Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.       Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

 

Atopámonos nunha EEI de carácter rural dunha unidade onde se escolarizan 11 nenas e nenos de entre os 3 e os 6 anos de idade. O centro conta con 2 aulas: a aula principal, onde se desenvolve a meirande parte do proceso de ensinanza-aprendizaxe; e a aula de usos múltiples, adicada a actividades en gran grupo, como son a educación musical e a psicomotricidade.

Na aula principal podemos atopar: dous ordenadores de aula, unha PDI, 2 impresoras e unha Tablet. Tamén contamos con conexión a internet.

A través deste Plan dixital preténdese dar unha maior presenza ás novas tecnoloxías no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado.

1.2.       Breve xustificación do mesmo.

 

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.3.       Proceso de elaboración.

 

A persoa encargada de elaborar o Plan Dixital é a responsable do Centro, Laura Sieira Sampedro.

Traballou dentro dun PFPP creado para a elaboración do Plan Dixital, en colaboración con profesorado doutros centros. A periodicidade das reunións veu dada en función dos pasos a seguir para a elaboración final do presente Plan Dixital:

 

-Configuración do cuestionario Selfie, realización por parte do profesorado e análise dos resultados obtidos.

-Realización do cuestionario CDD en FProfe por parte do profesorado e análise dos resultados obtidos.

-Formación na elaboración do DAFO e confección do mesmo.

-Formación na elaboración do Plan de Acción e elaboración do mesmo.

-Elaboración do presente Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No primeiro trimestre do curso pasado elaborouse o selfie. A principios do 2022 levamos a cabo o Test CDC. E tendo en conta iso, elaborouse o seguinte DAFO:

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non aprende a crear contidos dixitais tendo en conta que nos atopamos na etapa de EI. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade Existencia de recursos dixitais limitados para o profesorado. Infraestruturas Si
Debilidade Contamos con unha conexión a internet pouco estable. Infraestruturas Si
Debilidade O centro carece dunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Debido ás características do centro (unitaria) cóntase con pouco tempo para explorar a ensinanza dixital. Organización de centro Si
Debilidade Preparación limitada do profesorado no uso de TD para a creación de recursos propios. Persoal docente Si
Debilidade Existencia dunha soa mestra no centro. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Predisposición e gusto do alumnado de cara ao uso da TD. Alumnado Non
Fortaleza Predisposición para colaborar co centro a nivel dixital. Familias Non
Fortaleza Todas as familias contan con recursos dixitais. Familias Non
Fortaleza Dispoñemos de asistencia técnica para solucionar problemas dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais para o uso do alumnado no centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Ratio baixa. Organización de centro Non
Fortaleza Temos acceso a actividades de DPC relacionadas coas TD Persoal docente Non
Fortaleza Buscamos recursos dixitais en liña Persoal docente Non
Fortaleza Empregamos as TD para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Non
Fortaleza Utilizamos recursos dixitais abertos. Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Fondos limitados. Administración educativa Si
Ameaza Non existe ANPA no centro. ANPA Non
Ameaza Exceso de carga burocrática que limita o tempo para explorar coas TD. Lexislación Si
Ameaza Escasa colaboración con outras entidades da contorna. Outras Non
Oportunidade Existencia de posibilidades de DPC con respecto ás tecnoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia dunha comunidade educativa implicada. Contorna Non
Oportunidade Existencia dun concello colaborativo. Contorna Non
Oportunidade Implantación de cara ao curso que ven do plan dixital de centro. Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os ítems anteriores procedemos a elaborar o Plan de acción do presente Plan Dixital. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Ampliar e actualizar os recursos tecnolóxicos dos que dispón o centro
O2PD Poñer en funcionamento e manter actualizada a web do centro
O3PD Crear un banco de recursos dixitais
O4PD Realizar formación relacionada coa creación de contidos dixitais

Seguimento

Procedemento

Farase unha avaliación procesual que será trimestral. Nela teranse en conta os seguintes aspectos: estado da execución das accións segundo a data prevista de fin e a análise e valoración dos resultados. De darse o caso, incluiranse as modificacións levadas a cabo así como as posibles as propostas de mellora.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre foron levadas a cabo varios das accións previstas, como son as seguintes:

- En relación ao obxectivo realizar formación relacionada coa creación de contidos dixitais, nos meses de outubro e novembro foi realizada a seguinte formación "Uso didáctico de aplicacións móbiles". 

- Con respecto ao obxectivo ampliar e actualizar os recursos tecnolóxicos dos que dispón o centro, en setembro de 2022 ábrese unha incidencia na UAC pola rede do centro. Non é ata o 3º trimestre cando isto se soluciona. 

2º Trimestre

Iníciase a creación dun banco de recursos dixitais, que non está rematado por falta de tempo material polas características do centro (unitaria de unha unidade). 

Tamén se pon en funcionamento a web do centro, publicando na mesma o Plan dixital do centro así como a ubicación e organigrama. Debido á dificultade no seu manexo e á falta de tempo non foi posible realizar unha actualización periódica da mesma a pesares de contar coa axuda da asesora Abalar da zona. 

3º Trimestre

Nas accións relacionadas coa actualización da web do centro, así como o banco de recursos non hai cambios.

Neste 3º trimestre conséguese a ampliación e actualización dos recursos tecnolóxicos: envío por parte da Administración dunha nova PDI, impresora e ordenador de sobremesa. Tamén se conseguiu novos puntos de acceso wifi a internet coa rede edu.xunta.gal, pasando da antiga rede ED_ á nova rede .gal. A pesares da insistencia dende o curso pasado dunha internet estable e novos puntos de acceso, xa que á sala polivalente do centro non chegaba a conexión á rede. 

Con respecto ao obxectivo relacionado coa formación, neste 3º trimestre inscribinme na seguinte formación: "Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1", non conseguindo a súa acreditación pola dificultade do curso, o escaso asesoramento e seguemento e a falta de tempo material debido á carga burocrática como mestra titora e mestra responsable do centro. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A final do terceiro trimestre, unha vez rematado o curso escolar, farase unha avaliación final. Valorarase o logro dos obxectivos marcados. Tamén se estudarán as posibles propostas de mellora de cara ao seguinte Plan Dixital.

 

O instrumento de avaliación a usar será a observación directa da profesora responsable do centro tendo en conta:

-equipos actualizados.

-entradas na web do centro.

-recursos no repositorio.

-formación do profesorado.

Valoración xeral

Ainda que algúns dos resultados non foron os esperados a maioría dos obxectivos foron acadados, ou parcialmente acadados. 

Os recursos tecnolóxicos do centro tiveron unha importante actualización, tanto a equipamento como á rede.

Obxectivos como a formación, actualización da páxina web e creación do banco de recursos foron iniciados, aínda que non se dan por acadados, polo que no vindeiro curso seguiremos traballando na mesma liña. 

Proposta de mellora

- Seguir solicitando novo equipamento e manter actualizado o existente. 

- Plantexamento do uso sistemático da rede coorporativa para a comunicación coas familias. 

- Continuar coa actualización da web.

- Seguir formándose na área dixital. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para dar publicidade a este plan, así como ás accións que se vaian levando a cabo, empregaremos a web do centro, onde colgaremos o presente plan dixital, así como algunhas das tarefas que se vaian levando a cabo.

https://www.edu.xunta.gal/centros/eeigranxa/node/15#attachments