Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • O Plan Dixital que se desenvolve no presente documento, foi deseñado para ser aplicado no CEIP Vicente Risco, situado no Concello de Vigo, nan provincia de Pontevedra.

  • O Nivel cultural e económico é medio-baixo na maioría das familias.

    Este Plan toma como referencia as indicacións realizadas tanto no Proxecto Educativo do centro, como nas sucesivas Programacións Xerais Anuais; nas que se sinala como un dos obxectivos a “mellora da Competencia Dixital do alumnado” así como o “fomento no uso das ferramentas TIC por parte dos integrantes da comunidade escolar”

    Deste mesmo xeito, queda tamén enmarcado nas propostas realizadas no actual “Plan das TIC” do centro, incluído no mencionado Proxecto Educativo de centro. Documento que se tivo como referencia á hora de elaborar certos aspectos do presente Plan, de modo que conteña todas as finalidades nel sinaladas.

    Tanto a PXA do vindeiro curso, así como Proxecto Educativo, que terá que ser reelaborado, para adaptarse á LOMLOE, contemplarán as indicacións feitos no presente Plan Dixital, que se desenvolverá nas seguintes páxinas.

     

  • A proceso organizativo para a elaboración deste plan, encadrouse dentro dunha das liñas de actuación do Plan de Formación Permanente do Profesorado, organizado no Centro para o presente curso, constituíndose dentro do mesmo un grupo de traballo no que participou o Equipo Directivo do centro.

    Deste xeito, todo o Equipo directivo formou parte activa do equipo que deseñou e elaborou este documento; segundo a organización levada a cabo por parte do Coordinador do grupo de traballo, en sucesivas reunións. Orientado todo o proceso polo equipo ADIX_VIG_1, no que formos enmarcados.

    Tras sucesivas actividades e recompilación dos resultados do documentos para valorar a situación de partida (SELFIE, TestCDD), deuse forma a este documento, para ser presentado e aprobado tanto en Claustro como por parte do Consello Escolar.

     

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Informe Selfie
Test CDD
Reflexións do claustro
Interno
68 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Realización de proxectos colaborativos entre o alumnado Alumnado Si
Debilidade Implicar ao alumnado na realización de tarefas de aprendizaxe (produto final) Alumnado Si
Debilidade Fomentar a retroelimentación e a cítica construtiva Alumnado Non
Debilidade Fomentar a autorreflexión sobre a aprendizaxe Alumnado Non
Debilidade Fomento dos proxectos interdisciplinares Alumnado Non
Debilidade Adaptarse ás necesidades do alumnado Alumnado Non
Debilidade Fomento da creatividade Alumnado Si
Debilidade Avaliar as aprendizaxes e capacidades do alumnado Alumnado Si
Debilidade Avaliar as tarefas do alumnado Alumnado Non
Debilidade Non recoñece a autoría das fontes consultadas Alumnado Non
Debilidade Non fai un uso seguro de Internet fóra do centro Alumnado Non
Debilidade Non verifica a calidade da información Alumnado Si
Debilidade Competencia dixital moi mellorable Alumnado Si
Debilidade Familias dunha situación media- baixa e que ten máis preocupación pola subsistencia da súa familia que polo que se poda facer no centro Familias Non
Debilidade Escasos recursos económicos para ter equipos informáticos modernos e actualizados Familias Non
Debilidade Escasos recursos económicos para ter unha boa conectividade a Internet Familias Non
Debilidade Non hai unha política de protección de datos ben deseñada Infraestruturas Non
Debilidade Asistencia técnica mellorable Infraestruturas Si
Debilidade Ordenadores antigos Infraestruturas Non
Debilidade Mala conexión wif Infraestruturas Non
Debilidade Ordenadores de centro interconectados (cartafol común) Infraestruturas Si
Debilidade Algunhas familias aínda non teñen descargada aplicación móbil para ver as comunicacións Oferta Non
Debilidade Hai familias que non poden axudar ao alumnado en novas formas de ensino-aprendizaxe Oferta Non
Debilidade Plan dixital elaborado por pouco profesorado, xa que a maioría non é definitivo no centro Organización de centro Si
Debilidade Falta dun plan dixital (estratexia dixital) ben definido Organización de centro Si
Debilidade Avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe mediante o uso de tecnoloxía dixital Organización de centro Si
Debilidade Asistencia técnica Organización de centro Non
Debilidade Pouco uso das novas tecnoloxías para a avaliación Persoal docente Non
Debilidade Escasa creación de recursos dixitais propios Persoal docente Si
Debilidade Profesorado sen praza definitiva Persoal docente Non
Debilidade Non todo o persoal desexa implicarse e actualizarse nas novas tecnoloxías Persoal docente Non
Debilidade Desinterés por parte dalgúns mestres/as na introducción de novas metodoloxías Persoal docente Si
Debilidade ¿Medo¿ ao uso das novas tecnoloxías, ao descoñecido ou ao que non poden controlar e supón un gran esforzo, provoca inmovilismo Persoal docente Si
Debilidade Uso de metodoloxías tradicionais por parte dalgún profesorado Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencias con outros membros da comunidade educativa Persoal non docente Si
Debilidade Participar na elaboración de contidos con outros membros da comunidade educativa Persoal non docente Si
Fortaleza Motivación do alumnado Alumnado Si
Fortaleza Dispositivos dixitais individuais para todo o alumnado de Primaria e en parellas para o alumnado de Infantil Alumnado Non
Fortaleza Participación de 1º e 2º e 4º no Proxecto Snappet (de modo piloto) Alumnado Non
Fortaleza Comportamento responsable co uso e coidado dos ordenadores Alumnado Non
Fortaleza Fai un uso seguro de Internet no centro Alumnado Non
Fortaleza Participación do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Uso da Aula virtual en varios cursos e de Plataforma Edixgal en 5º e 6º Alumnado Si
Fortaleza Receptivas ás comunicacións do centro pola aplicación móbil Familias Non
Fortaleza Boa disposición para a comunicación dixital entre profesorado, equipo directivo e familias Familias Non
Fortaleza Comunicación das Actividades extraescolares a través da aplicación móbil Familias Non
Fortaleza Comunicación a través de Abalar (cualificacións, por exemplo) Familias Non
Fortaleza Difusión en redes sociais (Instagram e Facebook) e na páxina web do centro das novidades e actividades do Centro Familias Non
Fortaleza O alumnado de Terceiro e Cuarto conta cun ordenador persoal (antigos ordenadores Abalar) Infraestruturas Non
Fortaleza O alumnado de Infantil conta con Cromebooks para o seu uso na aula. Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamiento do colexio a nivel de aulas: internet e proxectoren todas as aulas e pizarras dixitais nas aulas de 5º e 6º e unha de Educación Infantil Infraestruturas Non
Fortaleza Hai un ordenador por aula para uso do mestre Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado de Quinto e Sexto conta cun ordenador persoal (proxecto Edixgal) Infraestruturas Non
Fortaleza Modificacións de comedor na web ou por aplicación móbil Oferta Non
Fortaleza Difusión en redes sociais (Instagram e Facebook) e na páxina web do centro das novidades e actividades do Centro Oferta Non
Fortaleza Novidades de comedor na web Oferta Non
Fortaleza Boa formación do profesorado en canto as TICS. Organización de centro Si
Fortaleza Equipo de Tics dinamizando continuamente o centro. Organización de centro Si
Fortaleza Colaboración do equipo directivo para o desenvolvemento de novas modalidades de ensino Organización de centro Si
Fortaleza Concienciación por parte do Equipo directivo da importancia do uso das TIC e da realización dun Plan Dixital de Centro real e práctico Organización de centro Si
Fortaleza Búscase recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado síntese apoiado polo equipo directivo á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza Posibilidade de desenvolvemento profesional continuo (DPC)no propio centro. Persoal docente Si
Fortaleza Realización de diversos PFPP Persoal docente Si
Fortaleza Debátese sobre o DPC no propio centro Persoal docente Si
Fortaleza Ordenadores para todo o profesorado Persoal docente Non
Fortaleza Profesorado con adecuada competencia dixital Persoal docente Si
Fortaleza Obter recursos de internet de diversas fontes Persoal non docente Si
68 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Moi poucas familias con recursos económícos suficientes para ter un equipamento informático actualizado e propio. Contorna Non
Ameaza Zona con moi poucos recusos económicos Contorna Non
Ameaza O elevado número de alumnos con situacións sociais desfavorecidas que fan que a preocupación sexa outra Contorna Non
Ameaza Non cumprir as normas de dereitos de autor Lexislación Non
Ameaza Non respectar a lei de protección de datos Lexislación Non
Ameaza Non respectar as licenzas de uso Lexislación Non
Ameaza Falta de infraestrutura ou plan ben definida que guíe novas prácticas educativas Outras Non
Ameaza Ningunha axuda por parte doutra entidade. Outras Non
Oportunidade Planificar actividades para o ensino mixto Contorna Si
Oportunidade Planificar axudas para favorecer un ensino mixto Contorna Si
Oportunidade Desenvolver actividades dixitais utilizando diversos materiais Contorna Si
Oportunidade Coñecer as normas sobre dereitos de autor Lexislación Si
Oportunidade Ter sempre en conta a lei de protección de datos Lexislación Si
Oportunidade Redactar o plan dixital acorde á lexislación vixente Lexislación Non
Oportunidade Coñecer as distintas licenzas de uso Lexislación Si
Oportunidade Colaborar co CFR para organizar a formación do profesorado Outras Si
Oportunidade Colaborar con outros centros para realizar actividades colaborativas Outras Si
Oportunidade Buscar unha nova empresa para a asistencia técnica Outras Non
Oportunidade ¿Imaxe¿ de modernidade e continua renovación ante calquera institución ou entidade Outras Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Una vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto de Claustro obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base a cal de xeito cuantitativo establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado una serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN convertIndo os intems en obxetivos que trataremos de acadar ó longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto recollerase na pestana "Obxectivos".

A análise DAFO indícanos

Factores Internos que debemos mellorar: Os factores internos  fan mención ás habilidades, capacidades, personalidade, e visión persoal de cada individuo á hora de enfrontarse a unha situación. Para desenvolver estes aspectos faremoscada vez máis uso da aula de Polos cfreativos.

Factores externos que deberían mellorar: Entre os factores iexternos son os que teñen relación coa contorna social, económico, familiar e educativo; as redes sociais e os medios de comunicación. Nós imos centrarnos en mellorar as contornas do centro educativo, en mellorar as redes sociais e en facilitar ás familias aspectos que axuden a desenvolver a competencia dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Deseñar estratexias que favorezan a integración do profesorado que se incorpora na liña dixital do centro (programación, plans, forma de comunicación interna,¿)
O02PD Habilitar espazos específicos no centro e optimizar os existentes, para o traballo coas TIC
O03PD Mellora efectiva do traballo e funcionamento do Equipo para a dinamización das TIC do centro.
O04PD Converter a actual coordinación TIC nunha nova coordinación do Plan Dixital con representantes de todos os ciclos.
O05PD Incluír de forma efectiva, propostas variadas para desenvolver a CD, nas programacións de nivel e aula, a a partir das indicacións dos documentos de centro e lexislación.
O06PD Mellorar a competencia dixital do profesorado
O07PD Ofrecer ao alumnado a participación en propostas actividades Polos creativos
O08PD Crear unha plataforma virtual para compartir contidos e recursos dixitais, dentro do centro pero accesible desde fora.
O09PD Promover actividades que conleven pequenas investigacións na biblioteca do centro combinando recursos analóxicos e dixitais.
O10PD Favorecer a busca, selección e tratamento da información por parte do noso alumnado impulsando un uso responsable dos equipos e dispositivos tecnolóxicos
O11PD Fomentar unha maior implicación da ANPA e doutras institucións da contorna

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital, que coincide co equipo TIC, realizará xuntanzas trimestrais para a valoración da evolución deste plan.

A mentora Adix estará en contacto co coordinador do Plan Dixital o desenvolvemento do proxecto cada vez que sexa demandada a súa atención

O coordinador do Plan Dixital terá acceso a ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da Directora.

1º Trimestre

Accións realizadas:

O01PD Deseñar estratexias que favorezan a integración do profesorado que se incorpora na liña dixital do centro (programación, plans, forma de comunicación interna,¿)

AO1.1 Dar a coñecer ao profesorado de nova incorporación a información organizativa dixital do centro (30/10/2023)

AO1.2: Proporcionar conta do centro e acceso aos documentos compartidos (30/10/2023)

AO1.3: Informar dos recursos tecnolóxicos do centro e da xestión deles (30/12/2023)

O02PD Habilitar espazos específicos no centro e optimizar os existentes, para o traballo coas TIC

AO2.1: Reorganizar a aula de Polos creativos do centro e outras dependencias (30/12/2023)

AO2.3: Crear un horario que permita optimizar o uso da aula de Polos creativos (30/12/2023)

O03PD Mellora efectiva do traballo e funcionamento do Equipo para a dinamización das TIC do centro.

AO3.1: Elaborar un calendario de reunións do equipo TIC que sexa realista. (30/12/2023)

O04PD Converter a actual coordinación TIC nunha nova coordinación do Plan Dixital con representantes de todos os ciclos.

AO4.1: Creación dunha dinamización do Plan Dixital con membros de todos os ciclos. (30/12/2023)

AO4.2: Asignación de tempo algún martes pola tarde para a realización de reunións. (30/12/2023)

O05PD Incluír de forma efectiva, propostas variadas para desenvolver a CD, nas programacións de nivel e aula, a a partir das indicacións dos documentos de centro e lexislación.

AO5.1: Solicitar, dentro do PFPP do centro, formativas para mellora da CD do profesorado e uso pedagóxico das mesmas. (30/12/2023)

O06PD Mellorar a competencia dixital do profesorado

AO6.1:Participar en plans de formación de profesorado en ferramentas dixitais (30/12/2023)

O07PD Ofrecer ao alumnado a participación en propostas actividades Polos creativos

AO7.2: Deseño e preparación de actividades Polos creativos para os diferentes niveis (30/12/2023)

O resto de accións están en proceso.

O08PD Crear unha plataforma virtual para compartir contidos e recursos dixitais, dentro do centro pero accesible desde fora.

O09PD Promover actividades que conleven pequenas investigacións na biblioteca do centro combinando recursos analóxicos e dixitais.

O10PD Favorecer a busca, selección e tratamento da información por parte do noso alumnado impulsando un uso responsable dos equipos e dispositivos tecnolóxicos

O11PD Fomentar unha maior implicación da ANPA e doutras institucións da contorna

 

 

2º Trimestre

Accións realizadas:

O01PD Deseñar estratexias que favorezan a integración do profesorado que se incorpora na liña dixital do centro (programación, plans, forma de comunicación interna,..)

AO1.4:Presentar plans, novo material, propostas... (22/03/2024)

O02PD Habilitar espazos específicos no centro e optimizar os existentes, para o traballo coas TIC

AO2.2: Habilitar novos espazos no centro, para o uso do equipamento TIC (22/03/2024)

O07PD Ofrecer ao alumnado a participación en propostas actividades Polos creativos

AO7.1: Información ao profesorado dos materiais de Polos creativos que se usarán ao longo do curso (22/03/2024)

O09PD Promover actividades que conleven pequenas investigacións na biblioteca do centro combinando recursos analóxicos e dixitais.

AO9.1: Información ao profesorado das posibilidades e fondos da bibliteca e dos equipos (22/03/2024)

AO9.2: Organización dos recursos da biblioteca para facilitar as actividades. Preparación de ordenadores para consulta (22/03/2024)

O resto de accións están en proceso.

O03PD Mellora efectiva do traballo e funcionamento do Equipo para a dinamización das TIC do centro.

AO3.2: Redactar un documento cunha distribución clara das funcións de cada un dos integrantes do equipo TIC

O05PD Incluír de forma efectiva, propostas variadas para desenvolver a CD, nas programacións de nivel e aula, a a partir das indicacións dos documentos de centro e lexislación.

AO5.2: Realizar experiencias de uso das TIC, robótica, outros materiais da aula de polos creativos.

O10PD Favorecer a busca, selección e tratamento da información por parte do noso alumnado impulsando un uso responsable dos equipos e dispositivos tecnolóxicos

O11PD Fomentar unha maior implicación da ANPA e doutras institucións da contorna

E tamén están pendentes as partes dos obxectivos referidas a valoración dos mesmos, que se fará no terceiro trimestre.

 

 

 

 

3º Trimestre

Accións realizadas:

O03PD Mellora efectiva do traballo e funcionamento do Equipo para a dinamización das TIC do centro.

AO3.2: Redactar un documento cunha distribución clara das funcións de cada un dos integrantes do equipo TIC (21/06/2024)

O04PD Converter a actual coordinación TIC nunha nova coordinación do Plan Dixital con representantes de todos os ciclos

AO4.3: Valoración da productividade das reunións e accións tomadas. (21/06/2024)

O05PD Incluír de forma efectiva, propostas variadas para desenvolver a CD, nas programacións de nivel e aula, a a partir das indicacións dos documentos de centro e lexislación.

AO5.2: Realizar experiencias de uso das TIC, robótica, outros materiais da aula de polos creativos. (21/06/2024)

O06PD Mellorar a competencia dixital do profesorado

AO6.2:Realizar experiencias de uso das TIC, robótica, outros materiais da aula de Polos creativos. (21/06/2024)

O07PD Ofrecer ao alumnado a participación en propostas actividades Polos creativos

AO7.3: Avaliación da cantidade de actividades nas que participou o alumnado. (21/06/2024)

O08PD Crear unha plataforma virtual para compartir contidos e recursos dixitais, dentro do centro pero accesible desde fora.

AO8.1: Crear un curso na aula virtual, que sirva de banco de recursos dixitais, a compartir polos docentes. (21/06/2024)

O09PD Promover actividades que conleven pequenas investigacións na biblioteca do centro combinando recursos analóxicos e dixitais.

AO9.3: Avaliación da cantidade de actividades realizadas na biblioteca. (21/06/2024)

O10PD Favorecer a busca, selección e tratamento da información por parte do noso alumnado impulsando un uso responsable dos equipos e dispositivos tecnolóxicos

AO10.1: Dar a coñecer ao alumnado a importancia do coidado e tratamento dos datos de carácter persoal. (21/06/2024)

AO10.2: Informar e concienciar sobre os riscos de uso nas redes. (21/06/2024)

O11PD Fomentar unha maior implicación da ANPA e doutras institucións da contorna

AO11.1: AAsesorar e guiar á ANPA sobre o uso do seu espazo na web do centro. (21/06/2024)

AO11.2: Algunha institución colabora no centro. (21/06/2024)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para o seguimento da posta en funcionamento deste Plan Dixital, será realizado por parte do Equipo para a Dinamización das TIC do centro (que coincide con equipo de Plan dixital) , así como polo Equipo directivo do mesmo. Neste proceso teranse en conta estes dous momentos:

 Avaliación procesual: Farase un seguimento do grao de cumprimento, por parte do Equipo para dinamización das TIC (que coincide con equipo de Plan dixital), polo menos unha vez por trimestre, dentro das reunións establecidas polo citado equipo. Desta avaliación proporanse á CCP cambios ou modificacións a incluír no Plan de cara a incrementar a súa eficacia real, que permita unha consecución satisfactoria dos obxectivos propostos.

 Avaliación final: Rematado cada curso escolar, o Equipo para dinamización das TIC (que coincide con equipo de Plan dixital) fará un seguimento do grao de consecución dos obxectivos establecidos, facendo unha proposta de valoración para cada un deles que presentará ó claustro de mestres/as, onde será debatido e completado coa participación de tódolos integrantes.

 

Valoración xeral

Rematado o curso podemos concluir dicindo que estamos satisfeitos co desenvolvemento do Plan Dixital, xa que acadamos todos os obxectivos propostos, tal como se pode ver no apartado de seguimento do plan dixital.

Proposta de mellora

Para o videniro curso pensamos continuar concretando  novos obxectivos que sirvan para continuar co desenvolvemento da aula de Polos creativo. de maneira que se desenvolvan cada vez máis actividades no mesmo, mellorando así a competencia dixital, tanto do alumnado como do profesorado.

Ademais pensamos proseguir co traballo de dinamizar máis os equipos TIC e do Plan dixital para favorecer a dinamización dixital do centro e colaborar co equipo de biblioteca para pdeor realizar actividades conxuntas que permitan unha maior dinamización do centro ao contar con novos espazos TIC na biblioteca.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será difundido entre a comunidade educativa para o seu coñecemento, ó fin de que poidan coñecelo e facer as aportacións que consideren oportuno.

A tal fin establecemos as seguintes vías para difusión e para dar publicidade a este plan:

-     Publicación na páxina web do centro unha vez aprobado por parte do Consello Escolar.

-      Presentación do plan ás familias e envío do mesmo á AMPA, para que poidan difundilo entre as familias.

-      Remisión ás familias do Plan Dixital a través da aplicación móbil