Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
      Este plan dixital contribúe ao noso proxecto educativo xenerando unha estratexia dixital de centro, da que careciamos, coa finalidade de adaptarnos ás novas modalidades de ensino aprendizaxe, adquirir unha competencia dixital dentro de todos os sectores da comunidade educativa que nos permita facer frente aos novos desafíos da sociedade actual en canto a dixitalización.
      Este plan tamén se relaciona co traballo de innovación educativa que hai anos se ven desenvolvendo no centro, especialmente centrado en robótica, pensamento computacional e formación en Aula Virtual, así como a incorporación do E-Dixgal no terceiro ciclo.
      Este PDC repercutirá na PXA do curso 23-24  xa que a idea de levar a cabo unha estratexia dixital, fará precisa unha reorganización de recursos humanos, materiais e organizativos para dar unha maior importancia á formación en dixital reflectíndose isto nas programacións didácticas de nivel e actuacións dos distintos equipos (biblioteca, normalización lingüística, TICs, actividades extraescolares e complementarias...)
Trátase dun CEIP plurilingüe (centro de educación infantil e primaria) situado na zona urbana do Concello de Moaña cun nivel socioeconómico do alumnado medio atendendo aos últimos datos recadados na avaliación diagnóstica. 
É un centro de liña tres que se atopa en plena transición a liña dúas pois a zonificación do alumnado e a brusca baixada da natalidade fixo que o centro sexa receptor de un número moi inferior de alumnado, contando na actualidade con 5 aulas de E.I. e 14 de E.P. 
O noso centro non ten só un uso educativo, senón que presta servizos como lugar de encontro cultural e deportivo para diversas asociacións da vila que celebran nas súas instalación numerosos eventos, xa que o Concello de Moaña carece de auditorio, e o noso centro sempre foi un centro aberto á cultura e pobo de Moaña. Disto tamén se desprende o deterioro das súas instalacións que aínda non foron sometidas dende hai décadas a unha remodelación importante e hoxe xa máis que necesaria. 
O edificio conta con un bloque central que recolle os despachos, a sala de profesorado, a cociña (pois posuímos comedor de xestión directa de categoría D) o comedor ,a sala de caldeiras, un ximnasio e o local da ANPA e dúas ás laterais de tres andares onde en cada unha delas se recollen as aulas de E.I, PT , robótica infantil e inglés E.I. (planta baixa este) e E.P, biblioteca, aula de Música, aula de informática, aulas de PT, relixión católica, robótica, laboratorio, inglés EP e varias aulas de usos múltiples.(plantas baixas e superiores este e oeste). 
No exterior contamos cun pavillón polideportivo, unha pista de baloncesto e un campo de fútbol de herba artificial así como de dous patios cubertos, ademais de varias zonas verdes, destacando o xardín Bondín (unha zona de arboreda con areeiros e xogos infantís de uso exclusivo do alumnado de educación infantil durante os recreos). 
      A matrícula deste curso 2023/2024 é de 343 alumnos 82 en E.I e 261 en E.P. 


1.3. Breve xustificación do mesmo
      En canto a normativa que rexe a elaboración e seguimento deste PDC faremos mención ao seguinte:
    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Atendendo a esta normativa o Art. 111 bis fai referencia as TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN. No seu pto. 2 di “Os entornos virtuais de aprendizaxe que se empreguen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo e deberán contribuír á extensión do concepto de aula no tempo e no espazo [...] permitir aos alumnos e alumnas o acceso dende calquera sitio e en calquera momento, aos entornos de aprendizaxe dispoñibles nos centro docentes nos que estudan, con pleno respecto ao disposto na normativa aplicable en materia de propiedade intelectual, privacidade e protección de datos persoais. Asemade promoverán os principios de accesibilidade universal e deseño para todas as persoas, tanto en formatos e contidos como en ferramentas e entornos virtuais de aprendizaxe”.
Tamén no pto. 5 debemos ter en conta o que di en canto a que “ as administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das TIC na aula como medo didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe...”
Xa no pto. 6 deste artigo recóllese que ” O Ministerio de Educación e Formación Profesional elaborará e revisará os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas”. Aquí enmarcaríanse o SELFIE e o Test CDD
Deste xeito nos temos que basear tamén no Art. 121 onde se especifica “ que o Proxecto Educativo de Centro, recollerá asi mesmo a estratexia dixital do centro de acordo ao establecido no Art. 111 bis.5.”
Facemos tamén referencia ao Art. 132 onde se recollen as competencias do director ou directora xa que en varias delas se lle fai responsable da promoción da innovación educativa impulsando plans para o consecución dos fins do Proxecto Educativo do Centro no que agora se inclúe este PDC.
    • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
“Os centros docentes elaborarán no curso 2021/2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten”
Resolución de 6 de junio de 2023, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo de las enseñanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato en el curso académico 2023/24.
      É esta Resolución a que determina o punto de partida e o procedemento a seguir para a elaboración do PDC que da lugar a este documento e marca as directrices a seguir e os prazos a cumprir.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE

Test CDD

Reflexións do Equipo do Plan Dixital

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.Dificultade na xestión e uso crítico das tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade 2.Falta de competencia para o tratamento da información a través de medios dixitais e entornos virtuais. Alumnado Si
Debilidade 1.Disparidade de niveis de competencia dixital. Familias Si
Debilidade 5.Soporte técnico insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade 2.Equipos propios sen soporte técnico UAC. Infraestruturas Non
Debilidade 3.Erro non detectado na conexión a internet do centro que en momentos puntuais dificulta o acceso á rede. Infraestruturas Si
Debilidade 1.Baixa competencia dixital Persoal docente Si
Debilidade 4.Apenas crean recursos dixitais propios. Persoal docente Si
Debilidade 2.Falta de tempo para explorar/afondar en novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Debilidade 3.Reticencia a autoavaliación do progreso. Persoal docente Non
Debilidade 5.O uso de datos de avaliación non se empregan para mellorar o proceso de aprendizaxe, son meramente informativos. Persoal docente Non
Debilidade 1. Baixa competencia dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza 1.Alta motivación no uso de dispositivos dixitais no proceso de ensino/aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza 1.Fenda dixital practicamente inexistente. Familias Non
Fortaleza 2.As familias priorizan ter unha boa conexión nos domicilios. Familias Non
Fortaleza 1.Contratación empresa externa para soporte técnico de equipos propios. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Programa EDIXGAL Infraestruturas Si
Fortaleza 3. Posibilidades de emplear tecnologías asistencias Infraestruturas Si
Fortaleza 3.Competencia do profesorado para abordar o ensino mixto. Organización de centro Si
Fortaleza 1.Disposición do equipo directivo para o deseño dunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza 1.Boa actitude ante a formación en novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza 3.Uso xeneralizado de recursos en liña xa elaborados, chegando xa a certos niveis de creación. Persoal docente Si
Fortaleza 4.Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza 5. O equipo TIC está formado por docentes de alta implicación no eido dixital e son definitivos. Persoal docente Si
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Exceso de burocracia. Administración educativa Non
Ameaza 2.Demora na atención das demandas de soporte técnico. Administración educativa Non
Ameaza 1.Centros educativos con maior capacitación dixital e maior oferta neste eido. Contorna Si
Ameaza 1.Complexidade para a aplicación rigorosa da lexislación da protección de datos. Lexislación Non
Ameaza 2.Limitación á hora de elaborar contidos propios pola norma aplicable a dereitos e licenzas de uso de imaxe ,etc. Lexislación Non
Oportunidade 1.Plans de formación e dotación dixital. Administración educativa Si
Oportunidade 2.Invisten parte dos seus recursos na mellora da dotación e infraestrutura dixital. ANPA Non
Oportunidade 1.Ofertan actividades extraescolares relacionadas coa adquisición de competencias dixitais. ANPA Non
Oportunidade 1.Colaboración con outros centros educativos compartindo coñecementos, experiencias, etc. Contorna Si
Oportunidade 1.Protección dando soporte legal e seguridade no uso de entornos dixitais e virtuais. Lexislación Non
Oportunidade 1.Colaboración con outras entidades e asociacións do noso Concello. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del, deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o acceso a Internet
O02PD Explorar e afondar en novas modalidades de ensino dentro do programa de Polos Creativos
O03PD Favorecer a relación intracentro e intercentros, para o intercambio de experiencias a nivel de desenvolvemento dixital.
O04PD Mellorar a competencia para o tratamento e analise crítica da información a través de medios dixitais e entornos virtuais
O05PD Xestionar e usar de xeito seguro as tecnoloxías dixitais

Seguimento

Procedemento

Reunións mensuais do Equipo TIC onde se fai repaso dos obxectivos a lograr e o seu cumprimento.

Reunións periódicas co mentor ADIX.

1º Trimestre

En canto aos obxectivos e as accións previstas para este primeiro trimestre, faise o seguinte seguemento:

O01PD Mellorar o acceso a Internet, coas seguintes accións:

AO1.1: Solicitar a revisión en profundidade das instalacións da rede: Chamada dende o centro a UAC en outubro para solicitar a revisión.

AO1.2: Revisar en profundidade e presencial da instalación da rede: para o que estamos levando a cabo un rexistro das incidencias na rede no centro que pensamos rematar no seguinte trimestre

O04PD Mellorar a competencia para o tratamento e analise crítica da información a través de medios dixitais e entornos virtuais

AO4.1: Elaborar o test de competencia dixital do alumnado: Esta acción está acadada, o test está elaborado en dúas partes unha de competencia no uso do ordenador, e  por outra parte un test para valorar o coñecemento dos perigos da rede.

AO4.2:Realizar unha sondaxe do perfil competencial do alumnado: esta acción estase levando a cabo no mes de xaneiro, xa que aínda que temos os resultados dun dos test para o alumnado, estamos acabando de pasar o segundo test para valorar así na totalidade a competencia dixital das nosas alumnas e alumnos

Contemplamos neste seguemento os obxectivos e as accións programadas para o primeiro trimestre. O resto de accións e obxectivos son para realzar ao longo do curso.

 

 

 

 

2º Trimestre
  • O01PD Mellorar o acceso a Internet coas seguintes accións:

AO1.2: Revisar en profundidade e presencial da instalación da rede, que a fixemos completa en todo o centro para a colocación dos panéis dixitais.

  • O02PD Explorar e afondar en novas modalidades de ensino dentro do programa de Polos Creativos.

AO2.1 Facer dinámicas de grupo entre o profesorado para explorar as distintas posibilidades no proceso de ensino aprendizaxe que ofrece o uso dos polos creativos. Levamos a cabo 4 reunións de tarde para intercambiar coñecementos na aula de polos creativos

AO2.2 Realizar intercambio de recursos utlizados e experiencias na aula de polos creativos facendo intercambio de recursos incluso con profesorado da contorna.

  • O03PD Favorecer a relación intracentro e intercentros, para o intercambio de experiencias a nivel de desenvolvemento dixital.

AO3.1: Organizar xornadas de intercambio de coñecementos e experiencias intracentro, fixemos intercambio de recuros entre na aula de polos creativos polas tardes.

AO3.2: Organizar xornadas de intercambio de coñecementos e experiencias intercentros, fixemos varias reunións para intercambiar coñecementos con profesorado da contorna e  recibimos a visita do CEIP a Pedra de Bueu

  • O04PD Mellorar a competencia para o tratamento e analise crítica da información a través de medios dixitais e entornos virtuais.

AO4.2:Realizar unha sondaxe do perfil competencial do alumnado. Analizamos o resultado das enquisas pasadas ao alumnado durante o primerio trimestre reflictido no  O04PD, e chegamos á conclusión de que o alumnado acada un bo nivel de competencia en canto ao uso das novas tecnoloxías pero observamos que descoñece ou non é o suficientemente consciente dos perigos da rede e do uso inaxeitado en canto a uso de chats, información que se pode compartir, o respecto aos demais nas redes sociais.... polo que decidimos modificar as accións que se sinalan a continuación:

AO4.3: Buscar información sobre unha mesma nova utilizando distintas fontes de información.

AO4.4: Comparar o sesgo e intención das distintas fontes seleccionadas.

AO4.5: Seleccionar a información recopilada das distintas fontes e elaborar a nosa nova seguindo un criterio de veracidade.

Así en lugar de desenvolver estas accións, levaremos a cabo outras durante o terceiro trimestre que iran encamiñadas a:

en 3º e 4º de educación primaria e axudándonos da paxina web incibe traballaremos como crear contraseñas seguras.

En 5º e 6º de educación primaria e axudándonos tamén da paxina web incibe traballaremos cómo usamos internet.

  • O05PD Xestionar e usar de xeito seguro as tecnoloxías dixitais

AO5.1: Buscar un determinado produto en google reiteradamente usando distintos buscadores e navegadores.

AO5.2: Observar e analizar a publicidade resultante nos distintos navegadores e buscadores e combinación dos mesmos.

AO5.3: Utilizar ferramentas básicas de privacidade na rede. Coñecer aspectos básicos de ciberseguridade.

Así tendo en conta a información recollida nos test aplicados no obxectivo O04PD decidimos cambiar estas accións xa que chegamos á conclusión de que o alumnado acada un bo nivel de competencia en canto ao uso das novas tecnoloxías pero observamos que descoñece ou non é o suficientemente consciente dos perigos da rede e do uso inaxeitado en canto a uso de chats, información que se pode compartir, o respecto aos demais nas redes sociais.... 

Así en lugar de desenvolver estas accións, levaremos a cabo outras durante o terceiro trimestre que iran encamiñadas a:

en 3º e 4º de educación primaria e axudándonos da paxina web incibe traballaremos como crear contraseñas seguras.

En 5º e 6º de educación primaria e axudándonos tamén da paxina web incibe traballaremos cómo usamos internet.

3º Trimestre

O01PD Mellorar o acceso a Internet, coas seguintes accións:

AO1.3: Facer un rexistro de todas as incidencias relacionadas coa rede. Feito o rexistro nono se rexistraron grandes incidencias, xa que clablearon a zona de infantil do colexio para o bo uso das pantallas dixitais entón xa funciona todo correctamente.

O03PD Favorecer a relación intracentro e intercentros, para o intercambio de experiencias a nivel de desenvolvemento dixital. Diversas reunións polas tardes do mestres do colexio con mestras invitadas de outros centros para intercambio de experiencias

AO3.3: Realizar un webinario para o intercambio de opinión respecto dos coñecementos adquiridos e o seu impacto na mellora da competencia dixital.

Asta acción quedou pendente para o curso que ven por falla de tempo

 

Neste trimestre levamos a cabo as actividades a través de ferramentas atopadas no Inxcibe para acadar unha competencia dixital no alumnado encamiñada a: 

en 3º e 4º de educación primaria e axudándonos da paxina web incibe traballamos como crear contraseñas seguras.

En 5º e 6º de educación primaria e axudándonos tamén da paxina web incibe traballamos cómo usamos internet.

Recollemos estas actividades nos Anexos VII e VIII

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación levarase a cabo do seguinte xeito:

AVALIACIÓN PROCESUAL : avaliarase cada acción de modo trimestral ou de ser o caso na data prevista de consecución si esta é previa ao fin de trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

AVALIACIÓN FINAL: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano (MES DE XUÑO). Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Reunión ao final de curso co Mentor ADIX.

 

Estas accións levaranse a cabo mediante reunións do Equipo do Plan Dixital, reunións co Equipo Directivo e co profesorado do centro.

Valoración xeral

O plan deste curso foi realista e realizabel na súa maioría, ainda que sufriu modificacións para adaptarnos á realidade do centro case todos os obxectivos foron acadados.

Proposta de mellora

Como proposta de mellora, temos que incluir actividades que se están a levar a cabo no centro que gardan estreita relación co dixital e que no estamos a ter en conta.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento unha vez validado e aprobado polo organos colexiados competentes, será publicado na páxina web do centro.

A persoa coordinadora TIC terá acceso a ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e a avaliación deste plan, baixo a supervisión da directora.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipreibon/