Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O presente Plan Dixital ten como obxectivo primeiramente avaliar as competencias dixitais tanto do equipo directivo como dos alumnos/as para posteriormente tomar as medidas oportunas que permitan promover a innovación educativa e facilitar unha cultura dixital nos centros e nas aulas mediante a  dotación dunha infraestrutura axeitada, a promoción do uso das tecnoloxías da información e comunicación na aula como medio didáctico e unha formación permanente do profesorado.  Estes obxectivos do Plan Dixital encaixan no Proxecto Educativo de Centro e na Programación Xeral Anual, estando en consonancia e sendo complementarios.

O Plan Dixital trata de dotar de recursos didácticos que teñan relación con obxectivos marcados en cada un dos proxectos dos equipos: TIC, biblioteca, dinamización da lingua galega, extraescolares e complementarias. De ser o caso, estes recursos estarán sometidos a unha avaliación continua para ser modificados en función das necesidades do alumnado do centro. Así mesmo tomaránse en consideración as suxestións dos integrantes do resto dos equipos para integralos no plan de vindeiros cursos.

O presente PD está estreitamente relacionado co Plan TIC, que neste curso centrouse en promover e actualizar a Aula Virtual do centro, fomentar a formación dixital do profesorado, manter equipos informáticos, recadar información para unha posible actualización ou renovación destes equipos, actualizar e promover a web do centro, etc.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado non aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. 2. O alumnado non aprende a crear contidos dixitais nin a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. 3. O alumnado non é coñecedor das vantaxes do emprego do software libre no ámbito educativo e non dispón nin fai uso deste tipo de ferramentas no centro. 4. Baixa competencia dixital do alumnado. Alumnado Non
Debilidade 1. Non existe unha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade 1. Non existe reflexión sobre TIC's. 2. Non se usan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. 3. Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares con TD's. 4. Non se usan tecnoloxías dixitais para avaliar ao alumnado. 5. Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza 1. O alumno pode atopar toda a información que precisa na web do centro. Alumnado Non
Fortaleza 1. As familias reciben avisos e notificacións a través da aplicación Abalar Móbil. Familias Non
Fortaleza 1. El profesorado cuenta con poyo necesario del equipo directivo a la hora de probar nuevas formas de ensen¿anza con tecnologi¿as digitales Oferta Non
Fortaleza 1. O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos. 2. Dende o centro educativo promóvese a participación do profesorado en actividades formativas individuais. 3. O equipo directivo promove o uso do software libre no ámbito educativo. 4. O equipo directivo coñece a normativa relativa á adquisición de equipamento informático para os centros educativos. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Suficiente participación en proxectos interdisciplinares (DPC). 2. Suficiente competencia dixital do profesorado. Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Non están actualizados os equipamentos e as redes. 2. Non hai dispositivos dixitais para o aprendizaxe do alumnado. 3. Insuficiente asistencia te¿cnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais 4. Os espacios fi¿sicos non facilitan a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza 1. En nuestro centro, no tenemos medidas para identificar las dificultades que surgen con el aprendizaje mixto, relacionados con las necesidades de aprendizaje de los alumnos y su contexto socioecono¿mico Contorna Non
Ameaza 1. Insuficiente política de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade 1. Posibilidade de participación no proxecto de educación dixital Edixgal. 2. Oferta de cursos de formación da Consellería de Educación. Administración educativa Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado.
O02PD Dotar de equipamentos a diferentes aulas do Centro.

Seguimento

Procedemento

Realízanse reunións do grupo TIC de forma mensual para valorar o estado do PD, o que axuda a detectar necesidades ou a avaliar as actividades que se están a realizar.

Ademais, de forma mensual realízanse reunións do coordinador TIC co Asesor Dixital no centro. 

1º Trimestre

Puntos tratados:

Obxectivos do PD correspondentes ao 1º trimestre: concreción mensual do plan de acción.

OBX1: AO 1.1 En proceso prazao ata decembro. Están creados os cursos e o profesorado matriculado.

OBX2: AO 2.1 AO 2.2 Finalizado. Obxectivo cumprido.

Propónse que o centro solicite EDIXGAL..

Acordos: continuar realizando as AO fixadas no plan de acción.

2º Trimestre

Puntos tratados:

Obxectivos do PD correspondentes ao 1º trimestre: concreción mensual do plan de acción.

O01PD: AO 1.1 AO 1.2 AO 1.3 realizadas. Obxectivo acadado. (10/3/2023).

O02PD: AO 2.1 AO 2.2. Realizadas. Obxectivo acadado. (10/3/2023).

Propónse que o centro solicite EDIXGAL.

EduCalidade: Cargáronse datos en EduCalidade.

Acordos: continuar realizando as AO fixadas no plan de acción.

 

3º Trimestre

Puntos a tratados:

Obxectivos do PD correspondentes ao 1º trimestre: concreción mensual do plan de acción.

O01PD: AO 1.1 AO 1.2 AO 1.3 realizadas. Obxectivo acadado. (10/3/2023)

O02PD: AO 2.1 AO 2.2 Realizadas. Obxectivo acadado. (10/3/2023)

Propónse que o centro solicite EDIXGAL..

EduCalidade: Cargáronse datos en EduCalidade. Faltan seguimento do 3º trimestre e avaliación.

Acordos: continuar realizando as AO fixadas no plan de acción.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos anteriores implementarase nos seguintes contextos: - No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, e os aspectos a valorar que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. - No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxectivos eran adecuados e estaban ben plantexados de acordo cos recursos dispoñibles no centro. 

Proposta de mellora

Cada ano debería actualizarse o obxectivo 2 (dotar de equipamentos a diferentes aulas do centro) para adecualo ás necesidades que haxa nese momento en cada curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital vai dirixido a toda a comunicade escolar do centro, por tanto, as canles que se utilizarán para publicitalo e difundilo, serán Abalar e a web do centro como elementos básicos da comunicación co exterior. Internamente, estará a disposición dos docentes na Sala de Profesores ou en Secretaría.