Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital (en adiante PD) parte da necesidade de implementar o uso das TIC no día a día do centro, tanto na xestión como nos procesos de ensino-aprendizaxe. Sendo a Educación Infantil unha etapa na que os materiais manipulativos teñen especial importancia, non queremos descoidar o desenvolvemento da competencia dixital do noso alumnado.

O Plan Dixital enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensinanza-aprendizaxe como nos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar codesenvolvemento integral do alumnado. Por dita razón debe ser un instrumento que se integre no Proxecto Educativo, xa que a finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo na sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así coma das relación que establece co seu entorno. Polo tanto é fundamental dar un enfoque de centro ao uso de recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de xeito que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías que están presentes, dun xeito ou outro, na vida do centro, nos procesos de ensinanza-aprendizaxe e nos programas de innovación nos que participa o centro. Algúns deles son a televisión escolar Caranvexo TV, o Plan de mellora de Bibliotecas Escolares ou Plurinfantil.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24:

O PD é un documento vivo que contén os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. O uso da tecnoloxía esta presente  nas diversas prácticas  que teñen lugar na organización dun centro escolar, dende as relacionadas con cuestións organizativas ata os propios procesos de ensinanza aprendizaxe. Polo tanto contribúe de forma activa a PXA,  entendida como un documento de centro no que se recollen tódolos aspectos relativos a organización, planificación e funcionamento do centro escolar. 

Breve xustificación do mesmo
    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
    • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do presente DAFO tivemos en conta a información dos seguintes documentos:

- Autoavaliación Selfie.

-Test CDD.

Unha vez analizadas as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, establecéronse os obxectivos do Plan de Acción.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G5: Autoavaliación sobre a aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade H8: Aprender a comunicarse. Alumnado Si
Debilidade H7: Creación de contidos dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade B4: Sinerxias para o ensino e aprendizaxe a distancia. Organización de centro Non
Debilidade F5: Colaboración co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G1: Avaliación das capacidades. Persoal docente Si
Fortaleza H12: Resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Fortaleza H11: Aprender a codificar o programar. Alumnado Non
Fortaleza H10: Habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Si
Fortaleza H13: Resolver problemas técnicos. Alumnado Si
Fortaleza G8: Avaliación dixital. Organización de centro Non
Fortaleza A1: Estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza A2: Desarrollo da extratexia co profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza A5: Normas sobre dereitos de autor e licencias de uso (cumprimento). Outras Si
Fortaleza A3: Novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza D2: Participación no DPC. Persoal docente Non
Fortaleza B2: Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Fortaleza B3: Colaboracións. Persoal docente Si
Fortaleza D3: Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza E4: Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza E5: Recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Fortaleza D1: Necesidades de DPC (desenvolvemento profesional docente). Persoal docente Si
Fortaleza E2: Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza F1: Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F4: Inclusión do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F6: Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Fortaleza H7: Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C3: Acceso a internet. Administración educativa Si
Ameaza A4: Tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza C5: Asistencia técnica. Administración educativa Si
Ameaza C10: Dispositivos propiedade do centro para o alumnado. Administración educativa Si
Oportunidade C8: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Administración educativa Si
Oportunidade C7: Política de protección de datos. Lexislación Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os ítems anteriores o equipo do Plan Dixital propón os obxectivos coas accións que se atopan nos seguintes apartados.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD FORMAR Ó NOVO PROFESORADO NO EMPREGO DOS RECURSOS DA CONSELLERÍA PARA A COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS
O02PD FORMAR ÁS FAMILIAS NO EMPREGO DOS RECURSOS DA CONSELLERÍA PARA A COMUNICACIÓN DO CENTRO
O03PD CREAR RECURSOS DIXITAIS
O04PD MELLORAR A ACCESIBILIDADE DO CENTRO A INTERNET
O05PD AUMENTAR O USO DE RECURSOS TECNOLÓXICOS POR PARTE DO PROFESORADO

Seguimento

Procedemento

Para a supervisión do Plan Dixital, o equipo de dinamización reúnese, como mínimo, unha vez ao trimestre para valorar a consecución dos obxectivos do Plan de Acción.

Reunións periódicas co mentor ADIX.

1º Trimestre

Os obxectivos estimados para este primeiro trimestre foron:

O01PD: FORMAR Ó NOVO PROFESORADO NO EMPREGO DOS RECURSOS DA CONSELLERÍA PARA A COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

O02PD: FORMAR ÁS FAMILIAS NO EMPREGO DOS RECURSOS DA CONSELLERÍA PARA A COMUNICACIÓN DO CENTRO

O04PD: MELLORAR A ACCESIBILIDADE DO CENTRO A INTERNET

Reunido o equipo de dinamización do Plan Dixital para o seguemento do 1º Trimestre, as accións previstas eran as seguintes:

A01.1: Formar ao profesorado no uso do aplicativo Abalar. Conseguido

A02.1: Suprimir outras vías de comunicación non oficiais. Conseguido (está funcionando moi ben o sistema abalar coas familias).

A02.2: Formar aos usuarios. Conseguido (tanto as familias como o profesorado coñecemos o emprego de abalar).

AO4.1:solicitar á UAC a instalación de rede sen fíos . Conseguido e realizada a instalación. 

AO4.2:formación do profesorado no emprego da rede WIFI. Conseguido (reenviado mail con instruccións da UAC ó profesorado).

Polo tanto, consideramos que acadamos o 100% das mesmas.

 

2º Trimestre

O obxectivo estimado para este segundo trimestre foi :

O05PD: AUMENTAR O USO DE RECURSOS TECNOLÓXICOS POR PARTE DO PROFESORADO

E as accións propostas para este obxectivo e trimestre foron:

AO5.1: recopilar os recursos tecnolóxicos existentes no centro (tablets, portátiles, cámaras)

AO5.2: verificar o estado destes dispositivos e retirar aqueles que non cumpran cos requisitos de calidade suficientes.

Reunido o equipo de Dinamización do Plan Dixital entendemos que, tanto o obxectivo como as accións están totalmente acadados.

3º Trimestre

Reunido o equipo de dinamización do Plan Dixital para o seguemento do 3º Trimestre, as accións previstas eran as seguintes:

A01.2: Usar o aplicativo Abalar (profesorado). Conseguido.

A02.3: Usar o aplicativo Abalar (familias). Conseguido.

A03.1: Formar ao profesorado no uso de ferramentas dixitais. Conseguido.

A03.2: Crear materiais adaptados ás necesidades. Conseguido.

AO5.2: verificar o estado destes dispositivos e retirar aqueles que non cumpran cos requisitos de calidade suficientes. Conseguido

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Procemento para a avaliación (debido a un problema técnico non podo cubrir o apartado anterior):

Para a supervisión do Plan Dixital, o equipo de dinamización reúnese, como mínimo, unha vez ao trimestre para valorar a consecución dos obxectivos do Plan de Acción.

Reunións periódicas co mentor ADIX, reunións de fin de curso co fin de analizar o Plan Dixital.

 

Valoración xeral:

A valoración xeral do Plan Dixital implementado no centro é moi positiva e satisfactoria.

Acadamos case todos os obxectivos propostos poñendo especial fincapé no emprego da aplicación Abalar, non só por parte do profesorado, se non tamén por parte das familias que xa o empregan a diario para comunicación coas mestras.

 

Proposta de mellora

Somos conscientes de que aínda queda camiño por percorrer, polo que o curso que vén continuaremos coa formación e trataremos de implementar máis estratexias das aprendidas. Cumpre salientar que é fundamental dispoñer de tempo para adicarlle a explorar novos recursos e materiais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O noso Plan Dixital está recollido na web do centro. Pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36016796