Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

   1. Datos básicos do centro

CPR Divino Maestro
Lugar Virxe do Monte n.º 6
15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
cpr.divino.maestro.pobra@edu.xunta.gal
www.divinomaestro-barriedelamaza.com

Cun total de 70 alumnos e 8 docentes temos autorizadas e en funcionamento:

  • 2 Unidades de Ciclo Formativo GM: Xestión Administrativa
  • 2 Unidades de Ciclo FPB: Servizos Administrativos
  • 1 Unidade Certificado Profesionalidade nivel 3: ADGD0210 Creación e Xestión de Microempresas.

Estamos dedicados dende hai 30 anos á formación de adultos, á impartición da Formación Profesional en varias vertentes, regrada e non regrada, Formación Profesional de ciclo medio e básico, e certificados de profesionalidade na rama administrativa, co obxectivo de capacitar ó alumnado para realizar tarefas no ámbito administrativo con responsabilidade, autonomía e iniciativa persoal.
Na parte de formación do profesorado titorizamos prácticas de masters de formación do profesorado a través dos convenios que temos coa UNIR e a Universidade Católica de Avila entre outras.


   2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro


O CPR Divino Maestro está situado nunha zona xeograficamentee descentralizada, nun concello de menos de 10.000 habitantes.
As principais actividades económicas da poboación son as relacionadas coa pesca (mariscadores, pescadores, bateas), a industria conserveira, a hostalería e a construción.
O alumnado provén na súa maioría do propio concello da Pobra, e dos concellos máis próximos como Boiro e Ribeira.
A escala social do alumnado na súa maioría é de clase media baixa con condicións económicas desfavorables. Nun rango de idade moi amplo, dende os 15 ata os 55.
A situación laboral nestes momentos é dunha grande porcentaxe en paro, outros no mar, na construción, conservas e agricultura.
Respecto do nivel cultural dos pais atopamos preto dun 60% con Certificado de Estudos, ao redor dun 20% con Graduado Escolar e o resto acadan ter estudos de Bacharelato e Formación Profesional do nivel Ciclo Medio.
O Perfil do alumnado é moi diferente segundo o nivel formativo, no caso de FPB é homoxéneo, con idades entre los 15 e os 18 anos que non finalizou la ESO e busca unha titulación que lle habilite para a incorporación ao mundo laboral.
No ciclo de Grado Medio, ó igual que nos certificados de profesionalidade temos un alumnado heteroxéneo con circunstancias moi dispares, polo que damos moita importancia a planificación e elaboración de tarefas, tentando que sexan atractivas, motivadoras e enriquecedoras para estes perfiles tan diferenciados. Aspiramos a unha mellora continua para dar unha mellor resposta a diversidade cun dobre fin:

  • A plenitude e satisfacción polo compromiso adquirido no Proxecto Educativo
  • Que a educación que reciba o noso alumnado sexa capaz de:

a) Superar los factores xeradores de desigualdade social.
b) Garantir a atención a colectivos más vulnerables para: 

  • Mellorar a súa formación e empregabilidade.
  • Previr o risco de exclusión social.

c) Potenciar unha educación responsable para que o alumno saiba dar respostas dende a súa capacidade crítica aos retos da sociedade (aprendizaxe e servizo).
d) Posibilitar a felicidade e o desfrute por aprender e por ensinar.
Recolleremos no Proxecto do Centro e a Programación Anual as liñas de traballo e formación de maneira que as accións a levar a cabo polo plan de acción do plan dixital de centro non sexan feitos illados, senón que forman parte de proxectos mais amplos integrados no centro, relacionase cos programas nos que participa o centro, coma o programa Erasmus+, plan de comunicación, proxectos transversais, plan de igualdade, continxencia, convivencia, dinamización lingua galega, etc..
Na programación Xeral Anual engadiranse coma obxectivos para o próximo curso 22/23 os recollidos no plan de acción do plan dixital de centro.
Teremos un alumnado crítico, con capacidade de decisión, criterios propios de consumo responsable, respectuosos e coñecedores da técnica e da sociedade da información e os seus desafíos. Alumnado cun perfil profesional multidisciplinar e aberto, interesados en formar parte dunha sociedade da información.


   3. Breve xustificación do mesmo

A  contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

   4. Proceso de elaboración

Todo claustro se implicou no proceso de elaboración do Plan Dixital, iniciándose en outubro coa creación do grupo de traballo: Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital co apoio do CAFI.
Despois coa axuda da formación do Adix Ribeira secuenciamos o traballo contando cos seus prazos e as formacións.
O proceso de elaboración:

  1. Alta na aplicación SELFIE
  2. O profesorado, equipo directivo e alumnado realiza o test SELFIE
  3. O grupo de traballo fai o análise de resultados de cara ao DAFO
  4. O profesorado realiza o test CDD e obtense o informe grupal do test CDD
  5. Cos resultados do SELFIE e do test CDD elaborase o DAFO
  6. A partir do DAFO seguindo as directrices da UE elabóranse as fichas do plan de mellora
  7. E por ultimo co modelo de plan dixital da consellería se elabora a primeira versión do plan dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais
O centro conta coa liña de voz con centralita IP e mais liña analóxica para voz e fax, conexión á rede con fibra, das 6 aulas do centro, 4 están con cadro eléctrico independente, swich e cableado de rede. O resto do centro accede á rede a través dos dous 3 puntos wifi situados ao longo do centro, aos que teñen acceso todo o alumnado.

  • 4 aulas dixitalizadas, con cableado de rede e cunha computadora para cada alumno/a e docente de xeito que a aprendizaxe sexa personalizada. 
  • Encerado interactivo dixital de 78” con software Promethean, 
  • 1 Fotocopiadoras, 
  • 13 impresoras conectadas en rede, 
  • 5 Proxectores. 
  • Equipos audiovisuais: Auriculares con micrófono integrado, altofalantes, pantalla de TV, reprodutores DVD, cámara dixital de vídeo, cámara dixital de fotografía, gravadora de voz, teléfono e fax.
  • O 50% do profesorado utiliza ordenador portátil da súa propiedade, e o outro 50% dispón dos equipos que quedan libres por parte do alumando. No despacho de dirección hai un equipo completo con ordenador portátil e telefono-fax-impresora.
  • Os ordenadores están equipados con sistema operativo Windows de varias versións, software administrativo obtido a través de convenios coas empresas subministradoras e software libre.
  • Servizos dixitais educativos:
  • Traballamos coa aula virtual Moodle. 
  • Actualización continua da paxina web do centro e as RRSS
  • Comezamos con parte do alumnado a utilización de servizos corporativos coma o correo usuario@divinomaestro-barriedelamaza.com que lle permita ao alumnado e o profesorado traballar de maneira mais eficiente e segura, con ferramentas coma Canva, Google works ou similares. 
  • Abalar.
  • Agueiro.
  • TokApp

O mantemento básico é levado a cabo polo profesorado, no caso de que non se poida resolver algunha incidencia temos convenio cunha empresa local para as reparacións. 
En canto á renovación do equipamento aínda que o consideramos un punto primordial non é posible facelo coa celeridade desexable estando moi limitado o orzamento do centro.
Todos os protocolos do centro están en maior ou menor medida relacionados coas TIC, atopándose en proceso de revisión para a concreción da súa conexión co Plan Dixital.
Fontes empregadas para a análise DAFO
Autoavaliación SELFIE

Areas Grupos Ensinanzas
FP
A -Liderado Equipo Direct 3.9
Profesorado 3.7 
Alumnado  

B- Colaboración e redes

ED 4.5 
P 3.4 
A 2.8 
C- Infraestruturas e Equipos ED 4.6
P 3.9
A 3.8
D- Desenvolvemento profesional continuo ED 4.8
P 3.8
A  
E- Pedagoxía:Apoio e Recursos ED 5
P 4.2
A 4.7
F- Pedagoxía: Implementación na aula ED 4.3
P 3.6
A 3.5
G- Prácticas de avaliación ED 4.6
P 3.7
A 3.1
H- Competencias dixitais do alumnado ED 4.3
P 3.7
A 3.9

Test CDD: 
Participación segundo perfil do profesorado

  N.º profesorado que participa  N.º profesorado total   % participación
DEFINITIVO 8 8 100%

Puntuación e nivel de competencia do centro

Puntuación media do test (sobre 192) Nivel de competencia Puntuación media do test en Galicia (sobre 192) Nivel de competencia en Galicia
106,5 Experto/a (B2) 76,4  Integrador/a (B1)

Puntuación e nivel de competencia por etapas

  Puntuación media do test (sobre 192) Nivel de competencia Puntuación media do test en Galicia (sobre 192) Nivel de competencia en Galicia
FP 107 Experto/a (B2) 80,3 Integrador/a (B1) 

Distribución do profesorado por niveis

  Total profesorado no nivel de competencia % de profesorado participante neste nivel
A1    
A2 1 12,5%
B1 2 25%
B2 2 25%
C1 3 37,5%
C2    
TOTAL 8 100%
Interno
54 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Insuficiente dispoñibilidade de equipos dixitais que o alumnado poda levar á casa. Alumnado Non
Debilidade G6. Insuficiente utilización das tecnoloxías dixitais para realizar observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros. Alumnado Non
Debilidade - Insuficiente dispoñibilidade de equipos adaptados para alumnado con NEAE. Alumnado Non
Debilidade F6. Insuficiente participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade - Insuficiente implicación das familias. Familias Non
Debilidade A1. Non existe unha estratexia dixital completa, en proceso. Infraestruturas Non
Debilidade C5. Insuficiente asistencia técnica, limitada polo orzamento. Infraestruturas Non
Debilidade A1. Non dispoñemos de estratexia dixital (estamos en proceso). Oferta Non
Debilidade - Non hai homoxeneidade do nivel de CDD no claustro. Organización de centro Non
Debilidade -Sí se permite traer ao alumnado o seu equipo ou dispositivo dixital. Organización de centro Non
Debilidade - Insuficiente motivación, por parte do claustro, para a utilización do software libre. Organización de centro Non
Debilidade - Insuficiente dispoñibilidade económica para a modernización de equipos. Organización de centro Non
Debilidade P5. Sí se dispón de equipos informáticos mercados polo propio centro. Organización de centro Non
Debilidade -Sí hai á disposición do alumnado un dispositivo dixital completo. Organización de centro Non
Debilidade - Insuficiente formación para a utilización dos servizos dixitais corporativos. Organización de centro Non
Debilidade B2. Insuficiente debate das vantaxes e desvantaxes de utilizar a tecnoloxía dixital. Persoal docente Non
Debilidade F6. Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade D1. Insuficiente reflexión sobre as necesidades de DPC. Persoal docente Non
Debilidade F5. Insuficiente utilización de tecnoloxías dixitais para traballar en grupo. Persoal docente Non
Debilidade G6. Insuficiente utilización das tecnoloxías dixitais para realizar observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade -Insuficiente utilización de recursos didácticos dixitais compartidos. Persoal docente Non
Debilidade - Insuficiente competencia dixital Persoal non docente Non
Fortaleza H.6 O alumnado sí aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Fortaleza H.4 O alumnado sí aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza H.7 O alumnado sí aprende a crear contidos dixitais e a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H.8 O alumnado sí aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza - Sí hai un seguimento fluído coas familias a través de dispositivos e software propio. Familias Non
Fortaleza - Sí hai un seguimento fluído coas familias a través de dispositivos e software propio. Familias Non
Fortaleza C2. Sí dispoñemos de dispositivos dixitais para a labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Suficientes dispositivos dixitais en propiedade do centro para todo o alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza C1. Suficiente infraestrutura dixital que respalda a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Sí se facilita o acceso a internet para a ensinanza e a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Suficiente Política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza A2. O claustro sí se involucra no desenvolvemento da estratexia dixital. Oferta Non
Fortaleza A6. As empresas de FCT sí se involucran mais coa estratexia dixital. Oferta Non
Fortaleza P2. Sí se promove a utilización do software libre. Organización de centro Non
Fortaleza P1. Suficientes servizos dixitais corporativos do centro. Organización de centro Non
Fortaleza P3. Sí se promove a participación do profesorado en actividades formativas. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Sí se fomentan as novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D3. Suficiente apoio ao profesorado para que intercambien experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Sí se utilizan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Non
Fortaleza F1. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensinanza as necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F4. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para motivar ao alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G1. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G1. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza B1. Sí existe certificación en competencias dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Suficiente acceso a posibilidades de DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E1. O Profesorado sí busca recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza E2. Suficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza G3. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G5. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza F3. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza - Si hai estabilidade na relación laboral co PAS Persoal non docente Non
54 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Insuficiente acceso ás ferramentas dixitais da consellería. Administración educativa Non
Ameaza - Insuficiente financiamento para melloras no ámbito dixital. Administración educativa Non
Ameaza - Insuficiente competencia dixital. Contorna Non
Ameaza - Insuficiente nivel socioeconómico da contorna. Contorna Non
Ameaza - Non hai flexibilidade na lexislación para a realización de actividades. Lexislación Non
Ameaza - Non hai estabilidade na Lexislación Educativa. Lexislación Non
Ameaza B3. Insuficiente utilización de tecnoloxías dixitais ao colaborar con organizacións. Outras Non
Oportunidade - Si hai colaboración de maneira positiva por parte da inspección educativa. Administración educativa Non
Oportunidade - Si existe oferta de formación CDD Administración educativa Non
Oportunidade - Sí existen, por parte do Concello, iniciativas que involucran ós centros. Contorna Non
Oportunidade - Sí existen novas oportunidades derivada da nova lei da ordenación e integración da Formación Profesional. Lexislación Non
Oportunidade B3. Si hai colaboración con centros da contorna para a formación. Outras Non
Oportunidade B3. Si hai colaboración con centros da contorna para proxectos europeos. Outras Non
Oportunidade B3. Si hai colaboracións cos concellos da contorna para actividades e FCT. Outras Non
Oportunidade B3. Si hai colaboración universidades para titorización de prácticas. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
CATEGORÍAS INTERNOS FORTALEZAS DEBILIDADES
INFRAESTRUTURAS- EQUIPAMENTO C1. Suficiente infraestrutura dixital que respalda a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.
C2. Sí dispoñemos de dispositivos dixitais para a labor docente
C3. Sí se facilita o acceso a internet para a ensinanza e a aprendizaxe.
C7. Suficiente Política de protección de datos.
C8. Suficientes dispositivos dixitais en propiedade do centro para todo o alumnado.
A1. Non existe unha estratexia dixital completa, en proceso.
C5. Insuficiente asistencia técnica, limitada polo orzamento.
PERSOAL DOCENTE A3. Sí se fomentan as novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais.
B1. Sí existe certificación en competencias dixitais.
D2. Suficiente acceso a posibilidades de DPC.
D3. Suficiente apoio ao profesorado para que intercambien experiencias.
E1. O Profesorado sí busca recursos educativos en liña
E2. Suficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza.
E3. Sí se utilizan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado
E4. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro.
F1. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para adaptar o método de
ensinanza as necesidades do alumnado.
F3. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado
F4. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para motivar ao alumnado
G1. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado.
G3. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado
G5. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe.
B2. Insuficiente debate das vantaxes e desvantaxes de utilizar a tecnoloxía dixital.
D1. Insuficiente reflexión sobre as necesidades de DPC.
F5. Insuficiente utilización de tecnoloxías dixitais para traballar en grupo.
F6. Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais.
G6. Insuficiente utilización das tecnoloxías dixitais para realizar observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros.
-Insuficiente utilización de recursos didácticos dixitais compartidos
PERSOAL NON DOCENTE - Si hai estabilidade na relación laboral co PAS - Insuficiente competencia dixital
ALUMNADO H.4 O alumnado sí aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa
H.6 O alumnado sí aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet
H.7 O alumnado sí aprende a crear contidos dixitais e a comunicarse usando tecnoloxías dixitais
H.8 O alumnado sí aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais.
- Insuficiente dispoñibilidade de equipos dixitais que o alumnado poda levar á casa.- Insuficiente dispoñibilidade de equipos adaptados para alumnado con NEAE.
F6. Insuficiente participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais.
G6. Insuficiente utilización das tecnoloxías dixitais para realizar observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros.
FAMILIAS - Sí hai un seguimento fluído coas familias a través de dispositivos e software propio. - Insuficiente implicación das familias.
OFERTA A2. O claustro sí se involucra no desenvolvemento da estratexia dixital.
A6. As empresas de FCT sí se involucran mais coa estratexia dixital.
A1. Non dispoñemos de estratexia dixital (estamos en proceso).
ORGANIZACIÓN
DO CENTRO
P1. Suficientes servizos dixitais corporativos do centro
P2. Sí se promove a utilización do software libre.
P3. Sí se promove a participación do profesorado en actividades formativas.
P5. Sí se dispón de equipos informáticos mercados polo propio centro
-Sí se permite traer ao alumnado o seu equipo ou dispositivo dixital.
-Sí hai á disposición do alumnado un dispositivo dixital completo.

- Insuficiente formación para a utilización dos servizos dixitais corporativos
- Insuficiente motivación, por parte do claustro, para a utilización do software libre.
- Non hai homoxeneidade do nivel de CDD no claustro.
- Insuficiente dispoñibilidade económica para a modernización de equipos.

 

CATEGORÍAS
    
EXTERNOS OPORTUNIDADES AMEAZAS
ADMINISTRACIÓN
EDUCATIVA
- Si hai colaboración de maneira positiva por parte da inspección educativa
- Si existe oferta de formación CDD
- Insuficiente acceso ás ferramentas dixitais da consellería
- Insuficiente financiamento para melloras no ámbito dixital.
LEXISLACIÓN - Sí existen novas oportunidades derivada da nova lei da ordenación e integración da Formación Profesional. - Non hai estabilidade na Lexislación Educativa.- Non hai flexibilidade na lexislación para a realización de actividades.
CONTORNA - Sí existen, por parte do Concello, iniciativas que involucran ós centros. - Insuficiente competencia dixital
- Insuficiente nivel socioeconómico da contorna.
OUTRAS ENTIDADES B3. Si hai colaboración con centros da contorna para a formación
B3. Si hai colaboración con centros da contorna para proxectos europeos
B3. Si hai colaboración universidades para titorización de prácticas.
B3. Si hai colaboracións cos concellos da contorna para actividades e FCT.
B3. Insuficiente utilización de tecnoloxías dixitais ao colaborar con organizacións.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Crear espazos de colaboración para compartir materiais didácticos dixitais.
2 Empregar a avaliación entre iguais usando tecnoloxías dixitais.
3 Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Moodle e/ou Classroom.
4 Mellorar as competencias dixitais docentes (Software libre)
5 Aumentar a colaboración Intercentros
6 Deseñar e desenvolver dun proxecto interdisciplinar nun espazo virtual

Seguimento

Procedemento

Obxectivos, indicadores e accións

Establecemos os obxectivos a partir da análise DAFO en función das debilidade e tendo en conta as fortalezas, eliximos obxectivos específicos, medibles e alcanzables. Nas seguintes áreas:

  • Colaboración e traballo na rede
  • Prácticas de avaliación
  • Desenvolvemento profesional
  • Prácticas de ensinanza e aprendizaxe

Axuntamos coma Anexo as táboas para cada obxectivo do plan de Acción Dixital de Centro on de se describen detalladamente cada un dos obxectivos, cos responsables, indicadores, valores de partida e previstos, secuenciación e descrición das accións e recursos necesarios. 

Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas

Aulas Equipamento Obxervacións
1º CM 1 videoproxector + ordenador profesor. Renovacións de hardware.

PROXECTORES: dispoñemos de proxectores nas aulas, que xa están obsoletos, necesitariamos mais resolución e conexión directa cos dispositivos móbiles do alumnado.

EQUIPOS FIXOS: Necesitase actualizar os equipos periodicamente mais alá do orzamento do que dispón o centro.

1º CB 1 videoproxector + ordenador profesor. Renovacións de hardware.
2ª CB 1 videoproxector + ordenador profesor. Renovacións de hardware.
2ª CM 1 videoproxector + ordenador profesor. Renovacións de hardware.
Aula móbil 20 ordenadores portátiles

EQUIPOS MÓBILES- O centro non ten equipos ultaportátiles para aula móbil, o que limita as actividades colaborativas dixitais entre o alumnado.

EQUIPOS PARA O PROFESORADO- Non hai equipos para uso na sala de profesorado, so no caso de que sobre algún nas aulas o profesorado pode dispoñer deles.

Aula Virtual Plataforma Moodle O centro non ten plataforma moodle da consellería, ten que adaptarse a versión en uso que xa non se pode actualizar, coa conseguinte limitación das ferramentas Moodle. Requirese una plataforma Moodle mais operativa para sacarlle o maior partido á aula virtual.
Sala de Profesores EQUIPOS PARA O PROFESORADO Non hai equipos para uso na sala de profesorado, so no caso de que sobre algún nas aulas o profesorado pode dispoñer deles.
En común Conexión de rede MELLORA DA FIBRA NO EIDO RURAL - Aulas dixitalizadas: a entidade titular do centro fixo un importante investimento no cableado das conexións durante os últimos anos, a infraestrutura de voz é correcta, pero sí temos deficiencias na infraestrutura de datos, tendo contratada a fibra non funciona todo o ben que debería, ao estar no rural temos este tipo de deficiencias, altibaixos na conectividade e desconexións na rede sin fíos.
30 auriculares con micrófono  
30 videocámaras ou pantallas con cámara  
Aula de audiovisuais Equipamento para a gravación de vídeos:
- Brazo estabilizador de cámara.
-Trípode para cámara.
-Altofalantes.
-Micrófono para gravacións.
 

O noso Centro motivado pola necesidade de continuar avanzando no uso do libro dixital e a incorporación das tecnoloxías dixitais de cara a aparición de novos modelos de interacción e uso de novas canles que propicien unha aprendizaxe personalizadas, onde se mellore a atención á diversidade do alumnado é necesario incorporar os equipamentos do centro unha “aula móbil” con equipamento portátil que permita organizar grupos de interacción e formación cos seguintes obxectivos pedagóxicos:
- Organizar grupos de aprendizaxe máis reducidos para o alumnado con necesidades de apoio educativo. Principalmente nos grupos que implican a FPB, onde o alumnado é moi diverso e é necesario aplicar  metodoloxías pedagóxicas PERSONALIZADAS E FLEXIBLES para adaptar o  modelo pedagóxico ás circunstancias cambiantes.
 -   Facilitar a organización de grupos onde se aplique metodoloxías de aprendizaxe por  proxectos. Os  equipamentos fixos e lineais das aulas diminúen a posibilidade de configurar espazos e grupos de traballo cooperativo.
Ademais, a creación dunha “aula móbil” permitiría que o centro lle proporcione equipamento dixital a aquel alumnado que non dispón de recursos dixitais no seu fogar. Este equipamento é moi necesario para a capacitación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no eido educativo, persoal ou profesional nos novos modelos relacionais e de comportamento.
Por iso é necesario promovendo as competencias dixitais para non deixar a ninguén atrás, creando novas de oportunidade educativas e de empregabilidade, reducindo as fendas de participación dixitais existentes entre os colectivos máis vulnerables que asisten ao Centro.
Mellorar e actualizar o equipamento da aula de audiovisuais permitindo a creación de contidos dixitais de alta calidade, tanto por parte do alumnado como do profesorado para propiciar unha aprendizaxe máis dinámica, personalizada, colaborativa e creativa combinando o desenvolvemento das destrezas tecnolóxicas coa capacidade social e cooperativa a través da aplicación de novas tendencias dixitais, mellorando a creatividade e motivación do alumnado e do profesorado.
Renovar e actualizar de maneira progresiva o equipamento de cada aula e as ferramentas dixitais para o desenvolvemento de contidos interactivos e personalizados que permitan mellorar a atención á diversidade e o seguimento individualizado do alumnado e a orientación ás preferencias e progreso particular de cada alumno.
Propiciar o impulso de novos modelos de interacción entre o alumnado de Xestión Administrativa para o uso de novas canles e para propiciar experiencias de aprendizaxe altamente produtivas que se adapten a demanda do mercado laboral. 
 

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliaranse tanto o desenvolvemento coma os resultados, sempre nun proceso de mellora continua, obtendo unhas propostas de mellora que se aplicarán no seguinte curso.

  • Avaliación procesual de maneira trimestral, valoración continua o longo do curso das accións propostas para o seu estudo e posible modificación, ampliación e consecución dos obxectivos. Irase revisando e comprobando secuencialmente na medida que se vaian realizando as actividades.

  • Avaliación final en xuño coa valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora a aplicar no próximo curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difundirase entre a comunidade educativa, as institucións e as empresas coa web, cartelaría charlas explicativas… para que se transmita a información tanto dentro de centro coma con outras organizacións. 
No vindeiro curso incluirase o protocolo de difusión no Plan de Comunicación do Centro.