Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Plan Dixital de Centroconcíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes».
O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.
Está articulado en tres dimensións:
    a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...
    b) Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e comunicacións...
    c) Pedagóxica:metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos, prácticas de avaliación...
Marco lexislativo
Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:
    a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.
    b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a competencia dixital do alumnado.
    c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.
Con este fin créase no curso 2021/22 a Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) que está integrada por 52 centros de EI e EP e 26 de ESO, FP, etc; rexida polos seguintes documentos:
    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
    • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021-2022.
    • Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.990
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
    • Resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados para elaborar o informe DAFO.
Trátase dunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que nos levarán
á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as que se baseará o Plan Dixital.

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencia dixital do alumnado con marxe de mellora(H). Alumnado Si
Debilidade Dispositivos de ensino/aprendizaxe insuficientes/obsoletos (C2 e C8). Asistencia técnica mellorable (C7). Internet mellorable (C3). Aula de inforáticma ESO reconvertida por mor da COVID (C14 OP). Ratios altas na ESO (C14 OP). Infraestruturas Si
Debilidade Inexistencia dun Plan Dixital de centro (A1, B). Horarios de EI, EP e ESO non coincidentes (C14 OP). Infraestruturas Non
Debilidade Competencia dixital do profesorado mellorable (D1, G). Debate dentro do equipo docente sobre as tecnoloxías e ferramentas TIC con marxe de mellora (B2). Persoal docente Si
Fortaleza Aulas con ratios baixas na maior parte do alumnado do centro (C1). Infraestruturas Si
Fortaleza O persoal docente é colaborador e coordínase entre si e tamén co equipo directivo (A4 OP). Comunicación fluida con todos os membros da comunidade educativa (E4). O profesorado participa en programas de desenvolvemento profesional (D2). Persoal docente Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sobrecarga de tarefas administrativas (A). Cambios lexislativos constanates (A). Publicidade de materiais eDixgal insuficiente (C5). Administración educativa Non
Ameaza A comprensión da comunidade educativa cara á labor docente ás veces é mellorable (C12 OP). Contorna Si
Oportunidade Avance no uso da tecnoloxía na aula e nos domicilios do alumnado (C2, C3, C8, C10 OP, C11 OP, C12 OP). Actualización do equipamento TIC do centro (C1). Mellora na formación dixital dos/as docentes (D1). Administración educativa Si
Oportunidade Implicación das familias no uso de tecnoloxías TIC na formación dos seus fillos/as (H). Contorna Si
Oportunidade Promoción das relacións con outros centros e institucións sociais, culturais e educativas (A6, B3, B4 OP). Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Dos feitos constatados pola información exposta no punto anterior, é evidente que existen numerosos elementos que debemos considerar, e como consecuencia adoptáronse uns obxectivos prioritarios. Algunhas reflexións que debemos destacar son as seguintes:

  • Os medio en tecnoloxías TIC no noso centro son claramente insuficientes e/ou obsoletos, e precisan dunha renovación.
  • É importante realizar actividades que poidan axudar a desenvolver a competencia dixital do alumnado.
  • O profesorado debe debatir acerca das tecnoloxías e ferramentas TIC, para determinar en que ámbitos debe recibir formación para desenvolverse profesionalmente, poñendo en práctica co alumnado aquelas destrezas acadadas.
  • O centro conta cun corpo docente estable, comprometido co seu traballo e que se coordina de xeito doado e flexible, o que favorece as actuacións que se poden desenvolver a nivel de centro.
  • Existen dificultades pola heteroxeneidade das etapas educativas, EI/EP e ESO, pola disparidade das ratios (maior na ESO), o que obriga a unha maior especificidade nas actuacións por etapa.
  • A implicación das familias na formación TIC do alumnado podería ser un medio que favorecese as aprendizaxes do alumnado no ámbito TIC, aínda que é complicado establecer unhas pautas comúns de actuación debido á disparidade de medios dispoñibles en cada entorno familiar.

Consecuentemente, establecéronse tres obxectivos para o curso 2022 - 2023, e que se recollen nas táboas de obxectivos, indicadores e accións do Plan Dixital do CPI Camiño de Santiago, e que son os seguintes:

  1. Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital.
  2. Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet.
  3. Actualizar os equipamentos más obsoletos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital
O2PD Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet
O3PD ACTUALIZAR OS EQUIPAMENTOS MÁIS OBSOLETOS

Seguimento

Procedemento

A pesoa coordinadora do Plan Dixital do CPI Camiño de Santiago, Carlos Vázquez Pereiro, reunirase unha vez por mes co mentor Adix Jorge Fernández Otero para ver como evoluciona a consecución dos obxectivos, as accións propostas para os mesmos e analizar se se están a cumprir ou presentan algunha incidencia.

1º Trimestre

A día 22 de decembro de 2022, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

Na reunión establecida analizamos os obxectivos planificados para este primeiro trimestre xunto coas Accións dos Obxectivos establecidos para cada un sendo estes os resultados:


Obxectivo 1: Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital (D2)


AO1.1: Demanda de actividades formativas para a aprendizaxe en tecnoloxías da información e a comunicación, creación de contidos dixitais, etc. (outubro)

(Realizado)

AO1.2: Participación nunha liña do PFPP do centro ou en cursos ofertados por PLATEGA/CAFI de xeito individual  (xuño 2023)

(Realizado)

AO1.3: Implementación na aula dos coñecementos adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino (xuño 2023)
(En proceso)

 

Obxectivo 2: Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet (H1, H3)

AO2.1: Procura, solicitude e coordinación de actividades para incrementar a competencia dixital do alumnado (talleres, charlas, etc) (decembro 2022)
(En proceso)

AO2.2: Realización de actividades complementarias impartidas por persoal externo con capacitación no eido das TIC. (xuño 2023)
(En proceso)

 

Obxectivo 3: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1,C8)

AO3.1: Confección dun inventario dos equipos obsoletos e/ou que presentan deficiencias. (decembro 2022)

(En proceso)

AO3.2: Solicitude dun orzamento dos equipamentos que se deban renovar. (decembro 2022)

(En proceso)

AO3.3: Substitución dos equipos, por orde de prioridade de funcionamento. (xuño 2022) 

(En proceso)

 

Punto 3.2. do PD:
Renováronse os equipos informáticos do equipo directivo e persoa administrativa..
O resto das necesidades continúan de acordo ao posto no plan dixital do centro.

2º Trimestre

A día 31 de marzo de 2023, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

Na reunión establecida analizamos os obxectivos planificados para este primeiro trimestre xunto coas Accións dos Obxectivos establecidos para cada un sendo estes os resultados:


Obxectivo 1: Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital (D2)
AO1.1: Demanda de actividades formativas para a aprendizaxe en tecnoloxías da información e a comunicación, creación de contidos dixitais, etc. (outubro)
(Realizado )

AO1.2: Participación nunha liña do PFPP do centro ou en cursos ofertados por PLATEGA/CAFI de xeito individual  (xuño 2023)
(Realizado )

AO1.3: Implementación na aula dos coñecementos adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino (xuño 2023)
(En Proceso)

 

Obxectivo 2: Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet (H1, H3)

AO2.1: Procura, solicitude e coordinación de actividades para incrementar a competencia dixital do alumnado (talleres, charlas, etc) (decembro 2022)
(En Proceso)

AO2.2: Realización de actividades complementarias impartidas por persoal externo con capacitación no eido das TIC. (xuño 2023)
(En proceso)

 

Obxectivo 3: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1,C8)

AO3.1: Confección dun inventario dos equipos obsoletos e/ou que presentan deficiencias. (decembro 2022)

(En proceso)

AO3.2: Solicitude dun orzamento dos equipamentos que se deban renovar. (decembro 2022)

(Realizado)

AO3.3: Substitución dos equipos, por orde de prioridade de funcionamento.

(xuño 2022)

(Realizado)

 

Punto 3.2. do PD:
Renováronse os equipos informáticos do equipo directivo e persoa administrativa..
O resto das necesidades continúan de acordo ao posto no plan dixital do centro.

3º Trimestre

A día 21 de xuño de 2023, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse acadados.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No seguimento do grao de consecución dos obxectivos fixados neste Plan Dixital farase unha avaliación procesual en relación a aquelas accións que deban ser executadas dentro dun determinado trimestre. No suposto de que as actuacións transcorran con demora, tratarase de darlles cumprimento coa maior dilixencia que sexa posible para favorecer a consecución dos obxectivos. Nesta avaliación procesual, revisarase o estado das accións ao cabo do trimestre en que se prevé que teñan lugar. 

Por outra banda vaise facer, asemade, unha avaliación final empregando os indicadores establecidos no Plan de Acción para cada obxectivo. Esta avaliación terá lugar ao final do curso académico 2022 – 2023. 

O grao de consecución dos obxectivos condicionará os que se deban considerar en vindeiros cursos académicos nos seus respectivos plans dixitais.

Valoración xeral

A valoración xeral do cumprimento do Plan Dixital é positiva. Ao comezo do curso, consultamos co profesorado do centro sobre as súas inquedanzas na formación que precisan, e como consecuencia observamos que gran parte do persoal dos corpos docentes demandaba unha formación en radio escolar. Por conseguinte, puxémonos en contacto co Centro Autonómico de Formación e Innovación para solicitar e posteriormente desenvolver, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado para este curso, unha liña de traballo que consistiu nun seminario en Radio Escolar, que seguiu con aproveitamento en torno a un tercio do profesorado do centro.

Asemade, demandáronse actividades de formación en novas tecnoloxías para o alumnado. Fomos capaces de conseguir o obxectivo establecido no presente Plan Dixital, pero tivemos dificultades para acadar as charlas ou coloquios que demandamos, xa que as nosas solicitudes, que foron numerosas, non sempre foron estimadas. Entre as actividades que se desenvolveron, podemos mencionar os relatorios impartidos pola Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, así como tamén a que recibimos polo persoal docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Así mesmo, o centro ao principio deste curso fixo un esforzo económico para poder dotar do equipamento informático imprescindible a aqueles espazos que precisaban dun ordenador para poder desenvolver as actividades programadas, de modo que o obxectivo quedou satisfeito.

Proposta de mellora

No contexto actual de crecente demanda de mellora na formación e competencia do profesorado no ámbito das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), sería conveniente para o vindeiro curso 2023 - 2024 pensar nas accións encamiñadas á adquisición da competencia dixital do profesorado de modo que este acade o nivel B1. Sería, así mesmo, importante que as persoas coordinadoras do Plan Dixital dispoñan dunha cantidade suficiente de horas de disposición específica para o desempeño desta actividade.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital do CPI Camiño de Santiago para o curso 2022 - 2023 será difundido a toda a comunidade educativa, tras a súa aprobación polo Consello Escolar, a través da páxina web do centro. No caso particular do alumnado, será informado das actividades establecidas no Plan de Acción que lles afecten a través dos cauces habituais, é dicir, a través da acción titorial.