizar reunións informativas, enquisas e espazos de diálogo para recompilar opinións e retroalimentación. Neste senso, de cara ao próximo curso sería interesante propor unha formación á ANPA de cara ao emprego e publicación de información no apartado específico que teñen dentro da páxina web do centro.

•    Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital presentarase para a súa aprobación polo claustro e consello escolar, porase a disposición de toda a comunidade educativa mediante a súa publicación na páxina web do centro.