Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización:

O centro atópase no barrio vigués de Coia. Trátase dun barrio habitado maioritariamente por familias de clase media. Preto do instituto atópase unha zona recentemente urbanizada da parroquia de Navia.

A maior parte do alumnado reside preto do centro; Coia, PAU de Navia, Alcabre ou Bouzas, e procede dos centros de primaria adscritos que son o CEIP Celso Emilio Ferreiro, o CEIP Escultor Acuña e o CEIP Javier Sensat.

O Plan Dixital do centro está deseñado para contribuír á dinamización do uso das novas tecnoloxías no centro. O instituto atópase agora nun momento no que precisa renovación de equipamento, tanto nas aulas (encerados dixitais, ordenadores portátiles e proxectores) como nas aulas de informática. 

O centro conta coa implicación do profesorado. Existen varias liñas de traballo do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) do centro;

- Aproveitamento didáctico da aula vitual centrado nas actividades e recursos da mesma.

- Polos creativos e radio escolar. A dinamización dos Polos Creativos do IES será un dos eixos centrais do Plan Dixital nos próximos cursos académicos.

Ademáis segue o proxecto do Club de Ciencia, intimamente vencellado á dinamización das novas tecnoloxías.

Por outra banda, o noso centro participa dende hai varios cursos no proxecto Erasmus+ cunha liña centrada no uso das TIC para a aprendizaxe de idiomas estranxeiros ("ICT Tools" the Most Effective Ways to Learn a Foreign Language).

En prol de mellorar a relación coas familias e a difusión da actividade do centro, o equipo TIC este curso renovou do sitio web do centro. 

 

Xustificación. Normativa.

Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Que entre outros aspectos menciona: “Los entornos virtuales de aprendizaje que se empleen en los centros docentes sostenidos con fondos públicos facilitarán la aplicación de planes educativos específicos diseñados por los docentes para la consecución de objetivos concretos del currículo, y deberán contribuir a la extensión del concepto de aula en el tiempo y en el espacio” (Art. 111 bis).
Obriga á creación dunha estratexia dixital, indicando que “El proyecto educativo del centro recogerá asimismo la estrategia digital del centro,[...]” (Art. 121).

Ademais, o Art. 132 inclúe entre as funcións do director:

l) Promover experimentaciones, innovaciones pedagógicas, programas educativos, planes de trabajo, formas de organización, normas de convivencia, ampliación del calendario escolar o del horario lectivo de áreas o materias,[...].

m) Fomentar la cualificación y formación del equipo docente, así como la investigación, la experimentación y la innovación educativa en el centro.

n) Diseñar la planificación y organización docente del centro, recogida en la programación general anual.

Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo (para cada unha das ensinanzas):

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Proceso de elaboración

Durante o curso 2021 – 2022, no IES Álvaro Cunqueiro desenvolveuse unha liña de formación específica dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) para a elaboración do Plan Dixital de centro. Dentro do equipo, Antón Fente Hernández actuou como coordinador da liña de traballo e enlace co Centro de Formación e Recursos (CFR) de Vigo.

O Plan Dixital do IES Álvaro Cunqueiro desenvolveuse, en catro etapas, unha primeira de toma de evidencias sobre o estado do centro, unha segunda de análise e unha terceira de deseño de accións. A última fase, de elaboración, tivo como obxectivo a elaboración do documento.

Ao comenzo de curso escolar o plan dixital revisarase, actualizarase e mellorarase en función das necesidades do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Na primeira fase da elaboración do plan dixital, seguindo o liderado do CFR, recolléronse datos do centro por medio de enquisas ao profesorado e alumnado. Para iso se utilizaron a ferramenta SELFIE da Comisión Europea e o TestCDD da Consellería de Educación.

A táboa 3.2-1 (incluida no ANEXO I) recolle un resumo do resultado das enquisas feitas coa ferramenta SELFIE que despois utilizamos para a realización da análise DAFO.

 

Nas táboas do TestCDD (táboas 3.2-2, 3.2-3, 3.2-3 e 3.2-4, incluidas no ANEXO I) recóllese información sobre a participación do profesorado e as puntuacións obtidas de media.

 

Outras fontes: ademais dos resultados das enquisas, o equipo de elaboración do Plan Dixital tivo en conta a súa propia experiencia no centro no momento de facer valoracións sobre aspectos que resultaban positivos e negativos para o centro. Xunto con esta experiencia, consideráronse os resultados globais da enquisa SELFIE e do testCDD no conxunto dos centros de Galicia, que serviu como marco de referencia para a toma destas decisións.

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Aprender a comunicarse Alumnado Non
Debilidade Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Debilidade Tempo para o ensino dixital Persoal docente Si
Debilidade Colaboracións Persoal docente Si
Debilidade Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Fortaleza Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza Infraestrutura Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos para o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dispositivos para o alumnado Administración educativa Non
Ameaza Asistencia técnica Administración educativa Non
Ameaza Bibliotecas/repositorios en liña Administración educativa Non
Ameaza Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Ameaza Protección de datos Lexislación Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Nesta primeira elaboración do Plan Dixital, levouse a cabo unha análise coa técnica DAFO para a detección das debilidades do centro, a partir das cales, dende o equipo de dinamización do Plan Dixital, establecéronse áreas prioritarias e determináronse varios obxectivos para acadar durante o curso 2022-2023. Estes obxectivos elíxense de xeito que sexan específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal, o que se coñece como obxectivos SMART, polas súas siglas en inglés. Ademais, todos eles atópanse contextualizados en áreas de mellora relacionadas coas do marco DigCompOrg.

Para o curso 2022-2023 fixáronse 6 obxectivos, cada un dos cales se inclúe nunha táboa nas seguintes páxinas. Os obxectivos elixidos para este curso céntranse en distintas áreas do marco DigCompOrg:

• Obxectivo 1: Liderado (A)

• Obxectivo 2: Colaboración e redes (B)

• Obxectivo 3: Infraestruturas e equipamento (C)

• Obxectivo 4: Desenvolvemento profesional continuo (D)

• Obxectivo 5: Pedagoxía: Implementación na aula (F6)

• Obxectivo 6: Prácticas de avaliación (G)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Estratexia dixital do centro (Liderado)
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B3*)(Colaboración e redes)
O03PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características (D3*) (Desenvolvemento profesional continuo)
O04PD Polos creativos: Mellora competencias dixitais do profesorado.
O05PD Promover o uso das novas tecnoloxías para a apredizaxe do alumnado (G1) e a autorreflexión sobre a aprendizaxe (G5).

Seguimento

Procedemento

Periódicamente, a persoa coordinadora do equipo de dinamización do Plan Dixital, Alejandra Pereira e o profesor Antón Fente, reuniranse coa persoa mentora ADIX asignada ao centro educativo, José Antonio Rodríguez, que asesorará no desenvolvemento deste proceso.

1º Trimestre

Reunión co coordinador ADIX o 10-10-2023 de 11:20 a 12:10. Explicáronse os cambios que precisaba o plan dixital na aplicación Educalidade, para o curso 2023 - 2024.

A formación en competencia dixital farase en dúas liñas: Polos creativos e ferramentas dixitais na Aula vitual.

2º Trimestre

Reunión co coordinador ADIX o 23-01-2023 de 11:20 a 12:10 na sala de atención ás familias do centro. Incidiuse na importancia de reflexar en Educalidade o seguimento do plan dixital.

3º Trimestre

Reunión co coordinador ADIX o 21-05-2023 de 11:20 a 12:10 na sala de atención ás familias do centro. 

Explicouse o procedemento para avaliar o plan dixital ,na aplicación Educalidade, para no curso 2023 - 2024. Indícase cómo proceder para deseñar o plan dixital para curso próximo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital, igual ca o resto de documentos do centro, é un documento vivo é dinámico que evoluciona coas circunstancias do momento e os cambios asociados ao curso. Como tal, trátase dun documento que debe estar suxeito a unha revisión constante e da que será responsable o equipo de dinamización das TIC.

A avaliación realizarase en partes diferenciadas, unha avaliación procesual que terá lugar ao longo do curso e outra final ao remate da actividade académica.

• Avaliación procesual. Ademais de posibles consideracións que se fagan durante o curso, realizarase unha reunión ordinaria do equipo do Plan Dixital ao remate de cada avaliación co obxectivo de valorar o estado de execución do PD e de cada unha das accións que se estean levan do a cabo. De ser o caso realizaranse modificacións pertinentes para contribuír ao correcto desenvolvemento do plan.

• Avaliación final. Unha vez rematado o curso académico, realizarase unha avaliación final do plan, revisando o estado do plan e do centro, a consecución de obxectivos, incluíndo propostas de mellora, e fixando novos obxectivos para o seguinte curso académico.

Valoración xeral

O Obxetivo 1: Non acadado. Non procede.

O Obxetivo 2: Parcialmente acadado.

O Obxetivo 3: Acadado.

O Obxetivo 4: Parcialmente acadado.

O Obxetivo 5: Parcialmente acadado.

Proposta de mellora

Eliminar obxetivo 1 e 2.

Manter obxetivo 3, 4 e 5.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do centro, xunto ao resto de documentos que conforman o proxecto educativo.

No caso do profesorado, será o equipo directivo o que facilite esta información ao profesorado recen chegado ao centro (no caso de que sexa unha vez iniciado o curso, serán ás distintas xefaturas de departamento as que fagan esta función).

A principio de curso, o profesorado titor porá en coñecemento das familias a localización destes documentos na web do centro.

Finalmente, aquelas actividades que estean directamente relacionadas co plan dixital, como os polos creativos, serán publicadas na páxina web do centro como novidades.