Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

O Colexio Concertado Luís Vives Sociedade Cooperativa Limitada é de titularidade privada, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Está situado na comarca do Eume, no Concello de Pontedeume, provincia de A Coruña.
Avda. Ricardo Sánchez 29-31 15.600,
Pontedeume (A Coruña)
Telf. 981 430 719
cpr.luisvives.pontedeume@edu.xunta.gal


1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Colexio Concertado Luís Vives Sociedade Cooperativa Limitada é de titularidade privada, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Está situado na comarca do Eume, no Concello de Pontedeume, provincia de A Coruña. Na capital municipal, Pontedeume, o comercio, o turismo e a pesca son as principais actividades económicas. A pobación total do Concello e de 8.619 habitantes, dos cales 1,80 % é pobación estranxeira.A idade dos pais dos nosos alumnos esta comprendida entre os 22 e os 55 anos. O nivel cultural xeral é de estudos primarios.A relixión máis practicada é a católica.A actitude dos pais ante a educación impartida no centro é positiva.Máis do 50% dos pais emprega o galego como lingua cotidiá. As actividades extraescolares máis demandadas son as TIC, idiomas e deportes. O rendemento escolar é máis satisfactorio na educación infantil e primaria ca en secundaria.O centro esta adaptado para acoller alumnos con discapacidade física .

1.3. Breve xustificación do mesmo

A elaboración deste plan de acción pretende consolidar que somos como centro e sobre todo que queremos e en que cremos. É dicir, este plan debería consolidar o carácter tecnolóxico, innovador, comprometido, promotor e integrador que xa ten o Centro, á vez que conseguir levar a cabo a cooperación, a difusión, investigación, o aprendizaxe servizo, todo iso dentro dun espírito de mellora continua. A realización deste plan de acción a tres anos baséase nunha serie de valores que deben sistematizarse no Centro: solidariedade, pensamento crítico, formación continua, experimentación e inclusión. Este plan de acción debe ser unha guía que explique o que queremos facer, como o imos a facer e cando o imos a implantar. O obxectivo de fondo deste plan de acción é usar a tecnoloxías da información e a comunicación como un instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, feito que seguro repercutirá positivamente na mellora de resultados e na creación dunha identidade propia.

As áreas nas que queremos actuar son:

  • Prácticas de ensino-aprendizaxe (aumento da competencia dixital de estudantes e profesores, reconsideración de roles e modelos pedagóxicos).
  • Colaboración e networking (desenvolvemento de asociacións, modelo estratéxico da comunicación e promoción do networking e a compartición). 
  • Infraestrutura dixital (desenvolvemento de espazos físicos e virtuais de aprendizaxe)

Lexislación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.4. Proceso de elaboración

Deseño:

  • Elaboración dun plan de acción que poida levar a cabo durante os cursos 22/23 e 23/24.
  • Habilitación de espazos para levar a cabo o plan de acción deseñado.
  • Establecer un leito de comunicación de boas prácticas tanto a nivel interno como externo.

Iniciación

  • Desenvolvemento dun plan de acollida dixital durante o mes de setembro / outubro que mostre as ferramentas e recursos dixitais que se utilizan no centro.
  • Creación de grupos de coordinación.
  • Creación da figura do profesor enlace nos diferente departamentos.
  • Continuar coa formación do profesorado a través de seminarios e grupos de traballo.
  • Organización dos espazos virtuais de traballo.

Implementación

  • Establecer a coordinación entre os profesores enlace para levar a cabo os diferentes proxectos e actuacións.
  • Participar en seminarios e grupos de traballo que usen as TIC aplicadas ás novas metodoloxías de ensino.
  • Levar a cabo a reorganización de espazos para crear contornas agradables que fomenten o proceso ensino-aprendizaxe, en especial para o desenvolvemento de metodoloxías activas.
  • Optimizar os recursos das aulas virtuais para mellorar a coordinación do departamento e ir progresivamente substituíndo os libros de texto.
  • Creación dun calendario colaborativo dos proxectos para realizar que inclúa os recursos dixitais necesarios para levalos a cabo. Institucionalización
  • Seguimento do desenvolvemento do proxecto a través de reunións de coordinación entre os profesores enlace.
  • Continuar coa formación docente.
  • Participación en xornadas de innovación, propias e externas.
  • Realización de intercambios de boas prácticas.

Avaliación interna e externa da implementación do proxecto

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O CPR Luis Vives dispón, na actualidade, de escasos recursos dixitais que, sen embargo, están sempre a disposición dos membros do equipo directivo, profesorado e alumnado.

- Aulas de informática. Disponse dunha aula cun total de 12 computadores de sobremesa que nececitan, urxentemente, ser reemplazados. Ademáis,a aula de infantil, sala de profesores e a de proxeccións dispoñen dun ordenador propio. da mesam forma, a biblioteca dispón dun Chromebook a disposición do alumnado e profesorado para realizar consultas. Algunhas aulas dispoñen dun monitor para permitir a proxección de videos ou powerpoints dende o ordenador persoal do profesorado. Os Sistemas de son, altofalantes e pantallas tampouco se actualizan desde hai máis de 5 anos. A instalación eléctrica para facilitar as conexións atópase ao descuberto.

- Software. Con todo, e a pesar das recomendacións de actualización realizadas, seguimos mantendo o sistema operativo Windows XP, polo que non se pode actualizar vía Windows Update. Polo tanto, a protección antivirus tamén se atopa desfasada, incumprindo, así, os fundamentos principais de Seguridade. Hoxe en día usar un sistema como Windows XP é totalmente contraproducente. Todos os computadores están conectados en rede, co paquete de oficina Libre Office, en versión 5.4 obsoleta xa que se requiren outros sistemas operativos para soportar novas versións como a 7.0.

- Proxectores. Só a aula de infantil e o comedor, que tamén se usa como sala de proxeccións constan dun.

- Pizarra electrónica. O centro non dispón de ningunha pizarra dixital.

- Tablets. Os dispositivos dos que se dispón poseen una batería de corta duración, e de funcionalidades limitadas.

- Conexión Wifi. Aínda que se dispón de conexión Wifi (recentemente actualizada), con varios puntos de conexión no centro, o ancho de banda do centro é deficiente e a velocidade de transferencia de datos é insuficiente para o centro.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de motivación. Uso inapropiado das tecnoloxías. Alumnado Non
Debilidade Falta de recursos debido a un baixo nivel económico. Familias Non
Debilidade Non existencia dunha estratexia dixital. Equipos e redes non actualizados. Infraestruturas Non
Debilidade Diferenzas notabeis no nivel competencial nun sector do profesorado. Baixo nivel tecnolóxico para avaliar ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Intercambio de experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza Comportamento seguro e responsable. Preocupación dende o equipo directivo para o desenvolvemento de actividades dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Apoio ao centro. Familias Non
Fortaleza Contémplase tempo adicado á comunicación e á comunicación organizativa. Infraestruturas Non
Fortaleza Experiencia básica no emprego de plataformas educativas. Uso de recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais. Persoal non docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Situación da plantilla docente. Grao de apoio na lexislación. Administración educativa Non
Ameaza Nivel de apoios familiares en relación ao ensino dixital. ANPA Non
Ameaza Apoios atopados. Contorna Non
Ameaza Comunicación coas administracións.Normas sobre os dereitos de autor e licenzas de uso. Falta de recursos. Lexislación Non
Ameaza Colaboracións. Outras Non
Oportunidade Papel das autoridades educativas. Administración educativa Non
Oportunidade Grao de implicación. Bibliotecas. ANPA Non
Oportunidade Medidas tomadas para afrontar as dificultades atopadas. Contorna Non
Oportunidade EDIXGAL. Grao de implantación da imaxe dixital do centro. Lexislación Non
Oportunidade Sinerxias para o ensino e a aprendizaxe a distancia. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para a elaboración da análise DAFO tivéronse en conta diferentes avaliacións previas (tales coma o test de competencias dixitais e outras), que veñen recollidas no ANEXO Fontes empregadas para a análise DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Non se atoparon elementos.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

para a elaboración e coordinación do Plan TIC distinguimos tres fases ou momentos no desenvolvemento do mesmo:

  • 1ª Fase: Análise. Completando e detectando as necesidades, debilidades e problemas que necesitan accións concretas no centro. Fase en constante evolución.
  • 2ª Fase: Desenvolvemento. Posta en práctica das diferentes accións susceptibles de ser realizadas. Toda a comunidade educativa e os axentes específicos, levarán a cabo os aspectos recolleitos neste documento de acordo á súa función.
  • 3ª Fase: Avaliación. Como base para unha mellora continua, recompilaranse resultados, e a avaliación das accións e procesos que se levaron a cabo mediante a ferramenta SELFIE. Co claustro preceptivo de final de curso presentaranse os resultados.

Unha vez aprobado publicarase o Plan TIC na web do centro, e no apartado en rede correspondente dos computadores locais do centro. A sección creada aloxarase no espazo de “Documentos Institucionais”