Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
No Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que impulsa a Consellería de Educación, faise unha clara aposta por espazos ao servizo dos proxectos educativos, sobre todo vinculados á transformación dixital e que sexan xeradores de igualdade e de inclusión. Así como, na Estratexia Galicia Dixital 2030 e na Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia, cara a consecución dunha cidadanía dixital plena.
Tratase de promover e garantir o desenvolvemento dun marco de acción que permita acordar e coordinar diversos aspectos que afectan ao uso das tecnoloxías na educación, desde aqueles relacionados con cuestións organizativas, ata outros máis pedagóxicos e propios dos procesos de ensino e aprendizaxe.
Na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo é un centro público de ensinanzas artísticas superiores, que depende da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Ser un centro superior implica que o alumnado é maior de idade, o que afecta aos procesos de organización e funcionamento dos servizos e actividades. Pola súa banda as ensinanzas artísticas tamén presentan unha serie de especificidades que obrigan a deseñar un modelo de organización e funcionamento que vai afectar ás infraestruturas, equipamentos e recursos didácticos e ao seu uso e dispoñibilidade, así como aos procesos de ensinanza e aprendizaxe.
O centro imparte as ensinanzas do grao superior das especialidades de Composición, Interpretación -na que están englobados todos os itinerarios da orquestra sinfónica ademais do Canto, Clave, Guitarra, Instrumentos da Música Tradicional e Popular, Instrumentos da Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco, Piano, Viola da Gamba e Violín Barroco-, Musicoloxía, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Produción & Xestión.
Ademais da actividade docente, no Conservatorio realízanse diferentes actividades de difusión cultural e de promoción das ensinanzas co obxectivo de completar a formación do alumnado e ampliar a oferta musical a cidadanía: concertos, conferencias, talleres e cursos de especialización.
Cómpre salientar o elevado número de bandas populares e coros na contorna viguesa onde moitos/as alumnos/as reciben unha formación musical inicial. Hai tamén na zona un número importante de escolas de música públicas e privadas. Esta é a base que sustenta un centro coma este.
Ata o de agora non tiñamos un Plan Dixital como tal, pero si se tomaron medidas concretas neste eido segundo as necesidades máis urxentes que se detectaron. Cun problema engadido, a Consellería de Educación non contempla a participación dos Centros Docentes de Réxime Especial (Conservatorios) en ningún dos programas dixitais de innovación: Abalar, Edixgal, Polos Creativos, etc. O que implica non poder acceder a equipos informáticos (asociados a estes programas) máis potentes e actuáis, cunhas características máis axeitadas ás nosas ensinanzas.
Coa Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, temos a oportunidade de redactar un Plan Dixital apropiado a nosa realidade, e incorporalo ao Proxecto Educativo do CSMVIGO. Pensamos que a incardinación deste Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 2022/23 será algo moi beneficioso para mellorar a competencia dixital da nosa institución.

Proceso de Elaboración

Para o proceso de elaboración do Plan Dixital seguironse tódalas recomendacións e secuencias da Consellería de Educación e do equipo ADIX Vigo 3, ao que estamos adscritos. Dentro do PFPP do centro formouse un grupo de profesores que traballa nisto dende outubro de 2021.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe Selfie.

Test de Competencia Digital Docente.

 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non hai provedores de formación en centros de traballo. Alumnado Non
Debilidade Infraestrutura dixital moi precaria e obsoleta, equipos XUGA 2008, 2010, 2012 y 2014. Temos bastante equipamento de 2ª mano adquirido polo centro a partir de 2015. Infraestruturas Non
Debilidade Creación de recursos dixitais axeitados as nosas ensinanzas. Oferta Non
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital definida. Organización de centro Non
Debilidade Non todo o profesorado colabora na estratexia dixital. Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Debilidade Persoal con baixa formación dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza Poden levar o seu dispositivo e utilizalo nas clases. Alumnado comprometido coa súa aprendizaxe. Aprende a crear contido dixital. Alumnado Non
Fortaleza O centro está investindo progresivamente na instalación dunha potente rede wifi, ademáis da instalación de cable nalgunhas aulas. Infraestruturas Non
Fortaleza Busca de recursos dixitais en liña. O centro utiliza os medios corporativos e compleméntaos con algúns recursos externos. Oferta Si
Fortaleza Cando se utilizan tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe, se respectan os dereitos de autor e as licenzas de uso. Nas colaboracións con outras organizacións, utilizamos tecnoloxías dixitais. Comunicacións dixitais do Centro. (a través do dominio csmvigo.com) Organización de centro Non
Fortaleza Apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Avaliación dixital, aumentando paulatinamente. Desde o PFPP, o centro promove o acceso á formación dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Capacidade de colaboración e traballo en equipo. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A falta de tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza Canle de comunicación con empresas culturais da zona. Contorna Non
Ameaza A carencia dunha lexislación propia que nos sitúe no espazo de Educación Superior que nos corresponde. Lexislación Non
Ameaza Escasa orientación profesional, presenza limitada no currículo. Hai moi pouco software libre axeitado as nosas ensinanzas. Outras Non
Ameaza Case non hai equipos para prestar aos estudantes. O préstamo só é posible en caso de necesidade comprobada. Outras Non
Ameaza Non temos empresas que colaboren no desenvolvemento da estratexia dixital. Outras Non
Oportunidade Posibles convenios de colaboración coa Universidade e outras institucións educativas. Acceso a programas de intercambio con institucións educativas de todo o mundo. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración coa ESAD Vigo e a Escola Superior de Imaxe e Son de Vigo. Colaboración coas Orquestras Sinfónicas de Galicia. Contorna Non
Oportunidade Creación dunha lexislación específica para as Ensinanzas Superiores de Música. Lexislación Non
Oportunidade Busca de recursos educativos abertos. Outras Non
Oportunidade Sinerxías para a aprendizaxe mixta, colaboración con outros centros e organizacións. Outras Non
Oportunidade Posible inclusión na RedIRIS (rede académica e de investigación) financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise do contexto DAFO, en xeral revela unha gran cantidade de información en termos de debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades. En gran parte debido ao alto grao de especialización das nosas ensinanzas artísticas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar o emprego da Aula Virtual do centro.
O02PD Promover o uso da Plataforma Agueiro do centro.
O03PD Potenciar o uso dos novos paneis dixitais, mediante unha formación adecuada do profesorado.

Seguimento

Procedemento

Reunión trimestral do coordinador do plan cos responsables das diferentes actuacións deseñadas para cada un dos obxectivose. Avaliarase o estado de execución das actuacións. Cun análise e avaliación dos resultados, así como posibles modificacións ou propostas de mellora se fose necesario.

Para a avaliación final, a mesma comisión reunirase coa función de avaliar a consecución dos obxectivos acadados e as posibles propostas de mellora, esta reunión celebrarase polo menos unha vez ao ano

1º Trimestre

Comezamos en outubro coas titorías personalizadas ao profesorado e ao alumnado dedicadas á aula virtual do centro en venres alternos, 2 sesións mensuais.

Incorporamos en novembro as titorías personalizadas ao profesorado e ao alumnado dedicadas á plataforma Agueiro da Consellería en venres alternos, tamén en 2 sesións mensuais.

Celébrase o "I curso sobre paneis dixitais" en decembro.

2º Trimestre

Continuamos coas titorías personalizadas ao profesorado e ao alumnado dedicadas á aula virtual do centro en venres alternos, 2 sesións mensuais.

Continuamos coas titorías personalizadas ao profesorado e ao alumnado dedicadas á plataforma Agueiro da Consellería en venres alternos, tamén en 2 sesións mensuais.

O 1 de marzo realizamos unhas probas de conexión en streaming coa Universidade das Artes de Tirana (Albania), para ver a posibilidade de realizar clases en liña entre as dúas institucións.  O resultado non foi positivo xa que a latencia no audio para a música instrumental a través da aula virtual do centro (BigBlueButtonBN) é demasiado elevada e fai inviable de momento esa actividade.

3º Trimestre

Continuamos coas titorías personalizadas ao profesorado e ao alumnado dedicadas á aula virtual do centro en venres alternos, 2 sesións mensuais.

Continuamos coas titorías personalizadas ao profesorado e ao alumnado dedicadas á plataforma Agueiro da Consellería en venres alternos, tamén en 2 sesións mensuais.

O 14 de xuño damos por rematadas as titorías da aula virtual e agueiro para o presente curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación procesual dos obxectivos establecidos no plan dixital, o coordinador do plan reunirase cos responsables das diferentes actuacións deseñadas para cada un dos obxectivos, polo menos unha vez ao trimestre e avaliarase o estado de execución das actuacións. Cun análise e avaliación dos resultados, así como posibles modificacións ou propostas de mellora se fose necesario.

Para a avaliación final, a mesma comisión reunirase coa función de avaliar a consecución dos obxectivos acadados e as posibles propostas de mellora, esta reunión celebrarase polo menos unha vez ao ano

Valoración xeral

A valoración é bastante positiva. Continuamos cun crecemento importante na utilización da aula virtual, así como do uso de Agüeiro, aínda que cun impacto relativamente menor comparado coa implementación da aula virtual na actividade diaria do centro. Esta circunstancia ocorre en maior medida porque hai materias que son de rateo individual e de carácter exclusivamente práctico. Mellorou algo a dotación en equipos informáticos, pero aínda é insuficiente para as actividades dun centro superior de ensinanzas artísticas (Música).

Proposta de mellora

Reforzar a información e formación sobre Agüeiro.
Continuar coa formación sobre os recursos dispoñibles a través dos paneis dixitais.
Conseguir o acceso pleno a redIRIS e a Eduroam. (Xa temos o protocolo de adhesión a redIRIS aprobado). Esperamos que coa publicación da Lei 1/2024 de Ensinanzas Artísticas, o acceso do alumnado a Eduroam poida ser unha realidade o vindeiro curso 2024/2025.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do plan, remitirase o documento por correo electrónico a todo o profesorado do centro. Unha vez informado e oído o Claustro, o Consello Escolar se é o caso aprobará o documento difinitivo. Tras o posterior pronunciamento do Consello Escolar, o plan será publicado en Agueiro a través dunha URL secreta, que se remitirá por correo a toda a comunidade educativa do Conservatorio.